Que ofrece eTwinning?

 Información: poderás atopar información sobre eTwinning en:

Formación: eTwinning ofréceche distintas posibilidades para que te formes, tanto no uso da plataforma coma noutros aspectos relacionados co desenvolvemento profesional do docente.

Eines:  unha vez inscrito na plataforma eTwinning, terás ao teu dispor as seguintes ferramentas:

  • De comunicación. Ao formar parte da Comunidade eTwinning, dispós dun escritorio e dun perfil que podes personalizar, un buscador para contactar con docentes de toda Europa, unha sección de contactos, un foro e mensaxaría interna.
  • De xestión dun proxecto. En caso de que queiras realizar un proxecto cos teus alumnos e outros compañeiros europeos, eTwinning pon ao teu dispor un contorno de traballo seguro que se chama TwinSpace; e o sistema de Tarxetas de proxecto, que che permite a comunicación directa co SNA.
  • Curso eTwinning. Este curso presenta todo o que hai que saber sobre eTwinning e o uso da plataforma. Ábrense de 1 a 2 convocatorias anuais na modalidade de “formación en rede”. Se estás interesado en realizar o curso, consulta as convocatorias que anunciaremos en www.etwinning.es e apúntate. Está recoñecido con 4 créditos de formación.
  • Encontros Didácticos. Son minicursos en liña (4-5 días), que se convocan a través do escritorio eTwinning Live. Tratan sobre diferentes temas, están dirixidos por un experto e ofrecen un traballo activo e debates entre docentes de toda Europa.
  • Plataforma Training. É unha plataforma de probas co mesmo aspecto e funcións ca a plataforma real. O seu obxectivo é proporcionarlle ao profesorado a posibilidade de familiarizarse con eTwinning sen medo a equivocarse. www.etwinning.
  • MOOC “eTwinning en Aberto”. Curso en liña masivo en aberto no que se traballan os conceptos fundamentais sobre eTwinning. Inclúense principios de traballo por proxectos e colaboración, así como o uso didáctico de diversas ferramentas TIC.

Ideas e experiencias: atoparás distintos exemplos de actividades e proxectos na nosa web nacional (www.etwinning.es) e na web europea (www.etwinning.net) que poden ser o punto de partida para os teus propios proxectos.