Cursos tutorizados en línea eTwinning

Cursos tutorizados en línea eTwinning

MOOC eTwinning

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Como en ediciones anteriores, eTwinning lanza cursos tutorizados de formación en línea para el profesorado. El plazo de inscripción empieza el 19 de mayo y finaliza el 7 de junio de 2022 (ambos incluidos). Continuar leyendo

Inscripción en los 3 últimos NOOCs eTwinning (4ª edición)

Inscripción en los 3 últimos NOOCs eTwinning (4ª edición)

MOOC eTwinning NOOC

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Los NOOCs son experiencias de aprendizaje con un esfuerzo estimado de 180 minutos y con una credencial digital (insignia) como recompensa al trabajo realizado de forma satisfactoria. Continuar leyendo

Queres saber máis sobre a aprendizaxe mixto ou blended learning?

Queres saber máis sobre a aprendizaxe mixto ou blended learning?

MOOC eTwinning

1.Por que elixir blended learning? 

A aprendizaxe mixto ou blended learning pretende ante todo, favorecer e desenvolver o proceso de aprendizaxe desde unha óptica integrada. Esta visión holística adhírese perfectamente ó contexto actual, onde a flexibilidade é a clave. Porén, ¿Existe unha definición clara para blended learning? Poderiamos aventurarnos a dicir que non. Este modelo, xorde como resposta á demanda crecente da aprendizaxe fóra do contexto presencial co obxectivo de potenciar o  traballo de habilidades de maneira autónoma e co  apoio das novas fontes de información que ofrecen as redes de maneira aberta. Por outro lado, a aprendizaxe mixta apoiase no formato presencial e de intercambio, o cal agora adquire un rol completamente diferente. Polo tanto, pódese suxerir que blended learning é un modelo híbrido que combina a aprendizaxe online e offline. 

Así pois, ¿Qué nos ofrece este modelo híbrido?:
Versatilidade: Posibilidade de utilizar diferentes metodoloxías e ferramentas en diferentes momentos do proceso de aprendizaxe.
Flexibilidade: Blended learning adáptase a todos os perfís, isto permite que cada docente cree o seu propio modelo adaptado ás súas necesidades e as dos alumnos.
Organización: A combinación de off e online permite ampliar a temporalización de actividades; as barreiras tempo e espazo dilúense permitindo a adquisición asincrónica de habilidades.
Personalización: En blended learning o alumno é o centro no proceso de aprendizaxe. Dirixido polo docente, convírtese en protagonista dun modelo no que se selecciona cómo, cándo e ónde adquirir destrezas que logo serán avaliadas ou compartidas nas sesións offline, contribuíndo así á autonomía e a motivación do aprendiz.
Creatividade: A inspiración e a innovación xorden froito da flexibilidade no proceso de aprendizaxe grazas á combinación de recursos múltiples e ó fomento da autonomía do alumnado.

