Premio Nacional eTwinning 2019: “Little Vets without borders”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Little Vets without borders”

“Little Vets Without Borders” é un proxecto eTwinning no que os alumnos forman parte dun enxeñoso grupo de veterinarios sen fronteiras que traballan formando subgrupos denominados “kingdoms” (reinos), con alumnos de Turquía, Finlandia, Polonia, Italia, Romanía, Ucraína e Armenia.

O proxecto non foi un proxecto só de mascotas, foi un proxecto cunha mirada social permanente, onde os alumnos traballaron para aprender, non só sobre os animais, senón para ser mellores cidadáns e axudar desde o centro escolar a mellorar os nosos barrios e cidades.

Traballaron en grupos internacionais, individualmente, en gran grupo ou compartindo tarefas con alumnos de ciclos superiores.

Como coordinadora do proxecto (Yolanda Moya) podo dicir que este foi un proxecto de currículo transversal, no que participaron varios docentes do propio centro e dos centros europeos, onde a coordinación non foi fácil pero traballouse sen problemas grazas á boa actitude e predisposición de todos os compañeiros. Inicialmente a coordinación do proxecto estableceuse entre Yolanda Moya (España) e unha docente de Bulgaria. Ás dúas semanas de iniciar o proxecto esta segunda coordinadora deixou de asumir o seu rol. Este feito puxo en perigo a continuidade do proxecto e finalmente solucionouse coa motivación e mais as ganas de seguir adiante co proxecto de Yolanda Moya que foi quen asumiu a totalidade da tarefa de coordinación. Todas as actividades estaban organizadas con anterioridade, faladas e pactadas cos profesores responsables e o papel e a temporización de cada actividade establecida nun documento “vivo” que se utilizaba como puntal do proxecto.

Déuselles aos alumnos a iniciativa en moitas actividades para que asumisen parte da responsabilidade co seu traballo e aumentar a súa motivación e apego ao proxecto. Houbo moitos miniproxectos onde se traballou de varias formas e en que se deu conta da avaliación da actividade, a autoavaliación dos alumnos e a dos docentes implicados.

O proxecto levouse a cabo xeralmente desde a área de lingua inglesa. Os alumnos practicaron a súa competencia oral a través dun contexto de comunicación que incluía aplicar as habilidades de fala e escoita de textos simples relacionados cos seus intereses. Traballaron a competencia lectora e a escritura lendo e escribindo palabras e frases simples en xogos como as adiviñas en “word clouds” ou axudando a mestra a escribir palabras e adxectivos para formar as historias en liña entre outras actividades. Á parte da lingua inglesa, ao traballar a través do Twinspace, os alumnos desenvolveron as súas habilidades TIC en actividades de colaboración e cooperación en liña. Estas actividades foron traballadas de xeito transversal desde a aula de música, coa axuda de Anna Segurañas (mestra de música), ciencias, arte ou na área de Educación en valores de onde xurdiron ideas como os carteis para recoller as feces dos cans e así manter a cidade limpa, a recollida de alimentos ou a importancia da adopción de mascotas coa axuda e o traballo da titora do grupo, Marta Teruel, que participou tamén desde o principio en moitas das actividades TIC e en varias videoconferencias.

Un dos grandes logros foi a posible participación dos alumnos de educación especial no proxecto. Ao ser moitas das actividades “abertas” en moitos sentidos, estes alumnos puideron participar e comunicarse como os seus compañeiros adaptando o seu nivel de traballo grazas á mestra de Educación especial Maria Badet. Os alumnos aprenderon e gozaron da experiencia á vez que desenvolvían a súa competencia social e cidadá (suxerindo ideas para mellorar a limpeza das feces nos nosos barrios, negociando ideas en común para a recollida de alimentos, coñecer o traballo dos nosos veterinarios e albergues para mascotas abandonadas, a ser responsables das nosas mascotas, …). Todo o traballo realizado polos alumnos traspasou os muros da escola xa que implicou as familias, amigos, veciños e mais o alcalde coas súas pequenas accións sociais.

Entre os materiais que se crearon neste proxecto destacamos as campañas de recollida voluntaria de alimentos, as campañas de limpeza dos nosos barrios, de concienciación sobre o feito de ter mascotas, a creación da enciclopedia animal en liña, a adopción en liña de dous gatos da asociación Girogats, o dicionario de linguaxe das mascotas, a creación do libro de aventuras dos nosos gatos adoptados e a canción e posterior creación do videoclip do proxecto entre moitas outras actividades. En todas e cada unha destas actividades interdisciplinarias e colaborativas, os nosos alumnos gozaron traballando, aprendendo e colaborando entre eles para crear un proxecto común e achegar entre todos un grauciño de area para unha sociedade mellor.

Foi un ano de traballo realmente intenso, onde as accións e actividades en liña se encadeaban unha detrás doutra durante todo o ano, pero realmente foi moi gratificante ver como un proxecto tan grande se puido traballar e coordinar desde a nosa escola e como moitos docentes, familias e todos os alumnos se implicaron con moitas ganas e ilusión.

Obter o Selo de Calidade e posteriormente o premio Nacional eTwinning na categoría de 7 a 12 anos foi para as mestras implicadas, e para o centro en xeral, unha grande alegría e un recoñecemento importante ao noso traballo, así como unha oportunidade para diseminar boas prácticas educativas, dándonos ás para seguir traballando, achegando e mellorando os nosos proxectos ano tras ano.

Twinspace do proxecto: https://twinspace.etwinning.net/47990/home

Fonte das imaxes: TwinSpace do proxecto

Artigo redactado por Yolanda Moya Serra e Marta Teruel Cardona

 

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *