Comunidades de aprendizaxe: eTwinning

Comunidades de aprendizaxe: eTwinning

A organización en comunidades de aprendizaxe non é algo exclusivo da nosa época. A condición de compartir sempre formou parte da natureza do ser humano. Desde que a persoa é persoa, organizouse en comunidades para sobrevivir, para colaborar, para aprender.

Xa na Antigua Grecia, como comenta David Álvarez, as persoas concentrábanse no ágora para intercambiar coñecemento, tal e como se faría máis tarde nas escolas de formación, nos centros de ensino e nas universidades. A día de hoxe, o desenvolvemento das ferramentas TIC revolucionou o termo comunidades de aprendizaxe, rompendo as barreiras físicas e temporais, imprescindibles anos atrás, para ampliar este concepto tal e como o entendemos na actualidade.

Vivimos nun mundo de cambio permanente no que a aprendizaxe ó largo da vida  converteuse nunha necesidade inapelable para facer frente ós desafíos do noso tempo. Neste contexto, os docentes atopámonos ante la necesidade de estar actualizados, de adaptarnos ás necesidades do noso alumnado, de aprender novas metodoloxías e ferramentas… A resposta a esta necesidade veu dada en forma de ensino tanto formal (cursos de formación regrados), como informal. O que nun principio pode empezar como unha conversación na sala de profesores (“¿E ti cómo ensinas formulación ó teu alumnado”?) pode desembocar nun espazo de reflexión e colaboración cuns obxectivos definidos no que compartir experiencias, recursos, metodoloxías, etc., o que se coñece como comunidade de aprendizaxe.

Son moitas as definicións que deron para este término, se ben todas elas comparten os seguintes puntos:

  • Intereses comúns entre os docentes que a forman e adaptación dos contidos ás súas necesidades específicas.
  • Aprendizaxe entre iguais como medio para facilitar a aprendizaxe e feito de compartir recursos coa finalidade de aprender e enriquecerse coas aportacións  dos demais. Os usuarios pasan de ser consumidores de contidos a ser creadores e modificadores, enriquecendo á comunidade e enriquecéndose da comunidade simultáneamente.
  • Comunicación fluida e constante entre todos os seus membros.

Aparte destes tres puntos totalmente imprescindibles, dáse un cuarto que, se bien non sempre estivo presente, a día de hoxe vólvese fundamental: o uso de ferramentas TIC. Os beneficios dunha comunidade de aprendizaxe poden medrar de maneira exponencial se se traslada á rede todo lo que se leva a cabo, superando as barreiras do espazo tanto físico como temporal. Á vantaxe indiscutible do uso de innumerables ferramentas e recursos para realizar as nosas actividades, únese o feito de que o traballo en rede adquire permanencia, xa que todos os recursos creados poden almacenarse e recuperarse.

imagen de comunicación en dispositivos

Do mesmo modo que unha comunidade de aprendizaxe ten estes elementos comúns, tamén conta cuns puntos diferenciais. Por un lado, atopámonos coa temporalidade. Existen comunidades limitadas por un tempo determinado (un curso escolar, por exemplo), mentras que hai outras que son creadas para durar un tiempo indefinido. Por outro lado, o espazo pode ser tanto presencial como online; así mesmo, poden desenvolverse tanto dentro como fóra da aula, podendo combinar todas estas opcións de espazo e tempo do modo que mellor conveña. As posibilidades son ilimitadas.

Como todos os procesos de ensino-aprendizaxe, a creación e desenvolvemento dunha comunidade debería contar cuns puntos xerais e comúns: planificación, posta en marcha e avaliación. A súa duración pode variar segundo os casos e incluso chegar a repetirse e ser cíclicos, como pode ocorrer nos casos de comunidades de aprendizaxe de tempo indefinido. A continuación propomos unha serie de ferramentas TIC que podemos utilizar en cada un destes pasos.

1. Planificación

Neste primeiro paso, onde a innovación pedagóxica xoga un papel fundamental, vanse a limitar os obxectivos que queremos conseguir coa nosa comunidade, os contidos que se van traballar, a metodoloxía que se vai seguir, as ferramentas que se van empregar, etc.

Nun primeiro momento, todas as ideas e os formulamentos que surxan son benvidos. Será más tarde cando empecen a tomar forma e a establecerse como contidos sólidos. Ferramentas como Padlet e Mural.lypermiten aloxar estas ideas en paneis colaborativos. Además, Popplet permite organizalas en forma de diagrama.

Neste punto, unha planificación adecuada tamén é fundamental. Unha boa forma de levala a cabo é mediante liñas de tempo interactivas (Timetoast y Timeline JS), calendarios colaborativos (Google Calendar) e organizadores de eventos (Doodle, Stickymoose).

2. Posta en marcha

Todos os arquivos que se xeren durante este proceso poden realizarse con ferramentas de creación de documentos colaborativos, como Google Drive y TitanPad. Estas ferramentas permiten unha participación en tempo real entre varias personas que poden editar o documento de forma simultánea desde distintas contas.

Un punto básico neste paso é a creación de contidos, que poden ter forma de presentacións (PowToon,Animoto, Genia.ly, Prezi, Google Drive Presentaciones), de infografías (Easel.ly, Venngage, Piktochart,Canva), etc. Ademais, os contidos que se crean pódense compartir e organizar en carpetas na nube(Dropbox), en páxinas web (Weebly, Wix) ou en blogs (Blogspot, WordPress, Tumblr). Todos estes espazos permiten xestionar os contidos de forma gratuíta e algúns, entre as súas funcións, inclúen a opción de incorporar paneis de anuncios ou foros de discusión, moi útiles para a comunicación asincrónica.

A difusión tamén é unha parte importante á hora de participar nunha comunidade de aprendizaxe. Aparte da página web ou do blog que usemos para isto, podemos usar redes sociais como Twitter e Facebook. Ademais, se o que queremos é ordenar e organizar o contido destas redes en forma de narración, podemos utilizar Storify.

3. Avaliación

Non é necesario que o proxecto teña data fin para realizar una avaliación. Esta pode facerse sempre que se considere necesario: cada certo tempo, ó rematar o curso escolar, despois dunha actividade concreta… Este punto serviranos para facer unha parada no camiño e reflexionar sobre distintos aspectos do noso proxecto e, se fose necesario, adaptar os obxectivos ou mellorar a metodoloxía de traballo.

As rúbricas de avaliación (RubiStar, CoRubrics) axudarannos á hora de establecer uns criterios e ver cómo se axusta o noso proxecto ós mesmos. Por outro lado, os cuestionarios vannos a permitir obter información de forma directa de todos os membros da comunidade. Ferramentas como Google Drive Formulario ouSurveyMonkey permiten crear e contestar estes cuestionarios online e volcar a información en follas de cálculo para traballar cos datos. Non obstante, estes cuestionarios son ineficaces se non se recollen unhas conclusións e unhas reflexións a partir das respostas e se xeran unhas propostas de mellora, que poden ser editadas e compartidas coas mesmas ferramentas que as utilizadas para realizar a chuvia de ideas (Padlet,Mural.ly y Popplet).

O bo funcionamento dunha comunidade de aprendizaxe non vai depender únicamente do seu deseño e administración. Outro aspecto importante é a comunicación que haxa entre os seus membros. Se esta comunicación se quere levar a cabo en tempo real a través de internet -comunicación sincrónica- mediante videoconferencia, pódense utilizar ferramentas como Skype o Google Hangouts e Webex. Estas dúas últimas permiten, ademais, compartir arquivos e presentacións en tempo real mentres se está desenvolvendo a videoconferencia.

As ferramentas que se acaban de amosar son só unha pequena selección. As posibilidades son ilimitadas, podéndose ampliar a lista e compartila nas propias comunidades de aprendizaxe a través de ferramentas como Symbaloo, Symbaloo.edu (específico para o ámbito educativo),  List.ly o  Pearltrees. A continuación deixámosvos un exemplo dun panel feito con Symbaloo onde se recollen todas as ferramentas das que acabamos de falar.

captura_symbaloo_comunidades_aprendizaje

As redes sociais son o entorno perfecto para crear, desenvolver e traballar en comunidades de aprendizaxe. Moitas destas redes sociais – Facebook, Google+, Youtube, Twitter, etc.- se ben teñen un perfil máis xeral, están sendo aproveitadas e utilizadas no entorno educativo como comunidades de aprendizaxe. Nestas redes sociais, docentes con intereses comúns únense en torno a grupos ou hashtags para estar ó día das últimas novidades e compartir experiencias e recursos. Así mesmo, podemos atopar redes sociais cun perfil específicamente educativo, como pueden ser Procomún, Tiching, Edmondo, Eduland e por suposto, a maior rede de docentes de Europa: ¡eTwinning!

A través da plataforma eTwinning, máis de 320.000 docentes atopan profesores e profesoras con intereses comúns cos que teñen a oportunidade de planificar unhas pautas para conseguir uns obxectivos comúns e aprender en xeral, sobre un tema en concreto en particular. Son numerosos os grupos, eventos e foros que funcionan como punto de encontro para docentes de toda Europa con intereses comúns que ven nesta plataforma un recurso máis para levar a cabo o seu desenvolvemento profesional.

E aínda que non é o habitual, hai docentes que se xuntan para levar a cabo proxectos eTwinning sen a participación do seu alumnado. Un exemplo disto vese nos proxectos eTwinning Challenges for Teachers,eTwinning Challenges for Teachers II y eTwinning Challenges for Teachers III. Todos eles recibiron o Selo de Calidade Europeo y ademais, eTwinning Challenges for Teachers II recibiu o Premio Nacional eTwinning 2014 na categoría de equipo multidisciplinar de centro.

Outro exemplo de comunidades de aprendizaxe son los MOOC (Massive Open Online Courses, ou Cursos Masivos Abertos en Rede). Esta nova modalidade de formación aberta, colaborativa e orientada á participación masiva está tomando forza nos últimos anos. Así mesmo, a súa demanda está medrando considerablemente. Desde o INTEF  estase dando resposta a este requerimento a través da súa oferta de cursos MOOC. Entre todos os que se propoñen, atópase o MOOC ‘eTwinning en aberto’, cuxa primeira edición contou cunha grande aceptación entre os máis de 950 participantes. A segunda edición, cuxa inscrición xa está aberta, desenvolverase entre os días 29 de setembro e 10 de novembro de 2015. Ó largo deste curso, esta comunidade compartirá recursos e ideas sobre innovación na aula, desenvolvendo ideas para  proxectos e examinando as posibilidades que a plataforma eTwinning ofrece para poder desenvolvelos.

mooc eTwinning en abierto

A modo de conclusión, as comunidades de aprendizaxe son o medio idóneo para desenvolver unha aprendizaxe entre iguais, co conseguinte desarrollo profesional que isto conleva. eTwinning, como comunidade de aprendizaxe, posibilita  a docentes de toda Europa non só desenvolver proxectos de forma colaborativa senón tamén compartir ideas. A través desta plataforma, os docentes pueden encontrar e poñerse en contacto con outros profesores e profesoras de toda Europa con intereses comúns para formarse, compartir e intercambiar recursos e boas prácticas. Desde  SNA, invitámosvos a probar este enfoque máis formativo e participar nos distintos talleres profesionais e grupos de traballo que a plataforma eTwinning Live ofrece.

Fonte das imaxes: http://www.freepik.com; Designed by Freepik

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Ferramentas TIC
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *