Inscríbete

Para gozar das vantaxes de eTwinning, só hai que inscribirse na plataforma. Esta inscrición non implica ningún compromiso, nin para ti nin para o teu centro. Simplemente pasarás a formar parte da maior comunidade de docentes en Europa e do directorio de profesores e centros de eTwinning. O proceso de inscrición é sinxelo. En primeiro lugar pedirémosche o nome e mais os apelidos, o enderezo de correo electrónico (pon especial atención en non te equivocar neste dato e utiliza preferentemente unha conta de correo institucional, se dispós dela) e que elixas un nome de usuario e un contrasinal. Desde que envíes esta información, recibirás un correo no enderezo que proporcionaches. Este conterá un vínculo para completar o proceso de inscrición coa información que vai aparecer no teu perfil eTwinning (esta información poderala actualizar unha vez inscrito).