Ferramentas TIC

content-image.php

Maquetar es inventar

Maquetar es inventar

Francis Alés (docente e embaixadoreTwinning) presenta unha comparativa de ferramentas para a maquetación dixital, fácilmente accesibles para alumnos e docentes e de gran utilidade para publicar os resultados dosseusproxectoseTwinning de forma dixital.

Tanto docentes como alumnos, necesitamos nalgunha ocasión publicar resultados de proxectos en forma de revista dixital.  O formato revista pode ser realmente atractivo se dispoñemos das ferramentas necesarias e o coñecemento para explotalas.  Os valentes que se atreven, adoitan traer unhagran idea detrás, que durante o proceso se vai materializando, e moitas veces, nos fai entusiasmarnos se sabemos elixir, ou polo contrario, pode facernos perder a ilusión da nosa publicación, se non fixemosunha boa elección.  Este artigo pretende orientar tanto a alumnos como a profesores neste tipo de aplicacións,  á vez de facerunha comparativa de ferramentas de maquetación online versus software tradicional.

Maquetación dixital online

As ferramentas de maquetación online popularizáronse nos últimos anos, reafirmando oseu lugar na nube, como calqueraoutraferramenta 2.0.  Gran parte doseu éxito débese á sinxeleza coa que se enfocou oseu uso online, é dicir, resultados espectaculares con poucoscoñecementos sobre maquetación; básicamente, usando o coñecido sistema no mundo da computación, WYSIWYG, “Whatyouseeiswhatyouget” ou “o que ves é o que obtés”.  Con isto, podemos escribir un documento vendo directamente o resultado final.  Outras bondades adicionais son, por exemplo, a posibilidade de exportar e descargar a revista a formatos populares como PDF, ou permitir copiar o código HTML embebido para a nosa web ou blog, e así aproveitar os chamativos efectos flash de pasar de páxina cara adiante e atrás.

 Facendo buscas en internet sobre o tema, aparecen multitude de resultados; a maioría de ferramentas con opcións de pago se queremos utilizar todo oseu potencial, pero tamén con opciónsgratuítas con algunhasrestricións en funcionalidade.  No ámbito educativo, para presentación de proxectos, non son necesarias características avanzadas de maquetación, nin editar pequenos detalles con filtros complexos de edición gráfica; pero si que son necesarias características de exportación de ficheiros, almacenamentona nube para novostraballos, disponibilidade de plantillas personalizadas, entre outras.

 Características comúns en ferramentas online actuais son, por exemplo, o inicio de sesión  sinxelo con contas de Google ou Facebook, así que, xa non é necesario un proceso de rexistro se non queremos. Poténciasea creatividade a través do deseño gráfico intuitivo, normalmente asociado a unha gran base de datos de imaxes, moitas delas gratuítas, e ofrecendo abundantes filtros, formas e tipografías.  Os deseños son novidosos e van desde A4 ata presentacións, redes sociais, encabezados de email, pósters, cartas de restaurante, etc.   Permiten a colaboración entre compañeiros de clase traballando en modos de lectura ou escritura, equizáis o máis destacado sexa que tamén ofrecen perfís de usuario para educación, con vantaxes como materiais e unidades didácticas, documentación e propostas da súacomunidade de expertos en educación.

 Velaquíunha relación dalgunhas das máis populares ferramentas de maquetación online:

 www.canva.com

Canva é fácil de usar e completamente online, e en tres anos e medio dende o seulanzamento, xahaimáis de 10 millóns de persoas que o usan.  O produto ten tres versións con funcionalidades en aumento, que son, Canva (gratuíta), Canvaforwork (de pago),eCanva Enterprise (de pago).  A versión gratuíta é máis que suficiente para traballos en clase, e o resto para usos más profesionais no mundo da maquetación.  Á hora de partir de cero e realizar o deseñointegramente online, é a máis completa desta lista. (No proxecto Myfavouritebook, emprégase esta ferrameenta para a creación dun póster).

 https://madmagz.com

Madmagz é de orixe francés e a súa web só aparece nese idioma e en inglés. A apariencia dosseustraballos é de auténtica revista e o enfoque dosseusprodutos é algo diferente, baseado en plantillas.  Por un lado, podemos optar por una única plantilla gratuíta, ou ir comprando plantillas.  Por outro lado, existen 6 opciónsmáis  de explotación.  A gratuíta, chamada Web magazine, que permite ilimitadas revistas, pero descarga en PDF con marca de auga; ou as opcións de pago Premium, Printing, PDF, High Definition PDF, Self-Hosted Web.  Estas 6 opcións pódense mesturar dependendo das necesidades do cliente. (Exemplo de proxectoeTwinning que empregaestaferramenta: Madmagz: A magazine foryoungpeople!!).

 www.lucidpress.com

Lucidpress éunha opción chamativa, pero a versión gratuíta é moi limitada comparada coas anteriores ferramentas.  Restricións por exemplo de hosting de 3 documentos, 3 páxinas por documento, 25 MB, sencalidade PDF, nin código embebido, fan caseunha versión de proba á opción gratuíta, chamada Free.  As outrasopcións son Basic, Pro e Team, todas de pago con cota mensual, que recuperan as carencias da opción Free, eoutrasfuncións extra como o traballo en equipo.  Permite unha actualización de perfil de educación, mellorando sensiblemente a opción gratuíta.

 https://issuu.com

Issuu permite subir á nube e despois personalizar material  xadixitalizado, como documentos, libros, xornaisou revistas en PDF.  Posúe múltiples maneiras de compartir, incluída a incrustación, sendohoxeen día aferramentamáis usada en canto a revista dixital.  Os plans son Basic, Starter, Premium e Optimum.  Basic é o gratuíto e permite publicar ata 500 páxinasou 100 MB.  O resto de plans de explotación (de pago) van sumando características, como lectura en pantalla completa, eliminación de publicidade, control de estadísticas, ou colaboración entre equipos de persoas. (Exemplo de proxectoeTwinning con usodestaferramenta: ICT World-Imaging, Coding, Transforming and Simulating the World).

 www.yumpu.com

Yumpu tamén permite a creación dunha revista online, a partir dun PDF.   A opción Free émáis que axeitada con características como, número ilimitado de revistas e de páxinas, con soporte de HTML5, Flash e JavaScript.  O resto de opcións, chamadas Adfree, Webkiosk, Appkiosk, eProkiosk (todas de pago con cota mensual) con funcionalidades extras, algunhas básicas como a eliminación de publicidade, eoutrasmáis complexas como soporte para tablets, móbiles (en particular Iphones eIpads), ou administrar subscricións e pago online.  É destacable poder deseñaro teu propio kiosco dixital e navegar  por contidos publicados doutros usuarios.

 www.youblisher.com

Youblisher é obxectivamente simple e moi parecida a Yumpu e Issuu.  Faisefincapénasinxeleza de uso, que se basea en subir o PDF, xasexa de arquivoou mediante URL, e obter o Flash da revista con pase de páxinasincluído, para a súa posterior difusión.   A conta é totalmente gratuíta, incluído o aloxamentodun número ilimitado de publicacións.  

 Software tradicional de maquetación

A alternativa á nube,seguesendo o software tradicional, eso sí, con moitísimasmelloras e posibilidades impensables na opción anterior online, debido principalmente a súa concepción. Agoratrátase de traballar en profundidade, e chegar a calquera aspecto de deseño que se nos ocorra, por difícil que pareza.  Para isto, evidentemente é necesaria unha formación previa, se queremos aproveitar medianamente estas aplicacións, e que non obrigatoriamente ten que serunhaaprendizaxe longa e difícil para a obtención de bos resultados.

É certo que, dentro deste tipo de software de deseño e maquetación, dous dos máis importantes, coñecidos e utilizados desde fai bastantes años, son Adobe InDesign e QuarkXpress.  Non obstante, estes programas, aínda que profesionais, destacan por ser comerciais, oseucusto pode chegar a ser excesivo para unha revista que está empezando, sobre todo se nos encontramos ante ediciónspequenas; máisaínda para traballosde clase en educación.  Por isto, pode ser boa idea optar por software libre, con máis razón se nos pode ofrecer as mesmasfuncións de deseño e maquetación que os anteriores.  Neste sentido, un bo programa éScribus, que destaca por ser de código aberto (software libre), e por ofrecer un gran rendemento no deseño e maquetación de publicacións; ademáis está dispoñible para Windows, Mac OS X, Unix y GNU/Linux.  Outravantaxe é que está dispoñible en máis de 24 idiomas, incluído o español.

 Vexamosestas tres alternativas tan coñecidas, describindoalgunhas particularidades interesantes:

www.adobe.com/InDesign

Adobe InDesign é un indispensable se queremos dominar o deseño de revistas, libros ouxornais; actualmente adaptado tamén a calquera enfoque dixital como banners, tarxetas, ou redes sociais.  É dos programas máis potentes para deseño editorial, e permítenos prácticamente realizar calqueraproxecto que pretenda imprimirse, con recursos bastante sólidos, e con moitafacilidade.   A pega é o seucusto, xa que non é gratuíto,  sendo variadas as opcións de compra, que ademais poden ser adquiridas xunto con outrosprodutos de Adobe.  Desde faipouco, ofrécese a compra con “Creative Cloud”, que é un abono para acceder  mediante a nube, a todas as aplicacións de Adobe, e para todos os dispositivos móbiles e de escritorio, ofrecendodescontos do 65% para estudantes e profesores.  Os prezos de plansanuais por pagos mensuais varían en función se seelixesóInDesign, todas as aplicaciónsna experiencia “Creative Cloud” para un particular ou se podemos acollernos á versión educativa para esta opción.  A formación para o boaproveitamentodeste software é importante, pero o ser quizais omáiscoñecido, existe en Internet gran cantidade de titoriais gratis para aprender a usalo. 

www.quarkxpress.com

QuarkXpress foi dos primeirosen aparecer no mundo da maquetación, enfocado nun principio para o deseño editorial e a publicación de xornais, revistas, libros, etc. Pero, copaso do tempo foi evolucionando para traballarnunha gran variedade de enfoques referentes ó deseño.  O seuprezo para a versión 2016 émáis elevado que a opción anterior pero inclúe a descarga total da aplicación, conseguindo así de forma gratuíta a versión 2017.  A versión para estudantes émáis económica, con certaslimitaciónsna aplicación, pero destacable o soporte 24 horas nasúa web, así como a enorme documentación e soporte encontrados nasúa base de datos, o cal, axuda enormemente na formación online. 

 www.scribus.net

Scribus é a alternativa gratuíta e eficaz para deseñar revistas.  Trátasedun programa de maquetación, que destaca por ser de código aberto (software libre).  Ofrece un gran rendemento no deseño de publicacións, facendo posible a exportación a formato PDF cun gran abanico de opcións.  Outro punto a destacar, é a variedade de plataformas para a que está disponible a súa descarga.  Tendo en conta que as alternativas de pago e propietarias como InDesign  e QuadXPress, só están dispoñibles para Windows e Mac OS X, Scribusavantaxa en plataformas, engadindo a estas, outras como Linux, FreeBSD, PC-BSD, NetBSD, OpenBSD, Solaris, Open Indiana, Debian GNU/Hurd, OS/2 Warp 4, eComStation, e Haiku; ofrecendotaménfontes de repositorios oficiais para Ubuntu, Fedora, CentOS, RedHat, Suse, Debian ealgunhasmáis. Os  seus creadores querendeixar claro que, o usuario de Scribus ten o control dosseus datos usando software libre, e pode realizar calquera tipo de publicacións desde revistas, libros, ou “ManufacturingArtwork”, que vén a ser, o deseño de guías de instalación ou guías de usuario.  É aconsellableempregaralgunha guía de iniciación como as que proporciona a súa web wiki oficial en forma de manuais, foros, blogs, “howtos”, ou “faqs”, aínda que tamén existen bastantes manuais e titoriaisen Internet para formarnos no manexodesta aplicación.  

