Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz

Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz

Países, Escolas e Persoas construíndo a Paz é un proxecto eTwinning desenvolvido dentro dunha Asociación Estratéxica KA2 do programa Erasmus+ no que participan os seguintes centros escolares, Collège Victor Hugo, Lavelanet, Francia, Liceo Monna Agnese, Siena, Italia e IES Carles Salvador, Aldaia, España. Trátase dun proxecto para analizar o contexto europeo actual e concienciar o alumnado sobre os instrumentos e valores para xestionar de forma pacífica e eficiente os conflitos sociais, económicos e ambientais.

Amparo Gras Roselló, coordinadora do proxecto no IES Carles Salvador de Aldaia, resúmenos todas as fases que se abordaron durante o desenvolvemento deste ambicioso proxecto. Un exemplo moi útil para outros centros escolares que desexen traballar unha Asociación Estratéxica KA2 na plataforma eTwinning.

Temática e obxectivos do proxecto

Desde a observación do contexto europeo e mundial actual, constatamos a presenza do conflito en distintos ámbitos: conflitos bélicos que dan lugar a problemas de sostibilidade social, conflito do ser humano co medio natural derivado dun modelo de desenvolvemento e crecemento económico que xera problemas de sostibilidade ambiental, presenza de identidades diversas que xeran conflitos no ámbito educativo, social e persoal. Os conflitos non son xestionados de forma pacífica pola falta de instrumentos para facelo: coñecementos, actitudes e valores de unión, participación, diálogo, tolerancia e cohesión.

Partindo destas consideracións os centros educativos desta asociación escolar decidimos traballar a PAZ co proxecto que leva por título:

PAÍSES, ESCOLAS e PERSOAS CONSTRUÍNDO A PAZ.

 

actividad_paz_alumnos

Os obxectivos son:

– Coñecer mellor os conflitos, bélicos ou non, do s. XX e actuais en Europa.

– Coñecer e explorar iniciativas de unión, de concordia, de construción de paz desenvolvidas no s. XX e s. XXI en Europa.

– Coñecer as manifestacións e expresións artísticas en relación ao tema en cada país.

No ámbito das comunidades educativas; escolas e persoas:

– Coñecer, comparar e analizar as causas e as consecuencias dos conflitos dentro das diferentes escolas.

– Coñecer e compartir as diferentes iniciativas de resolución de conflitos e sobre todo de unión e cohesión interna que se estean a desenvolver nos diferentes centros e analizar os resultados da súa aplicación.

– Elaborar un banco de recursos e ferramentas para a construción da paz nas nosas comunidades educativas.

– Explorar iniciativas sociais nos nosos contornos próximos e mostralas.

– Crear unha comunidade de prácticas respecto ao tema.

– Utilizar para comunicar e compartir espazos colaborativos virtuais (blogs, páxinas web, eTwinning, Twinspace) e redes sociais.

Idade do alumnado participante:  13, 14 e 15 anos.

Áreas curriculares e contidos que se abordaron

Educación para a Cidadanía e os DDHH, Francés Lingua Estranxeira e Español Lingua Estranxeira:

  • Memoria histórica: relacións entre Francia, España e Italia.
  • Coñecemento da Declaración Universal dos DDHH.
  • Valores: a empatía, a solidariedade, a defensa da dignidade persoal, a educación son necesidades humanas. Neste aspecto é importante a colaboración con ONG que traballan tanto no ámbito internacional coma nacional, e, fundamentalmente, local.
  • Bioloxía:
  • Coñecemento das técnicas da agricultura tradicional e a agricultura ecolóxica para a creación dun horto escolar.
  • Coñecemento e aplicación dos 3 R no instituto para a creación dun grupo ambiental encargado da educación ambiental diaria de todos os sectores.
  • Lingua Castelá e Literatura, Francés e Italiano:
  • Viaxe literaria ao longo do século XX. Achegamento á creación artística froito da experiencia vital e existencial dos escritores-as que viviron diferentes períodos conflitivos individuais e/ou colectivos: a poesía existencial, social e de vangarda; a novela social, experimental; o teatro de protesta, do absurdo ou experimental.
  • Comprensión de como o contexto histórico-social determina a cosmovisión do creador-a e como as distintas técnicas e ferramentas son froito deses condicionantes político-social-económico e culturais (artísticos-literarios)

Temporalización (fases) e metodoloxía escollida para o desenvolvemento do proxecto.

CURSO 2014/15

 

blog_países, escuelas y personas

OUTUBRO 2014:

NOVEMBRO 2014:

DECEMBRO 2014: encontro e reunión transnacional en Aldaia:

  • Presentación oficial do proxecto.
  • Veredicto do concurso do logotipo
  • Obradoiros de horto escolar, de medio natural e reciclaxe.
  • Obradoiro de receitas típicas e vocabulario no mercado de Aldaia e coa colaboración dos seus comerciantes.
  • Avaliación.

XANEIRO, FEBREIRO e MARZO 2015:

  • Posta en marcha do traballo para a creación dos hortos escolares en Italia e España.
  • Posta en marcha dos grupos ambientais en España e Francia.
  • Expertos sobre o terreo: historia e sociedade nos últimos 100 anos nos nosos países, entrevistas aos nosos maiores e creación dun eixe cronolóxico co resultado das entrevistas e investigacións. Traballo sobre a película A lingua das bolboretas.
  • Creación dunha conta en Twitter para o proxecto: @paisajedepaz.
  • Videoconferencias Skype entre o alumnado que vai participar no seguinte encontro.
  • Convocatoria da sección internacional do concurso xornalístico Roberto Romaldo en Siena.

ABRIL 2015:

  • Posta en marcha da viaxe literaria, a voz da memoria nos países socios.
  • Preparación do encontro en Siena.
  • Encontro e reunión transnacional en Siena. Realización de obradoiros colaborativos internacionais: obradoiro de música (análise da letra e canto de Bela Ciao), obradoiro de Twiliteratura sobre A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, obradoiro de elaboración de carteis de todas as especies de plantas do “Xardín da sombra”, obradoiro de análise interlingüística (francés, italiano, portugués, español, romanés, …), obradoiro de xornalismo,… traballos finais e inauguración oficial do “Xardín da sombra”, FlashMob da Paz na Piazza di Campo de Siena. Creación do grupo pechado de Facebook do proxecto. Avaliación.

MAIO 2015:

  • Veredicto do concurso xornalístico Roberto Romaldo.
  • Conexión por Skype para a cerimonia de entrega de premios.

XUÑO 2015:

  • Avaliación e seguimento do primeiro ano do proxecto.

CURSO 2015/16

SETEMBRO E OUTUBRO 2015:

– Reunións dos equipos.

– Continuación das actividades iniciadas o curso pasado e posta en marcha nos centros que non o fixeron: hortos escolares e grupos ambientais.

– Inscrición do novo alumnado en eTwinning.

– Presentación dos novos grupos.

NOVEMBRO E DECEMBRO 2015:

– Preparación do encontro en Lavelanet:

  • Cada centro prepara unha presentación cos programas que se desenvolven nestes para promover a integración e a convivencia.
  • Actividades propias de cada centro que contribuirán aos produtos finais:
  • Aldaia: Visita ao refuxio do IES Luís Vives e do Concello e ruta pola Valencia Capital da República. Traballo sobre migracións, refuxio e asilo.
  • Lavelanet: Preparación do encontro.
  • Siena: Traballo sobre migracións, refuxio e asilo. Visita á exposición de Milán.
  • Cada centro realiza un informe de noticias con tres núcleos temáticos:
  • Noticias sobre inmigración.
  • Noticias sobre medio natural.
  • Noticias sobre asociacións que promovan a sostibilidade ambiental e/ou social.

Do 12 ao 19 de decembro de 2015: encontro e reunión transnacional en Lavelanet

XANEIRO A MAIO 2016:

De xaneiro a abril: preparación do encontro en Aldaia.

Do 3 ao 10 de maio: Encontro en Aldaia:

  • Recital “A paz está nas túas mans”.
  • Carreira solidaria e obradoiros de preparación.
  • Itinerario en grupos internacionais pola Valencia Capital da II República.
  • Participación nas xornadas de formación do profesorado “Entre a memoria e a historia” na Facultade de Xeografía e Historia.
  • Obradoiro sobre a liberdade de expresión con Amnistía Internacional.
  • Obradoiro sobre o manifesto contra o pacto da Unión Europea e Turquía sobre a xestión da crise humanitaria das persoas refuxiadas.

Maio:

  • Siena: Veredicto do concurso xornalístico Roberto Romaldo co tema: “Arricchiamoci delle nostri recipprochi diferenze” “As nosas diferenzas enriquécennos”
  • Aldaia: Proxecto “Un berro polos refuxiados”

Materiais desenvolvidos

Algúns exemplos dos materiais e resultados:

Avaliación e difusión do proxecto

Beneficios para o centro, os docentes e mais o alumnado.

A internacionalización do centro e a cooperación entre escolas, alumnado e profesorado de diferentes países ampliou a conciencia intercultural, a cidadanía activa e o pensamento crítico. A incorporación de prácticas innovadoras (métodos, ferramentas de aprendizaxe colaborativa, uso das TIC, recursos educativos abertos, aprendizaxe centrada no alumno, redes sociais, eTwinning…, ). O alumnado e mais o profesorado mellorou a competencia en linguas estranxeiras e a competencia dixital. Aumentou a motivación fronte ao traballo diario, o desexo de aprender e seguir colaborando con centros educativos europeos.

 

Amparo Gras Roselló

IES Carles Salvador, Aldaia. Centro coordinador do proxecto.

Comunidade Valenciana.

 

 

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Proxectos destacados
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

  1. Mª de los Desamparados Nieto Salvador says:

    Me ha gustado mucho este proyecto sobre la Paz. Con los tiempos que corren no se ven más que conflictos de todo tipo.
    Sólo hay que ver u oir las noticias para darnos cuenta de cómo ha cambiado nuestra sociedad.:guerras, violencia extrema de género, robos a gran escala,…

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *