Titorial sobre como buscar docentes na plataforma eTwinning para iniciar colaboración con eles.

1.- Accede ó teu Escritorio eTwinning Live. Podes buscar contactos e socios de proxecto de varias formas.

7_1

2.- A través da pestana PERSOAS.

2.1. Se coñeces a un determinado docente ou o seu centro escolar, fai unha busca rápida.

7_2

Se sabes que o centro se chama p.ex. “Antonio Machado”, escribe isto:

7_3

Ó facer clic en BUSCAR, o sistema devolveche os resultados. Revisa se entre eles está o centro que buscas, (os docentes que buscas) e selecciónalo:

7_4

2.2. No caso de que non coñezas nin o docente nin o centro escolar, fai unha “busca avanzada” utilizando os filtros que che interesen; tamén podes utilizar algunha PALABRA ”CLAVE” que sexa do teu interese. Supoñamos que queres buscar a un docente relacionado coa metodoloxía CLIL, de Italia e con alumnos entre 14 e 18 anos.

7_5

Ó facer clic en BUSCAR, aparecerán os resultados da busca:7_6

Accede ós perfís dos docentes que apareceron nos resultados, revisa a información que ofrece cada un dos candidatos, e cando atopes un perfil que che interese, que teña afinidade coa túa idea de traballo, podes poñerte en contacto co dito docente facendo clic sobre o seu nome; e podes escribirlle (1) un correo persoal e seguilo (2).

7_7

3.- A través da pestana FOROS PARA COLABORAR.

7_8

3.1 Selecciona os bloques do foro que máis che interesen e revisa as mensaxes que puxeron outros compañeiros/as. É posible que algúns che chamen a atención porque conteñan a túa mesma idea de traballo ou parecida. Neste caso, podes responderlles.

7_9

Revisa tamén os perfís para recabar toda a información que podas sobre o/os candidatos.

3.2 Inicia un fío novo no foro sobre algún tema no que esteas interesado traballar con outros docentes. Dá suficiente información –e se pode ser en máis dun idioma- para que outros se fixen na túa mensaxe, che escriban e podades convertirvos en contactos con posibilidade de traballo final.

7_10

4.- A través da pestana GRUPOS. Os Grupos son espazos de debate e formación sobre distintos temas. Máis a longo prazo, participar nalgún Grupo tamén pode axudar a contactar con outros docentes que compartan os teus mesmos intereses.

7_11

En todos os casos que analizamos, se atopas un posible socio de traballo, contacta con el, busca momentos para o diálogo, o debate e a negociación sobre ideas de traballo futuro. E se cres que pode ser un bo socio, invítao a ser o teu contacto. Para isto, chega con que fagas clic sobre o botón SOLICITA QUE SEXADES CONTACTOS:

7_12