No barriers for Europeans

No barriers for Europeans

Proxectos destacados

Presentámosvos ‘No barriersforEuropeans‘ Proxecto-Asociación escolar Erasmus+ no que participan 6 centros escolares (España, Turquía, Polonia, Portugal, Italia e Lituania) con alumnos de necesidades educativas especiais. O obxectivo fundamental é concienciar sobre a situación  e as necesidades dos alumnos con discapacidade co fin de fomentar a igualdade entre todos e a súa integración no grupo. A través do intercambio de experiencias e visitas ós centros escolares, os docentes intercambian impresións e boas prácticas para mellorar  o proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos. Sara Antolín e Rafael Sanjosé, docentes participantes no centro español (CRA Castilla-Valladolid) cóntannos a súa experiencia no desenvolvemento deste proxecto. 

Temática e obxectivos de proxecto.

A temática do proxecto é a discapacidade e a través do mesmo tratamos de aumentar a conciencia sobre a situación e as necesidades dos alumnos con discapacidades. Na sociedade sempre nos atopamos con persoas discapacitadas, sentimos lástima por eles, pero non facemos nada. Con este proxecto, buscamos romper cos prexuízos máis comúns na sociedade sobre as persoas con discapacidade e/ou trastornos. Fixemos o mellor que puidemos para conseguilo. Intentamos que os nosos alumnos perciban, especialmente os nenos de idades temperás, que os alumnos con discapacidades poden conseguir moito máis se os involucramos nas actividades cotiás traballando con alumnos sen discapacidade. Pensamos que isto era moi importante para que os nenos sintan empatía desde a súa infancia.

 

Disabled painters

Idade do alumnado participante.

O noso colexio é un centro rural de educación infantil e primaria, con 40 alumnos aproximadamente e no que destaca o elevado número de alumnos de orixe inmigrante.

O resto de socios do proxecto eran de infantil, primaria e secundaria.

Áreas curriculares e contidos abordados.

O proxecto incorporouse transversalmente en todas as áreas do currículum. Por exemplo, na área de Lingua fixéronse entrevistas, preparáronse cuestionarios ou redactáronse e intercambiaronse cartas. En Plástica fixéronse multitude de traballos, por exemplo coñecendo e reproducindo as obras dalgúns artistas discapacitados e facendo exposicións coas obras dos nenos. En Educación Física aprendemos xogos adaptados para diferentes tipos de discapacidades e disciplinas paraolímpicas. En Música fixéronse dramatizacións e apredéronse cancións noutros idiomas. En Inglés   traballouse vocabulario relacionado co proxecto e fixéronse felicitacións e cartas. Púxose especial fincapé no traballo coas TIC para mellorar o traballo na aula.

Temporalización (fases) e metolodoxía escollida para o desenvolvemento do proxecto.

No barriersforeuropeans tivo unha duración de dous cursos, 2014-2016, nos que permanentemente se estivo traballando en base ó mesmo.

Nun primeiro momento realizouse un cuestionario a pais, alumnos e profesores para coñecer o punto de partida en canto ós nosos coñecementos sobre a discapacidade. Plantexáronse actividades en común e estableceuse un calendario de realización. Os mestres coordinadores de cada país estabamos en contacto permanente para aclarar cuestións ou para incorporar novas ideas ó plan de traballo.

 

 

 

feria

Tamén cada mes, e sobre todo ó finalizar o proxecto, avaliáronse as actividades, a súa relevancia, a súa adaptación ós alumnos de cada centro e a súa repercusión. Tamén se volveu  realizar o cuestionario para valorar a consecución dos obxectivos.

Materiais desenvoltos.

Como materiais tanxibles que destacaríamos poden estar as exposicións de pinturas dos alumnos, os murais, a decoración das aulas, os cuestionarios de avaliación, etc. O máis importante, segundo o noso punto de vista, son as experiencias dos nenos, convivir con alumnos con problemas motóricos, bailar cos alumnos do taller ocupacional, participar nuns mini xogos paraolímpicos, etc.

 

actividades con alumnos

Avaliación e difusión do proxecto.

A avaliación interna do proxecto é positiva a 100% principalmente porque vemos como repercutiu nos alumnos, nas familias e nos mestres. O que tamén nos motiva é que temos conseguido unha avaliación positiva externa conseguindo o Selo de Calidade Nacional e o Selo de Calidade Europeo por parte de eTwinning.

Son varios os artigos publicados nos diarios de ámbito rexional e local, en medios on-line e tamén son varias as axencias de comunicación que se fixeron eco do noso proxecto.

 

web del proyecto

Beneficios para o centro, docentes e alumnado

Os mestres, os alumnos e as familias aprenderon a traballar xuntos, son conscientes de: “algún día eles tamén poderían ter algunha discapacidade, ¿quen sabe?”. O proxecto serviu para poder crear o espírito de traballar todos xuntos con diferentes países de Europa para alcanzar un mesmo obxectivo. Os participantes gañaron un coñecemento máis profundo para romper “barreiras” (a pesar da diversidade cultural), mellorar habilidades na linguaxe, aumentar o coñecemento doutras linguas, coñecer como se traballa coas personas discapacitadas noutros países europeos e mellorar a aprendizaxe dos alumnos, así como a eficacia dos mestres.

Acceso ó TwinSpace do proxecto

Acceso ó espazo web do proxecto

Sara Antolín Mediavilla- Rafael San José Rodríguez

CRA Campos de Castela

Becilla de Valderabuey-Valladolid-Castela e León

 

CRA Campos de Castilla

Becilla de Valderabuey-Valladolid-Castilla y León

 

Reading in Community

Reading in Community

Proxectos destacados

Reading in Community é un proxecto de animación á lectura e desenvolvemento da competencia lingüística centrado na obra de Antoine de Saint-Exúpery ‘ El Principito‘. O proxecto foi realizado entre centros escolares de Francia e España e vai dirixido a alumnos de Educación Infantil. Destacamos unha cuidadosa planificación de actividades e un alto nivel de coordinación e comunicación entre as docentes participantes en canto ós temas e as actividades desenvoltas. O proxecto proporciona múltiples oportunidades para que os alumnos entren en contacto coas producións dos seus compañeiros e aprendan a valorar e emitir xuízos sobre traballo realizado polos centros socios. Debemos destacar tamén a implicación das familias, ás que se lles informa do proxecto desde o principio e son partícipes en varias actividades. Tamén é reseñable a avaliación dos alumnos, que identifican os contidos preferidos do proxecto. Gracia Moya, docente participante no CEIP ‘Gloria Fuertes’ de Jaén descríbenos a estrutura básica de planificación do proxecto e proporciónanos enlaces ós resultados do mesmo. Continuar leyendo

Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz

Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz

Proxectos destacados

Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz é un proxecto eTwinning desenvolvido dentro dunha Asociación Estratéxica KA2 do programa Erasmus+ no que participan os seguintes centros escolares, Collège Victor Hugo, Lavelanet, Francia, Liceo Monna Agnese, Siena, Italia e IES Carles Salvador, Aldaia, España. Trátase dun proxecto para analizar o contexto europeo actual e concienciar o alumnado sobre os instrumentos e valores para xestionar de forma pacífica e eficiente os conflitos sociais, económicos e ambientais.

Amparo Gras Roselló, coordinadora do proxecto no IES Carles Salvador de Aldaia, resúmenos todas as fases que se abordaron durante o desenvolvemento deste ambicioso proxecto. Un exemplo moi útil para outros centros escolares que desexen traballar unha Asociación Estratéxica KA2 na plataforma eTwinning.

Temática e obxectivos do proxecto

Desde a observación do contexto europeo e mundial actual, constatamos a presenza do conflito en distintos ámbitos: conflitos bélicos que dan lugar a problemas de sostibilidade social, conflito do ser humano co medio natural derivado dun modelo de desenvolvemento e crecemento económico que xera problemas de sostibilidade ambiental, presenza de identidades diversas que xeran conflitos no ámbito educativo, social e persoal. Os conflitos non son xestionados de forma pacífica pola falta de instrumentos para facelo: coñecementos, actitudes e valores de unión, participación, diálogo, tolerancia e cohesión.

Partindo destas consideracións os centros educativos desta asociación escolar decidimos traballar a PAZ co proxecto que leva por título:

PAÍSES, ESCOLAS e PERSOAS CONSTRUÍNDO A PAZ.

 

actividad_paz_alumnos

Os obxectivos son:

– Coñecer mellor os conflitos, bélicos ou non, do s. XX e actuais en Europa.

– Coñecer e explorar iniciativas de unión, de concordia, de construción de paz desenvolvidas no s. XX e s. XXI en Europa.

– Coñecer as manifestacións e expresións artísticas en relación ao tema en cada país.

No ámbito das comunidades educativas; escolas e persoas:

– Coñecer, comparar e analizar as causas e as consecuencias dos conflitos dentro das diferentes escolas.

– Coñecer e compartir as diferentes iniciativas de resolución de conflitos e sobre todo de unión e cohesión interna que se estean a desenvolver nos diferentes centros e analizar os resultados da súa aplicación.

– Elaborar un banco de recursos e ferramentas para a construción da paz nas nosas comunidades educativas.

– Explorar iniciativas sociais nos nosos contornos próximos e mostralas.

– Crear unha comunidade de prácticas respecto ao tema.

– Utilizar para comunicar e compartir espazos colaborativos virtuais (blogs, páxinas web, eTwinning, Twinspace) e redes sociais.

Idade do alumnado participante:  13, 14 e 15 anos.

Áreas curriculares e contidos que se abordaron

Educación para a Cidadanía e os DDHH, Francés Lingua Estranxeira e Español Lingua Estranxeira:

  • Memoria histórica: relacións entre Francia, España e Italia.
  • Coñecemento da Declaración Universal dos DDHH.
  • Valores: a empatía, a solidariedade, a defensa da dignidade persoal, a educación son necesidades humanas. Neste aspecto é importante a colaboración con ONG que traballan tanto no ámbito internacional coma nacional, e, fundamentalmente, local.
  • Bioloxía:
  • Coñecemento das técnicas da agricultura tradicional e a agricultura ecolóxica para a creación dun horto escolar.
  • Coñecemento e aplicación dos 3 R no instituto para a creación dun grupo ambiental encargado da educación ambiental diaria de todos os sectores.
  • Lingua Castelá e Literatura, Francés e Italiano:
  • Viaxe literaria ao longo do século XX. Achegamento á creación artística froito da experiencia vital e existencial dos escritores-as que viviron diferentes períodos conflitivos individuais e/ou colectivos: a poesía existencial, social e de vangarda; a novela social, experimental; o teatro de protesta, do absurdo ou experimental.
  • Comprensión de como o contexto histórico-social determina a cosmovisión do creador-a e como as distintas técnicas e ferramentas son froito deses condicionantes político-social-económico e culturais (artísticos-literarios)

Temporalización (fases) e metodoloxía escollida para o desenvolvemento do proxecto.

CURSO 2014/15

 

blog_países, escuelas y personas

OUTUBRO 2014:

NOVEMBRO 2014:

DECEMBRO 2014: encontro e reunión transnacional en Aldaia:

  • Presentación oficial do proxecto.
  • Veredicto do concurso do logotipo
  • Obradoiros de horto escolar, de medio natural e reciclaxe.
  • Obradoiro de receitas típicas e vocabulario no mercado de Aldaia e coa colaboración dos seus comerciantes.
  • Avaliación.

XANEIRO, FEBREIRO e MARZO 2015:

  • Posta en marcha do traballo para a creación dos hortos escolares en Italia e España.
  • Posta en marcha dos grupos ambientais en España e Francia.
  • Expertos sobre o terreo: historia e sociedade nos últimos 100 anos nos nosos países, entrevistas aos nosos maiores e creación dun eixe cronolóxico co resultado das entrevistas e investigacións. Traballo sobre a película A lingua das bolboretas.
  • Creación dunha conta en Twitter para o proxecto: @paisajedepaz.
  • Videoconferencias Skype entre o alumnado que vai participar no seguinte encontro.
  • Convocatoria da sección internacional do concurso xornalístico Roberto Romaldo en Siena.

ABRIL 2015:

  • Posta en marcha da viaxe literaria, a voz da memoria nos países socios.
  • Preparación do encontro en Siena.
  • Encontro e reunión transnacional en Siena. Realización de obradoiros colaborativos internacionais: obradoiro de música (análise da letra e canto de Bela Ciao), obradoiro de Twiliteratura sobre A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, obradoiro de elaboración de carteis de todas as especies de plantas do “Xardín da sombra”, obradoiro de análise interlingüística (francés, italiano, portugués, español, romanés, …), obradoiro de xornalismo,… traballos finais e inauguración oficial do “Xardín da sombra”, FlashMob da Paz na Piazza di Campo de Siena. Creación do grupo pechado de Facebook do proxecto. Avaliación.

MAIO 2015:

  • Veredicto do concurso xornalístico Roberto Romaldo.
  • Conexión por Skype para a cerimonia de entrega de premios.

XUÑO 2015:

  • Avaliación e seguimento do primeiro ano do proxecto.

CURSO 2015/16

SETEMBRO E OUTUBRO 2015:

– Reunións dos equipos.

– Continuación das actividades iniciadas o curso pasado e posta en marcha nos centros que non o fixeron: hortos escolares e grupos ambientais.

– Inscrición do novo alumnado en eTwinning.

– Presentación dos novos grupos.

NOVEMBRO E DECEMBRO 2015:

– Preparación do encontro en Lavelanet:

  • Cada centro prepara unha presentación cos programas que se desenvolven nestes para promover a integración e a convivencia.
  • Actividades propias de cada centro que contribuirán aos produtos finais:
  • Aldaia: Visita ao refuxio do IES Luís Vives e do Concello e ruta pola Valencia Capital da República. Traballo sobre migracións, refuxio e asilo.
  • Lavelanet: Preparación do encontro.
  • Siena: Traballo sobre migracións, refuxio e asilo. Visita á exposición de Milán.
  • Cada centro realiza un informe de noticias con tres núcleos temáticos:
  • Noticias sobre inmigración.
  • Noticias sobre medio natural.
  • Noticias sobre asociacións que promovan a sostibilidade ambiental e/ou social.

Do 12 ao 19 de decembro de 2015: encontro e reunión transnacional en Lavelanet

XANEIRO A MAIO 2016:

De xaneiro a abril: preparación do encontro en Aldaia.

Do 3 ao 10 de maio: Encontro en Aldaia:

  • Recital “A paz está nas túas mans”.
  • Carreira solidaria e obradoiros de preparación.
  • Itinerario en grupos internacionais pola Valencia Capital da II República.
  • Participación nas xornadas de formación do profesorado “Entre a memoria e a historia” na Facultade de Xeografía e Historia.
  • Obradoiro sobre a liberdade de expresión con Amnistía Internacional.
  • Obradoiro sobre o manifesto contra o pacto da Unión Europea e Turquía sobre a xestión da crise humanitaria das persoas refuxiadas.

Maio:

  • Siena: Veredicto do concurso xornalístico Roberto Romaldo co tema: “Arricchiamoci delle nostri recipprochi diferenze” “As nosas diferenzas enriquécennos”
  • Aldaia: Proxecto “Un berro polos refuxiados”

Materiais desenvolvidos

Algúns exemplos dos materiais e resultados:

Avaliación e difusión do proxecto

Beneficios para o centro, os docentes e mais o alumnado.

A internacionalización do centro e a cooperación entre escolas, alumnado e profesorado de diferentes países ampliou a conciencia intercultural, a cidadanía activa e o pensamento crítico. A incorporación de prácticas innovadoras (métodos, ferramentas de aprendizaxe colaborativa, uso das TIC, recursos educativos abertos, aprendizaxe centrada no alumno, redes sociais, eTwinning…, ). O alumnado e mais o profesorado mellorou a competencia en linguas estranxeiras e a competencia dixital. Aumentou a motivación fronte ao traballo diario, o desexo de aprender e seguir colaborando con centros educativos europeos.

 

Amparo Gras Roselló

IES Carles Salvador, Aldaia. Centro coordinador do proxecto.

Comunidade Valenciana.

 

 

eTwinning e KA1: Proxecto ‘Job Shadowing in Action’!

eTwinning e KA1: Proxecto ‘Job Shadowing in Action’!

Proxectos destacados

Promovendo de forma eficiente sinerxías en Erasmus + un grupo de profesores da Szkoła Podstawowa núm. 6 de Zabrze (Polonia) e do colexio FEDAC Prats de Lluçanès (España) realizou unha enriquecedora experiencia de ‘Job Shadowing’ a través da plataforma eTwinning. Carme Pellicer, coordinadora do proxecto no centro escolar español cóntanos como se foi construíndo esta experiencia e os seus beneficios para toda a comunidade educativa.

Todo empezou cando recibín un correo de Joanna da escola ZP6 de Zabrze, en Polonia, no escritorio de eTwinningLive. Nel expoñíame o seu proxecto Job Shadowing e o desexo do seu equipo de profesores de levalo a cabo na nosa escola: FEDAC Prats. Os obxectivos principais eran aprender outra lingua (o español), outra cultura e observar para aprender novos métodos de aprendizaxe para aplicalos no seu centro.

Unha vez compartida a súa idea cos meus compañeiros, non dubidamos nin un momento en lanzarnos a unha nova aventura europea. Sería o noso primeiro contacto con Erasmus+ despois de moitos proxectos eTwinning. Estabamos absolutamente decididos a dar un paso máis. Pensamos, e estabamos no certo, que se nos ofrecía unha grande oportunidade para lle dar sentido a un dos nosos obxectivos de centro: alcanzar a dimensión europea. Unha excelente ocasión para compartir experiencias, debater ideas, colaborar e aprender entre iguais de forma presencial cos profesores de Zabrze.

Durante o segundo semestre do curso 2014-2015 mantiven contacto constante e comunicación con Joanna, a coordinadora do centro de Polonia. Había moito que facer: organización do proxecto, planificación da estadía…

Cando estabamos organizando o curso 2015-16 o claustro de profesores de FEDAC Prats acordamos por unanimidade que, aínda que se trataba dun Job Shadowing, os nosos alumnos tamén estarían implicados de forma moi directa no proxecto. Deste modo, decidimos planificar o Job Shadowing como un Proxecto de Centro para o curso 2015-16 e integralo no currículo cos obxectivos competenciais correspondentes. Ademais queremos salientar que o proxecto integrou dúas formacións no centro: un curso de español para os profesores de Zabrze e un Obradoiro eTwinning para os profesores de FEDAC Prats.

Así foi como lles comunicamos aos nosos alumnos que tería lugar un Job Shadowing na nosa escola: Primeiro, Sorpresa! Despois, Entusiasmo!

 

O proxecto ía medrando e tomando forma paseniñamente. Era coma un crebacabezas no que todas as pezas son clave para conseguir o resultado desexado. A partir dunha idea construímos unha realidade.

Creamos o proxecto eTwinning: Job Shadowing in Action! https://twinspace.etwinning.net/8439/home (enlace ao TwinSpace) asociado ao Erasmus+. Un espazo ideal para reunir as actividades, que con moitísima ilusión e non menos entusiasmo, realizaron os alumnos e un lugar idóneo para a comunicación entre os profesores, para compartir experiencias, colaborar, debater e xestionar o proxecto.

En febreiro chegou por fin a semana do Job Shadowing. Iámonos coñecer en persoa! Era un evento moi esperado para todos. A mobilización foi total, xa non só por parte de toda a comunidade educativa, senón tamén por parte do Departamento de Educación da Generalitat de Cataluña, do equipo directivo de FEDAC, do Concello, de diferentes asociacións culturais de Prats de Lluçanès, das canles de televisión rexionais e mais da prensa. Tivo unha acollida magnífica. Tamén queremos facer referencia á videoconferencia realizada entre representantes dos SNA de España e Polonia, os equipos directivos e as coordinadoras do proxecto de ambos os dous centros, foi moi interesante. A todos debemos agradecerlles o acompañamento e mais a súa xenerosa colaboración.

 

Banners de las respectivas visitas
Banners das respectivas visitas

Resulta difícil atopar palabras para describirmos o que sentimos cando tivemos o primeiro encontro cos vinte profesores da escola SP6 de Zabrze. Todos estabamos moi emocionados. Foi máxico e intenso. Enseguida se orixinou unha corrente de simpatía e boa sintonía recíproca. Todos estabamos moi motivados para que o período de observación na nosa escola FEDAC Prats fose unha experiencia do máis enriquecedora para as dúas partes. E foino.

Os profesores de Polonia eran de distintas especialidades de primaria. Ademais de observar, prepararon clases para os nosos alumnos. Unha fonte de inspiración para todos. Aí a dimensión europea estaba asegurada. O idioma non foi un problema significativo xa que nos comunicabamos en español (fixeran un curso) e inglés. Ademais, o seu profesor de español facíalles de tradutor cando o necesitaban.

Este é un breve resumo do que aconteceu durante a visita dos profesores de Polonia.

 

 

Que distinto é poder falar e discutir sobre un tema en persoa! Cando as actividades de colaboración teñen lugar nunha clase real e non virtual. Este é o plus do programa Erasmus+.

O proxecto aínda non rematou. A comunicación non diminúe nin tampouco as actividades. Todos, profesores e alumnos, esperamos con anhelo as videoconferencias que levamos a cabo regularmente. A amizade e os bos recordos son magníficos.

Unha experiencia vivida con intensidade por parte de todos. Unha magnífica oportunidade para aprender entre iguais. Recomendable cen por cen!!!

Como un dos obxectivos do Job Shadowing era a observación das metodoloxías de aprendizaxe de FEDAC Prats, aí está Iza falando en nome dos seus compañeiros de SP6 de Zabrze. Unhas palabras, que unha vez máis, nos emocionan e nos chegan ao corazón. Esperamos poder realizar moitos máis proxectos xuntos.

 

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto ‘Job Shadowing in Action’!

The Changing Face of Europe. A cara cambiante de Europa

The Changing Face of Europe. A cara cambiante de Europa

Proxectos destacados

Hoxe 9 de maio festexamos o día eTwinning dedicado a ”celebrar a diversidade” e pareceunos moi axeitado presentarvos este proxecto eTwinning ‘WE ARE MAD’ (Making a Difference) realizado por tres centros socios de España, Países Baixos e Noruega sobre un tema de actualidade como é o dos refuxiados en Europa.

A coordinadora española do proxecto, María Begoña Rey Fernández, do colexio A Inmaculada Concepción (Xixón) cóntanos a súa experiencia e mais a dos seus alumnos no desenvolvemento deste proxecto:
O colexio da Inmaculada Concepción de Xixón está participando xunto co colexio Jacob van Liesveldt de Hellevoetsluis, nos Países Baixos (http://jl.penta.nl/) e o colexio Nesset Ungdomsskole en Levanger, Noruega (http://www.levanger.kommune.no/Tjenester-a-a/) nun proxecto dentro da plataforma eTwinning con alumnado de bacharelato.

O título do proxecto é WE ARE MAD (Making A Difference) no que se pretende que o alumnado reflexione sobre temas de actualidade en Europa e intente buscarlles unha solución.
Dentro deste, traballaron sobre o tema dos refuxiados baixo o título The changing face of Europe.

Nos seus colexios descubriron cal é a realidade en moitos dos países da Unión Europea, a situación dos refuxiados que chegan e as políticas que teñen para eles.
Do 13 ao 17 de marzo un grupo de cinco alumnos holandeses e dous profesores estiveron no colexio da Inmaculada Concepción para contrastar o descuberto e buscar posibles solucións ao problema coas razóns que xustifican as mesmas.

 

Traballaron en grupos e debateron ao estilo das Nacións Unidas, tras descubrir tamén varias organizacións que en Xixón están a facer cousas para poder axudar ao respecto. Finalmente, asinaron as propostas que acordaron. Están creando un blog para recoller todo o traballado e poder compartilo con máis xente. http://thechangingfaceeurope.blogspot.com.es/

blog The Changing Face of Europe

Tamén haberá outro encontro no colexio de Noruega para poder realizar a mesma posta en común, ao que tamén vai asistir alumnado do colexio holandés.
Os idiomas do proxecto son holandés, noruegués, alemán, español e inglés e crearase un manifesto con todas as propostas que debateron para dar solución a este problema que temos actualmente en Europa. O idioma de comunicación é o inglés.

En Xixón, a experiencia foi moi positiva e o alumnado descubriu unha realidade tan afastada e que debe ser tan próxima.

Fonte da imaxe: Fotocomposición a partir da imaxe deseñada por Freepik.com