Titorial no que se mostra paso a paso como invitar a un docente a ser o teu contacto.

1.- Accede ó teu Escritorio eTwinning Live.

6_1

2.- Na pestana PERSOAS, busca ós docentes que queres engadir á túa lista (é conveniente ter feito un cribado previamente seleccionando aqueles que son afíns á túa idea de proxecto).

6_2

Fai clic en BUSCAR

6_3

Fai clic sobre o/a candidato/a:

6_4

Pulsa sobre SOLICITA QUE SEXADES CONTACTOS.

3.- Chegaralle unha invitación á persoa que invitaches e reflectirase como nova notificación no seu Escritorio persoal tal como aparece na imaxe:

6_5

4.- Ten que ACEPTAR a túa invitación.

5.- Agora xa sodes contactos. Fai clic nos MEUS CONTACTOS (1). Aparecerache no listado (2).

6_6