Titorial que amosa paso a paso como crear/inscribir un proxecto eTwinning na plataforma.


Observacións previas

  1. Para crear un proxecto na plataforma necesítanse dous socios. Estes serán os FUNDADORES do proxecto. Os socios fundadores son os dous únicos membros do proxecto que non se poden borrar.
  2. Unha vez que o proxecto estea aprobado polos dous Servizos Nacionais de Apoio dos dous países fundadores, pódese engadir ó proxecto a outros docentes socios.
  3. Antes de iniciar o proceso de creación/inscrición dun proxecto,
    1. asegúrate de que o outro socio fundador forma parte dos teus contactos
    2. que tes habilitada a opción “Estou dispoñible para un proxecto eTwinning” e “Estou dispoñible para participar en proxectos eTwinning Plus” (se queres traballar con docentes de Armenia, Azerbaián, Georgia, Xordania, República de Moldavia, Túnez e Ucrania), tal como se mostra na imaxe:

12_1

**************************

1. O proxecto créao un dos dous socios fundadores. Accede ó teu Escritorio eTwinning Live e fai clic na pestana PROXECTOS. Aparecerache unha imaxe coma esta:12_2

2. Fai clic en CREAR PROXECTO. O sistema devolverache a seguinte páxina; selecciona o centro escolar co que vas levar a cabo o proxecto (pode ser que no histórico do teu perfil eTwinning teñas máis dun centro escolar; ou que traballes en dous centros escolares nun mesmo periodo de tempo). O proxecto queda ligado a ese centro escolar.

12_3

3. Fai clic no PASO SEGUINTE e aparéceche esta pantalla; busca entre os teus contactos ó socio co que vas a fundar o proxecto.

12_4

4. Pasa a páxina seguinte. Aparece un formulario no que tes que poñer a información relevante do proxecto (título, descrición, idiomas, materias, obxectivos, proceso de traballo, resultados…).

12_5

5. Observa o epígrafe ASOCIACIÓN ETWINNING PLUS. Selecciona SI ou Non segundo acordásedes os socios fundadores.

Presta atención ó máximo número de caracteres que se indica en cada campo. Se non se respecta este número, non se gardará o contido do formulario. Antes de cumprimentar o formulario é conveniente ter a información nun documento aparte.

6. Na parte inferior da páxina aparece KIT DE PROXECTO. Por defecto, aparece NON.

12_6

7. Se seleccionas Si, aparece un pequeno despregable cunha lista de Kits. Selecciona o Kit no que está baseado,

12_7

 

e aparecerá un enlace ó contido de dito kit.12_8

8.

Fai clic en VISTA PRELIMINAR, e na parte inferior da ventá, aparecerache

12_9

Podes modificar o contido do formulario ou enviar a información introducida.

9. Despois de pulsar en ENVIAR, ó teu socio chégalle a invitación a participar no proxecto. Ten que consultar o sistema de notificacións do seu Escritorio eTwinning Live e ACEPTAR dita invitación.

12_10

10. Mentres o teu socio acepta a invitación, o proxecto está aloxado na pestana PROXECTOS, no apartado Proxectos pendentes.

12_11

11. En canto o teu socio aceptara o proxecto, este chega ós dous Servizos Nacionais de Apoio (SNA) dos países dos dous fundadores. O proxecto segue na pestana de PROXECTOS (PENDENTES). Ata que os dous SNA non aprobaron o proxecto, este segue PENDENTE.

12. Unha vez aprobado polos dous SNA, xerarase o espazo de traballo en colaboración TwinSpace (un por cada proxecto); este é o espazo no que participan docentes, alumnos e outros axentes. Ademais, na pestana PROXECTOS, debaixo do título do proxecto aparecerá o listado das accións que se poden levar a cabo.

12_12

É xa o momento de acceder ó TwinSpace e levar a cabo o proxecto. Desde aquí:

12_13

Ou, se fas clic sobre o título do proxecto, na ventá que aparece, pulsa en IR A TWINSPACE:

12_14

Unha vez aprobado o proxecto, os campos coa descrición do proxecto seguen sendo modificables, o que che permitirá revisalo segundo vaia desenvolvéndose.

Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

23 comments

  1. Cesar Herrero says:

    Buenos días, Anna.

    Unos de los puntos fuertes de eTwinning es su gran flexibilidad, por eso, no hay plazos ni tiempos/fechas asignadas para ninguna acción en concreto; por lo tanto, puedes abrir tu proyecto cuando consideres. La única consideración a tener en cuenta es el cierre anual de los proyectos que se realiza sobre octubre; pero se puede reabrir el proyecto pulsando sobre una opción habilitada a tal efecto (explicamos este proceso con un artículo previamente).
    En cualquier caso, lo más conveniente sería abrir el proyecto una vez vayamos a comnezar a trabajar en él.

    Atentamente,

    Servicio Nacional de Apoyo eTwinning España

  2. Ignacio Casado says:

    Buenas Pilar, puedes buscar socios de otros países siempre que estén registrados en la plataforma eTwinning, una vez te registras hay foros para colaborar donde los usuarios escriben sus ideas de proyecto y donde se pueden encontrar socios para un futuro proyecto eTwinning.
    Para cualquier duda, tanto técnica como pedagógica, puedes escribir a asistencia.etwinning@educacion.gob.es
    Un saludo,
    El equipo eTwinning

  3. Virginia says:

    Hola, buenas tardes.
    Mi duda es la siguiente: he invitado a una compañera italiana para que acepte participar en un proyecto que he creado. Ha aceptado y de hecho aparece que el proyecto tiene 2 miembros. Sin embargo, continúa el proyecto como PENDIENTE. Debo haberme saltado algún paso. ¿qué me falta?

  4. Ignacio Casado says:

    Buenos días Gloria, la Comunidad Autónoma informa al director del centro escolar, que tiene que aprobar o dar el visto bueno. No se necesita la aprobación del Consejo Escolar, pero si conveniente informar al resto de compañeros.
    Un saludo,
    El equipo eTwinning

  5. Escola Antoni Gaudí says:

    Buenos días,

    Nos gustaría crear una anuncio para realizar una mobilidad erasmus con alumnos en otra escuela de la Unión Europea en la plataforma Etwinning. ¿Es necesario haber creado un proyecto? Cuando intentamos crear un nuevo post nos sale el aviso siguiente:

    There are currently no types of postings available for you to create.

    Hemos entrado con nuestra cuenta y no entendemos qué pasos debemos seguir para poder acceder, solamente podemos contestar a los que ya están publicados.

    Muchas gracias,

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *