Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics) é unha metodoloxía que combina as seguintes disciplinas: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas para que o noso alumnado aprenda de forma práctica e experiencial. A través de STEAM, os nenos e nenas son capaces de enfrontarse ós problemas formulados de maneira real, ademais de desenvolver outras habilidades como o traballo en equipo ou a capacidade de análise.

Traballando desta maneira preténdese que o alumnado afronte un problema tal e como se dun enxeñeiro se tratase, poñendo en práctica os seus coñecementos. Ademais, búscase o proceso contrario: que o tratamento de situacións reais permita o estudo e aprendizaxe dos contidos das diversas materias científicas, dunha maneira moito máis motivadora. Desta forma, a retención das aprendizaxes é máis prolongada no tempo, así como a capacidade de transferilos dunhas situacións a outras. En definitiva, a aprendizaxe por competencias básicas realízase dunha maneira moito máis efectiva.

Metodoloxía:

Obxectivos xerais

Os  obxectivos xerais que se buscan ó participar neste tipo de proxectos son:

  • Promover o ensino/aprendizaxe da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería, as Matemáticas e a Arte de forma integrada, en lugar de como áreas compartimentadas de coñecemento.
  • Desenvolver metodoloxías activas como a aprendizaxe baseado en problemas e retos ou a aprendizaxe baseada en servizo, así como o de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) desde os diferentes temas implicados en STEAM.
  • Deseñar actividades que fomenten no alumnado a curiosidade, o gusto pola experimentación e o desenvolvento práctico e o interese polos temas científicos e tecnolóxicos.
  • Promover a divulgación científica, tecnolóxica e artística mediante a produción de materiais con contidos que esperten o interese de toda a comunidade educativa.
  • Deseñar actividades específicas dirixidas ó alumnado feminino para mellorar a súa percepción das carreiras científicas e de enxeñería.
  • Promover o traballo en equipo e a cooperación na contorna STEAM como un dos pilares básicos e comprometerse, individual e colectivamente, a realizar o traballo de forma axeitada.
  • Desenvolver as competencias STEAM dentro do currículo docente.
  • Contribuír ó logro das competencias básicas do alumnado mediante a implantación de experiencias de aprendizaxe baseadas na metodoloxía de investigación da súa práctica pedagóxica.
  • Mellorar o pensamento crítico, a concienciación e a integración na competencia STEAM.
  • Romper os estereotipos de xénero sobre as carreiras STEAM empregando ferramentas e estratexias libres de xénero.
  • Usar a tecnoloxía como un elemento facilitador, para producir unha aprendizaxe de calidade, incrementando a confianza e competencia dos alumnos na mesma.

Competencias:

O desenvolvemento de competencias STEAM comprende:

  • O uso de metodoloxías activas.
  • A alfabetización científica para o alumnado en todas as etapas escolares.
  • O uso do método científico co alumnado como ferramenta de reflexión.
  • A transmisión de valores de sostibilidade e obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • O desenvolvemento da capacidade analítica para crear e impulsar novas solucións a problemas reais.
  • O desenvolvento da creatividade.
  • A contextualización da docencia STEM e construción de proxectos STEAM en torno a problemas reais que deben ser resoltos, enfocando as disciplinas STEM en relación cos retos sociais.
  • A integración da arte e o deseño no ensino/aprendizaxe, como elementos clave na innovación.

Grupos destacados:

Actualmente estamos de cambio de plataforma dixital, xa que, como é sabido, eTwinning e School Education Gateway fusionárons e na nova European School Education Platform onde ó longo deste ano 2022 serán volcados os Grupos eTwinning xa existentes. Na plataforma eTwinning Live se se escribía no buscador a palabra “STEAM” ou “STEM”, saían moitos grupos relacionados, pero os dous que vos presentamos a continuación (na Plataforma Europea de Educación Escolar, serán migrados en breve co mesmo nome, aínda que posiblemente cambie o seu hipervínculo) son os seguidos por máis membros de eTwinning debido ó  seu dinamismo e calidade:

-STEAM: deseña o futuro da ciencia con eTwinning: https://groups.etwinning.net/157944 Grupo en castelán con máis de 17.000 membros, moderado polo embaixador Abel Carenas e creado como punto de encontro entre docentes de todas as etapas educativas que se traballan en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e  Matemática a través de eTwinning. Os seus obxectivos principais con respecto a STEAM son: dar a coñecer boas prácticas, colaboración docentes, coñecemento de proxectos multidisciplinares, fomento de creatividade,así como difusión de actividades e eventos externos e dos membros do grupo.

-STEM: https://groups.etwinning.net/7619. Grupo en inglés formado por máis de 10.000 participantes, coordinado polo embaixador Rafael Montero onde se pretende que sexa un lugar de encontro entre docentes de todos os niveis para tratar e compartir cos demais docentes temas relacionados coas Nanotecnoloxías, TIC, Astronomía, Aprendizaxe Baseada na Indagación (Inquiry Based Learning, IBL) e intelixencias múltiples, ademais de promover as vocacións científicas, traballo colaborativo e Feiras Científicas.

 Algúns exemplos de proxectos eTwinning nos que se traballou con esta metodoloxía e alcanzáronse exitosos resultados son os seguintes:

Educación Infantil

 

Educación Primaria

 

Educación Secundaria

 

Formación Profesional

 

MOOCs/Cursos:

 

Exemplos de boas prácticas en centros:

Ademais, eTwinning ofrece diferentes kits para facilitar o desenvolvemento dos nosos proxectos. Un deles, relacionado coa metodoloxía STEAM, é o seguinte:

De STEM a STEAM

https://www.etwinning.net/es/pub/get-inspired/kits/kit.cfm?id=1322

 

Proxecto STEAM en centros educativos

Nalgúns centros educativos intégrase o proxecto STEAM no Plan Anual de Centro cos obxectivos  principais de mellorar a experiencia da aprendizaxe científico-tecnolóxica do alumnado, mellorar a perspectiva do STEAM e a interdisciplinariedade e aumentar o número de vocacións neste ámbito. Un exemplo de implementar o plan STEAM na escola ou instituto son as Ferias da Ciencia nas que se pode participar a nivel local ou provincial. O IES Etxebarri BHI realiza unha Feira da Ciencia (“Zientzia Azoka”) desde o 2021. Neste ano o tema central da exposición fue o Covid19, onde se presentaba a enfermidade polo alumnado de 3º ESO (nivel no que se imparten todas as materias STEAM) a todo o instituto desde a perspectiva de Bioloxía (estudo de enfermidades víricas, vacinas, científicos e científicas) , Física e Química (materiais para as EPIs), Tecnoloxía (creación de pantallas protectoras e dispensadores de hidroxel con impresora 3D), TIC (programación e deseño), Matemáticas (estatísticas sobre a pandemia) e Arte (realización de maquetas e paneis informativos). Vídeo onde se pode ver a Feira (STEAM-AZOKA): https://www.youtube.com/watch?v=RwtrqBZW60E

 

Durante o curso 2021-22 seguiuse co proxecto, sendo neste caso o Cambio Climático o eixe central para tratar nas diferentes materias STEAM. Tanto en Física-Química como en Bioloxía realizaron maquetas e póster explicativos axudados polas Matemáticas para as estatísticas e, de Artes Plásticas para adecuar ditas maquetas. En Tecnoloxía e Informática programouse a impresora 3D para a construción de aeroxeradores e circuítos pechados. Un resumo do realizado pódese ver no seguinte vídeo: https://youtu.be/qQAI73AL210

 

Recursos de interese:

 

Conclusión:

O principal obxectivo da práctica STEAM non é outro que traballar para o cambio metodolóxico, baseándonos nun proceso de aprendizaxe  no que destaca a participación activa do alumnado, realizando actividades manipulativas e experimentais, de maneira que se integren, de forma interdisciplinar, as diferentes materias.

O alumnado é o verdadeiro protagonista do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, e o encargado de construír o seu propio coñecemento a través da resolución de problemas, para o cal é fundamental a formulación de preguntas, a análise, a investigación, o rastrexo, a estimación e a chegada a unha conclusión final.

É importante partir de problemas cercanos ó alumnado, á súa contorna, vinculados á súa idade e ás súas necesidades reais, para conseguir estimulalos dunha maneira natural e chegar a unha implicación máxima nos mesmos.

Desta maneira conseguiremos espertar no alumnado o interese pola investigación e polo descubrimento, desenvolvendo áreas de coñecementos e capacidades necesarias para a revolución dixital do presente século.

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Embaixadores
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *