TwinSpace

TwinSpace

XERAL

P: Como podo escribir unha mensaxe que só poidan ver membros docentes?

R: Se es docente (ou docente-administrador) no TwinSpace, verás un «Taboleiro de docentes» na páxina de inicio, onde se poden publicar notas que só serán visibles para o resto de docentes. Como «docente-administrador», podes eliminar calquera publicación e como «docente» as túas propias.

P: Como podo cambiar o aspecto do TwinSpace?

R: Accede á configuración. Verás un espazo onde se cambia a imaxe.

P: Como podo cambiar o nome do TwinSpace?

R: Accede á configuración. Verás un espazo onde se pode modificar o nome do TwinSpace. Este cambio non lle afectará ao nome do proxecto ao que faga referencia o TwinSpace.

P: Como podo cambiar a descrición do TwinSpace?

R: Accede á configuración. Verás un espazo onde se pode cambiar esa descrición. Preme en «Gardar».

P: Creo que atopei un fallo informático, a quen llo comunico?

R: Informa o teu SNA correspondente. Encargaranse de confirmar se é un fallo informático ou non, e tamén llo comunicarán ao equipo técnico para que traballen nel.

P: Como podo cambiar o aspecto do TwinSpace?

R: Accede á configuración. Verás un espazo onde se cambia o tema do TwinSpace. Preme en «Gardar».

INICIO

P: Quen pode ver o diario do proxecto?

R : Ver táboa con dereitos de acceso.

P: Quen pode participar no diario do proxecto?

R : Ver táboa con dereitos de acceso.

PERFIL

P: Como podo ver o meu propio perfil ou modificalo?

R: Preme no teu nome, que aparece cando estás dentro de TwinSpace.

P: Como se cambia a fotografía do perfil?

R: Preme no teu nome, que aparece cando estás dentro de TwinSpace. Cando esteas aí, preme en «Modificar o perfil». Entrarás nun espazo onde podes cambiar a fotografía do perfil.

P: Como se cambia o contrasinal?

R: Preme no teu nome, que aparece cando estás dentro de TwinSpace. Cando esteas aí, preme en «Modificar o perfil». Verás un espazo que che permite modificar o contrasinal.

P: Como se cambia o enderezo de correo electrónico?

R: Preme no teu nome, que aparece cando estás dentro de TwinSpace. Cando esteas aí, preme en «Modificar o perfil». Verás un espazo onde se cambia o enderezo de correo electrónico do perfil.

TWINMAIL

P: Que é o TwinMail?

A: O TwinMail é o servizo de mensaxaría de TwinSpace. Funciona igual ca a mensaxaría do Escritorio de eTwinning. Cada persoa conta cun TwinMail para todos os seus TwinSpaces, que lle permite enviar mensaxes a calquera membro dos TwinSpaces nos que participe.

XESTIÓN DE MEMBROS

P: Como se engade un membro docente a un TwinSpace?

R: Accede á área «Membros». Se tes función de docente-administrador, poderás engadir docentes desde esta área.

P: Como se engade un membro estudante a un TwinSpace?

R: Accede á área «Membros». Se tes función de docente-administrador, poderás engadir estudantes desde esta área.

P: Como se buscan membros de TwinSpace?

R: Accede á área «Membros». Introduce os termos que queiras buscar no cadro de diálogo que hai sobre a listaxe de nomes de membros.

P: Podo modificar os contrasinais dos estudantes?

R: Accede á área «Membros». Busca o/a estudante na listaxe de membros. Á dereita da fila, preme en «Restablecer contrasinal» e sigue as instrucións correspondentes.

P: Como se pode xerar e exportar unha listaxe de todos os nomes de usuario e contrasinais de estudantes?

R: Accede á área «Membros». Preme en «Exportar listaxe de estudantes».

P: Como se pode importar unha listaxe de nomes de usuario e contrasinais de estudantes?

R: Accede á área «Membros». Preme en «Importar listaxe de estudantes». Para iso, debes contar xa cunha listaxe que fose exportada. Pódese modificar nun programa de follas de cálculo, pero cómpre asegurarse de que non se altera a estrutura de celas na táboa.

P: Como se cambia a función dun membro?

R: Accede á área «Membros». Busca a persoa e selecciona a función que desexes da listaxe despregable correspondente.

P: Que diferenzas hai entre as distintas funcións?

R:

  • Docente-administrador: pode modificar e eliminar calquera cousa.
  • Docente: pode modificar e eliminar os seus contidos propios e os de estudantes.
  • Estudante-administrador: podemos elixir unha serie de estudantes con funcións de administración. Poderán modificar páxinas designadas.
  • Estudante: pode engadir imaxes e vídeos, así como modificar páxinas designadas.
  • Visitante: pode ver o contido do TwinSpace.R: Accede á área «Membros». Cando atopes a persoa, preme en «Borrar», nas accións que hai á dereita.R: Accede á área «Membros». Busca a persoa en cuestión e preme no seu nome para visitar a súa páxina de perfil. É posible deixar un comentario público na súa páxina de perfil. Tamén é posible enviarlle unha mensaxe de TwinMail. Se está en liña, é posible utilizar o sistema de mensaxaría que hai ao pé da páxina.

P: Como se pode eliminar un membro do TwinSpace?

R: Accede á área «Membros». Cando atopes a persoa, preme en «Borrar», nas accións que hai á dereita.

P: Como lle podo deixar unha mensaxe a outro membro?

R: Accede á área «Membros». Busca a persoa en cuestión e preme no seu nome para visitar a súa páxina de perfil. É posible deixar un comentario público na súa páxina de perfil. Tamén é posible enviarlle unha mensaxe de TwinMail. Se está en liña, é posible utilizar o sistema de mensaxaría que hai ao pé da páxina.

MATERIAIS (imaxes, vídeos, documentos)

P: Como se pode incluír unha imaxe ou un arquivo?

R: Accede á área «Materiais». Selecciona «Imaxes», «Vídeos» ou «Documentos». Verás dúas seccións: unha de carpetas (ou álbums) e outra de documentos (ou imaxes). Para engadir unha imaxe ou documento, ben arrástrao e sóltao sobre o recadro indicado ou preme no enlace para cargalo desde o teu dispositivo.

P: Que tipo de arquivo se pode cargar?

R: Os formatos admitidos son: ai | aiff | dbf | dif | doc | docx | eps | flac | mp3 | odg | odp | ods | odt | otp | ots | ott | pdf | ppt | pptx | rar | sda | sdd | sdc | sdw | stc | sti | stw | svg | sxc | sxi | sxw | txt | vor | wav | wma | xls | xlsx | zip

P: Cal é o tamaño máximo dun arquivo?

R: 20 Mb

P: Os materiais que quero cargar son formatos que non están admitidos, que fago?

R: Podes comprimir o ficheiro dentro dun arquivo ZIP ou RAR. Son formatos aceptados.

P: Como se modifica a información dunha imaxe ou arquivo?

R: Pasa o rato sobre a imaxe e verás un enlace para «Modificar». Preme para modificalo.

P: Como se elimina unha imaxe ou un arquivo?

R: Pasa o rato sobre a imaxe e verás un enlace para «Modificar». Preme para modificalo. Unha vez que elixas modificalo, poderás utilizar a opción de «Borrar».

P: Como funcionan as carpetas de documentos e de álbums de imaxes?

R: Un álbum de imaxes é unha serie de imaxes escollidas por membros do TwinSpace. Todas as imaxes consérvanse na vista de todas as imaxes, pero pódense utilizar os álbums para seleccionar unha colección concreta para engadila máis tarde a unha páxina e crear unha galería con elas. Unha carpeta é un espazo onde se poden organizar e almacenar documentos. Funciona igual ca unha carpeta ou directorio dun ordenador (sexa Mac ou PC).

P: Como funciona a busca de materiais?

R: Empezaremos por acceder á sección onde está o tipo de materiais que queremos atopar (imaxes, vídeos ou documentos). Despois inseriremos os termos de busca no recadro que hai á dereita de «buscar» e xa está.

P: Como se engade un vídeo?

R: Para utilizar vídeos hai que cargalos primeiro en YouTube ou en Vimeo. A seguir poderemos engadilos ao noso TwinSpace desde a área de «Materiais», entrando na sección de «Vídeos». Abonda con copiar e pegar a URL (a dirección web) do vídeo no recadro correspondente.

P: Como se modifica un vídeo?

R: Cando pasamos o rato sobre o vídeo podemos utilizar o enlace para «Modificar».

P: Como se elimina un vídeo?

R: Pasa o rato sobre o vídeo e verás un enlace para «Modificar». Preme nel para modificalo, e poderás utilizar a opción de «Borrar».

P: Como se crea unha páxina?

R: Accede ás «Páxinas». Debaixo da listaxe de páxinas contamos cunha rúbrica que serve para «Crear páxina».

P: Como se cambia quen pode modificar unha páxina?

R: Cando se crea ou modifica unha páxina podemos seleccionar do menú despregable “Quen ten permiso para modificar esta páxina?”

P: Como se cambia quen pode ver unha páxina?

R: Cando se crea ou modifica unha páxina podemos seleccionar do menú despregable “Quen pode ver esta páxina?”

P: Como se insire unha imaxe ou unha galería de imaxes nunha páxina?

R: Unha vez que esteamos a modificar a páxina, seleccionaremos a icona da chincheta na barra de ferramentas de redacción. Seguiremos as instrucións na pantalla.

P: Como se publica unha páxina para que se poida acceder a ela por internet?

R: Cando crees ou modifiques unha páxina utiliza o menú despregable «Quen pode ver esta páxina?». Selecciona «Todo o mundo (paxina pública)».

P: Como se verifica que páxinas son públicas en internet?

R: No inicio do TwinSpace, utiliza o enlace que indica «Como se fai isto fóra do TwinSpace?», debaixo da barra coas áreas do TwinSpace.

P: Como se elimina (arquiva) unha páxina?

R: Desde a versión 4 de TwinSpace (en funcionamento desde setembro de 2014), xa non é posible eliminar páxinas por completo. Para evitar que se vexa algunha páxina do TwinSpace, abonda con entrar en modificala e premer «Arquivar esta páxina», debaixo do recadro de redacción.

P: Como se saca unha páxina do arquivo?

R: Accede ás «Páxinas arquivadas», busca a páxina que desexas que estea visible de novo e preme en «Modificar». Debaixo do recadro de redacción, preme sobre «Sacar das páxinas arquivadas».

P: Quen pode ver as páxinas unha vez que xa están arquivadas?

R: As persoas con función de docente-administrador.

P: Quen pode ver os borradores de páxinas?

R: Todas as persoas con función de docente-administrador e a persoa que as creou.

 

FOROS

P: Como se abre un foro novo?

R: Para abrir un foro novo, cómpre ser docente-administrador. Hai que acceder á área de «Foros» e ao final da listaxe utilizar o botón «Engadir foro».

R: Como se abre unha discusión nova?

R: Cando entramos no foro onde queiramos empezar a discusión, debemos utilizar «Abrir nova discusión».

P: Como se participa nunha discusión?

R: Preme nun dos foros. Preme nunha das discusións. Ao final dos comentarios, se os hai, verás un recadro de redacción, para escribir o que queiramos. Despois, preme «Gardar» para publicalo.

P: Como se cita un comentario anterior?

R: No comentario que queiramos citar veremos a opción de «Cita», que se pode utilizar para responder na conversación facendo referencia a ese comentario.

EN VIVO: CHARLA

P: Como se accede ao historial da charla?

R: Para ver isto cómpre ser docente-administrador. Pódese desde a área de «Faladoiro» á que podemos entrar pola barra superior.

P: Cal é a diferenza ente a área de faladoiro e a charla que aparece na parte de abaixo da pantalla?

R: A área de faladoiro permite moitas charlas. Na charla que aparece na parte de abaixo da pantalla estamos limitados a charlas entre dous participantes.

En Vivo: Actividade en vivo

P: Como se crea unha videoconferencia?

R: Preme en “Crear unha actividade en vivo” e elixe o título, o número de participantes, a duración, a data e mais o horario da actividade.

P: Pódese gravar a sesión de videoconferencia?

R: Si, pódese gravar premendo en Meeting e Start Recording.

P: Que formatos hai dentro de Adobe Connect?

R: Hai tres perfís:

1- Sharing: Compartir escritorio, documento ou pantalla en branco.

2- Discussion: Abrir un fío de discusión, charla e crear unha votación en liña.

3- Collaboration: Subir ficheiros, charla, crear notas e compartir documento en branco.

P: Que roles hai dentro de Adobe Connect?

R: Anfitrión (Host), Presentador (Presenter) e participante (Participant). O anfitrión poderá decidir que rol ten cada usuario.

P: Podo invitar os meus alumnos á sesión?

R: Non, a sesión é só para os docentes socios do proxecto.

P: Como podo crear unha votación dentro de Adobe Connect?

R: Primeiro tes que elixir o formato Discussion e abaixo á dereita podes crear a votación onde di “Poll”.

P: Podo compartir ficheiros cos meus socios?

R: Si, no formato “Collaboration” podes subir ficheiros e compartilos.

P: Podo compartir o escritorio cos meus socios?

R: Si, no formato Sharing podes compartir o escritorio ou un documento.