Inclusion through Cultural Education

Inclusion through Cultural Education

Múnich acolleu durante tres días, do 4 ó 6 de maio de 2017, o Evento de formación eTwinning Inclusionthrough Cultural Education (Educación cultural: un achegamento para a inclusión educativa).

Na sesión de presentación das xornadas, a sala lucía repleta con máis de 130 docentes de educación secundaria procedentes de máis de 25 países europeos, expectantes por descubrir e experimentar a Educación Cultural a través de 20 talleres, así como diversas presentacións de colexios e administracións educativas alemás que xa traballan desde a perspectiva da creatividade na aula.

A xornada inaugural iniciouse coa benvida da representante do StaatsinstitutfürSchulqualitätundBildungsforschung (Insitituto Nacional de Calidade e Investigación Educativa), Martin Finkenberger (Servizo de Intercambio Educativo, Bonn) e Rute Baptista (Servizo Central de Apoio de eTwinning, Bruselas).

A continuación, e como introdución ós diferentes talleres, Dr. Michael Wimmer (EDUCULT, Instituto para a Política e Xestión Cultural en Viena), presentou e explicou o significado do concepto de Educación Cultural, partindo da reflexión sobre cales son os pilares da educación: “Aprender a saber, a facer, a ser e a vivir xuntos”. E para isto hai que planificar qué se aprende, cómo se aprende e ónde se aprende. E é aquí onde aparece o termo de Educación Cultural, no sentido de ser unha nova perspectiva n proceso de ensino-aprendizaxe que non se limita exclusivamente ás materias artísticas do currículo, dado que todas as materias contribúen a potenciar a imaxinación, as relacións persoais, a satisfacción persoal, o traballo cooperativo e baseado en proxectos e outras aptitudes e habilidades que contribúen ó desenvolvemento emocional e social do alumnado.

A aprendizaxe é un proceso creativo: o que aprendemos está en relación directa con cómo e ónde o facemos e baixo qué circunstancias. Por isto, a creatividade é un principio interdisciplinar  na educación e non debe limitarse a materias específicas, sacando  á luz os potenciais de cada individuo, a conexión entre cerebro, corazón e man (pensamos-sentimos-creamos).

A Educación Cultural inclúe a conciencia de herencia local, nacional e europea e do noso lugar neste mundo así como as habilidades culturais que teñen que ver con facer, con crear, con apreciar e expresar.

Porque a Educación Cultural contribúe a coñecerte e a que poidas expresarte, porque a cultura es un fenómeno que emancipa ás personas e a través da creatividade conseguimos conectar o cerebro co corazón e coas mans (pensamos-sentimos-creamos).

Porque só así é posible aspirar á utopía de transformación da realidade tan complexa que vivimos desde o punto de vista socioeconómico, político e cultural;  para que así  todos e todas poidamos aspirar a construír unha sociedade máis igualitaria, máis pacífica e por ende, inclusiva.

Na segunda xornada do evento,  Marcus Kauer e LorreenFajgel  explicaron a experiencia de transformación do seu instituto ata convertilo nun centro inclusivo a través da música, do baile, a literatura, o cine e a arte. Na súa ponencia “Cultural Education- a wholeschoolapproach”, insistiron na necesidade de buscar tempos e espazos nos colexios e institutos para desenvolver un currículo baseado en experiencias artísticas (cancións, bailes, teatro, etc).

A continuación, presentamos os talleres nos que participamos os seis componentes da delegación española, formada por Noelia (Melilla), José Antonio (Badajoz), Luz (León), Isidoro (Murcia) e Aurea (Navarra), xunto con Mirian (Servizo Nacional Apoio eTwinning España).

TALLERES

 Papertheater. Johannes Volkmann

 A comunicación é cousa, polo menos, de dous, e atopar as palabras axeitadas non sempre é tarefa doada, de aí que sexa de vital importancia crear algún tipo de relación ou vínculo coa  audiencia ou, no noso caso, cos nosos alumnos/as.

 Se un fai algo e o público non sabe realmente de que se trata, xa se está creando esa conexión porque o espectador se mantén atento. O taller de Johannes amosa como captar esa atención, como, con simples técnicas teatrais onde o papel é o protagonista, podemos activar a curiosidade de quen nos está observando.

 Por outra parte, Johannes presenta o seu novo proxecto, TheConference of Children, a través do cal quere promover a cidadanía activa incorporando técnicas de expresión artística.

 

 How to shoot videos. Wolfgang Sterker/ Olaf Monch

 Taller impartido polos profesores Wolfgang Sterker, profesor de arte e  Olaf Mönch, profesor de español, teatro, alemán e estudos relixiosos.

 Actividade de carácter eminentemente técnico, onde se analizan aspectos como o enfoque, o encuadre, a perspectiva, a posición ou o movemento do suxeito ou a cámara. Tamén se dan algunhas pautas sobre tipos de corte e montaxe como o salto ou a montaxe paralela.

 Tras unha breve introdución teórica e a mostra de exemplos de vídeos, pásase á gravación de breves historias.

 

 Dynamics of Comedy. MickBarnfather

 MickBarnfather, actor e profesor, explica como a través de xogos e da expresión teatral podemos facer que os nosos alumnos/as se involucren nas actividades.

 O xogo é instintivo, divertido e non dá pé a pensar no erro de forma seria. Cando xogamos, disfrutamos, e cando o pasamos ben, temos presenza, somos importantes.

 Da mesma maneira, a través do xogo ou do teatro podemos crear un vínculo coa audiencia, o cal é máis importante que a interpretación en sí mesma.

 Estamos programados para facer todo ben desde que somos pequenos, pero este contexto permite que a xente cometa erros. Podemos pedir que a nosa audiencia faga cousas imposibles e provocar o riso nun intento de dar a volta a un hábito de toda a vida: creamos historias para facer a vida menos aburrida, e cando esaxeramos as cousas resultan máis divertidas. Así, o humor  convírtese nunha poderosa ferramenta de comunicación. O humor transmite confianza, produce relaxación e pracer e axuda a descubrir quen somos.

 

 Language and music – Creativecompositions

 Dr. MatthiesAndresen, educador e compositor musical utiliza recursos de todo tipo  para crear composicións musicais sen necesidade de coñecer as notas musicais dunha partitura.   Na primeira parte do taller úsanse nomes, saúdos e xestos para crear unha pequena actuación. Desta forma é fácil que cada un poida participar na creación da composición sen saber a linguaxe musical tradicional.

 Na segunda parte do taller analízanse as onomatopeias dos cómics, sons que todos entenden, non importa a procedencia, e as súas diferenzas entre diferentes idiomas.

 Con estes sons dos cómics os profesores crean e representan unha composición musical que narra unha historia sen palabras pero con sons universais. O noso labor é atopar a mellor forma de expresarse e en moitas ocasións a inspiración pode vir da música ou sons evocadores.

 Creamos a banda sonora do evento eTwinning a través dunha composición de onomatopeias e sons imposibles que representamos como actores e actrices de dobraxe, no taller “Linguaxe e música: composicións creativas”.

 

 Project ideas for the foreign language classroom. Jana Tokaryk

 A  proposta de Jana Tokaryk para este evento céntrase en contar historias coñecidas para acercalas ás realidades dos alumnos/as. Este enfoque permite profundizar na comunicación nunha segunda lingua, intercambiar ideas entre centros de diferentes países e ampliar as habilidades interculturais, integrar diferentes materias e apoiar a alfabetización.

 Pasos:

 Descrición das etapas dun proxecto modelo, que require un uso  extensivo de ferramentas TIC para a comunicación (entre alumnos/as e entre estes e os profesores/as),  toma de decisións de modo colaborativo (compartir ideas, realizar votacións, facer comentarios) e tamén  á hora de plasmalos nun produto final (vídeo a través de SlowMotion, comic, etcétera).

 Faise un repaso a ferramentas útiles para a realización de proxectos desta tipoloxía, aspecto no que tamén se centran as preguntas posteriores dos participantes.

 

 Stop Motion. Sonja Di Vetta

 Sonja Di Vetta traballa os recursos multimedia en proxectos educativos con nenos e adolescentes . No taller de Stop Motion  explórase a  técnica de animación Stop Motion,  que consiste en aparentar o movimento de obxectos  por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. A técnica Stop Motion ofrece unha forma creativa para contar  historias, expresarse e presentar material .

 No taller mostrouse o uso desta técnica dunha forma moi sinxela coa aplicación gratuíta Stop Motion Studio. Unha vez descargada a aplicación e coa única ferramenta dun smartphone ou tablet (IOS ou android) foi moi sinxelo crear un pequeno clip de vídeo con esta técnica. 

 Estou seguro que en canto os alumnos coñezan as posibilidades  desta aplicación  fácilmente poderán producir o seu propio clip Stop Motion e dar rienda solta a súa creatividade.

 

 Moving school!Physical activities and gamesfor everyday school life. Kirstin Porsche

 Kirstin, profesora de arte e teatro, fainos unha proposta moi activa que combina actividade física e xogo con interacción continua entre os participantes, coas seguintes características:

 Actividades de carácter lúdico, que permiten que nos relacionemos dun xeito diferente, despreocupado, liberándonos das tensións e problemas que poden afectar ó noso  estado de ánimo e aprendizaxe.

 Ambiente  centrado no xogo que facilita a liberación da noso imaxinación, posto que as actividades mecánicas van seguidas doutras onde os participantes han de deseñar as súas, o que fomenta a creatividade.

 Aprendizaxe de contidos diversos, como na área de linguas estranxeiras, ó asociar palabras ou expresións a movementos nun contexto de máxima concentración no xogo, facilitando a súa adquisición. Isto añádese ós beneficios propios de mellorar a condición física e a expresión corporal.

 

 Rhythm and groove – body percussion in movement. Sabine Schneider

 Como o corpo é o noso mellor instrumento, foi xenial sentir boas sensacións utilizando o corpo a modo de instrumento de percusión no taller “Ritmo e sensacións, percusión corporal en movemento”.

 

 Creativity in the Classroom. ArjanaBlazic

 Cales son os asasinos da creatividade? O fracaso, afrontar riscos, as críticas, o cambio, falta de confianza, autocrítica…

 A creatividade é unha destreza e pode ensinarse e temos que proporcionar ós alumnos/as situacións nas que teñan a oportunidade de correr riscos e expresar as súas ideas de forma libre. Arjana propón unha serie de actividades e ferramentas dixitais con este obxecto que, seguro, non pasarán desapercibidas entre os nosos alumnos/as.

 

 Apps and music. Nikolaus Graf

 Este profesor é músico, produtor e compositor electrónico profesional que, a través de múltiples aplicacións de descarga gratuíta tanto para profesores como alumnos (EasyBeats, Synthmaster, DrumPads 24), fíxonos crear unha orquestra e compuxemos a nosa propia peza que el gravou e fíxolle os arreglos pertinentes. Así tamén nos introduciu nos entresijos da edición, que xa necesita de aplicacións de pago e dun maior coñecemento de informática e de música en xeral.

eTwinning é unha metodoloxía e ferramenta, a través da cal podemos potenciar as habilidades creativas do noso alumnado porque invita á reflexión e admite o uso das novas tecnoloxías. É unha ventá ó mundo que ofrece apertura, oportunidades e riqueza. É unha ferramenta de comunicación e proporciona oportunidades ós mozos de desenvolvemento persoal,  desenvolvemento emocional e social e curiosidade intelectual. eTwinning é un exemplo de metodoloxía, de ferramenta creativa e inclusiva.

 

 Estes eventos de formación posibilitan o espazo necesario para aprender, para compartir, para sentir e para intercambiar e saber que hai máis profesionais da educación con idénticas inquietudes ás nosas.

Os profesores/as que asistimos a este evento de formación seguiremos soñando con ser fonte de inspiración para o noso alumnado a fin de derrubar barreiras, tomar decisións e compartir puntos de vista de modo construtivo. En definitiva, continuaremos pensando que a utopía dunha educación socioemocional, cultural e inclusiva é posible.

 

 

Imaxe de cabeceira: elaboración propia (fotografía tomada nunha presentación no evento)

Imaxe no artigo: elaboración propia (fotografía de actividade nun taller)

 

 

Equipos de centro v
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *