Design Thinking na aula

Design Thinking na aula

Empezaremos definindo o Design Thinking como unha secuencia de traballo orientada á busca de solucións creativas a un problema ou necesidade a través da investigación e mais o diálogo. O concepto foi acuñado por Tim Brown, profesor da escola de Enxeñaría de Standford University, que describiu este novo concepto nun artigo publicado na Harvard Business Review en 2008 como ‘disciplina que usa a sensibilidade e os métodos dos deseñadores para facer coincidir as necesidades das persoas co que é tecnoloxicamente factible’.

Vídeo TED de Tim Brown en 2009

O Design Thinking é claramente unha estratexia orientada á innovación e a mellora de procesos en calquera organización ou institución. Introducir este tipo de estratexias no ámbito educativo implica enormes vantaxes que resumimos a seguir:

  • Desenvolvemento do pensamento crítico orientado a resultados

O pensamento oriéntase cara á resolución de problemas reais e busca de solucións adaptadas ás propias necesidades dos alumnos. Xéranse varios prototipos e analízanse as vantaxes e mais os inconvenientes. É certo que é un proceso un pouco máis desordenado ca o enfoque analítico-lineal tradicional, pero tamén produce resultados máis potentes e interesantes.

  • Conciencia de equipo

Promóvese a creación de grupos de traballo nos que o alumno toma conciencia de aproveitar a sabedoría colectiva e sumar con iso experiencia e coñecementos.

  • Autonomía do alumno

A aprendizaxe preséntaselle ao alumno como un reto que debe resolver desde unha postura proactiva. Desenvólvense estratexias de observación, interpretación, definición, predición e investigación. Compártense e intercámbianse resultados e xéranse solucións múltiples a un mesmo problema.

  • Desenvolvemento da empatía

Perséguese unha mellora dos procesos concretos a través dun proceso de identificación e comprensión das necesidades do grupo. Apréndese a valorar as perspectivas e solucións doutros e chegar a un consenso na toma de decisións que implique maiores beneficios para o colectivo.

Na seguinte presentación en TEDx Denver Teachers, Co Barry descríbese moi ben como maximizar o talento creativo dos alumnos a través de procesos de Design Thinking na aula.

 

O Design Thinking é un proceso creativo pero require unha planificación inicial por parte do docente como orientador, facilitador e dinamizador de todo o proceso de innovación. O docente debe transmitir con claridade os obxectivos e as fases e asegurar unha correcta repartición das tarefas.

Vexamos as fases fundamentais que deben estar presentes en calquera proceso de Design Thinking:

Empatizar

Como xa indicamos anteriormente, unha parte importante do proceso de deseño constrúese a partir da empatía, entendendo outros puntos de vista para poder satisfacer as necesidades do grupo e non as individuais. A cohesión e a comunicación fluída nos grupos será decisiva para un correcto desenvolvemento da actividade. Aconséllase realizar agrupacións de 2 a 7 alumnos, procurando que haxa diversidade en canto a personalidades e destrezas dos alumnos. Observa e promove a repartición de roles: o creativo, o analítico, o indagador,…

Así mesmo, é fundamental a creación dunha identidade de grupo a través dunha tarefa inicial que permita o achegamento entre os seus membros, por exemplo, decidir o nome e mais o emblema que identificará o grupo.

Definir

Tras a creación de grupos procedemos a definir o reto desde unha perspectiva ampla analizando o estado da cuestión, os obxectivos que se pretenden e describindo as oportunidades e limitacións. Por poñermos un exemplo, imaxinemos un reto dirixido aos alumnos para que deseñen un contorno ‘eficiente’ de aula distribuída en diversos espazos co obxectivo de favorecer os distintos procesos de ensino e aprendizaxe e fomentar a participación. Comezariamos cun proceso de observación para determinar necesidades, enumerar deficiencias actuais e formular desexos colectivos. Isto implicaría, por exemplo, entrevistar outros alumnos e docentes afectados, co obxectivo de entendermos o seu punto de vista en termos de mellora:

Unha ‘aula ideal’ debe…

Unha ‘aula ideal’ non debe…

Idear

Unha vez entendidas as necesidades dos usuarios, estamos mellor preparados para afrontarmos o reto. Durante o proceso de ideación ou tormenta de ideas, o equipo debe xerar e suxerir tantas solucións como sexa posible. A busca de solucións debe ser un proceso creativo, un estado colectivo desde onde abordar o problema desde infinitas perspectivas, inventar escenarios desde un pensamento integrador, en definitiva manter vivas as ideas. É importante non limitar a creatividade, xa haberá tempo máis tarde de descartar as opcións menos viables.

Prototipar

Esta fase ten como obxectivo ordenar o ‘caos’ creativo, seleccionando e sintetizando as ideas que mellor nos permiten abordar o problema. E agora con cal quedamos?

A clave é prototipar: ‘visualización dun concepto ou idea o suficientemente desenvolvida como para que poida explicarse de xeito directo e visual‘ Juan Gasca e Rafael Zaragoza, 2014 Designpedia.

Dependendo da natureza do concepto ou idea, podémolo visualizar a través dun debuxo, (esquema, storyboard ou maqueta, por exemplo, construída a partir de materiais desbotables de cartón, envases de plástico, etc). No problema que nos ocupa de deseño dunha aula ideal, tamén lles podemos facilitar aos alumnos ferramentas dixitais, e con iso contribuírmos ao desenvolvemento das súas competencias dixitais. Por exemplo Google Sketchup, Homestyler, Blender.

Implementar

Unha vez deseñada a experiencia débeselles proporcionar aos alumnos a posibilidade de dar a coñecer os resultados da súa investigación e difundirlle a mensaxe ao resto. Que presenten os distintos prototipos, que conten o que aprenderon coa experiencia, que describan todo o proceso en termos de logros e dificultades. En definitiva, darlles a oportunidade de xerar unha estratexia de comunicación sobre a súa idea para que sexa sometida a xuízo do resto de grupos: obxectivos pretendidos, actuacións, beneficiarios, recursos, financiamento, fases de implementación. Trátase dunha fase que xera un rico diálogo entre os distintos equipos. Cada idea sométese ao escrutinio do resto, formúlanse preguntas e críticas construtivas e finalmente vótase pola solución máis axeitada ás necesidades grupais.

Todo este proceso de comunicación axudará a optimizar e mellorar a idea inicial e implementar un plan de acción máis poderoso que permita executar a visión da idea dun xeito tanxible e pasar do enfoque creativo á verdadeira innovación.

Atrevédesvos a poñer en marcha un proceso similar dentro do desenvolvemento dun proxecto eTwinning? Se é así, gustaranos coñecer as vosas experiencias a través da nosa conta en Twitter ou Facebook. Prometemos difundir as mellores ideas de proxecto.

Mans á obra!

Algúns enderezos e ferramentas útiles:

http://www.designthinkingforeducators.com/

http://www.q2l.org/

https://usergeneratededucation.wordpress.com/tag/design-thinking/

The Lean Presenter

Fonte imaxe cabeceira:Deseñado por Freepik

 

 

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Recomendacións
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *