Criterios de avaliación de Selos de Calidade Nacional

Criterios de avaliación de Selos de Calidade Nacional

Actualizamos no presente artigo a información sobre os criterios de avaliación para Selos de Calidade Nacional que podedes solicitar nas últimas fases ou ó concluír un  proxecto eTwinning.

Aproveitamos para recordar que os Selos de Calidade Nacional son un recoñecemento ó esforzo e traballo realizado nos proxectos eTwinning.  Concédense de maneira individual, ós profesores participantes que os solicitan, non ó conxunto de profesores do proxecto. Isto quere dicir que cada participante debe realizar a súa propia solicitude de selo de calidade para obter o recoñecemento pola súa contribución persoal ó proxecto.

Na seguinte imaxe amosámosvos cómo realizar dita solicitude no voso escritorio eTwinning desde a pestana de Proxecto:

imagen solicitud de sello calidad
solicitar sello de calidad desde eTwinning Live

A continuación, expóñense os seis criterios de avaliación e as súas descricións. Aínda que estes criterios son comúns para todos os países participantes en eTwinning, cada Servizo Nacional pode puntualizalos e interpretalos segundo o contexto ou as prioridades nacionais.

Podes acceder á rúbrica completa, cos distintos niveis correspondentes a cada criterio no seguinte enlace.

Ter Selo de Calidade Nacional é un requisito indispensable para poder participar nas convocatorias de premios nacionais e europeos.

criterios_de_evaluación_para_sellos_de_calidad

Innovación pedagóxica e creatividade. (Enlace ó artigo)

Os docentes propuxeron gran variedade de actividades no proxecto facendo partícipes  ós alumnos: exposición de preguntas dirixidas que favoreceron a investigación, a análise, a organización do traballo en equipo para garantir a colaboración, ofrecendo ós alumnos diferentes alternativas para atopar e amosar a información, etc.

Dependendo do contexto e da idade dos alumnos, a situación favoreceu que se convirtan en verdadeiros protagonistas do proxecto, o desenvolvemento da súa creatividade, responsabilidade e autonomía. O alumno deixa de ser un mero portador  das ideas do docente.

Integración no plan de estudo. (enlace ó artigo)

O traballo do proxecto baséase no currículo e na programación. A maior parte do traballo realizado polos alumnos foi en horario escolar, o proxecto non se basea únicamente no traballo levado a cabo polos alumnos na casa.

Obsérvanse claros esforzos estratéxicos para desenvolver as competencias do alumnado en diferentes áreas/materias.

O traballo do proxecto está claramente integrado no  traballo escolar dalgunha materia/área. O docente desenvolve o currículo mediante este proxecto eTwinning.

Comunicación e interacción entre centros socios. (enlace al artículo)

A maior parte dos proxectos eTwinning desenvolven procesos de comunicación e intercambio de información entre docentes e alumnos. Avalíase a calidade das actividades comunicativas que os docentes deseñan para/con os alumnos permitindo compartir o traballo realizado sobre os temas tratados no proxecto.

Esta comunicación pode ser tanto individual como en pequenos grupos e puede incluír votacións, concursos, etc. deseñados para animar ós alumnos a ler, oír e/ou ver o traballo dos seus compañeiros.

Colaboración entre centros escolares asociados. (enlace ó artigo)

As actividades colaborativas van máis alá da comunicación: os socios non son meros receptores da información, son membros de equipos, coautores e colaboradores. A colaboración implica que os centros participantes necesitan a contribución dos compañeiros para completar a actividade.

Exemplos de produtos finais colaborativos: un periódico, un informe, un resumo común de todos os temas traballados durante o proxecto, unha colección de cartas redactadas sobre un tema dado, un libro de receitas, unha colección de poemas, un traballo de ficción (novela de misterio, conto de fadas, debuxos animados, película, etc.). Esto son só uns cantos exemplos.

Os grupos internacionales son una práctica moi efectiva para o traballo colaborativo (pequeno grupo dunha clase + pequeno grupo doutra clase = grupo internacional).

Uso da tecnoloxía. (enlace ó artigo)

¿Que nivel de uso das TIC se entrevé nas actividades comunicativas y de intercambio de información por parte de alumnos e de docentes? ¿De que maneira se utilizou a tecnoloxía para facilitar o traballo no proxecto, a creación de produtos finais, etc.?

Estes criterios céntranse na avaliación da adaptación das ferramentas tanto do TwinSpace como outras ferramentas utilizadas por docentes e alumnos á hora de realizar actividades colaborativas e compartir a información co fin de que se produza a interacción e unha comunicación o máis real posible. As ferramentas utilízanse de maneira que garanten a consecución dos obxectivos didácticos que persegue o proxecto.

Resultados, impacto e documentación. (enlace ó artigo)

Parte visible. Os resultados do proxecto deben ser visibles:

  • resultados do proxecto e/ou a súa presentación online.
  • actividade/implicación dos alumnos (TwinSpace)
  •  documentación do proxecto (planificación, avaliación, e reflexión, propostas de mellora, etc.)

Parte non visible. Impacto do proxecto:

  • nas destrezas dos docentes.
  • nas destrezas dos alumnos e na ampliación de coñecementos.
  • no social e persoal (docentes e alumnos)
  • na comunidade educativa.

Fonte das imaxes: Servizo Nacional de Apoyo eTwinning. Fotocomposición a partir de imaxes de uso libre Freepik.com

Podes compartir este artigo…Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest
Reconocimientos eTwinning

Dejar un comentario

Your email address will not be published. Required fields are marked *