Software de deseño gráfico como apoioó software de maquetación

      É común utilizar software de deseño gráfico como apoioó software de maquetación.  Vexamosalgunhasopciónsdispoñibles entre as máis populares, compatibles coas anteriormente citadas.

 https://www.adobe.com/es/products/illustrator.html

Adobe illustrator é un dos máis importantes e un complemento inseparable de Adobe Photoshop, cos que podemos traballar principalmente con vectores, imaxes e texto.  Adobe illustrator pode servirnos en principio para as tarefas de deseño gráfico básicas, pero tamén podemos desenvolver proxectos de deseño editorial, en caso de que non saibamos utilizar Adobe InDesignou algún outro.  Aínda que poida parecer un pouco complicado, é un software de deseño gráfico, fácil de aprender e dominar.   Como o resto de produtos de Adobe “Creative Cloud”, non é gratis aínda que mantén os descontos para educación.  

 www.coreldraw.com/

 Corel Draw éoutro programa de deseño gráfico, para traballar con vectores parecido a Adobe illustrator, aínda quemáissinxelo e amigable.  Corel, ó igual que Adobe, tenunha serie de programas alternativos con funcións interesantes. Por exemplo, Corel PhotoPaint éunha versión un pouco menos profesional que Adobe Photoshop, aínda que serve para o mesmo, e así sucesivamente.  A vantaxe de Corel Draw, é que é dos programas de deseño gráfico más fáciles de aprender a usar.  É software propietario e non é gratis, aínda que algo máis económico que Adobe e descontona versión para estudantes, chamada CorelDraw Home &Student Suite X8.

 https://www.gimp.org

Gimp é ideal para deseño gráfico e tratamento de imaxes, e desde a súa web  intégranoxunto a Scribus eoutros programas no que eles denominan “Desktop Publishing Workflow”, que vén a ser unha suite de software libre para publicaciónsdixitais.  Gimp éunha aplicación ómáis puro estilo Adobe Photoshop, utilizado polos deseñadores para o tratamento de fotografías dixitais e de imaxes escaneadas.  De novo, como Scribus, é software libre, e multi plataforma.  Mentres que as opcións de pago anteriores como Corel Draw e Adobe illustrator están dispoñibles para descarga en Windows e Mac OS X, taménGimp o está ademais, para Linux.  Desde a súa web, podemos acceder a unha excelente documentación e titoriais, nunha gran cantidade de idiomas, en parte grazas á súa condición de software libre e a colaboración de desenvolvedores e usuarios.  En definitiva, trátase do complemento ideal para Scribus, e sorprende polasúafacilidade de uso, sendoademaisunhaferramenta realmente potente, de alta funcionalidade, ideal tamén para o deseño gráfico profesional.  

 Resumo da comparativa

Se hai que elixir entre as opcións online, unha óptima en educación, para ser usada por profesores e alumnos, tanto en clase como en proxectos do centro, e ademais, considerando tamén o aspecto económico efuncionalidade, amiña opción é Canvas.  Realmente, tanto Canvas como Madmagz, ouLucidpress, son ferramentascapaces de xerar documentos PDF a partir do traballo de maquetación, desde cero.  O resto de alternativas mencionadas, Issuu, Yumpu e Youblisher, só ten a capacidade de xerar a revista dixital, a partir dun PDF subido polo usuario, e por tanto, son máis específicas nasúa función, e limitan oproceso creativo, se de maquetación estamos falando.  Por tanto, Canvas gaña, poisa súa versión gratuíta é apta para usos educativos, con características e funcionsmáis que aceptables para este propósito, e por tanto, máisvantaxosa que o resto de alternativas.

Entre as alternativas de software tradicional, claramente decántome por Scribus para maquetación, e oseu complemento de deseño gráfico, Gimp.  As razóns son as mesmas que para as opcións online, é dicir, son gratis, e funcionais no ámbito educativo.  Se a isto, lleengadimos o carácter altruísta do software libre, con todas as súas bondades e beneficios, xa non só a nivel particular, senón para instituciónsoupara centros escolares, entónqueda clara a aposta, Scribus eGimp.

Finalmente, se a elección é entre software online e tradicional, istovai  depender e moito das condicións de cada caso.  Escolas con problemas de conectividade a Internet, ouescaso ancho de banda,  terían que decantarse por software tradicional, namiña aposta, Scribus eGimp.  Os argumentos son varios, en primeiro lugar, son aplicaciónsmulti plataforma, sabendo que nun centro educativo existen moitos ordenadores con diferentes sistemas operativos.  En segundo lugar, é software libre, que ademais do compoñente ético, é gratis e beneficia ás arcas do centro escolar.  Por último, tanto Scribus como Gimp son opcións casi ou tan profesionais como as de pago, tanto en funcionalidade e resultados, como en soporte e documentación.  Está claro que en ámbitos máisprofesionais, poden botarse en falta algunhas características e funcionalidades, que ferramentas propietarias como Adobe illustratorououtras, teñendesenvoltasou con opciónsmáis avanzadas.  Pero, en ámbitos educativos, Scribus e Gimp son opciónsmoi dignas, e namaioría dos casos, non se vai explotar todo o seu potencial.

En caso de non ser  a conexión a Internet un problema, as ferramentas online son unha gran aposta, se as tarefas son actividades de clase, e proxectos non demasiado complexos, sendo así namaioría de casos.  Como xadixen, Canva éunha boa elección, por razóns de prezo eeficiencia.  Ofrece beneficios xa desde a súa versión gratuíta, suficientes para traballar durante todo o curso con traballos de alumnos, ou incluso de profesores, como publicacións escolares.

Sendo realista, o máis práctico é combinar ferramentas online con tradicionais, dependendo das circunstancias e o entorno de cada centro educativo, tales como, a etapa educativa do alumnado, equipamento informático, redes e comunicacións, etc.  Se a nosa meta como profesores é promover a creatividade entre os nosos alumnos con este tipo de prácticas, ou simplemente obterbos resultados en proxectosde centro, taménhai que ser creativo.  Maquetar é inventar, longa vida a Canvas + Scribus + Gimp.

Francis Alés, IES Leopoldo Queipo (Melilla).

 

Fonte da imaxe de cabeceira: GerdAltman (https://pixabay.com/photo-2007353/)

Embaixadores Ferramentas TIC Recomendacións
content-image.php

Uso de mapas mentais para estruturar a información

Uso de mapas mentais para estruturar a información

Un mapa mental é un diagrama que se usa para representar as palabras, ideas, tarefas e debuxos ou outros conceptos ligados e dispostos radialmente arredor dunha palabra clave ou dunha idea central. Os mapas mentais son un método moi eficaz para extraer e memorizar información e son unha forma lóxica e creativa de tomar notas e expresar ideas que consiste, literalmente, en cartografar as súas reflexións sobre un tema. (fonte: Wikipedia).

Esta forma de pensar axuda a estruturar a información, permitindo que se poida analizar correctamente a información e se sintetice en caso de ser necesario. Tamén é unha excelente forma de resumir e xerar novas ideas durante a xestación dun proxecto eTwining.

Realizar mapas mentais permite que o noso cerebro se involucre na planificación, aproveitando as habilidades cognitivas dos nosos alumnos.

Seleccionamos algunhas ferramentas que vos poden axudar a xestionar o voso proxecto, para usar cos vosos socios ou cos vosos alumnos.

Freemind

É unha ferramenta sinxela para crear mapas mentais, ademais é completamente gratuíta. Por outro lado, FreeMind pódese usar completamente sen utilizar o rato.

Un dos beneficios máis grandes do uso de FreeMind é que nos permite facer moitos retoques, por exemplo, podemos usar etiquetas de cores para situar determinados nodos nos mapas, usar tamén códigos de cores para agrupar ideas que son similares, etc. Tamén podemos exportar os mapas en diferentes formatos.

 

freemind_mapas_mentales_2015

Fonte da imaxe:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.qdvsoftworks.schematicmind

Buubl.us

Ferramenta que nos permite realizar esquemas ou mapas conceptuais dunha forma sinxela e atractiva, tamén poden ser despois exportados en HTML ou XML para logo incrustalo no noso TwinSpace. Ten unha versión gratuíta que che permite realizar ata 3 mapas mentais.

 

bubbl.us_mapasmentales_2015

Fonte da imaxe:

https://mrsmichalsky.wordpress.com/2011/05/20/bubbl-us/

Freeplane

Está definida como unha ferramenta para facer mapas mentais, pero tamén para realizar brainstorming ou chuvia de ideas.

En Freeplane podemos tomar notas que toman o aspecto de Post Its e que se agregan aos nodos, podemos organizar ideas en diferentes xerarquías, clasificar nodos a través de atributos en forma de metadatos e aplicar diferentes estilos para que o mapa teña un aspecto máis agradable visualmente.

 

Freeplane_mindmap_2015

Fonte da imaxe:

http://sourceforge.net/projects/freeplane/

MindMeister

Ferramenta que se caracteriza pola súa sinxeleza. Pódense sumar novos nodos para facelo cada vez máis completo, podemos modificar o tamaño da fonte e engadir algunhas cores, pero algunhas destas funcións só están activas na versión de pagamento.

Pode ser unha gran ferramenta para os proxectos eTwinning, xa que permite usala de forma colaborativa. Permite revisar as antigas versións do mapa e compartilo cos vosos socios.

 

mindmeister_mindmap_2015

Fonte da imaxe:http://www.mindmeister.com/blog/2014/01/09/meet-the-all-new-mindmeister/

Mind42

Ferramenta web que pode ser usada de forma colaborativa á hora de realizar os mapas mentais.

É unha ferramenta que ten a gran vantaxe de non ofrecer limitacións á hora de crear mapas mentais, pero ao ser unha versión gratuíta teremos que ver a publicidade que nos aparece mentres realizamos os mapas.

Conta coa vantaxe de exportar os mapas a outras ferramentas como Freemind.

 

mind42_mindmap_2015

Fonte da imaxe: http://mind42.com/public/fc08512e-737e-4116-8b86-71f2fec61d11

Recompilamos algúns usos que lles podes dar a estas ferramentas na vida do teu proxecto eTwinning:

Brainstorming. Pregúntalles aos teus alumnos que queren facer no seu proxecto eTwinning e realiza un mapa con estas ideas para ao final elixir cales se poden implementar e finalmente recoller que ideas se levaron a cabo.

Recompilación de actividades. Cos teus socios podes xerar unha árbore de ideas para ir recompilando as actividades que ides desenvolver, é unha forma clara de expoñelas.

Temporalización. Podemos usalo para facer unha cronoloxía das actividades e presentárllelo aos nosos alumnos.

Para traballar cos alumnos. Eles son os protagonistas do proxecto e polo tanto poden crear e sintetizar a información. Poden crear mapas mentais nalgunha actividade do proxecto, despois pódese incrustar no TwinSpace.

Para realizar difusión dos resultados. Cun mapa mental vese de forma sinxela e clara, o antes, o durante e o despois dun proxecto eTwinning.

Para presentar os resultados da avaliación. Á comunidade docente, ao equipo directivo e aos pais dos nosos alumnos gústalles estar informados, podes presentar estes resultados cun mapa mental ou esquema para que poidan velo dunha forma máis sinxela.

Hai moitas máis opcións que podemos usar como Map Myself, que permite inserir imaxes e ten un deseño moi atractivo, outras como Semantik, Wise Mapping, Laberynth, Vym, Mindomo, LucidChart, Coogle, Popplet, etc; como vedes as opcións son variadas e numerosas, depende das nosas necesidades elixir unha ferramenta ou outra, pero o que seguro imos conseguir usando este tipo de ferramentas é que os nosos alumnos teñan unha visión en conxunto do que van traballar e que eles poidan á súa vez analizar e sintetizar a información.

Desde o SNA eTwinning animámoste a que utilices estas ferramentas e se tes máis ideas de como usalas na clase podes facer un comentario debaixo deste artigo.

 

Ferramentas TIC
content-image.php

Dálle a volta á túa clase con eTwinning

Dálle a volta á túa clase con eTwinning

Hai unhas semanas celebrouse en Madrid o V Encontro eTwinning de Profesores en Castelán: Proxecta eTwinning. Entre todos os relatorios e obradoiros que se levaron a cabo, tivo lugar un que, polo crecemento e a importancia que está a ter esta metodoloxía, queremos destacar. Trátase do obradoiro impartido por Inmaculada Contreras, “Flipped Classroom. Aprender dándolle a volta á clase”. Cada vez está máis presente o desexo de transformación do sistema educativo; a súa posta en marcha é unha necesidade que cada curso escolar se fai máis patente. Somos conscientes da importancia dun modelo de ensino-aprendizaxe centrado nas actividades que realiza o alumnado e non na memorización dunha longa listaxe de determinados contidos. Esta demanda tivo a súa resposta en novas metodoloxías (ou non tan novas?) cos seguintes puntos en común:

  • Diminución considerable do número de clases expositivas. Isto supón un cambio no rol tanto do profesorado coma do alumnado. Neste sentido, o profesorado deixa de ser un mero transmisor de coñecementos e pasa a ser un facilitador no proceso de aprendizaxe do seu alumnado. Pola súa banda, o alumnado deixa de ser un receptor pasivo e pasa a ser protagonista da súa propia aprendizaxe, desenvolvendo, deste modo, un papel moito máis activo.
  • Realización por parte do alumnado de actividades ou proxectos nos que teñan que aplicar o que aprenderon previamente. Esta relación entre os contidos que se ven na clase e o día a día do alumnado pode espertar a súa curiosidade, estimulando deste modo as súas ganas de aprender. Sabemos que o ideal é que o alumnado non estude para aprobar, senón para aprender e aplicar o que aprendeu.
  • Estreitamente relacionado co punto anterior, está a flexibilidade na aprendizaxe centrada no contexto. O alumnado aprende mediante a práctica, deixando nun segundo plano a memorización de grandes bloques de contidos.
  • Fomento, por un lado, da aprendizaxe autónoma do alumnado; por outro lado, da colaboración. O traballo en equipo facilita esta aprendizaxe entre iguais, pero hai que ter en conta que este proceso ten que estar sempre guiado polo profesorado.
  • O uso de ferramentas TIC vólvese imprescindible, aínda que hai que lembrar que o uso das TIC non supón ningunha mellora se non vai acompañado dun cambio metodolóxico.

Son moitas as metodoloxías que cumpren estes puntos (Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Flipped Classroom, Aprendizaxe con Dispositivos Móbiles, e-Learning…), chegando en moitos casos a complementarse unhas con outras. Pero entón, que caracteriza o “flipped learning” do resto de metodoloxías? Que o fai único e especial? Son moitos os espazos, blogs e páxinas especializadas sobre flipped classroom. A finalidade deste artigo non é repetir o mesmo que podemos atopar nestes espazos, senón dar unhas pinceladas moi xerais e espertar a curiosidade, tal e como fixo Inmaculada Contreras na hora e media que durou o seu obradoiro, dos que aínda non saiban que é isto do “flipped learning”, “flipped classroom” ou “clase invertida”. Basicamente, e tal como explicaba esta docente de Plástica, trátase de facer o que se fai normalmente na casa na clase, e o que se fai na clase, facelo na casa. É dicir, ver a teoría na casa e afianzar os coñecementos na clase: a clase maxistral do docente pasa a verse na casa en forma de vídeo ou outro formato; na clase acláranse as dúbidas que puideran xurdir e empézase a traballar en actividades concretas.

 

flipped_classroom_2

As vantaxes desta metodoloxía son practicamente as que se sinalaron arriba: trátase dunha metodoloxía flexible, personalizada e adaptada ao contexto e ás necesidades de cada alumno e alumna. Por outro lado, ao ter a teoría en formato audiovisual, o alumnado pode acceder a ela sempre que queira, parar o vídeo as veces que considere oportuno, tomar notas, volver ver determinadas secuencias o número de veces que necesite, etc.

Pero como todas as metodoloxías, o “flipped learning” ten algúns puntos frouxos. O maior risco desta forma de dar clase é a exclusión do alumnado con menos medios. Temos que ser conscientes de que isto pode pasar e, en consecuencia, poñer os remedios correspondentes para evitarmos esta exclusión: se o alumnado non ten Internet, haberá que ofrecerlle o material nunha memoria externa; se non ten ordenador, facilitarlle un horario no centro escolar para que poida ver os contidos. Outro problema que nos pode xurdir é que haxa alumnos e alumnas que non cheguen a afacerse a esta forma de dar clase, ou familias que non apoien esta metodoloxía. Hai que estar preparados para estes posibles rexeitamentos.

Durante o seu obradoiro, Inmaculada Contreras tamén sinalou unha serie de recomendacións para lle “dar a volta á clase”.  Estes son algúns dos consellos:

  • En primeiro lugar, non pretender un cambio metodolóxico radical. Empezar paseniñamente, seleccionando só algúns grupos, algunhas materias e algunhas clases determinadas.
  • En canto ás producións e os materiais con contidos teóricos:
    • Non nos centrar só no vídeo. Este será a principal forma de mostrar a teoría, pero é conveniente utilizar outros elementos e adaptalos ás TIC (documentos PDF interactivos, por exemplo).
    • Non nos obsesionar coas producións audiovisuais que realicemos. Temos que ser conscientes de que non somos produtores audiovisuais e, polo tanto, non se espera unha calidade profesional nos materiais que creemos.
    • Aproveitar, por un lado, os recursos que se poden atopar na rede. Por outro lado, crear tamén contidos axeitados á nosa forma de dar clase. Pero se temos ao noso dispor multitude de vídeos e recursos que xa están feitos cos contidos que queremos traballar, por que molestarnos en facer uns novos? Tal e como indican Jon Bergmann e Aaron Sams (creadores do flipped learning) neste vídeo, ti como docente tes unha relación cos teus estudantes que ninguén máis ten, e iso non o vas atopar en ningún dos recursos de Internet. Se fas os teus propios contidos, poderás incorporar eses aspectos particulares e crear producións adecuadas á vosa forma de dar clase.
  • Outro aspecto moi importante é difundir o que se fai na aula e compartilo a través, por exemplo, das redes sociais.

 

claqueta

Para rematar, ensinounos as seguintes ferramentas TIC para traballar na aula: para realizar cuestionarios interactivos Kahoot; para crear e almacenar historias e cronoloxías a partir de contidos de redes sociais como Twitter ou Facebook, entre outras Strorify; para a creación de contidos Pinterest; e para crear infografías Piktochart.

Á parte destas ferramentas, aquí propoñemos outras que nos poden ser moi útiles á hora de lle “darmos a volta á nosa clase”: Symbaloo, para organizar os nosos recursos e crear paneis cos enlaces ás páxinas, vídeos e ferramentas que vaiamos utilizar nas nosas sesións de flipped learning; e para a creación de titoriais Screencast-o-matic; ou se o que queremos é crear e editar presentacións interactivas que permitan, entre outras cousas, realizarlle preguntas ao noso alumnado a medida que vaian vendo o vídeo, podemos utilizar Officemix (extensión gratuíta de power point) e EdPuzzle.

Tal e como se veu comentando ao longo deste artigo, unha característica destacable do flipped learning é a considerable redución da memorización de contidos a prol de actividades máis próximas e centradas no ámbito do alumnado. Deste modo, o tempo de traballo na aula optimízase e dedícase na maior parte a aspectos prácticos. Neste contexto, os proxectos eTwinning poden ser unha boa forma de iniciarse no flipped learning. Deixa a parte expositiva para a casa e traballa na aula nos teus proxectos eTwinning. Anímate a darlle a volta á túa clase con eTwinning!   Fonte das imaxes: Banco de imaxes INTEF. Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 3.0 Unported Pixabay. CC0 Public Domain.

 

 

Ferramentas TIC