TransMission for the Global Goals

TransMission for the Global Goals

O noso proxecto TransMission for the Global Goals nace da evolución constante de tres proxectos eTwinning anteriores (Interesteen, Interacteen e RadioActive). É o resultado da mellora continua desde aquela semente que foi Interesteen no curso 2014/2015.

Da idea inicial “crear unha revista”, que recollese as inquietudes dos nosos adolescentes, a proxectar unha estación de radio en liña hai só milleiros de horas de traballo, conversacións a horas incribles por Whatsapp, Twitter, Forums da plataforma, entrevistas a persoas da comunidade educativa de cada centro implicado e unha infinidade de ideas creativas que desencadearon por cuarto ano consecutivo nunha ambiciosa montaxe na que participamos 11 profesores/as, 215 estudantes, de seis países europeos de oito centros de educación secundaria diferentes (Italia, Francia, Grecia, Irlanda, Polonia e España).

Transmission, como adoitamos cariñosamente referirnos a este proxecto, ademais supoñía un novo reto no que buscamos organizar o produto final cunha elaboración moito máis autónoma por parte do alumnado, pois eran eles/as os que tomaron as decisións máis básicas e importantes tales como elixir slogans, formatos de audio e vídeo, a quen entrevistar, así como autoavaliarse e, sobre todo, como mostrar, transmitir todo o que aprenden seguindo as súas iniciativas persoais que poñen en común a través do FORO.

O labor dos/as titores/as, que xa viña funcionando estupendamente desde Interacteen (2015) implementouse en Transmission de xeito extraordinario tal como podemos comprobar na fotografía superior esquerda. E a autoavaliación foi unha ferramenta moi eficaz para que valorasen os seus avances como ilustra a imaxe dereita de arriba.

Integramos os departamentos de Inglés dos seis institutos europeos, e os departamentos artísticos de Educación Plástica e de Música do IES Albert Einstein.

A nivel persoal queremos engadir as sensacións que produciu nos/as profesores/as implicados/as e a opinión de varias/os alumnas/os a seguir.

        O mundo eTwinning supuxo na nosa vida profesional un cambio de estratexias metodolóxicas que orixinou unha remodelación da nosa forma de ensinar e aprender. Empezamos un achegamento ao mundo das TIC e ao uso do inglés como lingua vehicular, que nas áreas non lingüísticas era en principio un hándicap. Pero por riba de todo, unha aprendizaxe continua que nos supuxo ir avanzando en relacións persoais, co noso alumnado e o alumnado europeo, con profesoras/es de países europeos cos que nun primeiro momento pensabamos que xamais poderiamos conectar tan ben e coas familias que paseniñamente se van implicando tamén nesta aventura a través dos intercambios que xurdiron a raíz destes marabillosos proxectos eTwinning. Non por ser a terceira vez que nos premian deixa de ser unha satisfacción o recoñecemento a nivel de centro, autonómico e estatal que nos brinda a oportunidade de volver reunirnos en Madrid para seguir aprendendo uns/as doutros/as.  Moitas grazas por darnos este oportunidade de seguir innovando cada día desde o noso humilde, pero precioso traballo.

Puedes visitar el TwinSpace del proyecto: https://twinspace.etwinning.net/46178/home

Docentes galardonados en este proyecto: Carmen Mellado Álvarez, Dolores Rodríguez Estacio, Yolanda Jara Aroca y Jesús Hernández del Valle.

 

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Proxectos destacados Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *