“Mille et une pistes… e dous detectives”

“Mille et une pistes… e dous detectives”

Premios eTwinning 2015

Mille et une pistes… e dous detectives  é un proxecto galardoado nos premios nacionais eTwinning 2016 na categoría de idade 12-15 anos. Estamos ante un proxecto, integrado no currículo de Linguas Estranxeiras, con alumnos de 13-14 anos, que serviu de ferramenta para os profesores e alumnos para coñecerse, colaborar e realizar un intercambio a final de curso, todo perfectamente planificado e executado. A forma de traballo plantexada  é orixinal, potenciando en todo momento a colaboración, implicación e creatividade dos alumnos. E consígueo grazas a unha planificación rigorosa, a unha distribución de tarefas e roles clara e un uso amplo de ferramentas dixitais apropiadas para a idade do alumnado. A metodoloxía do proxecto é activa, as actividades potencian a creatividade, busca o coñecemento do compañeiro e a interacción continua, converténdose os alumnos nos verdadeiros protagonistas. Juana Hermoso, coordinadora do proxecto no IES Ítaca, descríbenos o desenvolvemento desta experiencia no seu centro escolar.

Mille et une pistes… e dous detectives” é un proxecto de colaboración entre os alumnos do Colegio Voltaire (Francia) e do IES Ítaca (España). A través de enigmas, os alumnos fóronse coñecendo e foron descubrindo a cultura do país do que estudan a lingua, antes de encontrarse en persoa mediante un intercambio que tivo lugar a finais de curso. Ó longo do proxecto os alumnos repartíronse en grupos para realizar as tarefas. Crearon dous personaxes, os detectives, que se convertiron no fío condutor de todo o proxecto: inventaron os seus nomes, crearon os seus retratos e elixiron entre todos o aspecto final dos personaxes. Finalmente crearon estes personaxes de maneira virtual, dotándoos de voz e movemento. Para os alumnos foi unha maneira divertida e atractiva de aprender outra lingua e descubrir unha nova cultura coas súas semellanzas e diferenzas. Desenvolvéronse as destrezas comunicativas, valorando e respectando unha nova cultura e potenciando a conciencia europea.

 

nube palabras

Tras a finalización do Proxecto poidemos constatar que se cumpriran os obxectivos plantexados ó comezo do mesmo e cun alto grao de satisfacción.

Durante o desenvolvemento do proxecto as dificultades foron mínimas pois contamos con moi boa disposición por parte do alumnado, que estiveron sempre moi receptivos e moi ilusionados co mesmo. Os alumnos convertéronse nos verdadeiros protagonistas do desenvolvemento do proxecto participando activamente en todas as tarefas, as cales se organizaron en grupos colaborativos con membros do mesmo país ou grupos de alumnos dos dous países.  O traballo en equipo e os intercambios de información foron imprescindibles e constantes ó longo do proxecto. Profundizouse no uso das TIC con ferramentas xa coñecidas polos alumnos e coa introdución de moitas outras novas; o uso de ditas ferramentas serviu para plasmar a creatividade e a autonomía dos alumnos. O uso do blog foi un soporte idóneo para amosar o noso traballo e  organizámolo de maneira que se poideran ver facilmente todas as etapas do proxecto: obxectivos, temporalización, metodoloxía e reparto de tarefas entre os alumnos.

Traballando en equipo os alumnos déronse conta da importancia e o papel que desempeñaban no proxecto, así como da diversidade de ideas e opinións que cada un podía aportar. O intercambio de información supuxo para os alumnos enfrontarse a unha lingua auténtica ó contactar con locutores nativos, practicando a lingua en situacións reais de comunicación. Os alumnos gañaron en confianza e abriron a súa mente a outra cultura, reforzando o sentimento de pertencer á comunidade europea. Algunhas das competencias desenvoltas foron: competencia comunicativa, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender, social e cidadá, cultural e artística, tratamento da información e competencia dixital.

 

Este proxecto permitiu conciliar as esixencias da clase de lingua estranxeira, a creatividade dos alumnos e o desenvolvemento das competencias. Os resultados foron moi positivos: os alumnos progresaron considerablemente no uso da lingua, máis conscientes disto tras o regreso da viaxe/intercambio. Manexaron de maneira sorprendente as ferramentas audiovisuais, aínda que moitos deles  utilizábanas por primeira vez debido a súa curta experiencia con elas. Ó mesmo tempo aprenderon moitos aspectos da cultura do outro país (Francia e España), principalmente tras a estancia en ambos países e establecéronse lazos de amizade entre os estudantes

actividad del proyecto

Ó longo do proxecto foi necesario unha boa planificación e o contacto continuo entre os alumnos e as profesoras para poñernos dacordo  nas tarefas a realizar, o procedemento a seguir e as ferramentas a utilizar. Contactamos principalmente a través do correo electrónico e fixemos unha utilización moi efectiva de TwinSpace, do foro, do chat, dos materiais, etc. Ó introducir ferramentas novas  intercambiamonos titoriais co fin de aprender o seu manexo con maior rapidez.

photostory del proyecto

A modo de resumo, creouse un libro dixital como produto final onde se recolleron todas as tarefas relacionadas cos personaxes e a resolución dos enigmas que plantexaban. Os alumnos traballaron en grupos mixtos e encargáronse do deseño e confección do mesmo.

De novo Twinspace deunos a oportunidade de ir colocando todas as imaxes, ficheiros de audio, vídeos, documentos escritos, etc, de maneira clara e organizada e así se puido reutilizar todo este material en diferentes fases do proxecto.

Para nós as profesoras o resultado foi moi gratificante ó ver o progreso dos nosos alumnos e o grao de implicación destes nas tarefas. Ademais, o maior logro foi constatar que alumnos con algunhas dificultades para a lingua estranxeira tamén progresaron  dunha maneira satisfactoria. Este proxecto permitiunos descubrir novas ferramentas que complementaron e ampliaron as utilizadas  no proxecto anterior e aumentou a confianza e experiencia para emprender novos traballos.

Grazas ós proxectos desenvoltos ata agora no meu centro, logrouse que eTwinning sexa hoxe en día o espazo de comunicación idóneo para traballar con outros centros e tamén que algúns compañeiros se interesaran por esta plataforma. Atopei sempre nos meus compañeiros e no equipo directivo do centro o ánimo e o apoio necesarios para desenvolver os meus proxectos eTwinning.

En resumo, as profesoras quedamos moi satisfeitas co resultado final e os alumnos manifestárono así na  Avaliación Final.

Personalmente, lograr o Premio Nacional eTwinning 2016  supuxo unha recompensa persoal e profesional que me serve de estímulo para seguir crendo na docencia como base fundamental na formación do alumnado. Os meus compañeiros do Instituto Ítaca e o Equipo Directivo séntense moi orgullosos do recoñecemento que supón para o centro haber conseguido este premio.

 

avatar detective del proyecto

Comentarios dos alumnos sobre o proxecto

 


alumnos del proyecto

“A miña experiencia con este proxecto foi moi boa. Traballamos moito  e entre todos conseguimos sacalo adiante. Aprendín moita información interesante sobre Francia e sobre todo con esta plataforma puidemos achegarnos máis a estes grandes amigos que coñecemos grazas ó proxecto. Encantábaos descifrar os enigmas para ir sabendo máis sobre estes personaxes que fomos creando. Por outro lado, aprendemos a utilizar esta plataforma, que moitos non a coñecíamos. Outro punto moi a favor é que  as profesoras estaban moi implicadas no proxecto e  axudábannos en todo o que necesitábamos. Todo se pode sacar adiante con esforzo, imaxinación e sobre todo ganas.”

Paula Pino Morillo

 

“É unha experiencia que indudablemente volvería a repetir. Coñecín un novo país, novas persoas, unha nova cultura e todo isto mellorando o noso Francés. Desde o principio todo o grupo estivo moi implicado no proxecto e todos tivemos unha boa actitude, grazas a ela, conseguimos sacar este traballo adiante. Esta plataforma ó principio éranos descoñecida, xa que nunca a tiñamos utilizado antes, pero estivemos vendo como funcionaba en clase e na casa e por suposto con axuda da profesora. En resumo, aprendín moitas cousas novas con este proxecto e en especial co intercambio e como dixen volvería  repetir, porque me  aportou moitas cousas, non só mellorou o meu Francés, tamén mellorou a miña relación con compañeiros doutras clases cos que non acostumaba estar.”

 María Rodríguez de Segovia

 

“Estou moi orgullosa de ter participado neste proxecto. Foi unha experiencia única e moi interesante, e estaría disposta a repetila.

Foi unha idea moi orixinal e entre todos e a gran ayuda dos profesores, poidemos facelo e incluso gañar un premio.

Ademais do que nos aportou a todos na aprendizaxe do francés, puidemos coñecer mellor outra cultura e moitas persoas marabillosas coas que vivimos momentos inolvidables, e tamén coñecer moito mellor ós nosos compañeiros de clase. Logramos traballar en equipo todos a unha. Penso que o premio foi merecido xa que é o recoñecemento a un traballo ben feito.”

Ana De La Morena Ontalba

“Tras moitas semanas de esforzo realizando o proxecto, organizándoo, utilizando páxinas de internet que nunca antes usaramos e sobre todo axudándonos  uns ós outros, ó final logramos conseguir un traballo que valeu a pena. Esta experiencia aportoume moitos valores positivos e   uniume moitísimo ós meus compañeiros e deime conta do que realmente era o traballo en equipo, e que poñendo cada un da nosa parte podemos conseguir cousas magníficas. Por outra parte tivemos moi bos compañeiros de viaxe (os alumnos do colexio Voltaire de Francia) cos cales seguimos mantendo aínda o contacto. E sobre todo teño que dar as grazas ás profesoras, Juana,a  nosa profesora e á profesora francesa, Isabelle  que nos deron a oportunidade de participar neste proxecto, nos guiaron e nos animaron sempre. Espero ter a oportunidade de poder realizar outro proxecto pronto. Isto foi unha experiencia que xamais olvidarei.”

María García Verdugo

 

“Ó principio a idea deste proxecto non me chamou a atención, pero conforme fomos avanzando, intimando cos nosos correspondentes e vendo como todo ía collendo unha boa forma, a verdade é que me sentín moi contenta de haber tido a oportunidade de realizalo e compartilo con todas estas persoas que cheguei a coñecer. Este proxecto, nalgúns momentos, resultou duro de realizar, xa que era difícil poñer dacordo a 44 alumnos (22 de cada país) e dous profesores para traballar xuntos, organizarse e chegar a acordos. Sempre me vou  quedar co recordo desa primeira tarefa que fixemos ensinando as partes dos nosos respectivos colexios, cada un facíase unha foto nunha  aula ou zona desta e subíaa a twinspace e entón fomos coñecendo ós nosos amigos franceses. Esta experiencia foi o meu primeiro proxecto eTwinning, o meu primeiro intercambio, a miña primeira saída do país e a verdade é que non podía haber quedado máis satisfeita. Enorgulléceme aínda máis haber ganado este premio xa que podo ver que a boa sensación que nós sentimos ó velo rematado tamén o sentiron os xuíces que o valoraron. Repetiríao sen dudalo con todos os seus pros e os seus contras.”

Elena Cámara Quílez

 

“Encantoume vivir esta experiencia única que nos aportou moitísimo tanto a nivel lingüístico como persoal. Neste proxecto tiven a oportunidade de coñecer persoas marabillosas e poñer en práctica os meus coñecementos en francés.

Este traballo sacámolo con esforzo e moita ilusión e non podería haber sido posible sen a excelente colaboración e implicación da nosa profesora.”

Esteban Espinilla Hernández

 

“Este proxecto resultou algo magnífico para todos. Aprendemos, tanto españois como franceses, de todos un pouco, chegando a descubrirnos a nós mesmos, e darnos conta, pouquiño a pouco, das cosas que somos capaces de facer. Todo isto non houbese sido posible sen o esforzo e dedicación que cada un de nós e sobre todo das profesoras. Foi, indudablemente, unha experiencia que volvería repetir.”

Roxana Busuioc.

 

Enlaces do proxecto

Enlace a TwinSpace: http://twinspace.etwinning.net/2869/home

Enlace á páxina web: http://projetetwinning.wix.com/mille-et-une-pistes

Enlace ó blog do intercambio: http://milleetunepistes.blogspot.fr/

Enlace á páxina web do Colexio Voltaire: http://clg-voltaire-saint-florent-sur-cher.tice.ac-orleans-tours.fr/eva/spip.php?rubrique275

Enlace á páxina web do IES Ítaca: http://www.iesitaca.org/imagenes/noticias/intercambioconelliceofrancesvoltairedesaintflorent

https://sites.google.com/a/iesitaca.org/international-programmes-at-ies-itaca/programas-internacionales/intercambios-escolares/intercambios-2014-2015

En Twitter: #milleetunepistesydosdetectives

 

 

 

Interesteen T.E.A.M.

Interesteen T.E.A.M.

Premios eTwinning 2015

Interesteen T.E.A.M es un proyecto premiado en la convocatoria de premios nacionales 2016 en la categoría 16-19 años. Consiste en la creación de una revista digital europea en inglés sobre la actualidad nacional e internacional realizada entre centros socios de España, Italia, Grecia y Turquía. El principal objetivo es desarrollar la competencia comunicativa en lengua inglesa a través un trabajo de investigación y análisis de la actualidad dentro de un contexto histórico y geográfico. Carmen Mellado, coordinadora del proyecto en el IES Albert Einstein (Sevilla) nos describe las distintas fases de desarrollo del proyecto.

Continuar leyendo

Are you ready to live in the 21st century?

Are you ready to live in the 21st century?

Premios eTwinning 2015

Presetámosvos o proxecto ‘Are you ready to live in the 21st century?’ Proxecto premiado nos premios nacionais eTwinning 2016  na categoría de idade 4-11. Foi realizado por catro socios de España, Italia, Polonia y Portugal con alumnos entre 8 a 12 anos. O traballo en eTwinning intégrase  no currículo de cada un dos centros participantes para desenvolver competencias transversais como a dixital, a social e a cidadá. Trabállanse todas as disciplinas involucradas no proxecto desde un enfoque metodolóxico CLIL. Os estudantes interviñeron activamente durante o desenvolvemento do proxecto, comunicando por videoconferencia con distintos obxectivos, como recompilar datos e comparar cos dos seus socios, realizar valoracións, enquisas en liña e finalmente avaliando o proxecto. Tamén se deu un espazo á participación das familias, votando en concurso de cancións ou de logos.

Maite Elejalde Guerra, fundadora do proxecto e docente no CEP Virgen de la Guía, País Vasco descríbenos cómo foi o desenvolvemento  desta experiencia no seu centro.

O obxectivo deste proxecto era permitir ó alumnado a adquisición  das competencias necesarias para vivir no século XXI, século caracterizado por aspectos importantes como son a era dixital, o plurilingüismo e a globalización. Utilizamos eTwinning como base da aprendizaxe nas actividades diarias do colexio, e en distintas materias, como unha metodoloxía para promover e mellorar a calidade da aprendizaxe de todo o alumnado, fomentando a avaliación das competencias tanto as principais como as transversais, para apoiar os obxectivos curriculares e aprender de forma diferente. Desenvolveuse entre catro socios de España, Italia, Polonia e Portugal con alumnos de 8 a 12 anos.

Grazas ó proxecto conseguiuse un ambiente interactivo e motivador. Guiouse ó alumnado cara a busca de solucións  á aprendizaxe a través do intercambio de ideas, busca de información, colaboración, creatividade e avaliación do seu traballo e do dos demais. As actividades propostas permitiron ós estudantes integrar a experiencia virtual coa real (dentro e fóra do colexio) traballalo creativamente grazas ó uso das novas tecnoloxías.

Conseguimos a integración de eTwinning nas actividades dos catro colexios como un medio de desenvolver as competencias a través  dos distintos módulos que se desenvolveron no proxecto dándolle un enfoque CLIL. As TIC, inglés e a lingua materna (neste caso euskera e castelán) foron as que nos levaron a desenvolvelas.

O proxecto articulouse en sete misións que tiveron que cumplir ó longo dun curso escolar. Con elas queríamos tocar distintos aspectos que van  ser fundamentais para os nosos estudantes ó longo da súa vida.

 

Mission 1: Open your mind and meet new people

Comezamos coñecéndonos xa que aínda que eu traballara cunha  das profesoras, o resto non se coñecían e tampouco o alumnado. E que mellor forma de facelo que cunha videoconferencia que motiva a profesorado e alumnado.

videoconferencia

Mission 2: Be a digital citizen

Aspecto fundamental da vida presente e futura do noso alumnado. O obxectivo era facer unha presentación na que reflectir os bos e malos hábitos sobre o uso das novas tecnoloxías. Para isto tiveron que facer unha enquisa previa para ver cal era a súa relación coas mesmas. E fixérono non só na súa clase senón que a extenderon ó resto do colexio facéndolle partícipe do seu proxecto.

cómic eSafety

Mission 3: Be an artist

A realización dun logo permitiunos desenvolver o aspecto artístico do noso alumnado. Votaron o seu favorito non só os artistas senón tamén as familias. Novamente o proxecto saía da aula.

Mission 4: Be a musician

Chegou nadal e con el o concurso de panxoliñas nas que como na anterior actividade participaron as familias cos seus votos e acudindo ós festivais navideños.

manualidad árbol navidad

Mission 5: Be an explorer and mathematician

Preparar unha viaxe ó seu país é unha forma de conseguir que o noso alumnado busque información, avalíe as posibilidades, manexe números cos prezos e distancias. Esta vez realizaron uns posters con toda a información que presentaron ós seus socios.

Trabajo sobre monumentos

Mission 6: Be a trainer

Os bos hábitos son moi importantes así como o exercicio. Nesta ocasión mediante unha videoconferencia compararon as horas que adican ás actividades diarias como dormir, ver a televisión, facer exercicio. E finalmente prepararon unha serie de exercicios para que os realizaran os socios.

videoconferencia3_are you ready to live

Mission 7: Be an environmentalist

Última misión pero non por isto a menos importante. O obxectivo foi realizar unha revista dixital sobre o medio ambiente e a reciclaxe. De novo as familias víronse implicadas xa que sacaron xuntos fotografías das súas casas e da rúa.

Revista proyecto Are you ready to live in the 21st century

O proxecto, excepto fotos e as votacións das familias, realizouse íntegramente no colexio. Tamén hai que destacar que se dá información sobre o mesmo no Consello Escolar e no claustro de profesores e está integrado no Plan Curricular de Centro

O proxecto permitiu ó alumnado desenvolver competencias do século XXI: competencia lingüística, resolución de problemas, cooperación, competencia dixital. Conseguiu estimular o seu interese no proceso de aprendizaxe, creatividade e motivación e conseguiron disfrutar  dunha serie de novas experiencias.

Este proceso de ensino-aprendizaxe logrou mellores resultados no alumnado. A experiencia foi tamén moi positiva para o profesorado que puido disfrutar de novos modos de interactuar con outros profesores e alumnos, falar de novos modos de ensino e medrar profesionalmente.

Os resultados foron compartidos co resto do colexio e incluso, outras clases non involucradas directamente no mesmo, participaron  nalgunha das actividades, extendendo o proxecto a outras clases e profesores.

Tamén se deu conta do seu desenvolvemento no blog do colexio e  no blog de inglés así como na revista mensual que publica o colexio.  Desta forma o proxecto chegou a todos os estamentos do colexio: estudantes, profesorado, familias e centro de profesores.

Os materiais xerados durante o proxecto están a disposición do colexio: presentación, revista, vídeos… para que poidan beneficiarse deles todo o alumnado do colexio e usalos nas súas clases.

Recibir un premio sempre é un estímulo, unha nova motivación para seguir traballando desta maneira tan atractiva e innovadora. E non só é motivador para o profesorado tamén para o alumnado que ven recompensado o seu duro traballo non só polo premio en si senón polo recoñecemento que fan os seus compañeiros do colexio.

A miña compañeira de proxecto Cristina Silva do colexio Agrupamento de Escolas da Lousã (Portugal) explícanos: “Working on the project “Are you ready to live in the 21st Century?” was a very remarkable opportunity as a teacher, since it gave my younger students the chance to use English in real and motivating contexts, to share experiences with their peers, to try new ICT tools and to learn about different topics, such as Internet Safety, Environmental issues, healthy living, etc. As a teacher I can say that I’ve also learned to work with new ICT tools which are very useful in day-to-day practice. The collaborative work amongst all partners was the key to the success of this project. In addition to this, for most of my students it was the first contact with eTwinning and since then they want to go on working and learning with eTwinning, their parents also recognized the importance of the project and participated in different activities”.

Outra das miñas compañeiras, Anna Szczepaniak do colexio SzkołaPodstawowanr 9 im. M. Kopernika w Dzierżoniowie, DzierżoniówPolonia, opina o seguinte:

“For me, an experienced eTwinner, this project was a unique one because of the cooperative work and cooperative results. Most tasks were finished with a common outcome, which included all the students’ works. Working on the project let me know new ICT tools and some of them I have been using since then: Madmagz and Google Slides. Students liked the videomeetings most. Thanks to easy and interesting topics they had the opportunity to use English talking to their peers.

As it was an interdisciplinary project, students had the opportunity to develop different skills and everyone could find something interesting for himself/herself”.

Acceso ó TwinSpace: http://twinspace.etwinning.net/453/home

 

 

Química ata na sopa!

Química ata na sopa!

Premios eTwinning 2015

Presentámosvos o proxecto “Química ata na sopa”, ganador nos premios europeos 2016 na categoría de lingua española, que patrocina o MECD. Un bo exemplo na etapa de ensino secundario de traballo en colaboración no que se combina ciencia e mais cociña. Os alumnos, en agrupacións internacionais, intercambian receitas da gastronomía nacional e relatan e filman experiencias persoais na realización destes pratos. O aspecto máis orixinal do proxecto é que neste intercambio tamén achegan un problema de química relacionado coa receita. Desta forma os socios deben resolver o enigma científico aplicándolles principios da ciencia aos pratos. Finalmente comparten resultados nun libro dixital común. As socias fundadoras do proxecto Ángela Lupo (Liceo Lingüístico Isabella D’Este, Tivoli, Italia) e Carmen Hernández (Lycée Chrestien de Troyes, Troyes, Francia) cóntannos como xeraron a idea do proxecto e o impacto en cada centro escolar.

A nosa idea co proxecto “Química ata na sopa”, era que os nosos alumnos desenvolvesen diversas competencias dentro do marco dun proxecto europeo interdisciplinario e colaborativo. Para iso tiñamos como meta a elaboración dun libro de videorreceitas con comentarios, fotografías e sobre todo coa explicación dalgúns fenómenos físicos e químicos que se producen cando se realizan as receitas.

Así pois, os principais obxectivos que nos propuxemos e que alcanzamos con dúas clases de 4º, unha italiana e outra francesa, foron os seguintes:

  • Desenvolvemento de competencias lingüísticas tales como por exemplo comprender as instrucións dadas para realizar unha tarefa específica e tamén describir e explicar oralmente un procedemento relativamente complexo.
  • Desenvolvemento dalgunhas competencias científicas a partir dun cuestionamento simple e relacionado cunha actividade cotiá como a cociña.
  • Desenvolvemento da capacidade de traballo en autonomía e en equipo.
  • Unha maior destreza no uso das TIC grazas aos vídeos que realizaron, ás aplicacións que usaron para presentarse, así como ao traballo de interacción na plataforma eTwinning, e a todo tipo de buscas en Internet.

 

recetario proyecto química hasta en la sopa

O proxecto, que durou tres meses, desenvolveuse de xeito xeral, consonte o que previramos. Parécenos que foi un grande acerto formar grupos de traballo: parellas nacionais e despois grupos binacionais pois sen isto non sería posible lograr un traballo colaborativo en interacción. Para moitos alumnos era a primeira vez que traballaban en equipo nun proxecto longo. Con todo, polo xeral os rapaces respectaron os prazos que lles demos en cada etapa do proxecto. Traballamos con bo ritmo agás en certos momentos en que se amoderou todo debido aos diferentes calendarios escolares.

 Outro acerto foi realizar unha gran parte do traballo na casa dos rapaces, na cociña, e xa que logo contar así coa implicación indirecta dos pais. Foi un xeito de achegármonos a eles tamén.

En canto ás TIC, non foi difícil o uso das aplicacións sobre todo no liceo italiano xa que por ser unha clase de experimentación IPad xa as coñecían. En Francia, a pesar dalgunhas dificultades técnicas que tivemos na sala de informática, logramos acabar a tempo.

Sen lugar a dúbidas o proxecto foi moi ben aceptado desde o principio polos rapaces. A idea de lles mandar receitas e preguntas científicas en forma de vídeo a rapaces doutro país encantoulles. Ademais pareceulles moi divertido gravarse na cociña. O entusiasmo mantívose intacto á hora de recibir as videorreceitas dos socios, pois había que volver á cociña e, de xeito lúdico, tamén á reflexión científica. Puideron así achegarse a outro xeito de vivir a cociña e a alimentación e decatáronse de que os fenómenos físicos e químicos non son algo afastado e abstracto senón que están presentes na nosa vida cotiá.

 

imagen de receta proyecto química hasta en la sopa

 É de valorar tamén que todo o material que aparece no libro de videorreceitas: vídeos, receitas escritas, fotografías, comentarios, preguntas e repostas científicas foi realizado polos alumnos. Ademais da clara implicación dos rapaces, o proxecto contou coa implicación coordinada das profesoras de español, as profesoras de ciencias e as auxiliares de conversación.

 A revista coas súas receitas, preguntas de física e química, os vídeos, está agora ao dispor dos nosos respectivos centros e doutros profesores para levar a cabo actividades pedagóxicas relacionadas tanto coa aprendizaxe do español (léxico da cociña, estruturas gramaticais, comprensión oral, comprensión escrita) coma coa aprendizaxe das ciencias.

 O premio europeo eTwinning categoría ‘Lingua Española’ supuxo unha gran satisfacción polo empeño tanto noso coma dos alumnos.

 

alumnos disfrazados de cocineros

Grazas a esta experiencia ben lograda, nós, as profesoras, tamén melloramos as nosas competencias tecnolóxicas e didácticas. Aprendemos a levar a cabo un novo tipo de proxecto que nos abre outras perspectivas de innovación pedagóxica nas que seguimos e seguiremos xerando novos proxectos para os nosos alumnos.

Opinión dos alumnos:

“O traballo que fixemos con eTwinnig foi complexo de verdade. O produto final é un libro con vídeos e receitas pero o desenvolvemento foi máis complicado: eliximos as parellas e despois italianos e franceses traballamos xuntos, buscando momentos en común para chegarmos a un acordo, eliximos receitas, gravamos o vídeo coa receita, vimos o dos franceses e cociñamos. Todo en tempos fixos.
Aprendemos o léxico técnico das receitas e os proverbios cos alimentos. Ademais aprendemos como facer e explicar unha receita.
 Foi complexo e complicado, pero foi divertido e educativo”! (Rebecca).

“O proxecto foi moi laborioso pero tamén nos divertimos moito cociñando receitas italianas e francesas. Aprendemos cousas sobre a cociña francesa e tamén palabras novas así que o noso español mellorou. Realmente foi un bo traballo sobre todo para a nosa aprendizaxe” (Alice).

Coordinadoras do proxecto en español: Angela Lupo (Italia), Carmen Hernández (Francia)

 Coordinadoras do proxecto en ciencias: Rosa Gómez (Francia), Francesca Salvemini (Italia)

Centros: Lycée Chrestien de Troyes, Troyes, Francia e Liceo Lingüístico Isabella D’Este, Tivoli, Italia

Fonte imaxe cabeceira:School vector designed by Freepik

 

 

 

MAVEN. Premios Nacionais eTwinning 2016

MAVEN. Premios Nacionais eTwinning 2016

Premios eTwinning 2015

MAVEN é un proxecto que promove a aprendizaxe das matemáticas e o inglés dunha forma amena utilizando xogos, creacións de acrósticos, vídeos, relacionando as matemáticas coa xeografía e realizando un calendario con datas de nacemento de matemáticos célebres. Está dirixido a alumnos entre 12 e 15 anos, e participan centros de Letonia, Estonia, Romanía, Polonia, Bélxica, Eslovenia, Bulgaria, República Checa e España. A través de videoconferencias cos socios resólvense diversas cuestións matemáticas. Utilízase como fío condutor unhas mascotas de proxecto que van viaxando aos países socios levando sorpresas como códigos QR, encrucillados, cuestionarios, etc. Cada mes, destácase o traballo dos alumnos que participaron de forma máis activa tanto na área de matemáticas coma na de inglés.

Percíbese unha boa comunicación entre os socios e destacamos unha acertada planificación e distribución de tarefas que van rotando durante o desenvolvemento do proxecto.

Acceso ao TwinSpace do proxecto:

http://new-twinspace.etwinning.net/c/portal/layout?p_l_id=34601361

 O docente Lorenzo Castilla Mora, coordinador do proxecto no IES Diego de Guzmán y Quesada (Huelva) descríbenos os aspectos clave no desenvolvemento do proxecto así como os seus beneficios para o centro e mais os alumnos participantes.

O proxecto. Obxectivos

MAVEN é un proxecto para fomentar a aprendizaxe das matemáticas en inglés a través de videoconferencias, xogos e actividades variadas. Á vez trabállanse transversalmente outros temas do currículo: xeografía, plástica e visual ou TIC usando a metodoloxía CLIL. Coordinado por Alesja Spihala (Letonia) e Tatjana Amerhanova (Estonia) participaron nel nove centros doutros tantos países -Bélxica, Bulgaria, Eslovenia, España, Estonia, Letonia, Polonia, República Checa e Romanía-, doce profesores e máis de cen alumnos de entre 12 e 15 anos.

 

 

Paises y centros MAVEN

Ilustración 2: Países e centros que participan no proxecto MAVEN (http://www.tripline.net/trip/MAVEN_project_-_partners1-5643125271161007B549B9E5410B18E7)

Os obxectivos do proxecto foron varios. En primeiro lugar, preténdese motivar os estudantes para que aprendan matemáticas en inglés con metodoloxía CLIL, o que implica que desenvolvan destrezas de varias disciplinas: inglés, matemáticas e informática. En segundo lugar, mellorar as habilidades de colaboración, comunicativas e as relacionadas coas novas tecnoloxías, non só de alumnos senón tamén de profesores. Finalmente, o proxecto serviu de plataforma para crear e/ou compartir recursos e materiais.

Desenvolvemento do proxecto

O proxecto comezou coa actividade “Getting to Know Each Other na que se presentaron os diferentes centros e países así como os alumnos individualmente a través dun poema matemático.

 

Glogster_MAVEN

Ilustración 3: Glogster de presentación de España. (http://lorenzocastilla.edu.glogster.com/spanish-team/)

Unha vez presentados, os alumnos crearon uns heroes do proxecto que tras as votacións resultaron ser un experto en inglés -Mr. Quick- e outro matemático -Calculator. Concretamente, Calculator foi realizado polos nenos españois. Estes heroes foron enviados por correo postal dun centro a outro coas mensaxes matemáticas secretas (códigos QR, encrucillados, cuestionarios…) que cada centro prepara para o centro receptor. Unha vez no seu destino organízase no centro unha competición matemática para resolver os segredos que trae o heroe e obter os premios que o acompañan.

 [youtube]https://youtu.be/oMQyod6jPoU[/youtube]

Ilustración 4: Chegada de Mr. Quick a España coas tarefas matemáticas e os regalos para os ganadores.

Unha vez ao mes os alumnos escriben un capítulo do libro The legend of MAVEN’s adventures  cuxos protagonistas son os nosos heroes. Nel nárranse aventuras dos heroes polos distintos continentes incluíndo problemas matemáticos, xeroglíficos, etc. Ao final de cada mes, os centros soben ao BoomWriter o seu capítulo e realízase unha votación sen coñecer o autor dos relatos a través desta aplicación. O máis votado é o capítulo definitivo do libro. No caso de España, os capítulos escritos foron os máis votados varios meses.

Ao longo do proxecto houbo outras actividades como é o caso dos vídeos titoriais. As actividades de cada mes están relacionadas cun tema do currículo de matemáticas e un continente. Con ese tema escribíronse os capítulos do libro, debuxáronse ilustracións, organizáronse leccións en videoconferencias entre socios, creado marcapáxinas, calendarios matemáticos, vídeos titoriais, mapas mentais con Pooplet, etc.

 

ThingLink_MAVEN

Ilustración 5: Lección a través de Skype (https://www.thinglink.com/scene/589483141165481984)

Para mostrar as relacións entre a vida real e as matemáticas hai un recuncho “Matemáticas e Inglés en vacacións” onde se mostran celebracións “matematicamente”.

Ademais, nese empeño de motivar os estudantes, o máis activo do proxecto aparece no Hall da Fama cada mes.

 

Resultados

 

O resultado máis interesante do proxecto é o interese que espertou nos alumnos por participar en actividades de matemáticas e poder traballar a materia desde unha perspectiva diferente e cunha metodoloxía máis acorde cos tempos que vivimos. Isto provocou un aumento da motivación dos alumnos tanto polas matemáticas coma polo inglés e a interconexión destas materias con outras como xeografía ou informática. Así mesmo, os profesores tamén conseguiron importantes progresos na forma de usar a metodoloxía CLIL. Os avances no uso das TIC, tanto no alumnado coma no profesorado, foron grandes xa que o seu uso foi continuado no proxecto:

  • Aplicacións ofimáticas para realizar documentos, convertelos a PDF, etc.
  • BoomWriter, para subir os capítulos do libro e votar sen saber a quen corresponde o capítulo.
  • Skype e proxector ou taboleiro dixital para as videoconferencias.
  • Kizoa, para facer presentacións de vídeo ou fotografías.
  • Popplet, para realizar mapas conceptuais.
  • Programas de debuxo (Paint, OpenofficeDraw…).
  • Aplicacións en liña para deseño e presentacións (textspace.net/dynamic_glitter_text/, www.glitterfy.com/animoto.com/www.thinglink.com/…)
  • Google map, para situar xeograficamente os centros participantes.
  • Surveymonkey, para as enquisas de avaliación.
  • Aplicacións para encriptar e desencriptar información en código QR.

 

En canto aos resultados tanxibles, o máis destacado é un libro coas historias vividas polos heroes nos diferentes continentes que contén interesantes retos matemáticos e historias que mesturan as matemáticas con outras disciplinas. Pero non foi este o único resultado físico do proxecto pois tamén se crearon cuestionarios sobre conceptos matemáticos, cuestionarios para traballar as matemáticas en inglés, marcapáxinas con información matemática, titoriais sobre algúns temas traballados, un calendario matemático, … Todo este material é susceptible de ser usado no futuro tanto polos participantes no proxecto coma polo resto da comunidade educativa.

 

Ilustración 6: Libro cos retos matemáticos e as historias dos heroes polo mundo. (https://issuu.com/alesja.shapkova/docs/book_maven_adventure?e=14846280/13058025)

Ilustración 7: Vídeo sobre coordenadas no plano (https://www.youtube.com/watch?v=ojQ51QMzlYw)

Implicación do alumnado

O alumnado que participou no proxecto implicouse bastante. Como mostra, hai que salientar o traballo que fixeron fóra da aula como a gravación dalgún vídeo, a preparación de actividades para as sesións de Skype ou a creación dos heroes con diferentes materiais. Tampouco tiveron problema en facer pequenos traballos de investigación sobre os temas propostos cada mes para escribir o capítulo do libro.

Beneficios para o centro

No noso caso a participación neste proxecto tivo moitas vantaxes. Somos un centro bilingüe de inglés e eu impártolle ao grupo de alumnos que participa no proxecto as matemáticas en inglés. Así que foi unha experiencia moi positiva para os meus alumnos. Non só para o grupo que participou no proxecto senón tamén para o resto do grupo de 2º da ESO ao que pertencen. Por poñermos un exemplo, durante as videoconferencias participa toda a clase como parte do seu ensino de matemáticas en inglés. Os alumnos ven a necesidade e mais a utilidade de aprender inglés e matemáticas en inglés para interactuar con persoas doutros lugares.

Este proxecto tamén serviu para que outros profesores do centro se animen a levar a cabo un proxecto eTwinning con centros doutros países cos que se fan intercambios e colaborar dunha forma máis estreita.

Acertos, erros e dificultades

O balance global do proxecto ten máis acertos ca erros. Foi acertada a elección dos materiais, a secuenciación das actividades do proxecto, o uso dun gran número de ferramentas TIC ou a toma de contacto con outros centros en vivo a través de Skype. Pero isto non quere dicir que todo saíra a pedir de boca. Por exemplo, hai que recoñecer que o elevado número de países participantes fai difícil a coordinación, a repartición de tarefas ou o tempo necesario para consensuar as decisións. Tampouco beneficiou que os profesores non coñecésemos a forma de traballar dos demais pois, en certos momentos, houbo pequenas discrepancias no esforzo que cada un estaba disposto a facer.

Por outro lado, foi difícil pilotar un grupo de alumnos de tan curta idade que descoñecía por completo o que supoñía estar nun proxecto deste tipo e as súas esixencias.

Con todo, como xa se dixo, o balance é positivo e sen dúbida pagou a pena levar a cabo este proxecto.

Recoñecemento persoal

Desde o meu punto de vista, os recoñecementos son sempre benvidos pois animan a seguir traballando. En concreto, os recoñecementos con este proxecto -selo de calidade nacional, selo de calidade europeo, finalista nos premios europeos e ganador dun premio nacional- supúxome unha gran satisfacción, máis aínda sendo este o meu primeiro proxecto eTwinning. Isto comprace a calquera profesional pois é o recoñecemento a un traballo feito con ilusión e coas satisfaccións que produce ver os teus alumnos entusiasmados por aprender.

 

 

 

 

 

 

 

Tomo a palabra

Tomo a palabra

Premios eTwinning 2015

‘Tomo a palabra’ é un proxecto eTwinning que se realizou entre centros escolares de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Trabállase fundamentalmente a competencia lingüística do alumnado participante usando o español como lingua vehicular. As actividades realizadas en colaboración cos centros socios reflicten uns resultados máis que satisfactorios o que incrementou a motivación do alumnado, propiciou o traballo das competencias clave e o traballo en equipo en agrupacións internacionais. Ademais subliñamos a boa difusión do proxecto a través da web do centro escolar e a través das RRSS como Facebook e Twitter. O docente Juan Fco. Peñas Viso, coordinador no centro escolar CPEIP San Babil (Navarra), descríbenos como viviron esta experiencia e o importante que é facer equipo e apoiarse nos proxectos eTwinning.

O proxecto foi deseñado para traballar a competencia lingüística co alumnado participante, tanto na comprensión coma na expresión oral e escrita. Utilizamos o español como lingua vehicular do proxecto. Para uns tratouse da súa lingua materna e para outros dunha lingua estranxeira. Participaron alumnado e profesorado de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Colaborando entre todos, o proceso de ensino-aprendizaxe resultou máis motivador e significativo.

 

Mapa de socios

Os obxectivos que nos formulamos ao principio fóronse alcanzando ao longo do proxecto:

  1. Comunicarse con alumnado doutros países e interesarse polos seus gustos e formas de vida para potenciar a dimensión europea“. Para iso realizamos videoconferencias e utilizamos o foro do Twinspace, principalmente.
  2. Expresarse oralmente e por escrito adecuadamente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación“. Realizamos o traballo de diferentes tipos de texto que foron presentando nas distintas producións escritas.
  3. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e diferentes ferramentas web 2.0 coa finalidade de obter información e de presentar as distintas producións“. Utilizamos distintas ferramentas TIC e Web 2.0 para poder realizar as actividades de xeito colaborativo entre os grupos de nacionalidades mixtas.
  4. Traballar de xeito colaborativo cos compañeiros da clase e cos dos centros asociados“. Non só se levou a cabo un traballo de grupo entre o alumnado da clase, senón que tamén se realizaron actividades colaborativas co resto de compañeiros dos centros asociados.
  5. Mellorar a competencia lingüística no alumnado a través do desenvolvemento das actividades do proxecto“. Cada alumno mellorou o seu nivel de competencia lingüística a través das actividades propostas, tanto escritas coma orais, aprendendo a expresarse a través dos distintos tipos de textos traballados.

O feito de que o alumnado fose de cinco países diferentes e de distintas etapas educativas non foi ningún problema. Pola contra, permitiu un enriquecemento maior coas achegas nas distintas actividades do proxecto. En España, o alumnado do CPEIP “San Babil” de Ablitas era do terceiro ciclo de primaria (10-12 anos), mentres que en Francia (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher e Colexio Gounod de Saint Cloud), Italia (IC de Borgoricco) e Turquía (Isik Okullari de Istambul) foi alumnado de educación secundaria (12-14). O de Inglaterra (Midfield Primary School de Orpington Kent) era de primaria e, aínda que a súa incorporación foi tardía, participaron satisfactoriamente nalgunhas das actividades do proxecto.

 

tomo_la_palabra_comic

 

Leváronse a cabo videoconferencias entre o alumnado, á vez que o resto de compañeiros usaba a charla e os foros do Twinspace. Gustaríanos máis interacción entre eles, pero o diferente horario escolar e de calendarios non posibilitou máis oportunidades.

A participación de todos os socios do proxecto foi excelente, desde a planificación e coordinación entre o profesorado a través das videoconferencias, como a realización das actividades por parte do alumnado. As distintas fases do proxecto permitiron traballo individual, en pequenos grupos de clase e en grupos de nacionalidades mixtas. Como resultados do proxecto atopámonos coas distintas producións lingüísticas realizadas, o uso apropiado das TIC e das ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades, a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a maior concienciación da dimensión europea ao ter compañeiros doutros países europeos. Deste xeito, o proxecto cumpriu cos catro principios básicos do programa eTwinning.

 

Principios básicos_eTwinning

No meu centro escolar levamos a cabo unha coordinación interna entre os titores do terceiro ciclo de educación primaria para integrarmos o proxecto dentro da nosa programación da área de lingua castelá. Polo tanto, formamos un equipo docente eTwinning que permitiu a participación de todo o alumnado do ciclo e que tan satisfactoriamente resultou.

O maior beneficio foi a motivación do alumnado coa participación nun proxecto eTwinning. Como mestres, permitiunos mellorar as estratexias metodolóxicas tendo en conta as achegas dos nosos socios e fíxonos ser máis creativos propoñendo tarefas para un alumnado con idades e destrezas lingüísticas diferentes. Para o alumnado, o feito de realizaren un proxecto con compañeiros doutros países facilitoulles a concepción da cidadanía europea e fíxolles ver as cousas desde outras perspectivas, compartindo espazos e colaborando en producións finais.

https://twinspace.etwinning.net/662/home

Os materiais que se elaboraron ao longo do proxecto poden servir como exemplo dos distintos tipos de textos traballados e que están dentro do currículo da área de lingua. O uso creativo das distintas ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades colaborativas entre o alumnado pódelles ofrecer aos docentes ideas para levar a cabo os seus proxectos eTwinning. Do mesmo xeito, a organización do Twinspace como lugar preferente de difusión do traballo realizado pode axudar a estruturar e darlle maior utilización noutros proxectos.

 

Periodico_Tomo_la_palabra

Aínda que noutras ocasións o premio nacional recaía só no coordinador do proxecto, nesta ocasión somos dous profesores os afortunados, Pedro Pablo Lucena Redondo e Juan F. Peñas Viso. Para o primeiro supuxo o seu primeiro premio a nivel nacional e viu recoñecido, cunha grande alegría, o seu traballo na sombra. Para min, que xa recibín varios premios, segue sendo un grande estímulo para continuar planificando e ofrecendo proxectos tan motivadores e, coma este, tan ben valorados, malia que cada vez hai máis proxectos eTwinning de calidade, o que nos fai sentir máis orgullosos aínda do traballo realizado. Desde aquí gustaríanos aos dous dedicarlle este premio á nosa compañeira de ciclo Mª Jesús Escribano Ayensa que tamén participou co seu alumnado no proxecto e que está de baixa.  Parabéns e moitos ánimos!!!

Sempre pensei que unha alta porcentaxe do éxito dun proxecto eTwinning está nos socios que participan. Por iso lles pedín aos meus queridos e admirados compañeiros de proxecto que “Tomen a palabra” e escriban as súas impresións.  Grande Equipo!!!

 

planificación_Tomo_la_palabra

  • Isabelle Gry (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher, Francia):

“Encantada de tomar a palabra para falar do noso proxecto que foi, tanto para min coma para os meus alumnos, unha aventura moi enriquecedora. TOMO A PALABRA non foi o primeiro proxecto para min, pero si a primeira experiencia con varios socios e con grupos de alumnos moito máis numerosos, de diferentes niveis lingüísticos e idades. Ao principio xurdíronme dúbidas pero confiei en Juan, na súa ampla experiencia e grande entusiasmo. Aprendín moitísimo con el sobre planificación e colaboración, pero tamén sobre organización do TwinSpace, uso de ferramentas e agradézollo moitísimo.

Desde o punto de vista dos alumnos, o proxecto tamén significou unha multitude de beneficios. Primeiro, abriuse a miña aula a Europa: os alumnos decatáronse, no seu primeiro ano de aprendizaxe do español, de que a lingua é ante todo un medio de comunicación entre persoas e que o idioma, a distancia e a cultura non son unha barreira para facer amigos doutros países e aprender cousas novas xuntos.

Por outra banda, propúxose no proxecto unha serie de actividades moi atractivas e estimulantes cunha gran variedade de ferramentas TIC que fomentaron a participación activa dos alumnos así como a súa creatividade. Así sucesivamente transformáronse en debuxantes, xornalistas, cociñeiros, guías turísticos, … divertido xeito de mellorar e ampliar a comunicación na lingua estranxeira xunto aos seus compañeiros europeos.

Non só usaron as TIC e aprenderon os contidos da materia e da cultura senón que tamén desenvolveron unha serie de competencias transversais moi importantes para o seu futuro. Cos grupos de nacionalidade mixta, aprenderon a traballar en equipo en todas as tarefas, vendo a importancia e o papel que cada un ten na realización do proxecto, a ser tolerantes coa diversidade de ideas e opinións que cada un pode achegar.

Os resultados do proxecto foron moi positivos, e non só se ven na autoavaliación e avaliación do proxecto que realizaron os alumnos, observáronse na clase cando se vían felices, entusiastas e motivados realizando as actividades, satisfeitos co traballo realizado, cando foron eles mesmos os que preguntaron a finais de curso se ían facer outro proxecto, ou cando superaron a dificultade de falar en público para lles presentar o proxecto aos seus compañeiros e familias.

O que tamén valoro moito no proxecto é a comunicación cos socios que foi excelente, axudámonos mutuamente e compartimos ideas. Máis ca socios somos un equipo, un equipo de amigos que seguen traballando xuntos, gozando coa marabillosa metodoloxía que nos facilita eTwinning.  Grazas compañeiros, grazas eTwinning “!

 

  • Vanessa Gisbert (Colexio Gounod de Saint Cloud, Francia):

 “Tomo a palabra para lles dar as grazas aos meus socios e en particular a Juan e a Pedro que me acolleron primeiro neste proxecto. Con eles, eu e mais o meu alumnado aprendemos moitísimo. Este proxecto foi unha aventura extraordinaria. Primeiro claro, para o alumnado, os beneficios foron numerosos desde o punto de vista lingüístico, cultural pero tamén desde o punto de vista humano.

Grazas a eTwinning, Europa foi máis ca unha palabra, os alumnos puideron experimentar o que era a cidadanía europea. Coas tarefas colaborativas e os intercambios culturais nas distintas actividades, tomaron conciencia de que a xuventude dos diferentes países tiña moito en común, pero tamén con outras tarefas como a das festas, por exemplo, coñeceron costumes que non sospeitaban. Foi unha formidable apertura cultural.

Moitas veces os alumnos pensan que o que estudan está moi afastado da súa vida cotiá, e é un pouco aburrido. Pero co proxecto “Tomo a palabra” comprobaron que a lingua que estaban a aprender permitía esta comunicación, pero que tamén necesitaban competencias transversais para poder levar a cabo as actividades. ‘Super chef’ foi un gran momento para eles, por exemplo, cando tiveron que realizar na casa unha receita doutro país, e non só os alumnos gozaron desta tarefa, pero tamén as súas familias. Como o mostra a avaliación, esta aventura encantoulles, o intercambio con tantos países, o uso das TIC, o traballo colaborativo entre países pero tamén entre alumnos da clase creou unha gran solidariedade dentro da aula.

Tamén foi unha experiencia inesquecible para min. E agora vouvos falar dos meus socios, sen eles claro, o proxecto non existiría. Son moi xenerosos, en particular Juan e Pedro e teñen moita paciencia. ‘Super Juan’, como lle chama Sara, a calquera hora contestaba cando un de nós tiña un problema técnico. Coñece unha morea de ferramentas, sempre busca outras novas, e ten unhas ideas fantásticas. Somos máis ca socios, somos un equipo, coidamos uns dos outros, cando un ten un problema os demais intentamos axudalo. Para comunicármonos, utilizamos as videoconferencias, o correo electrónico, WhatsApp, algúns Twitter.

Penso que o que nos une é a idea de que o ensino ten que evolucionar, saber non ten que quedar dentro da aula, as novas tecnoloxías permítennos revolucionar os métodos, e ofrecerlles aos nosos alumnos unha visión máis ampla do mundo e dos coñecementos. Pero tampouco sería posible sen o programa eTwinning, o feito de que sexa unha institución oficial europea axúdanos moito e ofrécelles aos pais unha seguridade co Twinspace. Os selos e mais os premios motivan moito o alumnado.

Vou rematar dándolles as grazas aos meus alumnos polo entusiasmo e o excelente traballo neste proxecto”.

  • Sara Terrassan (IC de Borgoricco, Italia):

“Eu tamén tomo a palabra para lles agradecer aos meus compañeiros o gran traballo e, por suposto, agradézolles aos meus alumnos que participaron con fervor. O proxecto foi inicialmente deseñado de maneira que se puidese traballar cos contidos e as competencias lingüísticas que se desenvolven normalmente nunha clase de ELE de nivel A1/A2, por iso, foi moi fácil enganchar os meus alumnos e organizar o traballo. O español é a segunda lingua estranxeira que estudan e só empezaron dous anos antes con dúas clases semanais. Tiveron a posibilidade de utilizar o español para expresarse con colegas europeos e isto motivou a súa aprendizaxe. Ademais puideron contar algo sobre a súa realidade con receitas tradicionais e noticias locais, ás veces aprenderon algo novo sobre o seu territorio só para podérllelo contar aos colegas do proxecto. Isto para min foi o maior éxito: que os alumnos quixesen aprender para poder comunicar.

A axuda constante entre os profesores, sobre todo de noso ‘super Juan’ e o entusiasmo dos alumnos por estudar deleitándose, fixeron a gran diferenza que ten este proxecto respecto a outros que completei durante os anos pasados.

Pedro e Juan, Grazas por compartir o voso moi merecido galardón! “

  • Beril Tapkan (Isik Okullari de Istambul, Turquía):

“Participar no proxecto ‘Tomo a palabra’ foi un pracer non só para min e tamén para os meus alumnos. Teño que salientar que aprendemos moito. ”Tomo a palabra” foi o segundo proxecto que fixen en eTwinning, pero foi unha experiencia totalmente diferente. Tiven dúbidas sobre a combinación do proxecto co meu plan de estudos. Co apoio dos meus compañeiros de eTwinning fíxeno rapidamente e de forma sinxela. Co proxecto tiven a oportunidade de lles ensinar aos meus alumnos que hai un mundo fóra da escola no que a xente fala español con diferentes niveis. Ganaron fluidez e motiváronse coa preparación dos vídeos, guías turísticas, etc.

Os meus alumnos só tiñan o coñecemento de español como lingua estranxeira que adquiriron durante o primeiro ano da aprendizaxe. A pesar disto, esforzáronse por coñecer os seus socios de España, Francia, Italia e Inglaterra.

Usar as TIC na aula foi unha boa oportunidade para mellorar os coñecementos e converteuse nunha experiencia máis enriquecedora ca un seminario.

O proxecto foi o gran traballo en equipo para min. Durante o proxecto sentín coma se os meus compañeiros e eu traballaramos na mesma escola pero en campus diferentes. ‘Tomo a palabra’ achegou os continentes e mais as ideas.

 Grazas por todo compañeiros!  Grazas ‘Tomo a palabra’!”

  • Miguel Santillán (Midfield Primary School de Orpington Kent, Inglaterra):

Tomar a palabra en eTwinning foi unha das experiencias de aprendizaxe máis integrais que tiven. Como facilitador, a miña aprendizaxe levoume a coñecer e utilizar ferramentas TIC e Web 2.0 que enriqueceron o meu horizonte de práctica docente. As frecuentes comunicacións entre os profesores e alumnos espertaron a miña inquietude e coñecemento sobre o que sucede nas aulas noutros países europeos en estratexias de ensino e aprendizaxe. A retroalimentación e a evidencia na aprendizaxe dos alumnos participantes no programa foi extraordinaria pois tanto os alumnos coma a aprendizaxe do español foron o centro do proxecto e o motor que o impulsou ao éxito que hoxe se lle recoñece. Sendo esta a nosa primeira experiencia en eTwinning e aínda sendo un proxecto ao que nos incorporamos na parte final, a profesionalidade dos colegas e a motivación do alumnado que participou conduciunos a progresar e aprender constantemente. Non teño a menor dúbida de que “tomar a palabra” foi unha aprendizaxe significativa e integral para todos aqueles que participamos nel.

  • Pedro Pablo Lucena Redondo (CPEIP San Babil de Ablitas – Navarra, España):

“Traballar mediante este tipo de proxectos colaborativos, non só resulta eficaz para mellorar o uso das distintas linguas que utilizamos no noso contorno europeo, senón que ademais nos permite inserir na aula, e polo tanto no currículo, o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Este tipo de proxectos multidisciplinares permite xuntar os distintos contidos das distintas materias/áreas, ademais da colaboración con outros nenos/as, realizando así unha aprendizaxe máis significativa e enriquecedora. Este xeito de traballar co alumnado, máis aínda se o fas na súa lingua natal, fai que este sexa protagonista da súa aprendizaxe e que sexa “profesor” dos seus propios compañeiros de aula e, sobre todo, dos demais socios europeos. Por todo iso, creo que é un magnífico xeito de aprender, coñecer e tomar conciencia da nosa presenza e pertenza a Europa, así como darlles a coñecer o noso idioma aos demais e aprendermos a valoralo máis se cabe”.

Vídeo realizado polos socios doutros países para felicitarnos polo premio.

Moitas grazas a todos os que participastes neste proxecto, docentes e discentes, e a todos aqueles que nos apoiastes e animastes desde fóra, asesores, familias, embaixadores e eTwinners, en xeral.  Viva eTwinning!!!

QUEN É? Premios nacionais eTwinning 2016

QUEN É? Premios nacionais eTwinning 2016

Premios eTwinning 2015

QUEN É? é un proxecto eTwinning baseado no intercambio sociocultural e lingüístico (inglés e francés) entre o alumnado de 11 a 14 anos.  A través de xogos e unha morea de actividades comunicativas e interactivas, os alumnos van creando o seu propio ‘material de aprendizaxe’ da lingua estranxeira.

Edelmira Riero, coordinadora no colexio ALCA (Ames, A Coruña) descríbenos o desenvolvemento desta frutífera experiencia en eTwinning:

QUEN É? é un proxecto de colaboración entre alumnos de 5eme3, do colexio francés, François Pithou, (Troyes- Francia) e os alumnos de 2º da ESO do colexio ALCA, Ames (España). Con este proxecto, eTwinning permitiunos pasar dun modelo educativo centrado no ensino, a un modelo centrado en aprender a aprender, usando técnicas como o traballo cooperativo, aprendizaxe baseada en problemas, creación e expresión artística colaborativa en diferentes ámbitos ( visual, plástica, musical, técnica, …).

Partimos de que cada alumno ten máis desenvolvidas unhas intelixencias ca outras e pretendemos fortalecelas e potencialas, co fin de conseguirmos unha aprendizaxe máis eficaz, por iso nos formulamos, desde o principio ter en conta, á parte dos obxectivos lingüísticos, as competencias básicas e as intelixencias múltiples e así o avaliamos ao final do proxecto.

Os alumnos tiveron a posibilidade de comunicarse con compañeiros nativos, en situacións reais durante o desenvolvemento do xogo, ao longo de todo o curso, a través das frecuentes conexións por Skype, chíos e foro. Abrir as portas da aula a Europa foi un logro que nos achegou, tanto aos alumnos coma a min mesma, a máis grande motivación.

 

alumnos_avatares_quien_es

A utilización de estratexias metodolóxicas innovadoras, descubrir outras realidades educativas, desenvolver a creatividade, ampliar coñecementos TIC, colaborar e compartir experiencias con compañeiros europeos son obxectivos adquiridos a un nivel máis que satisfactorio.

No desenvolvemento das actividades a cooperación foi constante. Os alumnos dos dous países crearon materiais reais cos que aprender a lingua estranxeira (vídeos e fichas de comprensión). Combinamos actividades grupais con outras individuais. O xogo e demais actividades son comunicativas e interactivas e isto fixo que entre o alumnado socio crecese unha amizade, unha motivación emocional. Tampouco faltou a creatividade nas creacións artísticas do avatar, o logo, os marcapáxinas, o rap, o musical…

As profesoras mantivemos contacto semanal mediante Skype e Whatsapp; os alumnos mantiveron contacto frecuente (case todos os martes), mediante Skype e/ou o foro do twinspace. Este foi, o primeiro proxecto, en colaboración co estranxeiro, que se realizou no colexio, tanto os alumnos coma a profesora eramos, polo tanto, noveis. Isto supuxo un reto e un exercicio de aprendizaxe colaborativa que afrontamos con moito entusiasmo e tesón.

O traballo e a dedicación tanto en horario escolar coma fóra da aula foron intensos, dedicando mesmo períodos de vacacións a gravar vídeos de exteriores, todos eles cunha grande ilusión por parte dos alumnos. O entusiasmo co que creaban e recibían os vídeos e completaban as fichas, a achega de constantes ideas para realizar actividades novas como o logo, o marcapáxinas, o rap, o conto, o interese e mais o esforzo nos ensaios para que o musical Os Miserables saíse o mellor posible e a implicación das avoas e dos pais, son exemplos que confirman o grao de motivación dos nenos ao longo do curso.

eTwinning fomenta o proceso de aprendizaxe dos alumnos por descubrimento, enriquece o desenvolvemento profesional dos profesores e crea lazos humanos.

Persoalmente, en setembro de 2014, collín un voo rumbo ao descoñecido.  Atopeime con turbulencias constantes derivadas da miña inexperiencia, do meu descoñecemento pero tiven a grandísima fortuna de ter o mellor piloto dirixindo os meus pasos. Di o dito “Con pan e viño faise o camiño”. O noso camiño fixémolo con Olga Paniagua (SNA eTwinning). Ela foi a miña asesora nesta ruta. Case ao momento resolveu todas as miñas dúbidas (así o demostran as máis de 60 tarxetas de proxecto), pero fundamentalmente foi o meu alento nos momentos de impotencia, momentos nos que pola miña cabeza pasaba a frase,”…pero quen me mandaría a min meterme nesta lea…!”. GRAZAS, OLGA, conseguiches que uns nenos e mais a súa profesora lograsen alcanzar unha meta, unha ilusión e repitan experiencia!

Agradézolles o traballo aos meus alumnos e aos seus compañeiros en Francia, a colaboración da miña compañeira, Palmira Grau e a Sophie Bois, camarada no país galo.

Recibirmos o selo de calidade europeo, quedar clasificados entre os once primeiros da nosa categoría a premio europeo e recibir O Premio Nacional, era algo impensable. Isto dinos que fixemos un gran traballo e empúrranos a seguir adiante!

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Procuramos que este proxecto fose o máis colaborativo posible co fin de espertarmos o máximo interese nos nosos alumnos, así o exemplifican as seguintes actividades:

1) O xogo Quen é?

Con esta actividade procuramos o contacto entre os nenos. En efecto, dous alumnos españois xogaban con dous alumnos franceses en Skype ou ben no foro (a metade de curso, cambiamos as parellas para favorecer unha maior interacción). Cómpre salientarmos que algúns alumnos contactaron voluntariamente desde as súas casas.

 

 

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35447

videoconferencia proyecto quién es

2) Os vídeos culturais

Os vídeos que fixeron os alumnos tamén forman parte deste traballo colaborativo. Despois de cada vídeo os alumnos creaban fichas de comprensión para os seus compañeiros do outro país para que puidesen aprender de xeito máis lúdico. Ver as páxinas que aloxan os vídeos:

 

visita_cultural_quién_es

http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35448  e

http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35449

 E as fichas:

 http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35453

 

fichas_quién_es

Fixemos máis vídeos do que estaba previsto. En efecto, engadíronse en Francia os vídeos do día das nais e a festa da música, e en España os vídeos do entroido, da festa do colexio, o musical Os Miserables interpretado polos alumnos como homenaxe aos seus compañeiros franceses e o aniversario dos 10 anos de etwinning.

3) O logo e os marcapáxinas

O 14 de febreiro, os alumnos franceses adoitan festexar no seu colexio o día da amizade. Este ano decidiron enviarlles aos seus amigos de España unha carta, por correo postal.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35991.

Tras recibir estas cartas, http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35992 os alumnos españois, en agradecemento, crearon un logo de irmandamento para ambos os dous países.

Con este logo quixéronlles expresar o apoio aos seus compañeiros franceses, (nenos con distintas ideoloxías relixiosas) que estaban a vivir, alleos ás súas vontades, momentos de confusión no seu país, por isto, o slogan do logo é: ‘QUEN É? todos somos UN’.

 

logos_quién_es

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35452.

En ambos os dous países, os alumnos tomaron a decisión de crear uns marcapáxinas nos que compartisen a imaxe do logo e os nomes dos seus respectivos compañeiros no país veciño.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/44182.

As profesoras imprimimos estes marcapáxinas en “papel fotográfico” e entregámosllelos aos nenos como recordo.

 

marcapáginas_quién_es

Estes marcapáxinas sinalan no conto o final do proxecto, xa que despois de marchar os trasnos-alumnos, (rematado o curso), os nosos personaxes atópanos e considéranos a pegada que deixaron no seu paso polo colexio.

4) A canción do rap

Achegándose xa o remate do proxecto os alumnos, en conxunto, avaliárono. Fixérono de xeito tradicional, mediante un cuestionario común, formulado polas dúas profesoras.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/46752  e cantando nos dous idiomas.

Así naceu o RAP DA AVALIACIÓN, letra,música, portada e canción.

 

rap_quién_es

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/46751

Nesta páxina tamén figuran dous vídeos cunha valoración individual en cada país.

5) Despedímonos

Co final do proxecto chegou a despedida. Fixémolo mediante unha última sesión de skype e, ademais, os alumnos franceses decidiron despedirse lendo un “poema” dedicado aos seus compañeiros, (ver páxina;  http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/45969) e os españois, interpretando (para pais e alumnos, nas festas do colexio) o musical, Os Miserables, da obra do escritor francés, Víctor Hugo, en homenaxe aos seus amigos franceses e tamén con outro vídeo, no que o grupo se despide en francés, sobre a celebración do día do Apóstolo Santiago e o Camiño:

Ver enlace: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/45967.

6) O noso conto

Os personaxes, (avatares) que creamos para xogar a, Quen é?, convértense en protagonistas do noso conto interactivo.

https://www.thinglink.com/channel/664161685023490050/slideshow

Botóns vermellos: España / Botóns azuis: Francia / Botóns verdes: Sesións skype / Botón negro: Rap (aloxado na páx. 25, na imaxe da portada)

 


7) Avaliación

  1. Os alumnos en conxunto: Enquisa e RAP: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35461
  2. As profesoras: Competencias Clave, Intelixencias Múltiples e Estándares de Aprendizaxe: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/49063

 

 

 

Everyday Situations. Premios nacionais eTwinning 2016

Everyday Situations. Premios nacionais eTwinning 2016

Premios eTwinning 2015

Everyday Situations é un proxecto eTwinning premiado na categoría novel de 16-19 anos. O proxecto, realizado no IES Cuatro Caminos (Estremadura) con socios de Italia, Polonia, Reino Unido, Portugal e Ucraína, versa sobre o intercambio de aspectos socioculturais polo que se fomenta fundamentalmente a competencia lingüística do alumnado. Destacamos o grande interese e mais a motivación do alumnado. O proxecto propiciou a creación de material moi valioso para ser reutilizado por outros docentes en futuros proxectos.

Marta Meneses, coordinadora no centro escolar estremeño IES Cuatro Caminos cóntanos como foi esta experiencia cos seus compañeiros de centro, alumnos e centros socias.

Obxectivos do proxecto

Trátase dun proxecto plurilingüe inglés, francés, alemán, español e esperanto cuxos obxectivos principais eran establecer un contacto regular entre varios centros europeos, coñecernos e intentar realizar un intercambio nun futuro próximo, fomentar o uso dunha lingua estranxeira en situacións reais, incrementar o uso das novas tecnoloxías na aprendizaxe dunha lingua estranxeira e ampliar o coñecemento cara a outras culturas europeas.

Todos os obxectivos leváronse a cabo tal e como se reflicte no noso diario blog Everyday Situations Diary, que recolle todas as actividades que se realizaron.

 

blog_everyday_situations

Sobre o desenvolvemento do proxecto en canto a acertos, erros, dificultades atopadas e busca de solucións.

No proxecto contabamos coa colaboración dun equipo para realizar as situacións en francés do instituto de Reino Unido, por unha serie de razóns non se levaron a cabo e para poder achegar situacións en francés, decidimos formar o equipo de francés con alumnos do noso centro do mesmo nivel e ademais, aproveitando que se imparte esperanto en dous recreos semanais, incluír algunhas situacións en esperanto.

Unha das dificultades que atopamos foi coordinar un grupo de alumnos tan numeroso. Desde o noso punto de vista, se iniciamos un proxecto novo o curso que vén, deberiamos contar cun grupo de alumnos máis reducido e seleccionar actividades que sexan atractivas para eles.

Outra dificultade que hai que mencionar é que non todos os centros implicados dispoñen de aulas con equipos informáticos que funcionen correctamente. Require un enorme esforzo, por exemplo, realizar videoconferencias, unha das actividades favoritas dos alumnos e hai que engadir a non existencia practicamente dun horario que permita unha comunicación directa entre ambos os dous centros en horario lectivo.

Valoración global da participación e resultados do proxecto

A creación do blog aumentou o interese dos alumnos pola aprendizaxe dunha lingua estranxeira, ademais dun incremento considerable da súa creatividade. A gran variedade de actividades axudaron a converter as clases en máis atractivas.

O intercambio virtual que se realizou entre os centros mellorou considerablemente as habilidades de comunicación dos estudantes nunha lingua estranxeira que cando viron os resultados se sentiron moi orgullosos deles mesmos.

 

entrevistas_everydaysituations

 

Implicación do alumnado, outros departamentos, axentes educativos, outros axentes externos

Aínda que o proxecto se levou a cabo cun grupo completo de 4º ESO, non todos os alumnos se implicaron do mesmo xeito. A gran maioría demostrou un grande entusiasmo polas actividades programas e axudoulles a perder o medo a expresarse en público, especialmente nunha lingua estranxeira e a traballar en equipo repartindo tarefas de forma equitativa.

A participación doutros docentes no proxecto foi fundamental para poder levar a cabo algunhas das actividades: o profesor de Educación Plástica e Visual ensinounos como facer colaxes con diferentes fotografías, a manipular imaxes co GIMP, a ser creativos na elaboración dos nosos pósteres, etc. O profesor de Tecnoloxías da Información e Comunicación axudounos a crear o noso blog utilizando blogger e a subir textos, fotografías, vídeos, presentacións, etc. A profesora de Educación Física preparou unha coreografía e escenas para gravar un vídeo presentándolles o centro aos nosos socios. Hai que destacar a implicación dunha parte importante da comunidade educativa para realizar en menos de dúas horas a gravación deste vídeo.

A implicación desinteresada da nosa auxiliar de conversación, Alexandra Borostean, fóra do seu horario, para supervisar as actividades. A súa colaboración no proxecto axudou a mellorar as habilidades e as destrezas na expresión escrita do alumnado que participou no proxecto e a relación cos alumnos fóra de clase contribuíu a unha participación máis activa destes nas clases de conversación.

O ANPA do noso centro fixo unha achega económica para a adquisición dos ingredientes necesarios na elaboración de cupcakes para a actividade POTLUCK (Saint Patrick’s Day at Cuatro Caminos High School). Algunhas nais axudaron e ensináronlles aos nosos alumnos e a algúns profesores a elaborar eses deliciosos cupcakes decorados con motivos propios da ocasión que se ía celebrar.

Tamén puidemos contar coa participación de dous voluntarios do programa EUROPEAN VOLUNTARY SERVICE (EVS): Willem Van Schill de Bélxica e Vanessa Lemesre de Francia. Os dous traballan para a asociación Cerujovi de Don Benito, que axuda a organizar actividades para mellorar a aprendizaxe de linguas como o inglés e o francés. Os dous colaboraron na celebración do noso Día de San Patricio.

st.patrick_cards_everydaysituations

E por último, mencionar que o Concello de Don Benito, a través da súa Oficina de Turismo, nos deu a oportunidade de elaborarmos con eles unha nova edición da guía da cidade en español e inglés.

Beneficios para o centro, os profesores e mais o alumnado

Grazas ao blog e ao uso de TwinSpace, tanto os profesores coma os alumnos conseguimos utilizar unha lingua estranxeira para alcanzarmos varios obxectivos: fomentar o traballo en equipo de docentes e alumnos a distancia utilizando coñecementos adquiridos non só na materia de idioma, senón tamén noutras como Educación Plástica e Visual e Educación Física, aumentar a autoestima e motivación dos escolares e garantir un dimensión europea do noso centro, cultura,…

 

rincón_europeo_everyday_situations

Outro beneficio para os alumnos e, por suposto, para os profesores participantes foi o uso das novas tecnoloxías na aula. Aprendemos o uso de programas para editar textos, imaxes, vídeos, blog, etc., a utilizar navegadores, como o Chrome, familiarizarnos co TwinSpace para comunicarnos cos alumnos e profesores dos centros asociados, ademais doutros medios como correos electrónicos, Facebook, Instagram, Twitter, etc, a utilizar ferramentas do Google Drive para crear presentacións, e o noso blog, a subir documentos ao Dropbox e a Google Drive.

Calidade e reutilización dos materiais elaborados

O noso proxecto sérvelles de exemplo a outros profesores de idiomas para fomentar a comunicación oral nunha lingua estranxeira e o uso das novas tecnoloxías na aula. Cónstanos que este proxecto incrementou o interese doutros profesores e alumnos pola plataforma eTwinning, non só no noso centro, senón tamén noutros centros da nosa cidade e dos arredores.

Outro dos produtos obtidos foi a edición dunha guía de Don Benito en inglés. A idea de colaborar co Concello para traducir a guía da nosa cidade ao inglés xurdiu cunha das actividades programadas: mostrarlles a nosa cidade aos demais centros asociados.

Sobre o recoñecemento deste proxecto como premio nacional eTwinning 2016

Supuxo unha gran satisfacción aprender a manexar correctamente certos recursos e ademais descubrir e aprender algúns novos cos meus alumnos, todos eles de grande utilidade na práctica docente diaria.

Foi unha experiencia enriquecedora e moi positiva. Coñecín profesoras doutros países que me axudaron a mellorar o inglés e aprendín a traballar en equipo con elas. Este é o meu segundo proxecto eTwinning e conseguir en dous anos consecutivos o Selo Nacional e o Europeo anímate a continuar con experiencias deste tipo. E ademais obter con este segundo proxecto un premio nacional significa un recoñecemento ao labor realizado durante tantos anos.

Outras opinións

 

equipo_sellocalidad_everyday_situations

JOSÉ Mª SALGUERO RODRÍGUEZ (profesor de Lingua e Literatura e de Esperanto)

Que o obradoiro de Esperanto deste IES Cuatro Caminos participase en igualdade de condicións xunto cos grupos dos outros idiomas que se imparten no centro (francés, inglés) no proxecto eTwinning achegounos moitas novidades positivas nas tarefas do obradoiro. En primeiro lugar que o esperanto fose aceptado en igualdade de condicións coas outras linguas, deulle carta de natureza e confirmounos na idea de que estabamos a facer algo útil. En segundo lugar, abriunos o abano de posibilidades de traballo; de feito a partir daquela experiencia, durante o presente ano escolar estamos a montar unha experiencia teatral similar. En terceiro lugar, foi moi enriquecedor contribuír á diversidade de actividades do centro.

JUAN RUIZ FERNÁNDEZ (profesor de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e Comunicación)

Foi unha experiencia positiva. Os alumnos adquiriron coñecementos sobre novas tecnoloxías, á vez que realizaban un proxecto de aprendizaxe de idiomas. Axudoulles a valorar e comprender como o uso destas ferramentas novidosas lles pode servir para ampliar os seus horizontes vitais e profesionais.

DOLORES RUIZ MORENO (profesora de Educación Física)

Colaborar neste proxecto desde unha área non lingüística (educación física), dá a oportunidade, ademais de traballar os contidos propios da materia, de desenvolver cos alumn@s a través da expresión corporal e o baile (linguaxe universal) un intercambio con outros países.

SILVIA CORCOBADO DONOSO (alumna de Francés)

A nosa posterior implicación no proxecto non nos permitiu gozar plenamente desde o principio, pero mellor tarde que nunca. As horas que pasei cos meus compañeiros foron moi divertidas e gratificantes.

LAURA IGLESIAS FERNÁNDEZ (alumna de Inglés)

Encantoume poder forma parte deste proxecto. Grazas a todas as actividades deste traballo, aprendemos moitas cousas, sobre todo a colaborar en equipo. Achegounos a oportunidade de relacionarnos con persoas da nosa mesma idade pero dunha gran variedade de países, e sinalo isto como unha das mellores partes. Se tivese a opción de volver participar, faríao sen dubidar.

JOSÉ IGNACIO ROMERO FERNÁNDEZ (alumno de Inglés)

Para min, participar en eTwinning foi unha experiencia enriquecedora por moitos motivos, como facer un uso do inglés en situacións reais de comunicación. Tamén traballar en coordinación con mozos europeos con inquietudes similares ás nosas. Tiven a oportunidade de colaborar cos meus compañeiros de instituto preparando as actividades do proxecto e realizando un uso diferente das novas tecnoloxías.

FRANCISCO GÓMEZ LÓPEZ (alumno de Inglés e de Esperanto)

Participar no proxecto eTwinning foi incrible. Aprendín moitas cousas novas, traballamos en equipo, e máis importante, coñecemos moita xente estranxeira e pasámonolo xenial. Fixemos un gran traballo e estamos moi contentos con todo, espero que algún día poidamos repetir, porque estaría encantado. O mellor de todo foi revivir unha linguaxe como o Esperanto, case extinta xa, pero que merece que se dea a coñecer. Estou moi orgulloso de todo o que fixemos!

ENCARNA CASADO CALDERÓN (representante da ANPA)

Para min, como nai, foi un pracer colaborar neste proxecto co que aprendemos a elaborar cupcakes, decorándoas co gallo da festividade de St Patrick, patrón dese país. A realización desta actividade transmitiume o entusiasmo e a  ilusión dos alumnos e alumnas participantes, ao traballar en equipo desenvolvendo a súa imaxinación, paciencia e creatividade, pasando uns momentos inesquecibles. Desde aquí, quérolle dar os parabéns á profesora Marta Fernández Meneses polo seu bo facer, a súa constancia e mais o traballo diario, que agora se ve recompensado co premio nacional obtido. PARABÉNS!

ANDRÉS ARROYO CALAMA (técnico en Turismo do Concello de Don Benito)

Para a Oficina de Turismo de Don Benito é unha satisfacción ter un folleto en inglés realizado por xente tan marabillosa e tan cualificada. O traballo que achegaron no seu día foi magnífico, e para a promoción turística da nosa cidade, este reúne todos os condicionantes de promoción turística que buscan os usuarios estranxeiros que visitan as nosas instalacións.

Esperamos contar coa súa colaboración en futuras edicións, debido a que consideramos que este tipo de traballo é moi produtivo para todos.

 

 

 

 

 

Ceremonia de entrega de premios nacionales 2016

Ceremonia de entrega de premios nacionales 2016

Premios eTwinning 2015

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El próximo día 30 de junio a las 16:00 horas se celebrará el Acto de Entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2016 en la sede del Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF)

Os recordamos los proyectos premiados aquí (http://etwinning.es/listado-definitivo-de-premios-nacionales-etwinning-2016/?lang=es ),  que publicamos en esta web en el mes de mayo

Para que no os perdáis ni un minuto de este encuentro, desde este espacio podeis seguir la entrega en directo: