eTwinning, éxito escolar para todos

eTwinning, éxito escolar para todos

Dixo Albert Camus que “O  éxito é doado de obter. O difícil é merecelo”. A sociedade actual non se entenden sen éxito, pero ¿ata que punto ese éxito é merecido? Se atendemos á educación actual, para conseguir un enfoque escolar integral cuxo resultado sexa cidadáns exitosos, debemos implementar novas pedagoxías que faciliten este obxectivo principal.

 

Cada vez  nos alonxamos máis da identificación de éxito escolar asociado ó rendemento académico e ás calificacións do alumnado. Actualmente, este concepto relaciónase a outros aspectos como o de saber adaptarse e estar preparado para a sociedade na que vivimos e ós cambios que se suceden. Neste senso, eTwinning ofrece unha estratexia metodolóxica que facilita ferramentas de crecemento persoal e de integración dos estudantes na comunidade. O que nos leva a considerar aspectos tanto individuais como colectivos, estimulando o desenvolvemento mental e emocional que nos leven ó éxito, primeiro persoal e logo colectivo.

Sabemos que eTwinning  xoga un papel fundamental, xa que reúne todos os ingredientes para garantir a súa consecución:

  • Inclusión:Todo o alumnado participa nos proxectos. Partindo dun deseño no que se  ten en conta as necesidades personais de cada alumno. 
  • Creatividade:eTwinning fomenta futuros cidadáns creativos. Fomentando o emprendemento e a autonomía do alumnado. 
  • Motivación: Os diferentes recursos que se ofrecen desde Twinspace, permiten ó alumnado traballar de forma diferente, facendo uso de metodoloxías activas que o converten en centro do proceso de aprendizaxe.  Así tamén, ditos recursos, permiten a personalización, facilitando o traballo ó  seu propio ritmo.

 

No momento de deseño do proxecto temos que ter en  conta o perfil de aprendizaxe do noso alumnado xa que este adquire protagonismo como peza clave do proxecto, séntese  empoderado e lexitimado. A súa aportación é clave na engranaxe.  E iso faino especial. É aí onde o alumnado é consciente do seu propio talento e potencial, ve o seu propio reflexo en positivo, saborea os seus logros, aumenta a súa autoestima e dá un paso seguro cara o éxito escolar e persoal. Neste aspecto, eTwinning é o motor que promove o cambio que nos conduce á proactividade e permite ó noso alumnado aprender a partir das súas necesidades e intereses. De aí a importancia de  implicar ás familias e ó profesorado para conseguilo. 

A escola e a familia son os novos alicerces sobre os que se apoia a educación dos nosos fillos. O vínculo que se crea entre o profesorado e as familias é a clave da aprendizaxe dos nosos alumnado. 

É un feito e cada vez máis presente nos nosos centros, que o apoio e a confianza que debe existir entre profesorado e familias axuda a paliar as dificultades coas que se atopa o noso alumnado, tanto na escola como na familia. Os nosos centros continúan sendo un reflexo dos valores sociais, familiares e culturais, pero nesta sociedade cambiante e demandante dos novos coñecementos, aínda máis, polo que o apoio mutuo faise aínda máis necesario.

Os nosos centros preséntanse agora como un espazo onde todos os axentes deben participar por un ben común. Un espazo no que o traballo colaborativo marque as señas de identidade dos nosos centros e no que se atopen motivos para superar dificultades e resolver os problemas propios da nosa contorna máis cercana.

As transformacións dos nosos centros pasan por converter as súas necesidades en retos compartidos por toda a comunidade educativa. Un traballo entre escola e familias que permita maior cohesión na organización dos nosos centros e unha mellor relación e comunicación entre todos os sectores da comunidade.

A participación das familias en proxectos de aprendizaxe son o mellor exemplo cara a innovación educativa. Cada vez hai máis centros españois inscritos en proxectos eTwinning, que buscan no traballo colaborativo con outros centros europeos, un ensino acorde ás súas necesidades e intereses. Uns proxectos que contemplan a diversidade como un valor engadido e a inclusión como unha riqueza na aula. Desta maneira, as dinámicas de traballo que permiten a participación das familias dentro das nosas aulas, como poden ser os grupos interactivos ou as tertulias dialóxicas, contribúen a definir que tipo de ensino queremos ofrecer e cara onde queremos ir. Un feito fundamental para conseguir o éxito educativo e a transformación dos nosos centros.

O éxito escolar non se entende se non é o resultado dun traballo colaborativo e compartido por toda unha comunidade educativa. Cada vez é máis necesario que os centros educativos respondan ás necesidades e intereses dunha comunidade que busca na educación a transformación da súa propia realidade, da súa propia contorna.   

O traballo por proxectos eTwinning nos que se implique toda a comunidade educativa, é o mellor escenario para transformar a realidade dos centros. Por esta razón, eTwinning xoga un papel fundamental. O clima de traballo que se crea en cada un dos proxectos nos que participan os nosos centros,  traspasa fronteiras, e permite que centros con realidades e culturas diferentes, compartan unhas experiencias de aprendizaxe que teñen como único propósito, o de conseguir o éxito escolar. Un éxito que permite facer realidade os soños de toda a comunidade educativa.

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *