Titorial que indica paso a paso como incluír contidos nunha páxina de actividades no TwinSpace dun proxecto.

  1. Desde o Escritorio persoal eTwinning Live, accede ao TwinSpace do proxecto.

 Tamén podes acceder desde esta ligazón: http://twinspace.etwinning.net/

   

2.-Selecciona a páxina na que vas inserir os contidos. Preme no lapis que aparece no lateral dereito.

3.- E de novo, volve premer no segundo lapis que aparece. O sistema devólvenos esta pantalla

Pódense introducir imaxes, vídeos, ligazóns, e iFrames.

Pódese introducir texto con imaxes e ligazóns, todo á vez, simplemente facendo copiar e pegar. Por ex. Seleccionamos este contido da Wikipedia, copiamos e pegamos:

4.- E prememos en ENVIAR. O sistema devolve a páxina así:

 

_______________________________________________________________________

a) Como inserir unha imaxe da sección MATERIAIS (ou externa) nunha páxina de actividades.

a.1. Prememos no lapis da imaxe para editar a páxina.

 

a.2.- Situámonos no editor da páxina, e prememos na icona superior sinalada co cadrado vermello (cando se pon o rato enriba aparece a palabra Images/Imaxes)::

 

Aparécenos esta pantalla, que é a sección imaxes do módulo MATERIAIS do TwinSpace.

a.3. Selecciona a imaxe que queres subir (neste caso o logo eTwinning school). Preme sobre a imaxe.

Nota: le atentamente a mensaxe que aparece na parte superior sobre o fondo amarelo relativa aos dereitos de autor.

A imaxe xa pasou á páxina. Observa como queda na páxina.

a.4. Finalmente, preme en Enviar. A páxina queda así:

Supoñamos que a imaxe non está no módulo MATERIAIS. Nese caso,

a.5.  Prememos en Buscar (dentro do cadrado vermello). O sistema envíanos a examinar o noso ordenador, buscar a imaxe e seleccionala. Preme en abrir.

(Tamén podes arrastrar a imaxe desde a súa localización ata o cadrado vermello)

A imaxe xa está na sección MATERIAIS.

 

 

a.6. Agora, coma no caso anterior, premes sobre ela, e aparecerá na páxina de actividades. Non esquezas premer en Enviar. E así queda na páxina.

______________________________________________________________________

b) Como inserir un vídeo nunha páxina de actividades.

b.1. Prememos no lapis da imaxe para editar a páxina.

b.2.- Preme sobre a icona sinalada cun cadrado vermello (cando se pon o rato sobre ela aparece a palabra Vídeos).

b.3.- O sistema vai á sección Vídeos do módulo MATERIAIS.

 

b.4.- Prememos sobre o vídeo que queremos inserir. O que está recadrado en vermello. E volvendo á páxina, vemos como queda esta. Observa que aínda non se ve o vídeo; aparece unha imaxe en branco co texto iFRAME:

b.5.- Prememos en Enviar e agora a vista é esta, vese a información do vídeo correctamente: 

 

Premendo sobre o triángulo branco, reprodúcese o vídeo na pantalla.

Nota: a pantalla completa non está dispoñible.

b.6. Se o vídeo non está no repositorio (sección vídeos do módulo MATERIAIS), busca o vídeo que vas inserir; neste caso imos a Youtube.

b.7.-  Preme en COMPARTIR.

 

b.8.-E a seguir, preme en INSERTAR,

Aparecerá este código

 

b.9.- Selecciona o texto do intervalo sinalado entre os segmentos vermellos: https://www.youtube.com/embed/-wmzFQzqJj0

b.10 Volve á páxina de actividades e preme na icona sinalada cun cadrado vermello. Aparecerá o texto iFrame (na nova versión do TS non está dispoñible o HTML)

Despregarase esta ventá superposta; no espazo onde di URL pon o enderezo anterior, o que estaba entre os dous segmentos vermellos. Podes completar o resto de campos segundo che conveña.

 

b.11.- Preme en Aceptar e a ventá quedará así.

b.12.- Preme en Enviar. O resultado é este.

 

 

 

Calquera material que se incrusta nunha páxina de actividades estará no módulo MATERIAIS.

 

Fonte das imaxes: elaboración propia