Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

O proxecto “Let´s experience and learn” é un proxecto de colaboración entre os alumnos de educación infantil de colexios pertencentes a 8 países diferentes (Romanía, Eslovenia, Polonia, República Checa, Armenia, Turquía, Eslovaquia e España).

O obxectivo principal do proxecto foi traballar o método científico en idades moi temperás, proporcionándolles habilidades na aprendizaxe mediante a experiencia e o descubrimento.

Unha vantaxe do proxecto foi que os socios xa traballaramos xuntos e os nenos xa coñecían as mestras de anteriores proxectos.

Os alumnos tiñan que realizar os seus propios experimentos axudados pola mestra e así presentárllelos aos socios a través de vídeos e documentos de Word. Todo iso subíase ao Twispace. Ademais, cada compañeiro elixía algúns experimentos entre os experimentos doutros socios e realizábaos cos nenos. Debido ás características dos nenos de educación infantil, a conexión entre os socios era case a diario, o que permitía ver os experimentos dos compañeiros e facer comentarios no Twispace. Desta forma conseguiamos a implicación de todos os alumnos no proxecto.

Cómpre salientarmos a implicación das familias, como unha innovación no proxecto xa que tamén os pais dos diferentes países realizaban na clase experimentos cos nenos e compartíanse na plataforma. Sen dúbida, isto foi un dos éxitos do proxecto, pois as familias colaboraban desde dentro do propio proxecto e eran parte integrante deste.

Realizáronse moitos experimentos onde aprendemos todos seguindo unha metodoloxía activa, construtivista e integradora. Ademais os alumnos familiarizáronse no manexo das TIC e no uso de diferentes ferramentas dixitais.

A colaboración cos alumnos doutros países era parte da súa actividade diaria, é dicir, todos formaban parte dunha única aula.

Por outra banda, tamén houbo que resolver problemas que nos ían xurdindo. Como anécdota, nunha das partes do proxecto, sobre “os experimentos de inverno” non todos os alumnos puideron experimentar co xeo e mais a neve, xa que cada país tivo que adaptarse á súa meteoroloxía.

Tamén traballamos con materiais reciclados como latas metálicas para construír un xogo magnético; os imáns realizáronos os alumnos e as caixas forráronse con fotografías dos alumnos de todos os países. Con todo este material realizouse unha exposición no centro para facer partícipe toda a comunidade educativa.

Durante todo o curso os nenos puideron experimentar e xogar libremente no recuncho dos científicos con lupas, balanza, minerais, probeta… Introducirse no método científico foi case algo máxico para eles.

 

O éxito deste proxecto é de todos os socios cos que traballamos. Xuntos formamos un grande equipo. Pedímoslles aos nosos socios que nos falen da súa experiencia neste proxecto.

Gloria García Ruano (CEIP Patacona Alboraya, Valencia, España):

Para os alumnos o proxecto foi moi enriquecedor, aprenderon a utilizar o método científico, introducíronse en leis físicas, reaccións químicas e fenómenos electrónicos. Pero todo iso xogando e compartindo os experimentos con nenos doutros países que se convertían cada día en novos compañeiros de aprendizaxe.

eTwinning para min como docente cambioume a forma de traballar, permitiume crecer como mestra coas experiencias doutros profesionais. Ademais, é unha gran motivación para enfrontarme cada día co gran reto de ensinar.

Grazas polo recoñecemento do meu traballo co Premio Nacional, é un incentivo para seguir traballando desde eTwinning con ilusión. Grazas eTwinning.

María Ascensión Jiménez Lizán (CEIP Diego Velázquez, Albacete, España):

Este proxecto supuxo a introdución dos alumnos de 4 anos nas actividades científicas. O alto grao de motivación conseguido asegúranos o desenvolvemento dunha actitude positiva ante os posteriores contactos que teñan os nosos alumnos coa ciencia.

O resultado foi totalmente positivo, os alumnos participaron activamente e colaboraron entre eles axudando aqueles alumnos que tiñan maiores dificultades ca o resto. É salientable o feito da alta participación das familias no proxecto animando os seus fillos a seguir experimentando na casa e achegando novos experimentos á clase. Aos alumnos encántalles que os seus pais veñan ao colexio a ensinarlles cousas aos seus compañeiros.

Para min eTwinning ábrelle as fiestras da miña clase ao resto de España e de Europa e supón coñecer e traballar xunto a mestras e mestres coa miña mesma ilusión e visión do mundo. Aprendín moito deles e espero seguir facéndoo. O Premio Nacional é un orgullo e supón un gran recoñecemento polo traballo realizado.

Danica Zver (Vrtec Šentvid ,Ljubljana, Eslovenia):

No proxecto participaron nenos eslovenos dun xardín de infantes Vrtec Sentvid de Ljubljana, polo que as clases e grupos de nenos de escolas e xardíns de infancia intercambiaron experimentos científicos, aprenderon de países socios e utilizaron novos coñecementos sobre as TIC. Producimos unha serie de vídeos de experimentos e velos foi un evento especial para todos nós, o que nos deu un impulso para novos debates e alentou os estudantes a coñecer os nenos participantes e os seus países. O contido e as ferramentas das TIC que se utilizaron foron adecuadas para a idade dos nenos involucrados e iso foi, tanto para os nenos coma para min como mestra, todo un desafío. Traballar e colaborar neste e noutros proxectos eTwinning, cun grupo de docentes europeos, deume un novo coñecemento, a oportunidade de intercambiar boas prácticas e de coñecer persoas excepcionais, únicas, a súa intuición e mais o seu desexo de traballar, ensinar mellor. Estou orgulloso de ser parte disto. Traballarmos xuntos en eTwinning foi unha grande experiencia e alegría.

Nalan Uysal (Sabiha Gökcen Ilkokulu Gaziemir Izmir, Turquía):

Realizamos estudos individuais antes de explorarmos con nenos, observando o cambio no obxecto, para que puidesen demostrar as súas habilidades de aplicación. Máis tarde, fixemos un traballo en grupo para que aprendesen a cumprir coas súas responsabilidades e resolver problemas con outros, a obter a capacidade de seguir as regras, a gañar confianza nos ámbitos sociais e a compartir. Enriquecemos e facilitamos o noso proceso educativo ao facer uso das nosas experiencias da vida diaria. Aseguramos a continuidade do coñecemento e as habilidades adquiridas entre a escola e o fogar e a oportunidade para que os nenos se divertisen. Grazas á nosa estratexia de ensino, método de proba e método de resolución de problemas, utilizamos as funcións cognitivas máis altas, como a análise e a xeneralización e sintetizando as nosas mentes. Deste xeito, axudamos os nenos a desenvolver as súas habilidades existentes e a adquirir novas habilidades. Démoslle máis importancia ao proceso ca ao resultado e centrámonos nos esforzos dos nenos. Estoulles moi agradecida a todos os meus compañeiros.

Zuzana Garajová (ZŠ s MŠ Vlkanová Vlkanová, Eslovaquia):

Este proxecto tivo un impacto positivo no desenvolvemento do coñecemento científico, as habilidades de comunicación, a cooperación mutua na experimentación, o desenvolvemento dun comportamento responsable e a autoconfianza. Xunto cos nenos gozamos moito coa posta en práctica de experimentos individuais.

A participación neste proxecto foi un gran beneficio para min. eTwinning bríndame un espazo para o desenvolvemento persoal e profesional, a oportunidade de coñecer grandes persoas: novos amigos. Os proxectos brindan unha gran cantidade de ideas inspiradoras e motivan a inventar actividades novas, interesantes e divertidas para os nenos. Os nenos coñecen os nenos doutros países, o seu país, a cultura e mais as tradicións, que é un requisito previo para a tolerancia mutua.

Ligazóns do proxecto:

https://twinspace.etwinning.net/44384/home

https://view.genial.ly/5a888d0723d0155d7a5ce043/lets-experience-and-learn

https://issuu.com/nalanuysal/docs/merged_5e6aaad71b1e46

Fonte das imaxes: elaboración propia

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *