Os proxectos eTwinning

proyectos_etw_1

Os proxectos eTwinning favorecen a aprendizaxe en colaboración: os alumnos aprenden uns doutros, interactúan, comunícanse e, deste xeito, séntense responsables da súa propia aprendizaxe.

Un proxecto eTwinning comeza coa participación mínima de dous profesores de distinta nacionalidade. Posteriormente, poderanse incorporar máis profesores de calquera nacionalidade. O tema será calquera que acorden os profesores participantes.

 

 

perfil_profesor

Os espazos de traballo en eTwinning

TwinSpace

Unha vez aprobado o proxecto, os profesores e mais os alumnos participantes dispoñen dun espazo seguro de traballo (TwinSpace) onde poden levar a cabo todas as actividades.

Neste espazo virtual os participantes atoparán ferramentas como blogs, foros, galerías de imaxes, xestores de contidos, charlas, ferramenta de videoconferencia, etc. Ademais, dispoñen dun Diario de Proxecto, onde poden deixar constancia da súa marcha.

eTwinning Live

Unha vez inscrito en eTwinning, disporás dun espazo virtual denominado eTwinning Live que podes personalizar e desde onde podes xestionar os teus proxectos. eTwinning Live é un espazo fundamentalmente social. Nel poderás actualizar a información e a do teu centro, e atoparás ferramentas para contactar con profesores do resto de Europa.  (buscador de socios, axenda de contactos, xestor de proxectos, foro, mensaxaría interna, ferramenta de videoconferencia,...). En definitiva, a nosa fiestra ao resto de Europa.

 

proyectos_etw