Embaixadores

Embajadores eTwinning

embajadores

Que é un Embaixador eTwinning?

En efecto, trátase dun docente representativo da acción eTwinning, e moito máis. É un docente entusiasta, cunha ampla experiencia no programa, que participou en numerosos proxectos, conseguiu o recoñecemento de Selo de Calidade Nacional ou Europeo unha ou varias veces, ou foi galardoado co Premio Nacional ou Europeo eTwinning, que fai unha intensa difusión dos beneficios do programa e presta axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico coma pedagóxico.

En resumo, os embaixadores eTwinning son profesionais que se distinguen non só polas boas prácticas, senón tamén polo fomento da metodoloxía de traballo en colaboración baseado en proxectos. En España contamos cun nutrido grupo de embaixadores, con representación en todas as comunidades e cidades autónomas.

Por que xorde a figura do embaixador?

Entre os membros da rede de embaixadores hai profesorado de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.

Que poden facer por ti e mais polo teu centro escolar?

Asesoran sobre os procedementos en eTwinning

  • Difunden a acción eTwinning, tanto en actividades en liña coma presenciais, en redes sociais, en blogs de educación, sesións de formación e encontros didácticos en liña,…acoden a xornadas, seminarios, encontros.
  • Coordinan grupos de traballo, imparten obradoiros en centros escolares e noutras institucións educativas.
  • Recomendan o uso das ferramentas TIC máis adecuadas para unha determinada actividade.
  • Presentan exemplos de boas prácticas, que poden servir de modelo para os iniciados.
  • Elaboran documentos de consulta

    E están preto de ti.

    Quen os nomea?

    O nomeamento dun embaixador é unha iniciativa conxunta do SNA e dos responsables do programa nas diferentes comunidades e cidades autónomas.

    Como contacto con eles?

    embajadores_2

    É moi sinxelo. Accede a eTwinning Live e preme na pestana PERSOAS, selecciona o país e mais a rexión. Elixe o tipo de usuario "Embaixador" e accederás á listaxe de embaixadores da comunidade autónoma que che interese.

    Para te dirixires a el podes utilizar o correo electrónico da plataforma.

    Neste mapa podes ver a distribución dos embaixadores.

    Tamén podes visitar o Blog de embaixadores que pretende ser un escaparate das accións formativas e de difusión levadas a cabo polos embaixadores, ademais dun espazo para o intercambio e a comunicación. Aquí vas atopar ideas, exemplos, ferramentas, etc.

    Co seu apoio, sentiraste acompañado, e todo che resultará máis fácil.

    Ademais dos embaixadores, podes contactar co representante eTwinning na túa comunidade ou cidade autónoma e, por suposto, co Servizo Nacional de Apoio.

    Fonte das imaxes: Servizo Nacional de Apoio eTwinning.