1.- Selecciona a páxina na que vas engadir a enquisa.

       

2.- Observa que no lateral esquerdo da pantalla aparecen uns bloques en cor amarela e nun deles pon Añadir una encuesta a la página. Preme aí.

3.-  Observa que debaixo da páxina de actividades xa aparece o módulo da enquisa, que admite unha única pregunta con varias respostas posibles.

4.- Escribe a pregunta e mais as respostas. E preme en Enviar. 

5.- O sistema devolverache esta pantalla, e xa se pode iniciar a votación premendo sobre a resposta que cada usuario considere axeitada:

6.- Despois das votacións aparecen os resultados decontado. Neste caso votaron 2 usuarios.

 

***Se unha vez feita a enquisa, o usuario a quere eliminar, abonda con

Premer no lapis de edición.

  • Premer sobre a icona papeleira que hai sobre os resultados da enquisa.
  • O sistema quere confirmar que o usuario quere borrar a enquisa. Premer en Si
  • Comprobar que a enquisa desapareceu da páxina.