eTwinning e Erasmus+

eTwinning e Erasmus+

eTwinning e Erasmus+, dúas iniciativas educativas impulsadas desde a Comisión Europea que promoven a dimensión europea e a colaboración entre centros educativos de distintos países, medran ano a ano de forma independente, e ó mesmo tempo, hai un notable incremento do número de proxectos eTwinning-asociacións estratéxicas Erasmus+ de calidade que se desenvolven nunha acción conxunta. As sinerxías que se establecen entre ambos programas son cada vez máis evidentes, á vez que necesarias, e froito disto é a mellora da calidade dos proxectos.

Na guía do programa Erasmus+ 2019, as referencias a eTwinning case se duplicaron con respecto á guía dos anos anteriores, e eTwinning aparece como unha das principais recomendacións para os docentes que desexen participar na convocatoria anual, e especialmente para aqueles docentes que van participar nunha asociación estratéxica, xa que eTwinning ofrécelles –tamén ó alumnado- unha plataforma online segura que permite desenvolver accións dentro do marco  dun  proxecto Erasmus+ antes, durante e despois da finalización do mesmo.

A participación en eTwinning adquire especial relevancia para aqueles docentes que participan na convocatoria Erasmus+ 2019 porque, por primeira vez, está incluido nos criterios de avaliación das candidaturas de asociacións estratéxicas. No apartado calidade do deseño e execución do proxecto, valórase o uso de eTwinning como plataforma de traballo en liña, cun potente buscador de socios e ferramentas de comunicación na etapa previa ó inicio do proxecto, un contorno de traballo en común para os socios, e un espazo para a difusión durante o desenvolvemento do proxecto e tras a súa finalización, o que asegura un gran impacto e permite a toda a comunidade educativa facer un seguimento das relacións que se establecen e das actividades realizadas. Así mesmo, valórase que os proxectos candidatos se baseen en proxectos eTwinning anteriores ou en curso, e que utilicen eTwinning en combinación coa mobilidade física.

No apartado calidade do equipo do proxecto e dos acordos de cooperación, valórase a medida na que o proxecto implica a centros escolares eTwinning e crea oportunidades para que promovan boas prácticas en eTwinning e ofrezan titorías a outros centros escolares con menos experiencia no uso desta ferramenta.

No documento de aquí abaixo (fai clic na imaxe) hai  un recompilatorio de proxectos eTwinning de éxito desenvoltos de forma simultánea ás respectivas asociacións estratéxicas Erasmus+ que poden servir de inspiración e de modelo para futuros interesados.

Estes proxectos tratan temas como a inmigración, os refuxiados, a aprendizaxe emocional, a educación para a saúde, a sostenibilidade, a creatividade, a robótica, a expresión artística e corporal, a valoración do individuo fronte ó grupo, a colaboración con ONGs, o estudo de obras de Julio Verne, a obra de Antoine de Saint Exupèry El Principito, a Antiga Grecia e Roma, e traballan metodoloxías innovadoras como a clase invertida ou flipped classroom e a gammificación con Geocaching. Todos os proxectos seleccionados foron galardoados con Selo de Calidade eTwinning e o seu desenvolvemento, planificación, materiais, resultados e uso e integración de ferramentas dixitais  pódese consultar no enlace que dá acceso ó TwinSpace do proxecto.

En todos eles  obsérvase cómo eTwinning facilitou a colaboración entre os socios, a organización das mobilidades e a comunicación, así como o desenvolvemento da competencia dixital, o traballo en equipo, a aprendizaxe intercultural, as relacións sociais, e a realización das actividades do proxecto tanto por parte dos docentes como do alumnado.

Fai clic na imaxe

 

Enlaces de interese: 

Outros exemplos de integración eTwinning-Erasmus+

Boas prácticas eTwinning e Erasmus+ (KA2)

Portal europeo eTwinning: www.etwinning.net

Portal SEPIE: www.sepie.es

Erasmus+: www.erasmusplus.gob.es 

Guía Erasmus+: https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/documents/erasmus-programme-guide-2019_es

School Education Gateway: https://www.schooleducationgateway.eu/en/pub/index.htm

Fonte das imaxes: imaxe recoñecemento Pixabay (imaxe libre de dereitos).

Buscador de proxectos eTwinning Proxectos destacados
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *