eTwinning en Erasmus +

Desde o lanzamento do programa Erasmus+ en xaneiro de 2014, son moitas as consultas que recibimos sobre diferentes aspectos de eTwinning e de Erasmus+. Nalgunhas obsérvase certa confusión nos usuarios ó asignar características dunha acción á outra e viceversa. Aínda que son iniciativas relacionadas (eTwinning forma parte de Erasmus+, Guía do programa Erasmus+), teñen características que se diferencian..

eTwinning lanzouse en xaneiro de 2005 e comezou sendo parte do programa eLearning. Posteriormente estivo integrado no Programa Comenius como unha medida de acompañamento,  era a acción 10 [COM10]. Actualmente, na estrutura do programa Erasmus+, eTwinning está encravado en la Acción Clave 2 (KA2): cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.

Así mesmo, a guía do programa Erasmus+ refírese ó Servizo Nacional de Apoio eTwinning como una das organizacións implicadas na implementación de dito programa.

Na táboa que amosamos aquí abaixo, desgranamos algúns detalles diferenciadores de  eTwinning e outras  accións Erasmus+, que lonxe de separalas, xeran precisamente interaccións que as enriquecen e as complementan.

 

 

Outras acciones Erasmus+

eTwinning

Organismo responsable

SEPIE

(Servizo Español para a Internacionalización da Educación)

http://www.sepie.es

 

SNA

(Servizo Nacional de Apoio)

www.etwinning.es

 

Tipo de xestión

Descentralizadas

En España, coordinado polo SEPIE

 

Centralizada

Coordinada en Europa polo Servizo Central de Apoio, e en España, polo Servizoo Nacional de Apoio (SNA, MECD)

Localización

 

c/Gustavo Fernández Balbuena,13 28002 -Madrid

 

c/Torrelaguna, 58

28027-Madrid

 

Contacto

sepie@sepie.es

 

Teléfono: (+34) 915506718

asistencia@etwinning.es

 

Teléfono: (+34) 913778377

Foco

 

  • Dimensión europea
  • Mobilidade e Cooperación entre institucións para a innovación e o intercambio de boas prácticas

 

  • Dimensión europea
  • Competencia dixital
  • Traballo en colaboración a través das TIC

 

Accións

Organizadas en tres bloques coñecidos como Accións clave.

  • Acción Clave 1 (KA1)
  • Acción Clave 2 (KA2)
  • Acción Clave 3 (KA3)

 

 

  • eTwinning enmárcase na Acción Clave 2 (KA2): Cooperación para a innovación e o intercambio de boass prácticas. Asociacións estratéxicas escolares.
  • eTwinning é máis que proxectos escolares

 

 

Financiación

Non

Mobilidade de socios docentes e alumnos en asociacións escolares

É posible

Non

Ámbito de traballo

Engloban todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte

  Iniciativas de Educación

Niveis educativos

 

Abarcan todos os niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas así como outras institucións relacionadas co mundo educativo e laboral

Abarca os niveis educativos      non universitarios

Número de socios  dun proxecto ou asociación escolar

 

Mínimo: tres socios de dous países diferentes. 

Dous socios no caso de asociacións só entre centros escolares e entre rexións.

 

Mínimo: dous socios fundadores de dous países diferentes.

Solicitude de asociación/

proxecto

Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015

 

Online. Desde o Escritorio persoal do docente, pestana PROXECTOS

Data de solicitude

Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015

 

 

Non hai data. Durante todo o ano

Duración do proxecto

2 ó 3 anos. (Pódese ampliar)

Non hai límite, pero recoméndase, “non máis de 2 cursos” escolares.

Quén solicita a participación

Consultar institucións elexibles en cada sector en convocatoria 2015

Un docente

Aprobación do proxecto ou asociación escolar

O proxecto é ou non seleccionado e financiado segundo os criterios establecidos na convocatoria anual.

 

 

A aprobación do proxecto depende únicamente da comprobación e validación dos datos e de que os obxectivos e contidos teñan cabida na práctica docente.

 

Apoio, axuda e asesoramento ós docentes

A través do correo electrónico

sepie@sepie.es

Consultar correos de cada sector en web.

Twitter: @sepiegob

Portal nacional Sepie: www.sepie.es

Facebook

 

A través do correo electrónico  asistencia@etwinning.es

Twitter: @eTwinning_es

Portal nacional eTwinning www.etwinning.es

Portal europeo eTwinning

www.etwinning.net

Facebook: eTwinning España

A través das Tarxetas de proxecto

 

 

 

 

Avaliación e memoria

 

 

  • Solicitude
  • Informes de progreso e final.

 

  • Solicitude online*
  • Memoria voluntaria

*Un proxecto avalíase se o profesor solicita Selo de Calidade ou Premio.

Se o docente solicita recoñecemento en créditos/horas de formación/innovación, o proxecto  avalíano as  autoridades educativas competentes da  Comunidade Autónoma correspondente.

 

Recoñecemento

Créditos de formación, establecidos en B.O.E.

Feira de Valorización

Premios

 

Segundo cada Comunidade Autónoma

Premios Nacionais

Premios Europeos

 

Visibilidade

Feira de Valorización

Gateway

Plataforma de difusión

 

Galerías

Portal nacional

Portal europeo

Gateway

 

 

Tal e como se recolle no documento oficial Erasmus+ guía do programa, eTwinning é a plataforma virtual recomendada para as asociacións escolares porque:

. Facilita e permite a busca de potenciais socios de proxecto ou asociación escolar antes da solicitude co obxectivo de mellorar a calidade e o impacto dos proxectos futuros. O Escritorio eTwinning ofrece a ferramenta “Buscador de Socios” e foros, un deles específico para a busca de socios para Erasmus+.

. Ofrece un espazo virtual único para cada proxecto con ferramentas de comunicación e colaboración.

 

Un proxecto eTwinning e unha asociación escolar Erasmus+ compleméntanse.  As ferramentas de comunicación e o espazo de colaboración que ofrece eTwinning son excelentes instrumentos para planificar e debater todos os aspectos relativos a unha asociación escolar, levar a cabo actividades que utilicen un soporte tecnolóxico, compartir documentos e informacións relativas a cada país e ir amosando resultados, e incluso para continuar o contacto entre os socios unha vez que a asociación  concluíse. 

 

Fonte das imaxes: SNA eTwinning.

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Embaixadores
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *