Boas prácticas de cidadanía dixital. Proecto ‘Your Dixital Life’

Boas prácticas de cidadanía dixital. Proecto ‘Your Dixital Life’

 

Título de proxecto

Your Digital Life

Centro escolar

FEDAC PRATS. Prats de Lluçanès-Cataluña

Docentes

Cèlia Soldevilla Vall

Países socios

Italia, Grecia, España, Macedonia, Rumanía, Polonia, Georgia y Turquía

Etapa educativa

Enseñanza Primaria

Áreas

Lingua castelá, Inglés, Ciencias Sociais, TIC

Idioma de traballo

Inglés

Reconocemento

Selo de calidade nacional

Descrición

É  un  proxecto  ideado  para  descubrir  como  a  tecnoloxía  inflúe    nas accións, pensamentos e estilos de vida dos nenos. Crear conciencia sobre a protección de información, privacidade en Internet entre os estudantes e poñer de relieve o papel da utilización da tecnoloxía no ensino e a vida diaria das persoas. O proxecto foi deseñado para mellorar e desenvolver competencias dixitais e comunicativas. Pero, sobre todo, para que os alumnos foran os grandes protagonistas deste proxecto.

Para os alumnos, este proxecto foi innovador e alentador desde diferentes planos, dos cuales destacaría  haber traballado de forma cooperativa e colaborativa   en  pequenos   grupos,   haber   potenciado   a   creatividade   e discusións diversas sobre o tema central do proxecto, o uso de novas ferramentas TIC e a comunicación entre eles ó longo de todo o proxecto a través   do   chat   e   a   videoconferencia.   Traballaron   con   diferentes ferramentas web 2.0, como por exemplo, Kizoa, Powerpoint, Emaze, Taxgedo, Padlet, Issu, Collage, Little birdtales, Picturetrail; outras que coñeceron a través dos seus compañeiros/as eTwinning, como o Powtown, Voki, Chartgo, por destacar algunhas. Os alumnos  mostráronse especialmente entusiasmados e motivados ó utilizar as ferramentas colaborativas que nos ofrece o eTwinning Live: o chat (desenvolvemento do proxecto), a videoconferencia (ClosingParty) e o debuxo colaborativo (compartindo a pizarra de eTwinningLive). Para avaliar o traballo realizáronse enquisas online a través de Google Drive ás familias, ós profesores e a ós alumnos. Impulsouse a creatividade na realización de todas as actividades, potenciando a imaxinación e a participación de cada un dos nosos alumnos

 

Enlace ó TwinSpace

Os resultados do proxecto, videoclips, presentacións e outros materiais pódense ver nas distintas        páxinas         do      TwinSpace   e          do          Diario de proxecto. https://twinspace.etwinning.net/18324/home

Outros enlaces

Blog  de  seguimento  del  proxecto  dirixido  á  comunidade educativa, principalmente para as familias,  http://blocs.xtec.cat/yourdigitallife

Páxina web do centro escolar onde se pode constatar que somos centro eTwinning. Pódese acceder ó blog do proxecto, ó perfil de Facebook e ó de Twitter do centro, a través dos cales fixemos difusión do proxecto. http://www.fedac.cat/prats/

Facebook https://www.facebook.com/fedacprats

Twitter @FEDACPrats

Obxectivo

 O noso obxectivo era coñecer e   desenvolver as competencias dixitais dos nosos alumnos, considerándoas non só como unha ferramenta de ensino, aprendizaxe e comunicación, senón como un instrumento de axuda para profesores e pais para entender o que os nenos/as deben saber ó respecto. Por exemplo, como utilizar a tecnoloxía adecuadamente, de forma segura e concienciarse da dependencia que os seres humanos temos desta.

 

Your digital life padlet

1)  Como surxe a idea de levar a cabo este proxecto?

Cando me unín a formar parte de Your digital life o proxecto xa estaba aprobado. Foi a partir da Formación de centro, Taller eTwinning, cando me animei a participar nel.  Polo tanto, son “novata” neste fantástico programa.

Busquei e informeime sobre diferentes  proxectos,  pero a miña principal idea era participar nun proxecto relacionado coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación;  e encontreime con Your digital life, un fantástico proxecto que agrupaba todas as miñas ideas.

Y aínda que o proxecto xa estaba planificado por parte das fundadoras, aportei novas ideas e propostas de forma que permitira en todo momento adecuar o desenvolvemento do mesmo de forma consensuada. Por exemplo, realización de chats, videoconferencia, Quizziz, debuxo colaborativo,… Tamén me encarguei de agrupar o traballo realizado por parte de todos os socios:  Howtechnologyinfluencesourlives, Privacyonthe internet and the ups and downs of digital life, Usingtechnology in everyday teaching todas elas  quedaron resumidas nunha imaxe con diferentes enlaces, utilizando a ferramenta Thinglink.

 

virtual board Your Digital Life

2) Actividades propostas dirixidas a formar ós alumnos como cidadans dixitais (uso responsable dos dispositivos e a rede, pautas de comportamento en Internet -especialmente nas redes sociais-, respecto  ós usuarios, dereitos e responsabilidades nun entorno virtual)

Todas as actividades propostas no TwinSpace estaban dirixidas para formar ós alumnos como cidadans dixitais, promovendo o uso responsable de cada unha das ferramentas que iamos traballando.

O primeiro paso que fixemos foi darlles un usuario de alumno no  TwinSpace. Eles foron os responsables de elaborar unha táboa de normas sobre o que se podía facer e o que non; e evidentemente  nesta táboa tamén había un apartado no que escribimos qué pasaba senón se respectaban as normas. Saíron cousas realmente razonables e que eles/as as tiñan moi claras.

Seguidamente, a primeira actividade real no TwinSpace foi a presentación, utilizamos o Littlebirdtales, unha fantástica web que permite ós alumnos subir unha foto, escribir a súa descrición e grabar a súa voz. A partir desta actividade en clase debatemos a importancia de subir fotos a internet e facelas públicas para que todo o mundo as vira, que tipo de fotos publicábamos, onde… foi un largo debate que se trasladou ás familias para continualo na casa. Foi interesantísimo.

A seguinte actividade foi concienciar ós alumnos da cantidade de horas que pasaban diante dun aparato tecnolóxico (móbil, Tablet, ordenador, televisión…). Eles escolleron a ferramenta para plasmar a información, utilizaron gráficos e con estes iniciamos un novo debate sobre a cantidade de horas que pasan diante dun artilugio dixital ó longo da semana.

A terceira actividade que levamos a cabo foi sobre normas de seguridade en Internet e producimos un fantástico PowerPoint. Previamente fixeramos unha ampla busca de información en distintas páxinas, e foi en http://internetsegura.cat/ onde atopamos moita información para traballar e elaborar as normas. Completamos dita información con distintos vídeos que visualizamos e comentamos en clase relacionados con internet segura.

A cuarta actividade adicámola a analizar o  noso entorno e descubrir que instrumentos  tecnolóxicos  utilizabamos  na aula.  Valoramos os  que tiñamos, como os utilizabamos e fixemos propostas de como os podíamos utilizar, a innovación, e despois tamén argumentamos cales crían que faltaban e porqué, e como os utilizaríamos.

Ademais de participar nas actividades programadas dentro do proxecto también traballamos artigos e vídeos que nos permitiron extraer o noso espíritu máis crítico e reflexivo.

3)  Actividades propostas/feitas que fomentan o pensamento crítico, a reflexión, o xuízo, sobre todo  no contexto de Internet e as redes sociais.

Fixemos unha gran cantidade de actividades, algunhas máis formativas, e outras, máis de reflexión e pensamento crítico. Buscamos vídeos, noticias, conferencias e outros recursos que nos axudaron a ter diferentes puntos de vista sobre o tema.

Ós alumnos impactoulles moito descubrir que unha simple imaxe  nunha rede social ou nun chat pode provocar moitos problemas, porque estas fotos pueden ir pasando dun usuario a outro sen que a persoa afectada se entere. Isto conmoveulles.

Comentamos  artigos  publicados  en  distintos  periódicos,  noticias retransmitidas en radio ou TV, e a partir da reflexión e a crítica sobre o mal uso e o abuso das imaxes por parte dalgunhas persoas, cairon na conta de que ás veces eles facían un mal uso de imaxes ou eran e son demasiado confiados ou inocentes.

O tempo de traballo adicado á reflexión é o que máis valoro, xa que axuda ó neno a tomar conciencia dos riscos que corre e como os pode evitar.

4 Que papel tivo o centro escolar/o claustro/os profesores no proxecto conducente a educar ós alumnos para formar parte dunha cidadanía responsable (p.ex. ensinando a previr riscos na publicación de datos personais, en comentarios…)?

Aínda que  o proxecto se levou a cabo cos alumnos de cuarto, todo o profesorado estaba ó corrente do que iamos facendo. O profesorado aportou e analizou ideas, interactuou cos alumnos no que fai referencia a este tema. A cidadanía dixital e os límites dixitales son temas de actualidade que preocupan non só a docentes senón tamén a pais e nais de familia.

O centro escolar tivo un papel fundamental para realizar este proxecto, xa que sen a súa aceptación e soporte non o houberamos podido realizar.

Grazas  a  todos  elaboramos  un  proxecto no   que  queda  reflectida  a preocupación sobre o tema. En varias ocasións coordinamos conferencias cos “Mossosd’Esquadra” para concienciar ás familias da importancia de supervisar ós menores no seu día a día “dixital”.

Debido á importancia do tema e á gran repercusión que tivo nos nenos e familias, o pasado día 30 de setembro do 2016, impartiuse  no colexio unha conferencia sobre “Internet Segura” para todas as familias. Ó longo da mesma, a policía (Mossod’Esquadra) lanzou unha reflexión: Non deixamos ir comprar ós nenos sós e non temos ningún problema en deixarlles un dispositivo móbil durante 2 horas. Unha frase que a moitas familias conmoveu.

5) De que maneira promove este proxecto eTwinning a cidadanía dixital? ¿Que espazos e ferramentas da plataforma contribúen de forma máis eficaz a formar na cidadanía dixital? ¿Hai algunha diferenza  no  trato  deste  tema  nos  países  dos  teus  socios europeos con respecto a España? ¿Que diferenzas, semellanzas?

O proxecto eTwinning promove a idea de ter en conta todo o que ó mundo dixital se refire, e tratamos de forma superficial desde os distintos  ámbitos  de influenza,  e  que  é  necesario  traballar  de  forma  máis precisa para intentar reducir as malas experiencias, os malos hábitos. Temos que velar e potenciar todo este mundo traballando a partir de ferramentas TIC, valorando experiencias, compartindo vivencias, dunha forma directa. Neste caso é unha pequena parte de todo o que significa este concepto tan amplo como o de ser un cidadán dixital.

Pensamos que o espazo colaborativo TwinSpace que dispón de  ferramenta de videoconferencia, de chat, debuxo colaborativo… entre moitos outros recursos axúdannos a medrar dixitalmente, xa que son ferramentas complexas que neste espazo parecen fáciles de usar  e  que  todos  os  participantes  as  poderíamos  utilizar.  Por  outra  parte, valoramos moi positivamente o apartado de tarefas  das persoas involucradas no proxecto. Como mestra podo dar acceso  ós alumnos para que visiten a plataforma coa posibilidade de comentar e facer aportacións. Hai distintas posibilidades de control para os alumnos que forman parte do proxecto en cuestión.

Intentamos coordinarnos todos os países e xestionar o proxecto  dunha forma semellante, atendendo á privacidade dos nenos. Por outra parte, presentamos as diferentes tarefas utilizando unha ampla gama de ferramentas.

6)  ¿Como contribuíron as familias dos alumnos á formación destes como Cidadáns activos? nunha escala de 1 a 10, e en termos  xerais,  ¿que  lugar  ocuparía  “o  grao  de   Cidadán dixital” destas familias? ¿Teñen algunha formación neste tema?

As familias participaron na medida na que lles necesitamos;  participaron nalgunhas actividades. Hai que dicir que están facendo un gran traballo na casa tratando de educar ós seus fillos na idea de cidadán dixital.

É un feito que as familias utilizan cada vez máis as Novas Tecnoloxías para comunicarse. Isto fai que vexan a necesidade de controlar este mundo que rodea ós seus fillos. Grazas ó seu traballo e ó do colexio, podemos conseguir que os nenos e nenas da escola sexan auténticos cidadáns dixitais responsables.

Cada familia ten unha formación, todos a imos adquirindo grazas á experiencia, anécdotas de compañeiros/as… e sí que é desde a escola desde onde ofrecemos, como mínimo, unha conferencia relacionada co tema dixital e “Internet segura”. Cremos que isto axuda ás familias a tomar conciencia do mundo no que vivimos e os perigos que nos axexan.

A  participación  das  familias  foi  excelente.  Sempre  que   requerimos o seu apoio e participación mostráronse moi colaborativos. O seu gran traballo foi e é o diálogo na casa para concienciar dos perigos na vida e educar ó seu fillo/a como cidadán dixital.

7)  Cambiou a idea que o alumnado tiña, antes e despois de facer o  proxecto/actividades,  sobre  as  Regras  de  comportamento  na rede?

Desde a escola cremos que a idea que tiña o alumnado sobre as regras de comportamento na rede antes de participar neste proxecto e a que ten agora, son diferentes, saben máis; pero non podemos deixar de insistir nun tema tan importante como este. Sempre saen ideas, contidos e experiencias novas que é importante ir recordando e explicandolles. Pouco a pouco deben debater sobre a importancia de vixilar todo o que escribimos, colgamos e publicamos en Internet.

Non só debemos falar de seguridade. Tamén debemos reflexionar sobre  como nos comunicamos a través dos distintos dispositivos que a tecnoloxía pon ó noso alcance.

Se nos fixamos na comunicación a través do móbil (algúns xa utilizan este dispositivo), eles sinalan que o fan utilizando abreviacións porque así van máis rápido, e que os compañeiros entenden a mensaxe. Isto é verdade, pero esta práctica repercute na escritura  dun texto. Despois de ter falado disto, o alumnado teno máis claro e saben cando se poden utilizar  abreviacións  e  cando  non.  Estas,  non  sempre  nos serven.

No caso da responsabilidade no que ás descargas se refire (a maioría descarga aplicacións na Tablet ou móbil, de momento non descargan música), tamén hai una maior concienciación. Algúns comentan que o seu irmán, curmán, amigo fai descargas de música e non ten en conta quen ó o autor. Despois de tratar o tema, unha parte do alumnado comenta que terán en conta o que podemos facer e o que non, outros din que llelo explicarán ás personas implicadas.

Se atendemos ó tema dos dereitos sobre as súas propias publicacións, aínda que  son pequenos (8 – 9 anos), xa sinalan que ás veces se suben fotos un pouco provocativas ás redes que non se terían que subir. Eles/as ten claro que están traspasando fronteiras e élles indiferente colgar unha foto provocativa ou non, ter un perfil privado ou público. Estas son algunhas ideas que ían expoñendo os alumnos.

E en último lugar, sobre o tema da ergonomía, en clase  traballamos moitísimo este tema, é moi importante conseguir unha posición correcta para traballar diante dun aparato dixital, xa que se non se presta atención a este aspecto, podemos danar a nosa saúde. Ó principio, era a mestra a que debía de ir repetindo, como debía ser a postura correcta, pero a medida que ía avanzando o curso, os mesmos alumnos se correxían entre eles e ó final conseguimos traballar nunha posición corporal correcta, respectando os descansos que acordaramos.

8) ¿Que impacto tivo este proxecto  no claustro? ¿Hai unha maior sensibilización cara o comportamento na rede? ¿Tómanse máis precaucións, de que tipo? ¿ Corríxense malas actuacións? ¿Establecéronse protocolos novos? ¿Cambiou a disposición do mobiliario da aula de informática?

Creo  que  tivo  un  gran  impacto.  Todo  o  claustro  se  mostrou interesado no tema e na necesidade de continuar formando ó alumnado e  informando a profesores e familias sobre o mesmo. Desde o centro cremos e traballamos para sensibilizar a todo o noso entorno sobre este novo entorno dixital no que vivimos.

Para conseguilo, tomamos diferentes medidas. O noso centro imparte só educación primaria e parte do alumnado está aínda nunha idade moi temperá, eles non dispón de correo personal. Só os alumnos de ciclo superior dispón dun institucional que lles permite traballar na plataforma do centro e que os profesores supervisan.

Como repetín en distintos apartados, o colexio dá moita importancia á formación tanto familiar como de alumnos e prioriza conferencias ou mesas redondas para falar do tema.

Intentamos corrixir todo o que fai referencia a malas actuacións, sempre e cando estas se poidan controlar desde a escola, no caso que teñan lugar fóra da escola, tamén o falamos coa familia e intentamos chegar a acordos de como xestionar a situación. Despois da participación no proxecto e de valorar distintas vivencias,  cambiamos algunhas cousas, como por exemplo: colocamos os ordenadores da sala de informática a un lado para que a mestra poida controlar todas as accións dos nenos e así corrixir ou felicitar nas que sexa necesario.

9) Outros comentarios destacados sobre o proxecto relacionados co tema

Quero destacar a implicación da maioría dos socios do proxecto así como a excelente sintonía que houbo en todo momento. Isto propiciou un moi bo desenvolvemento do proxecto, adaptando as actividades cando era necesario por mutuo acordo.

 

 

Equipos de centro
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *