O usuario pode decidir que tipo de avisos quere recibir e por que medio. Para iso, ten que configurar o sistema de avisos/notificacións que ten o TwinSpace dun proxecto, que pode ser a través da icona de notificacións, a través do correo electrónico, ou de ambos os dous.

Se se configura para recibir notificacións por correo electrónico, o usuario recibirá unha mensaxe diaria co compendio de todas as notificacións.

 

  1. Accede ao TwinSpace e preme na campá que hai na parte superior dereita, o servizo de notificacións.

    

  1. Aparecerá esta pantalla. Preme en Configurar:

 

  1. Abrirase esta ventá na que podes ver unha relación do tipo de mensaxes/avisos sobre os que podes decidir como recibir o aviso.

  1. En cada tipo de aviso, pódese activar o medio de aviso. Preme co rato no punto sinalado en vermello. Non esquezas premer en GUARDAR.