Titorial no que se indica paso a paso como subir arquivos a unha carpeta/álbum e como ligalos a unha páxina de actividades.

  1. Accede ao TwinSpace e preme na pestana de “MATERIALES“.

      

  1. Imos subir unha imaxe. No lateral esquerdo da ventá que aparece crea un álbum de imaxes e dálle un nome, por exemplo Nuevo TS:


 

Preme en Enviar.

  1. O álbum aparece na parte lateral esquerda da ventá.

  1. Subimos a imaxe que queiramos. Selecciona o álbum Nuevo TS, preme en Buscar e sigue as instrucións que van aparecendo:

Selecciona a imaxe almacenada no teu ordenador,

  1. Carga a imaxe, neste caso o logo eTw Schools (ten en conta que o tamaño máximo dunha imaxe é de 2 MB). A pantalla quedará así:

Nota: le atentamente a información do recadro amarelo que está enriba da imaxe sobre os dereitos de autor.

Por outro lado, se cargas unha fotografía na que aparezan menores, asegúrate de ter o consentimento necesario.

**************

  1. Selecciona a imaxe que queres inserir na páxina

 

 

  1. Pasando o punteiro do rato por riba da imaxe, preme no botón dereito do rato; desprégase un menú, copia o enderezo URL da imaxe (este enderezo URL vai ao portapapeis).

  1. Vai á sección PÁGINAS e selecciona a páxina, neste caso Mis expectativas de proyecto:

 

  1. Preme no lapis (editar/modificar) e abrirase o editor da páxina.

 

 

  1. Preme na icona redonda (cando se pasa o rato por riba aparece a palabra iFrame). Despregarase esta ventá:

Pega o URL que copiaches previamente e preme en Aceptar.

O sistema devólveche esta imaxe:

Preme en Enviar. A páxina queda así:

 

Tamén podes facelo segundo o proceso que se indica nesta ligazón: https://etwinning.es/es/nuevo-como-insertar-contenidos-en-una-pagina-de-actividades/

*********************************

O mesmo procedemento para un vídeo da sección VÍDEOS

e para un documento da sección DOCUMENTOS.

 

O tipo de documento que se permite é:

ai | aiff | dbf | dif | doc | docx | eps | flac | mp3 | odg | odp | ods | odt | otp | ots | ott | pdf | ppt | pptx | rar | sda | sdd | sdc | sdw | stc | sti | stw | svg | sxc | sxi | sxw | txt | vor | wav | wma | xls | xlsx | zip

O tamaño máximo dun documento (Word/PDF): 20 MB

Se o arquivo que queres subir non está permitido, recomendámosche que o comprimas a un arquivo de extensión ZIP ou RAR.