Supoñamos que un estudante accede ao TwinSpace coas súas propias claves de acceso.
1. Faino a través desta ligazón: http://twinspace.etwinning.net

2.-Accede co nome de usuario e mais o contrasinal que lle proporcionou o/a docente. Preme en Login.

3.- Unha vez dentro do TwinSpace, preme na icona da parte superior dereita que aparece na imaxe (a icona do usuario/alumno).

4.- Aparecerá o perfil do alumno:

5.- Preme en Edit profile (Editar perfil/Modificar perfil). Na ventá que aparece podes modificar o idioma, poñer unha breve descrición, engadir unha fotografía/imaxe identificativa.

 

Non esquezas GARDAR!
6. Comproba que o perfil se actualizou.

 

Fonte das imaxes: elaboración propia