O Servizo Nacional de Apoio (SNA) eTwinning pon a disposición de todos os usuarios de eTwinning o enderezo de correo electrónico asistencia@etwinning.es para escribir en relación a calquera dúbida ou incidencia de carácter técnico ou pedagóxico que lles surxa.

E ademais, para todos os usuarios que estean traballando nun proxecto de colaboración eTwinning, o SNA ofrece un apoio aínda máis específico:

As tarxetas de proxecto

1.- Que son? É un servizo de mensaxería privada ligado a un proxecto, onde a comunicación se produce únicamente entre o docente socio do proxecto e un asesor do SNA.

2.- Onde están? Podes acceder ó servizo de Tarxetas de proxecto desde o teu escritorio persoal eTwinning Live, sección Proxectos, e na parte inferior da descrición do proxecto aparece un cadro de accións entre as que se encontra (observa a imaxe inferior) Tarxetas de proxecto: fala co teu SNA.

Ó facer clic nese epígrafe, ábrese a páxina de tarxetas de proxecto, onde encontrarás unha mensaxe de benvida. Para a túa primeira tarxeta pica en Redactar unha publicación.

Escribe a túa mensaxe, e unha vez enviada, o SNA recibirá un aviso e designará a un asesor (se é posible, sempre o mesmo ó longo de todo o proxecto) que se encargará de facer o seguimento do proxecto e de responderche.

Observa que podes incluír un enlace e adxuntar un arquivo.

Se estás traballando en máis dun proxecto, é posible que para cada proxecto teñas un asesor distinto.

3.- Que podo escribir? Nas tarxetas podes pedir consello e axuda sobre aspectos concretos do proxecto. Por exemplo, como organizar as páxinas do TwinSpace, onde aloxar un documento, unha ferramenta adecuada para unha actividade que queres realizar, como planificar unha actividade colaborativa, como facer un mellor uso do Diario de proxecto, que facer cando un socio deixa o proxecto, como implicar ás familias, como avaliar o proxecto, medios de difusión, etc.

E se non tes preguntas concretas, tamén podes comentar como se vai desenvolvendo o proxecto, ou unha actividade determinada, e contar que tes planificado a continuación. Desta maneira, o teu asesor saberá cando entrar no TwinSpace ou noutras plataformas externas nas que traballas algún aspecto do proxecto para ver as novidades e facerche algunha recomendación ou suxerencia, en caso de que o considere oportuno.

O asesor do SNA non ten acceso ó contido completo do TwinSpace. Se queres que vexa o seu contido, podes invitalo como visitante do teu proxecto para que poida acceder ás seccións privadas.

Aquí tes un enlace que che indica como se fai:

Como invitar ó TwinSpace a un visitante

A experiencia dos asesores así como os datos obtidos dos sucesivos estudos que se fixeron indican claramente, que o uso das tarjetas de proxecto contribúe á mellora da calidade dos proxectos, e que estes conseguen unha mayor cota de recoñecemento en relación ó resto de proxectos, ben sexa o Selo de Calidade Nacional, o Selo de Calidade Europeo, un Premio Nacional, un Premio Europeo, ou outro.   

Séntete acompañado no desenvolvemento do teu proxecto. ¡Escríbenos responderémosche!