Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

Embaixadores

STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics) é unha metodoloxía que combina as seguintes disciplinas: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas para que o noso alumnado aprenda de forma práctica e experiencial. A través de STEAM, os nenos e nenas son capaces de enfrontarse ós problemas formulados de maneira real, ademais de desenvolver outras habilidades como o traballo en equipo ou a capacidade de análise.

Traballando desta maneira preténdese que o alumnado afronte un problema tal e como se dun enxeñeiro se tratase, poñendo en práctica os seus coñecementos. Ademais, búscase o proceso contrario: que o tratamento de situacións reais permita o estudo e aprendizaxe dos contidos das diversas materias científicas, dunha maneira moito máis motivadora. Desta forma, a retención das aprendizaxes é máis prolongada no tempo, así como a capacidade de transferilos dunhas situacións a outras. En definitiva, a aprendizaxe por competencias básicas realízase dunha maneira moito máis efectiva.

Metodoloxía:

Obxectivos xerais

Os  obxectivos xerais que se buscan ó participar neste tipo de proxectos son:

  • Promover o ensino/aprendizaxe da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería, as Matemáticas e a Arte de forma integrada, en lugar de como áreas compartimentadas de coñecemento.
  • Desenvolver metodoloxías activas como a aprendizaxe baseado en problemas e retos ou a aprendizaxe baseada en servizo, así como o de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) desde os diferentes temas implicados en STEAM.
  • Deseñar actividades que fomenten no alumnado a curiosidade, o gusto pola experimentación e o desenvolvento práctico e o interese polos temas científicos e tecnolóxicos.
  • Promover a divulgación científica, tecnolóxica e artística mediante a produción de materiais con contidos que esperten o interese de toda a comunidade educativa.
  • Deseñar actividades específicas dirixidas ó alumnado feminino para mellorar a súa percepción das carreiras científicas e de enxeñería.
  • Promover o traballo en equipo e a cooperación na contorna STEAM como un dos pilares básicos e comprometerse, individual e colectivamente, a realizar o traballo de forma axeitada.
  • Desenvolver as competencias STEAM dentro do currículo docente.
  • Contribuír ó logro das competencias básicas do alumnado mediante a implantación de experiencias de aprendizaxe baseadas na metodoloxía de investigación da súa práctica pedagóxica.
  • Mellorar o pensamento crítico, a concienciación e a integración na competencia STEAM.
  • Romper os estereotipos de xénero sobre as carreiras STEAM empregando ferramentas e estratexias libres de xénero.
  • Usar a tecnoloxía como un elemento facilitador, para producir unha aprendizaxe de calidade, incrementando a confianza e competencia dos alumnos na mesma.

Competencias:

O desenvolvemento de competencias STEAM comprende:

  • O uso de metodoloxías activas.
  • A alfabetización científica para o alumnado en todas as etapas escolares.
  • O uso do método científico co alumnado como ferramenta de reflexión.
  • A transmisión de valores de sostibilidade e obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • O desenvolvemento da capacidade analítica para crear e impulsar novas solucións a problemas reais.
  • O desenvolvento da creatividade.
  • A contextualización da docencia STEM e construción de proxectos STEAM en torno a problemas reais que deben ser resoltos, enfocando as disciplinas STEM en relación cos retos sociais.
  • A integración da arte e o deseño no ensino/aprendizaxe, como elementos clave na innovación.

Grupos destacados:

Actualmente estamos de cambio de plataforma dixital, xa que, como é sabido, eTwinning e School Education Gateway fusionárons e na nova European School Education Platform onde ó longo deste ano 2022 serán volcados os Grupos eTwinning xa existentes. Na plataforma eTwinning Live se se escribía no buscador a palabra “STEAM” ou “STEM”, saían moitos grupos relacionados, pero os dous que vos presentamos a continuación (na Plataforma Europea de Educación Escolar, serán migrados en breve co mesmo nome, aínda que posiblemente cambie o seu hipervínculo) son os seguidos por máis membros de eTwinning debido ó  seu dinamismo e calidade:

-STEAM: deseña o futuro da ciencia con eTwinning: https://groups.etwinning.net/157944 Grupo en castelán con máis de 17.000 membros, moderado polo embaixador Abel Carenas e creado como punto de encontro entre docentes de todas as etapas educativas que se traballan en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e  Matemática a través de eTwinning. Os seus obxectivos principais con respecto a STEAM son: dar a coñecer boas prácticas, colaboración docentes, coñecemento de proxectos multidisciplinares, fomento de creatividade,así como difusión de actividades e eventos externos e dos membros do grupo.

-STEM: https://groups.etwinning.net/7619. Grupo en inglés formado por máis de 10.000 participantes, coordinado polo embaixador Rafael Montero onde se pretende que sexa un lugar de encontro entre docentes de todos os niveis para tratar e compartir cos demais docentes temas relacionados coas Nanotecnoloxías, TIC, Astronomía, Aprendizaxe Baseada na Indagación (Inquiry Based Learning, IBL) e intelixencias múltiples, ademais de promover as vocacións científicas, traballo colaborativo e Feiras Científicas.

 Algúns exemplos de proxectos eTwinning nos que se traballou con esta metodoloxía e alcanzáronse exitosos resultados son os seguintes:

Educación Infantil

 

Educación Primaria

 

Educación Secundaria

 

Formación Profesional

 

MOOCs/Cursos:

 

Exemplos de boas prácticas en centros:

Ademais, eTwinning ofrece diferentes kits para facilitar o desenvolvemento dos nosos proxectos. Un deles, relacionado coa metodoloxía STEAM, é o seguinte:

De STEM a STEAM

https://www.etwinning.net/es/pub/get-inspired/kits/kit.cfm?id=1322

 

Proxecto STEAM en centros educativos

Nalgúns centros educativos intégrase o proxecto STEAM no Plan Anual de Centro cos obxectivos  principais de mellorar a experiencia da aprendizaxe científico-tecnolóxica do alumnado, mellorar a perspectiva do STEAM e a interdisciplinariedade e aumentar o número de vocacións neste ámbito. Un exemplo de implementar o plan STEAM na escola ou instituto son as Ferias da Ciencia nas que se pode participar a nivel local ou provincial. O IES Etxebarri BHI realiza unha Feira da Ciencia (“Zientzia Azoka”) desde o 2021. Neste ano o tema central da exposición fue o Covid19, onde se presentaba a enfermidade polo alumnado de 3º ESO (nivel no que se imparten todas as materias STEAM) a todo o instituto desde a perspectiva de Bioloxía (estudo de enfermidades víricas, vacinas, científicos e científicas) , Física e Química (materiais para as EPIs), Tecnoloxía (creación de pantallas protectoras e dispensadores de hidroxel con impresora 3D), TIC (programación e deseño), Matemáticas (estatísticas sobre a pandemia) e Arte (realización de maquetas e paneis informativos). Vídeo onde se pode ver a Feira (STEAM-AZOKA): https://www.youtube.com/watch?v=RwtrqBZW60E

 

Durante o curso 2021-22 seguiuse co proxecto, sendo neste caso o Cambio Climático o eixe central para tratar nas diferentes materias STEAM. Tanto en Física-Química como en Bioloxía realizaron maquetas e póster explicativos axudados polas Matemáticas para as estatísticas e, de Artes Plásticas para adecuar ditas maquetas. En Tecnoloxía e Informática programouse a impresora 3D para a construción de aeroxeradores e circuítos pechados. Un resumo do realizado pódese ver no seguinte vídeo: https://youtu.be/qQAI73AL210

 

Recursos de interese:

 

Conclusión:

O principal obxectivo da práctica STEAM non é outro que traballar para o cambio metodolóxico, baseándonos nun proceso de aprendizaxe  no que destaca a participación activa do alumnado, realizando actividades manipulativas e experimentais, de maneira que se integren, de forma interdisciplinar, as diferentes materias.

O alumnado é o verdadeiro protagonista do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, e o encargado de construír o seu propio coñecemento a través da resolución de problemas, para o cal é fundamental a formulación de preguntas, a análise, a investigación, o rastrexo, a estimación e a chegada a unha conclusión final.

É importante partir de problemas cercanos ó alumnado, á súa contorna, vinculados á súa idade e ás súas necesidades reais, para conseguir estimulalos dunha maneira natural e chegar a unha implicación máxima nos mesmos.

Desta maneira conseguiremos espertar no alumnado o interese pola investigación e polo descubrimento, desenvolvendo áreas de coñecementos e capacidades necesarias para a revolución dixital do presente século.

Actualización del plazo límite para solicitar Sellos de Calidad Nacional 2022

Actualización del plazo límite para solicitar Sellos de Calidad Nacional 2022

Premios Europeos Sellos Europeos Sellos Nacionales

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Te comunicamos el plazo establecido para solicitar el Sello de Calidad Nacional eTwinning y en caso de recibirlo, poder participar en la próxima convocatoria de los Premios Europeos eTwinning 2023. Continuar leyendo

Proyectos ganadores de los Premios Europeos eTwinning 2022

Proyectos ganadores de los Premios Europeos eTwinning 2022

Premios Europeos

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Ya conocemos los proyectos ganadores y finalistas de los Premios Europeos eTwinning 2022. Este año tenemos representación de docentes españolas en los proyectos ganadores de todas las categorías de edad y además también somos finalistas en dos categorías. ¡¡Enhorabuena a todas las profesoras premiadas por el excelente trabajo realizado!! Continuar leyendo

eTwinning e a Orientación Profesional

eTwinning e a Orientación Profesional

Embaixadores Proxectos destacados

O termo orientación segundo a RAE inclúe dúas acepcións: “dar a alguén información ou consello en relación cun determinado fin.  e dirixir ou encamiñar a alguén ou  algo cara un fin determinado”.

Cada día, os docentes implicados nos equipos educativos da Formación Profesional informamos, aconsellamos, diriximos, encamiñamos. Segundo as citadas referencias: orientamos. Facemos orientación profesional. 

Sabemos que é moi importante formar os estudantes para que poidan desenvolver Habilidades para a Xestión da súa Propia Carreira Profesional (HGC).  E por isto, a aprendizaxe en competencias relacionada coa identificación das súas habilidades, o desenvolvemento de metas de aprendizaxe profesional e a mellora da súa carreira persoal e profesional son aspectos clave en dita orientación profesional.

eTwinning, a través dos seus proxectos, permite e facilita ó noso alumnado integrar os valores fundamentais da UE, coñecer estratexias de autocoñecemento, identificar oportunidades formativas e explorar novos horizontes profesionais. A implicación  nos proxectos e a participación de forma proactiva nas actividades, aproxímanse á súa futura realidade profesional. 

A través de diversas experiencias de aprendizaxe, o alumnado consegue:

  • Adquirir destreza en competencias dixitais.
  • Aumentar o seu interese e adquirir fluidez no uso de linguas estranxeiras para poder comunicarse cos seus compañeiros e profesorado de outros países.
  • Mellorar a súa autonomía e outras habilidades persoais, sociais, de relación e comunicación, posto que a colaboración é un dos pilares fundamentais en eTwinning.
  • Adquirir hábitos de traballo relacionados coa súa especialidade profesional.
  • Vivir o emprendemento a través de proxectos emprendedores que poden servir para promover o súa propia iniciativa empresarial.
  • Romper as fronteiras nos seus horizontes profesionais.
  • Identificar oportunidades de formación e de inserción laboral noutros países. 

Así pois, eTwinning constitúe un recurso de apoio; tanto para os docentes ó fomentar a participación en proxectos, como para os alumnos na elaboración do seu propio itinerario formativo. Pero, sobre todo, proporciona orientación e proxección de futuro.

 

Proxectos destacados: 

COOKING AND SERVING:MY HOBBY,MY JOB

https://twinspace.etwinning.net/44455/home

 

ORFI RESTAURANT-OUR RESTAURANT FOSTERING INCLUSION

https://twinspace.etwinning.net/73390/home

 

R4H:Restaurant4Homeless

https://twinspace.etwinning.net/92651/home

 

Cook&Live 4 H3: Health, Heritage and Humanity

https://twinspace.etwinning.net/101603/home

 

CM: Clever Meals

https://twinspace.etwinning.net/124170/home

 

Proxecto Show me your town 

(FPB Aprovechamientos Forestales)

https://twinspace.etwinning.net/22835/home

 

Produto Calendario

https://www.yumpu.com/en/document/read/58955780/our-etwinning-calendar-project-show-me-your-town-2017

Novedades en la solicitud de Sello de Calidad Nacional

Novedades en la solicitud de Sello de Calidad Nacional

Reconocimientos eTwinning Sellos Nacionales

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Os informamos de que el procedimiento para la gestión de las solicitudes de sello de calidad ha cambiado. Estos son los aspectos que tienes que tener en cuenta a la hora realizar tu solicitud de sello de calidad nacional. Estos aspectos han sido acordados por el SNA y los distintos representantes eTwinning en las CCAA. Continuar leyendo

Conoce los dos proyectos ganadores de los Premios Europeos 2021, con docentes españoles

Conoce los dos proyectos ganadores de los Premios Europeos 2021, con docentes españoles

Premios Europeos premios europeos 2021

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

A continuación os presentamos los vídeos de los proyectos ganadores de uno de los Premios Europeos 2021: Continuar leyendo

Premios Europeos eTwinning 2022

Premios Europeos eTwinning 2022

Premios Europeos

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

eTwinning reconoce todos los años proyectos europeos innovadores, integrados en el currículo, colaborativos, que aprovechan la tecnología y tienen una buena comunicación y difusión. Si crees que has participado en un proyecto internacional que reúne estas características, es el momento de plantearte la  participación en la convocatoria  de Premios europeos eTwinning 2022. El plazo de presentación de candidaturas empieza el 2 de noviembre y finaliza el 29 de noviembre.

Continuar leyendo

Proxecto “ON THE SPOT”. O consumo crítico de medios de comunicación

Proxecto “ON THE SPOT”. O consumo crítico de medios de comunicación

Kits eTwinning

No 2021, a Comisión Europea quixo poñer o foco na propagación de noticias falsas, a desinformación e a alfabetización mediática, un asunto que nos compete sen dúbida como cidadáns europeos e como educadores. En eTwinning sempre estivemos comprometidos co desenvolvemento do pensamento crítico do noso alumnado, polo que esta é unha oportunidade excelente para desenvolver proxectos que melloren as  súas capacidades como consumidores de medios de comunicación.

 

Partindo da elección do tema do ano 2021, “Media literacy” (“alfabetización mediática” en castelán), o IES Xardín de Málaga (Málaga) e o  IES Koldo Mitxelena, (Vitoria-Gasteiz)   traballaron durante o curso pasado no proxecto  “On the Spot”, xunto ó  Secondary School with Study of European Languages, en Ruse, (Bulgaria), o IISS Don L. Milani” di Gragnano, Gragnano (Italia) e o IISS Medi, Barcellona Pozzo Di Gotto (Italia). O traballo integrouse dentro dos obxectivos e contidos curriculares da materia de Inglés de 4º de ESO e Diversificación Curricular e contou ademais coa participación en diferentes momentos doutros ámbitos: Lingua Castelá e Literatura e Euskera (para a fase de investigación), Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e Plástica (para a creación dos logos), Matemáticas académicas (na análise de estadística) e TIC (na creación de produtos dixitais). 

 

Este é o mapa interactivo dos participantes: ON THE SPOT

 

Os obxectivos do proxecto foron os seguintes: 

 

-Familiarizarnos cos conceptos de alfabetización mediática e desinformación.

-Coñecer o funcionamento dos medios de comunicación, tanto analóxicos como dixitais,  prestando atención ás redes sociais que cumpren esta función. 

-Convertirnos en consumidores de información críticos, capaces de analizar a  información e identificar se é sesgada ou fraudulenta 

 

Para a nosa metodoloxía de traballo utilizamos a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), partindo dunha pregunta inicial que nos fixemos tanto docentes como alumnado; “¿É verdade todo o que vemos nas noticias nos medios de comunicación e redes sociais?”. Así mesmo, fixemos uso da Aprendizaxe Baseada en Investigación (ABI), cunha fase de busca e análise de información sobre os conceptos clave no ámbito da alfabetización mediática.  

 

Nada máis comezar o proxecto, todos os integrantes participaron nunha avaluación inicial que nos deu unha idea do noso punto de partida. Na análise, sintetizada en infografías polo alumnado, soubemos o noso grao de coñecemento sobre cómo se xeran as noticias que vemos e lemos, ademais de facernos unha idea de cómo reaccionamos ante elas.

 

Como é habitual, e posto que para algúns participantes se trataba do seu primeiro proxecto eTwinning, realizamos unha primeira fase de contacto con tarefas para romper o xeo e coñecernos, con dúas actividades: “Mystery schools”, para averiguar onde estaban os nosos centros escolares a partir dun xogo de  intercambio de información en JAMBOARD, e o clásico “who is who”, onde cada alumno/a identificou os demais participantes a partir dos seus perfís de eTwinning, imaxes con obxectos que lle representaban, ilustracións e conversacións nos foros do Twinspace. Completamos esta fase coa creación en equipos internacionais de presentacións e xogos sobre as cinco rexións europeas do proxecto; Andalucía, País Vasco, Sicilia, Bulgaria e Campania. Aquí podes ver algúns dos produtos creados: XOGOS 

 

A continuación, comezamos unha fase de orientación sobre o tema, cunha  investigación en todos os centros participantes a partir dun banco de recursos recompilados coa ferramenta Wakelet. Así, descubrimos conceptos coma o sesgo mediático, a desinformación, as noticias falsas ou os bots. Con todo o aprendido, comezamos un concurso de logos en dúas fases, unha semifinal en cada centro e unha final internacional. Ademais de recoller o espírito de colaboración do proxecto, as creacións debían reflectir os conceptos tratados, e así debía quedar explicado no logo de cada candidato. 

 

Tras investigar sobre a alfabetización mediática e cómo detectar noticias falsas, o alumnado debateu nos equipos nacionais sobre o tema. Posteriormente, cos coñecementos adquiridos, redactaron preguntas que se compartiron no TwinBoard e así crear unha enquisa colaborativa que foi respondida pola comunidade educativa de cada centro socio. Entre os resultados, destacamos que analizamos o consumo de medios de comunicación e cómo os xoves de diferentes países europeos se informan mediante as redes sociais. Tamén puidemos constatar que un de cada tres enquisas afirma que foi enganado por unha “fake news” algunha vez, pero que o 99% pode identificar que a noticia é falsa polo título bizarro, anonimato do autor e o dominio da páxina web.

 

O alumnado do IES Koldo Mitxelena que participaba noutro proxecto eTwinning, eTw-Train, invitounos a colaborar na creación dunha guía multilingüe para detectar noticias falsas. A guía ten formato de xogo e está dispoñible en todos os idiomas do proxecto: inglés, castelán, italiano, euskera e búlgaro. GUÍA MULTILINGÜE

 

O produto final do proxecto é un xornal dixital que amosa cómo aprendemos a estruturar as noticias. O alumnado creou un periódico coas noticias falsas que lle gustaría ver publicadas nun medio de comunicación, dándolle un toque de humor e sendo creativos. Propuxemos ó alumnado crear noticias en equipos internacionais de dúas formas diferentes. Nunha das opcións, o alumnado dun centro escolar empezaba unha noticia e outro centro escolar diferente rematábaa, propoñendo un título e engadindo unha fotografía procedente dun banco de recursos de imaxes de libre uso. Na outra opción, o alumnado socio dun centro propuña o titular, o esquema da noticia coas cinco “W” (Quen, Cando, Onde, Que e Por que) e unha fotografía para inspirar ó equipo que vai narrar a historia noutro centro socio. ¿Queredes saber sobre que escribiron? Aquí tedes o noso ON THE SPOT FAKE NEWSPAPER

 

Respecto á avaliación  do traballo realizado,  foi formativa, integral e continua, incluíndo a todos os axentes implicados  en varias fases ó longo do ano. Deste modo, puidemos identificar os coñecementos e habilidades cos que chegamos ó inicio do proxecto, os puntos fortes e as melloras para futuras edicións.

 

Os resultados do proxecto amósannos o impacto entre o noso alumnado e os seus socios internacionais, que melloraron as súas destrezas para avaliar os contidos dos medios de comunicación, desenvolvemento a súa alfabetización dixital e mediática así como o seu pensamento crítico e o seu sentido de cidadanía europea. 

 

Enlace á páxina pública do proxecto: ON THE SPOT 

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto ON THE SPOT

 

Solicitud Sello Calidad Nacional.

Solicitud Sello Calidad Nacional.

Reconocimientos eTwinning Sellos Nacionales

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

¿Cuentas con varios proyectos eTwinning a lo largo del curso escolar? Presta atención porque esta información te interesa.

A veces nos encontramos con docentes que realizan varios proyectos en el transcurso del curso escolar y han solicitado Sellos de Calidad Nacional para todos ellos. Sin embargo, esto puede poner en duda la idea de lo que realmente es la calidad: una idea de proyecto bien pensada, investigada y planificada según los cinco criterios de la rúbrica de evaluación, con un papel claro para cada docente que participe.

Para poner en relieve la calidad de un proyecto, el proceso de solicitud ha cambiado y en el curso 21/22, para proyectos registrados desde el 01 de agosto 2021, sólo se evaluarán cuatro proyectos por docente. Esta es una decisión tomada a nivel europeo, y que por tanto afecta a todos los países participantes en el programa eTwinning. De este modo, aunque cada docente pueda participar en muchos proyectos, sólo se tendrán en cuenta cuatro. Así pues, te aconsejamos que lo pienses minuciosamente antes de presentar tu solicitud y escojas los proyectos que mejor se ajusten al concepto de calidad.

 

Porque somos ciudadanos, participemos

Porque somos ciudadanos, participemos

Proxectos destacados

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

+Participatory Democracy, +Active Citizenship es un proyecto Erasmus+  que está siendo desarrollado por tres centros educativos europeos: el Agrupamento Escolas Camilo Castelo Branco (AECCB) de Famalicão, Portugal; el Siauliu Juliaus Janonio gimnazija de Siauliai, Lituania, y el IES Urbi de  Basauri, España. Continuar leyendo