Titorial que indica paso a paso como crear unha páxina de actividades no TwinSpace dun proxecto.


  1. Desde o escritorio persoal eTwinning Live accede ao TwinSpace do proxecto.

 Tamén podes acceder desde esta ligazón: http://twinspace.etwinning.net/

  1. Na pestana PÁGINAS preme na parte lateral esquerda sobre a epígrafe CREAR PÁGINA.

O sistema devólvenos esta ventá. Engade o título da páxina. Aquí por exemplo, o título é Mis expectativas de proyecto e preme en Enviar.

 Observa no lateral esquerdo que o sistema deixou a páxina en modo borrador.

Como deixar de estar en modo borrador?

Observa que no corpo da páxina creada aparece o texto “Añade a esta página” contidos, un TwinBoard (muro) e unha enquisa.

  1. Percorre co rato a páxina creada cara a abaixo e verás na parte lateral esquerda, debaixo do módulo Páginas, varios bloques en cor amarela (neste caso). As epígrafes destes bloques coinciden coas que aparecen no corpo da páxina.
  2. Prememos en Añadir contenido a esta página.

O sistema devólvenos esta imaxe:

  1. Introducimos un texto no corpo principal da páxina:                                                   

E prememos en Enviar.

O sistema devólvenos esta pantalla e a páxina segue estando en modo borrador.

  1. Observa outra vez a parte lateral esquerda, debaixo dos bloques que vimos anteriormente hai outros dous en cor amarela (neste caso):

QUIÉN PUEDE VER ESTA PÁGINA? e

QUIÉN TIENE PERMISO PARA MODIFICAR ESTA PÁGINA?

 

  1. Selecciona quen pode ver esta páxina: todo o mundo (páxina pública), os membros do TS ou soamente eu (e os administradores do TS).
  2. Selecciona quen ten permiso para modificar esta páxina. En cada un destes dous bloques, preme en Guardar cambios.

Unha vez feito isto, a páxina xa NON aparece en modo borrador. E o aspecto que presenta é este:

Ademais:

Se creamos varias páxinas o aspecto que presenta o módulo PÁXINAS/PAGES é:

Na listaxe das páxinas todas aparecen en negro agás a que está activa, que aparece en cor violeta (neste caso).


Fonte das imaxes: elaboración propia