O vídeo é unha ferramenta moi útil para o desenvolvemento dun proxecto eTwinning.  Dálle dinamismo á presentación dos contidos e resulta moi atractiva para o alumnado.

Un vídeo pode converterse nun documento con información relevante, nunha evidencia das actividades realizadas, nun instrumento de comunicación e interacción entre os socios, en ferramenta de avaliación e, mesmo, nun produto final que recolla o traballo que se realizou ao longo dun proxecto.

Unha recomendación para unha mellor xestión dos vídeos dun proxecto é non os almacenar sen máis nas carpetas de MATERIALES do TwinSpace, senón ligalos e publicalos nas páxinas de actividades. Isto permite enriquecelos con comentarios, observacións e reaccións por parte dos membros do proxecto, converténdoos en obxectos de interacción.

É moi importante prestarlle atención ao contido dos vídeos e decidir correctamente onde e como se poden almacenar e publicar. A seguridade e a privacidade do alumnado participante é unha cuestión de suma transcendencia.

Para subir un vídeo ao TwinSpace hai que aloxalo previamente nun sitio web externo público e compatible. Os vídeos aparecen con configuración pública por defecto. Por iso, débese elixir coidadosamente a configuración correcta de privacidade atendendo aos contidos presentados no vídeo, especialmente se aparecen imaxes e información do alumnado.

Actualmente, los espacios web compatibles donde alojar los vídeos son:

Actualmente, os espazos web compatibles onde aloxar os vídeos son:

  • YouTube

You Tube ten un espazo específico para educación (preme aquí para acceder).

  • Vimeo

Vimeo é un sitio web para aloxar vídeos moi popular nos ámbitos educativos polas prestacións que ofrece. Preme aquí para acceder.

  • DailyMotion

Cando se sobe un vídeo a un destes sitios web públicos hai que elixir a configuración de privacidade: pública ou privada. Se elixes a configuración privada, soamente poderán visualizalo aqueles que dispoñan do contrasinal que lles asignaches (Vimeo) ou da ligazón (You Tube). Para facelo, sigue estes pasos:

  1. Crea unha conta en YouTube, Vimeo ou DailyMotion que son os sitios web para aloxar vídeos compatibles coa sección de materiais do TwinSpace.
  2. Sube o vídeo á plataforma YouTube (ou Vimeo ou DailyMotion) cun nivel de privacidade “público” para que o sistema o recoñeza ao subilo á carpeta de MATERIALES (se o pos en modo privado, ao introducir o url do vídeo, non o recoñecería).
  3. Se queres que o vídeo sexa privado, inmediatamente despois de subilo á carpeta de MATERIALES do TwinSpace, accede ao sitio web elixido para aloxalo e cambia a configuración de “público” a “privado” en VIMEO e a “oculto” en You Tube.
  4. Unha vez feito o cambio, e no caso de VIMEO, o vídeo soamente o poderán ver aqueles que introduzan o contrasinal polo que será conveniente usar o mesmo nos vídeos dun mesmo proxecto, facilitándoo nunha páxina privada do TwinSpace. No caso de YouTube, poderano ver aqueles que teñan acceso ao TwinSpace e acceso ao URL do vídeo.

Con todo, lembra que se elixes a opción de YouTube obrigarate a manter as páxinas do TwinSpace privadas, mentres que con VIMEO poderíanse facer públicas; xa que para ver o vídeo tense que coñecer o contrasinal de acceso.

Velaquí tes tres titoriais que te axudarán na xestión dos vídeos. Preme na imaxe asociada:

  1. O primeiro mostra os pasos que hai que seguir para subir un vídeo ao TwinSpace nun proxecto eTwinning.

     2. O segundo indica como borrar un vídeo do TwinSpace.

     3. No terceiro móstrase como modificar a configuración de privacidade dun vídeo (de público a privado/oculto) nos dous sitios web onde aloxamos os vídeos dos proxectos e como se visualizará en cada caso.

 

Fonte das imaxes: fotocomposición do Servizo Nacional de Apoio eTwinning con imaxes do TwinSpace e logos de Vimeo e YouTube.