  1. Como facer o cambio cara blended learning? 

A tecnoloxía fíxose un oco indispensable na nosa vida, e é máis que natural que ferramentas como ordenadores, tabletas e incluso smartphones gañen presenza nas clases.
Propoñemos varias ideas para ir introducindo o Blended Learning  nas aulas:
Probar co Flipped Classroom: con este modelo o alumno usa o tempo fóra da aula para preparar as leccións, familiarizarse con novos conceptos que atopan a súa plataforma dixital (Moodle, Classroom…) e que foron programados polo profesor. O tempo na aula utilízase para a práctica, realizar exercicios de reforzo, debater ou aclarar puntos concretos. Permite ós profesores aproveitar ó máximo o compoñente social da aula, mentres se aseguran de que os seus estudantes non se perdan ningunha información nova. 
Avaliacións automáticas con feedback instantáneo: Unha das características do Blended Learning é que unha vez creados os materiais, permite ó docente aforrar moito tempo. O uso de ferramentas como Corrubric, Google Forms ou Edpuzzle, permiten xerar unha avaliación e feedback instantáneo ademais doutro tipo de datos e estadísticas ós docentes.
Estadísticas de seguimento para preparar as clases: O uso dunha plataforma educativa permite ós profesores ter acceso a todo tipo de estadísticas e datos acerca do progreso dos seus estudantes. Toda esta información pode usarse para preparar as clases presenciais, enfocadas cara as áreas nas que os estudantes necesitan mellorar.
Proxectos en grupo con ferramentas multimedia e colaborativas: As plataformas dixitais permiten o traballo en grupo virtual, con ou sen a presenza do titor. Ademais, estes traballos poden realizarse en varias sesións dentro e fóra da aula. Desde presentacións colaborativas, ebooks, infografías….
Titorías fóra de horas lectivas: A moitos estudantes intimídaos preguntar  as súas dúbidas en clase e esa vergoña pode deixalos con grandes lagoas de coñecemento. A posibilidade de poder enviar estas dúbidas a través dunha plataforma dixital pode axudalos. Os profesores poden establecer un horario de titorías virtual, programar sesións de chat para dúbidar ou enviar preguntas en privado.

  1. ¿Como avaliar en blended learning?

A avaliación é esencial no proceso educativo, xa sexa presencial, en liña ou mixto, aínda que non existe un modelo de avaliación único senón que depende do centro, o seu modelo educativo e as características do alumnado. Por outro lado, debemos pensar que avaliar non é só cualificar, é tamén acompañar e axudar a que todo o alumnado aprenda de forma óptima segundo as súas capacidades, para o que é preciso valorar avances e aspectos a mellorar de forma continua. Cambiamos a forma, non o fin, de modo que o proceso de avaliación é igual de forma presencial ou en liña, a avaliación sempre debe ser un proceso continuo, planificado e interactivo (docente-discente, discentes entre si).
No ensino non presencial, en liña ou combinada, é conveniente establecer un código de honor que recorde os compromisos co traballo académico desde calquer lugar.
Dar ó alumnado pautas claras e suficientes, recursos, prazos: ¿Qué facer e como? Axudarlle a tomar conciencia dos seus avances e necesidades aumenta o compromiso coa propia aprendizaxe, a avaliación debe ser un estímulo para a aprendizaxe.
O alumnado debe coñecer os criterios de avaliación dándolle un papel activo e protagonista, fomentar a autoavaliación e coavaliación.
Débense empregar estratexias, retos de aprendizaxe en aula virtual e espazos de diálogo en clase presencial ou por ferramentas tecnolóxicas (videoconferencia, correo electrónico, foros, chats,…), centrados no alumnado: análise de casos, ensaio, proxectos, traballos grupais, resolución de problemas, exposicións, etc evitando abusar de actividades ou retos enteiramente memorísticos, e substituir actividades que requiran respostas fáciles de atopar por outras que requiran o emprego de habilidades máis complexas.
Describir cómo e cándo se dará a retroalimentación (verbal ou escrita), tendo en conta que canto se dá entre o alumnado é unha oportunidade moi valiosa para a aprendizaxe.
Segundo o tipo de actividade, débense empregar rúbricas ou listas de cotexo.

Ferramentas de avaliación

Sempre en función do obxectivo: ¿que desexas avaliar?, a tecnoloxía axuda, pero non é un obxectivo en si mesma, pois hai unha gran variedade de ferramentas en función do tipo de avaliación ou valoración que precisemos levar a cabo. Para valorar a comprensión ou asimilación de contidos, desenvolvemento de competencias, aumento do compromiso e motivación (estímulo) referidos ós criterios formulados, ¿é realmente necesario un exame? ¿pódese valorar ese criterio con outras ferramentas? En liña hai métodos novos e atractivos que permiten a observación dos procesos de traballo de forma continua e  facilitan tanto a aprendizaxe como a cualificación final do proceso xa sexa en liña ou presencial.  

Exemplos de ferramentas a incluír no proceso de avaliación:
Hai aplicacións con carácter lúdico que serven para avaliar mediante concursos de preguntas, integran a avaliación no proceso de aprendizaxe: Kahoot, Quizziz, Wordwall,Socrative,Edpuzzle, Plickers, Quizlet, Educaplay, Quizalize, Playposit…
Proba con preguntas tipo ensaio, ou proxectos ou informes relativos a un tema ou experimento usando diversas ferramentas de texto.
Traballo por proxectos ou deseño e desenvolvemento dun produto, presentación que dea resposta a un problema ou tarefa formulado: Portafolio Traballos colaborativos en Jamboard (GSuite), muros (Padlet, Linoit, Mural, Twinboard, Miro, Trello, Ideaboardz), libros dixitais (StoryJumper), 
Os mapas conceptuais.
Hai ferramentas para verificar a autenticidade e antiplaxio: Turnitin Feedback Studio,…
Conversaciónse diálogos simulados en clase ou por videoconferencia, foros, chats, ou correo electrónico. (Moodle, Google Classroom, TwinSpace).
Enquisas durante as presentacións en directo (presencial ou en liña): Mentimeter, Kahoot, Socrative, Edulastic,…
Para a coavaliación:  Peergrade, Flipgrid…
Para recompilar e interpretar información por parte do docente: Corubrics, Rubistar, Idoceo, banco rúbricas CEDEC (Intef), Listas de cotexo, probas obxectivas (Exemplos: Moodle, GSuite, Liveworksheets). 

4.Técnicas e métodos aplicables a blended learning

A flexibilidade do “Blended learning” permite utilizar e/ou combinar elementos de diferentes modelos de aprendizaxe para conseguir o equilibrio necesario e crear o enfoque máis axeitado a cada contexto. 

Algúns destes modelos son:

Clase invertida ou “flipped classroom”: dar a volta á clase tradicional, tratar os contidos antes da clase (actividades online, vídeos…) , ena aula realizar a aprendizaxe activo e práctico (analizar ideas, debates, traballos en grupo, proxectos…). O docente observa, guía, resolve dúbidas, avalúa e propón ferramentas tecnolóxicas axeitadas.
Flexible: o contido e a instrución impártense a través dunha plataforma en liña, o alumnado avanza ó seu ritmo e interactúa de forma asincrónica principalmente. O docente proporciona apoio nun horario flexible e o tempo de clase pode usarse en titorías individuais, discusións ou formación en grupos pequenos, proxectos grupais, talleres… 
Modelo Virtual Enriquecido: realízase a maior parte do curso online, co apoio virtual do profesor, seguindo o seu propio ritmo, horario e fóra da escola, pero require algunha sesión presencial na escola (titorías opcionais presenciais en días asignados).
Rotación: a aula divídese en estacións e o alumnado en equipos ou pequenos grupos rotan por actividades diversas, con ou sen maestro presente, realizando prácticas, actividades colaborativas, aprendizaxe en liña, clase… É un modelo ideal para ser utilizado en proxectos eTwinning, mobilidades virtuais en proxectos Erasmus, etc. Dentro deste modelo destacan catro submodelos. 

Rotación por estación: O alumnado pasa por todas as estacións e realiza as actividades de cada unha delas.
Rotación de laboratorios: A rotación inclúe o laboratorio de computación (sala de informática) para a aprendizaxe en liña e uso de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas, «smartphones»…) e a clase  resérvase para outras actividades.  
Aula invertida: Rótase na aula (prácticas e proxectos guiados “cara a cara” polo profesor en horario escolar) e online” (parte teórica  fóra do horario escolar). 
Rotación individual: Non todos os alumnos pasan por todas as estacións, senón por as máis relevantes segundo o seu plan individualizado (vídeos e discusións en liña, actividades colaborativas en pequeno grupo e interacción grupal en gran grupo…). O profesor organiza o traballo e cámbiase de estación segundo necesidades individuais (non do grupo).

A aprendizaxe mixta é unha oportunidade para a inclusión e a aprendizaxe por competencias e as comunidades de aprendizaxe e plataformas como eTwinning ou School Education Gateway  convertéronse en aliados perfectos para esta metodoloxía (ver recomendación do Consello da Unión Europea).

  1. Ferramentas blended learning

Tanto para a avaliación como para o desenvolvemento doutros procesos de aprendizaxe, existen un gran número de ferramentas que facilitan desenvolvemento dos diferentes  procesos cognitivos:

 

6.Impacto da aprendizaxe mixto no proceso educativo/alumnos/aula 

A teor do exposto, a aprendizaxe mixto supón un cambio importante no proceso de ensino-aprendizaxe, xa que implica romper coas liñas metodolóxicas tradicionais, máis centradas no grupo que nos individuos, sendo a adaptación ós ritmos de aprendizaxes de cada alumno o impacto máis destacado, ó ofrecerlles marcos de tempos flexibles.
Non obstante, facendo unha análise dos efectos sobre os diferentes actores do proceso educativo, pódense sinalar melloras en todos os niveise suxeitos de intervención.

No grupo-aula:
Mellores oportunidades de colaboración entre os alumnos, reducindo oillamento do alumno como suxeito individual na aprendizaxe memorística.
Mellora a eficiencia do tempo no proceso de aprender a nivel grupal.
A motivación eo interesexeral aumentan co uso dos medios informáticos.
Proporciona autonomía os estudantes, de tal forma que osfai autosuficientes e responsables.
Permite que as interacciónse a comunicación entre o profesor e os alumnos sexan máis efectivas grazasó uso das TIC.

Nos alumnos:
Polo que se refire ós alumnos individualmente, tendo en conta as competencias clave, prodúcense cambios e melloras significativas  nos seguintes aspectos: 
Favorece o desenvolvemento do sentido da iniciativa e espírito emprendedor, xa que os alumnos séntense protagonistas do súa propia aprendizaxe.
Mellora a competencia de aprender a aprender porque os alumnos desenvolver a capacidade de seguir o seu proceso habida conta que a través da avaliación reciben, unha retroalimentación que lles permite modificar a  súa actuación para a consecución do obxectivo de cada tarefa.
O uso dos medios informáticos produce unha mellora na competencia dixital e permite ós estudantes prepararse para o mundo futuro.
Os tempos de atención adicados a desenvolver as súas aprendizaxes aumentan, xa noné un proceso monótono de escoita, senón que deben utilizar habilidades de investigación.

No profesorado:
Por último, non debemos esquecer os profesores, sobre os que recae o labor de autoanálise e modificación da metodoloxía e adaptala ós novos tempos. 

Prodúcese un desenvolvemento profesional significativo. O seu rol tradicional modifícase de transmisor de información  a deseñador de proxectos e actividades.
O ensino combinada supón menos esforzo, no sentido de que se aforra tempo ó ser máis asequible ós alumnos.
Mellora a calidade do ensinoó obter mellores resultados.

Vantaxes e impacto da aprendizaxe mixta 

En definitiva, a través da aprendizaxe mixta podemos mellorar  ensino, a atención, a responsabilidade e a motivación de alumnos e docentes.

  1. Conclusión

Neste ámbito de aprendizaxe mixta, eTwinning permite unha aprendizaxe flexible e personalizada, inclusivo, fomentando o uso das novas tecnoloxías e crear escenarios de aprendizaxe reais onde poñer “en acción” todas as estratexias e modelos de “blended learning” combinando aprendizaxe sincrónica e asincrónica. Promove ademais unha forte dimensión europea e o traballo en colaboración, converténdose nun lugar de encontro para aqueles que queren enriquecer as súas experiencias de aprendizaxe mixta con outras metodoloxías como micro learning, aprendizaxe móbil (m-learning ou mobile learning), aula inversa, gamificación, aprendizaxe social. eTwinning é un escaparate onde observar cómo alumnado, profesorado e comunidades logran ser protagonistas dunha aprendizaxe efectiva, inclusiva e motivadora. 

 

¡Ya están aquí los Eventos formativos en eTwinning Live del mes de marzo!

¡Ya están aquí los Eventos formativos en eTwinning Live del mes de marzo!

MOOC eTwinning

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

eTwinning ofrece oportunidades de desarrollo profesional a los profesores registrados a través de su oferta de formación online. Existen dos modalidades:

Continuar leyendo

II Jornadas en línea “eTwinning y la formación inicial del profesorado”

II Jornadas en línea “eTwinning y la formación inicial del profesorado”

MOOC eTwinning Últimas noticias Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Desde el 1 de enero de 2021, la participación en eTwinning de las instituciones de Formación Inicial del Profesorado (Facultades de Educación, centros universitarios en los que se imparte el Grado en Educación Infantil, Grado en Educación Primaria o Máster en Secundaria,  Initial Teacher Education (ITE) institutions, en inglés) está abierta. Cualquier docente de estas instituciones puede formar parte de la comunidad eTwinning. El objetivo de esta apertura es dar a conocer eTwinning a los docentes y a sus estudiantes, futuros maestros y profesores de secundaria. Continuar leyendo

Grupo eTwinning “Áreas Rurales”

Grupo eTwinning “Áreas Rurales”

MOOC eTwinning

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Conoce más a fondo a través del siguiente vídeo el grupo eTwinning dedicado a aquellos docentes que trabajan en centros que se encuentran ubicados en el medio rural. No dudes en unirte al grupo si eres docente de uno de estos centros y abre una ventana a Europa a través de eTwinning. https://groups.etwinning.net/109616/home  Continuar leyendo

MOOC “eTwinning en abierto” (5ª ed.) 2022

MOOC “eTwinning en abierto” (5ª ed.) 2022

MOOC eTwinning MOOC eTwinning

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Ya está abierta desde hoy 02 de febrero la inscripción en el MOOC “eTwinning en abierto” 2022.

En su quinta edición, el MOOC de AprendeINTEF “eTwinning en abierto”, se desarrollará entre el 05 de abril y el 12 de mayo de 2022 y ya puedes inscribirte aquí#etwmooc Continuar leyendo

Inscripción en los 2 siguientes NOOC eTwinning 4ª edición

Inscripción en los 2 siguientes NOOC eTwinning 4ª edición

MOOC eTwinning NOOC

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Ya está abierto el plazo de inscripción para los siguientes 2 NOOCs sobre eTwinning desde hoy 20 de enero.

Los NOOCs son experiencias de aprendizaje con un esfuerzo estimado de 180 minutos y con una credencial digital (insignia) como recompensa al trabajo realizado de forma satisfactoria. Continuar leyendo

¡Ya están aquí los Eventos formativos en eTwinning Live del mes de diciembre!

¡Ya están aquí los Eventos formativos en eTwinning Live del mes de diciembre!

MOOC eTwinning

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

eTwinning ofrece oportunidades de desarrollo profesional a los profesores registrados a través de su oferta de formación online. Existen dos modalidades:

Continuar leyendo

Inscripción en los siguientes 2 NOOC de la 4ª edición.

Inscripción en los siguientes 2 NOOC de la 4ª edición.

MOOC eTwinning NOOC

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Hoy abrimos el plazo de inscripción para los siguientes 2 NOOCs sobre eTwinning.

Son experiencias de aprendizaje con un esfuerzo estimado de 180 minutos y con una credencial digital (insignia) como recompensa al trabajo realizado de forma satisfactoria. Continuar leyendo