1. Accede ao TwinSpace do proxecto. A páxina INICIO do TwinSpace reúne a información e mais as actualizacións do proxecto, tanto das actividades coma dos membros do TwinSpace que o sistema vai rexistrando automaticamente. Todo isto recóllese na ferramenta de publicacións, Publicar algo.

 

Na imaxe observa que na ferramenta, e debaixo da epígrafe Últimas novedades, aparece a posibilidade de filtrar por Usuario, Sistema e Todo.

A listaxe de publicacións inclúe

  1. a) as entradas/mensaxes de todas as persoas inscritas no TwinSpace.
  2. b) as accións realizadas no TwinSpace. O sistema xera estas notificacións automaticamente.

A información de cada un destes apartados pódese ver ao completo premendo en “Usuario”, ou filtrando premendo en «Sistema», respectivamente.

Se seleccionas Usuario aparecen entradas/publicacións de membros do TwinSpace.

Cando se selecciona Sistema aparece o conxunto de accións realizadas polos usuarios no TwinSpace.

Se seleccionas Todo aparecerán listadas as entradas/publicacións dos usuarios e as notificacións do sistema ordenadas por orde cronolóxica.

Observación: a versión pública da páxina de INICIO mostra a información principal do TwinSpace e as publicacións de usuarios nunha listaxe de actualizacións. Esta listaxe tamén é posible vela desde o perfil do proxecto no escritorio persoal do docente eTwinning Live.

Nesta páxina é posible decidir que notificacións desexas recibir e como: no centro de notificacións do TwinSpace e/ou por correo electrónico. Se decides recibir notificacións por correo electrónico recibirás un resumo diario.

Fíxate na parte inferior dunha entrada; no rectángulo vermello aparecen as accións que un usuario docente pode facer coas súas entradas:

    

  • Me gusta: outros usuarios poden indicar que lles gusta o que publicaches. Cando se preme en Me gusta, na parte inferior aparecerá contabilizado.

  • Comentarios: ábrese un campo para que escribas un comentario a unha entrada doutro socio ou túa.

E quedará así:

Podo seguir escribindo outras respostas/comentarios detrás desta.

  • Modificar: pódese cambiar o contido dunha entrada.

 

Ábrese o editor do comentario para que cambies o que for necesario. Cando se finaliza hai que premer en Enviar.

  • Borrar: ábrese un cadro de diálogo e pregúntanos, como medida de seguridade, se queremos borrar a publicación.

Cando se preme en SI, o comentario desaparece.

  • Fijar con chincheta: o que sucede é que o comentario colócase fixo en primeiro lugar das publicacións, destacado e en cor, tanto se está filtrado por Usuario coma por Todo.

 

——–

——–

 

Outros comentarios máis recentes aparecerán por debaixo deste, perdendo así a orde cronolóxica.

No caso de que o usuario do TwinSpace sexa un alumno, as accións que pode levar a cabo nos comentarios doutros membros son: sinalar que lle gusta a entrada e comentala.

A ferramenta de publicacións e o seu uso como diario de proxecto, outra actividade de colaboración

Un dos usos máis destacados que se lle pode dar a este sistema de publicacións é como diario de proxecto. Un espazo onde se recollan os feitos máis destacados da vida do proxecto. Se nas publicacións participan todos os socios escribindo entradas e comentando as do resto de socios, xérase unha interacción entre todos os membros que contribuirá ao éxito do proxecto. É un resultado colaborativo máis do proxecto. Así mesmo, estas publicacións dos socios, ordenadas cronoloxicamente, permítenlles aos visitantes do TwinSpace seguir o desenvolvemento do proxecto de forma sinxela e ordenada, o que facilita a súa comprensión e avaliación continua. Co contido destas entradas tense unha idea aproximada de cal é o impacto que o proxecto ten no profesorado, no alumnado e mais no centro escolar.

O contido do diario de proxecto é público, polo tanto, é o mellor escaparate que podes ter para a difusión do teu proxecto.