Titorial que che indica paso a paso como gravar unha sesión de videoconferencia e como recuperar a gravación.

1) Accede ao TwinSpace. Selecciona a pestana Reunións en liña. Seguidamente, Próximas actividades. Selecciona o evento/videoconferencia no que vas participar.

2) Accede á sala da videoconferencia:

Cando apareza a sala, no menú superior, desprega a listaxe de Reunión:

19_2

Antes de empezar a gravar comproba o audio, o son, a cámara, e todos aqueles elementos que poidan contribuír a mellorar a gravación.

3) Preme en Grabar reunión. Aparecerá esta ventá; cubre os campos, e preme Aceptar.

19_3

A gravación comeza.

Observa que na parte superior do lateral dereito aparece un botón vermello que che indica que a gravación está en proceso.

19_4

4) Se queres parar a gravación durante un tempo, abonda con que vaias ao despregable Reunión.

Preme en Poner la grabación en pausa.

19_5

Na parte dereita, ao lado do botón vermello de gravación aparecerá esta mensaxe:

19_6

Se queres deter a gravación definitivamente, segundo en que momento da videoconferencia esteas, ou ben premes en Detener grabación sobre ese recadro negro ou vas ao despregable Reunión e premes en Detener grabación.

19_7

5) Finaliza a reunión:

19_8

O sistema devólveche esta pantalla:

19_9

*******************************************  

Como recuperar a gravación do evento anterior?

  1. Supoñamos que xa finalizaches a videoconferencia. No TwinSpace, e na sección Reuniones en línea, preme en Actividades anteriores.

 

  1. Aparecerá esta ventá coa listaxe das reunións en liña anteriores. Preme sobre o enlace da reunión da que queiras recuperar a gravación, p. ex. La última del año.

  1. Aparece esta ventá con información sobre o evento (título, data, hora, ligazón á gravación).

  1. Preme na ligazón e comezará o proceso de descarga.

    Ten en conta que:

    1. A descarga da gravación da sesión pode tardar ata 48 horas en estar dispoñible.
    2. A gravación aparecerá na listaxe de páxina de eventos.
    3. Só o creador do evento poderá ver e descargar as gravacións.
    4. As gravacións arquivaranse automaticamente despois de 6 meses. A partir deste tempo, a ligazón non estará dispoñible.