Inxenio e talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas de proxecto eTwinning.

Inxenio e talento eTwinning: Cacoo para integrar diagramas de proxecto eTwinning.

Claire Chevalier e Ángel Luis Gallego, embaixadores eTwinning en Francia e España e docentes de Latín no Lycée Benjamin Franklin de Auray (Francia) no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz), ensínannos a usar a ferramenta Cacoo.

O noso actual proxecto eTwinning-Comenius titúlase “The incredible life of Marcus Poncius Europaeus”. Nel propoñémonos contar a vida deste personaxe de ficción que viaxa polo noso continente coñecendo os problemas que nos afectan.

Para definir cómo sería o noso personaxe, decidimos crear a actividade Creation of character. Un dos pasos consistía en engarzar os diferentes episodios da súa vida. E para isto utilizamos Cacoo.

ingenio_cacoo_1b

Cacoo é unha ferramenta web 2.0 que serve para crear diagramas online. Permítenos crear Bocetos de pantallas ou de páginas web, diagramas de fluxo, diagramas de rede, mapas mentais, diagramas UML, etc, de forma colaborativa con outros usuarios. O feito de que os alumnos poidan traballar simultaneamente dános idea do seu valor para os proxectos eTwinning, especialmente en actividades de “tormentas de ideas” e de construción conxunta de esquemas.

Como calquera boa ferramanta web 2.0 que se precie, Cacoo ten tamén a súa aplicación para móbiles, que por agora permite a visualización dos diagramas. É un primeiro paso para que os alumnos poidan traballar desde tabletas e smartphones.

ingenio_cacoo_2b

Cacoo é unha ferramenta con interfaz traducida ó castelán. A súa versión gratuíta permíteche crear hasta 25 diagramas. O primeiro que faremos será rexistrarnos.

ingenio_cacoo_3

Unha vez rexistrados, accedemos á pantalla principal do noso escritorio, onde atoparemos os nosos diagramas. Podemos organizar os nosos proxectos en carpetas propias ou compartidas, pulsando no botón correspondente. Se non temos ningún proxecto, pulsamos en “crear novo diagrama”.

ingenio_cacoo_4

O programa levaranos á outra pantalla, na que podes seleccionar unha plantilla e traballar desde ela, ou empregar as ferramentas que aparecen nas ventás flotantes da parte dereita. Observa que na parte superior atopamos outras opcións moi útiles, como facer e desfacer, copiar, texto, insertar imaxes, táboas, etc. Os botóns verdes permitiranche exportar e compartir o teu traballo, editar as propiedades e gardalo.

Unha interesante opción da ferramenta é o chat que nos ofrece nunha ventá, co que os alumnos que estean traballando en grupo poden comunicarse entre eles de forma inmediata.

ingenio_cacoo_5

Para compartir o diagrama só temos que pulsar no botón verde e engadir os correos electrónicos dos alumnos. Este mesmo botón serviranos posteriormente para compartilo nas redes sociais.

ingenio_cacoo_6

Para a actividade “creation of the character”, creamos un diagrama no que os alumnos teñen que poñerse dacordo na orde dos episodios da vida de Marcus.

ingenio_cacoo_7

O manexo do taboleiro é moi sinxelo. Só debes arrastrar os obxectos e situalos onde consideres que é o lugar máis axeitado.

ingenio_cacoo_8

Con Cacoo podes debuxar, incluír texto e imaxes subidas dende o noso ordenador. Tamén incorpora unha ampla biblioteca de imaxes predeseñadas, figuras xeométricas, bocadillos, etc.

ingenio_cacoo_9

Una vez que teñamos acabado, podemos exportar o noso traballo a formato PNG pulsando no botón verde ou compartilo nas redes sociais ou mediante un enlace, pulsando no botón verde correspondente. O diagrama admite comentarios.

ingenio_cacoo_10

Cacoo é unha excelente ferramenta con moitísimas posibilidades en proxectos colaborativos. Con ela podemos realizar traballos en equipos transnacionais sobre o tema que desexemos, dende a elaboración dun mapa conceptual hasta presentacións, pasando por diagramas, datos estadísticos, etc. Os alumnos tamén poden realizar análises dunha imaxe, dunha frase, prácticas de vocabulario, explicacións de conceptos… Un último campo nada rexeitable é o seu uso para a creación de viñetas,  anuncios, etc.

Fonte imaxes: pantallazos do programa Cacoo no desenvolvemento do proyecto eTwinning “The incredible life of Marcus Poncius Europaeus”.

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Ferramentas TIC
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *