¿Que significa ser Centro eTwinning?

¿Que significa ser Centro eTwinning?

eTwinning promove a colaboración entre centros educativos de toda Europa a través do uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación, contando actualmente con 38 Servizos de Apoio Nacionais. Este ano e por primeira vez, o Servizo Central de Apoio eTwinning puxo en marcha a iniciativa “eTwinning school” (centros eTwinning en España) para poñer en valor aqueles centros que teñen unha actividade relevante neste programa.

Optar a este recoñecemento supón ter cumprido unha serie de requisitos entre os que se atopan ter un equipo de docentes colaborando en actividades, demostrar que se traballa a seguridade en liña ou que polo menos dous grupos de estudantes participaran en proxectos, entre outros aspectos. Nesta primeira convocatoria, 1211 centros de toda Europa obtiveron este recoñecemento, dos cales 94 son españois.

A continuación recóllense algunhas reflexións de centros que foron galardoados, que poden servir de exemplo ou guía de como resultou este proceso, recollidas no IV Webinar do grupo eTwinning equipos directivos: innovando a través deTwinning, onde Isabel Tomás (IES Arquitecto Ventura), Carmen Mellado (IES Albert Einstein) e Luís Zarco (CEIP el Santo) contaron de primera man como o viviran nos seus centros.

Para que serviu ós centros o proceso de solicitude?

Luis Zarco, como director dun dos 94 centros galardoados, cóntanos que o proceso de solicitude supuxo unha reflexión sobre a situación actual do seu colexio. Ademais de permitir revisar e recompilar documentación en torno ó traballo desenvolto con eTwinning (difusión, permisos e autorizacións,…), permitiulles revisar diferentes aspectos sobre seguridade na rede, así como coñecer novas ferramentas que, desde o punto de vista da xestión de centros, resultáronlles moi prácticas, como por exemplo o Plan de Acción personalizado de eSafety. Igualmente puideron reflexionar e adoptar medidas concretas sobre o uso de imaxes. Engade que tamén lles permitiu coñecer novas formas de traballar a seguridade en liña, concretamente a través do selo eSafety. A partir de aí programaron actividades para participar no Día de Internet Seguro, están preparando o Regulamento de Uso Aceptable e mellorando a súa programación do Plan TIC para abordar contidos relacionados coa seguridade en liña.

Unha liña de traballo que nos identifica como centro

 A visión de ser un Centro eTwinning axuda a que o centro no seu conxunto asuma como propio o programa eTwinning. Do mesmo xeito, e dende o punto de vista do equipo directivo, enténdese que non é cousa dun só docente  poñer en marcha un proxecto, que por suposto sempre ten un valor, senón que é un asunto de centro no seu conxunto e que, polo tanto, atinxe á dirección do mesmo implicándoa nos niveis que se determinen.

Supón un recoñecemento ó traballo ben feito, á vez que pode supoñer un recoñecemento da administración, resulta importante de cara a ser elixidos como socios en novos proxectos, cambia a mentalidade das familias sobre o centro, mantén ó claustro motivado para seguir traballando no cambio metodolóxico cara métodos máis participativos; en definitiva, axuda a crear conciencia de centro.

Que repercusións se esperan ó ser recoñecido como Centro eTwinning?

O pasado mes de abril coñecemos os nomes dos primeiros centros eTwinning europeos. Un mes despois, algunhas das consecuencias que podemos adiantar sobre a súa repercusión actual e futura serían:

  • Dar a coñecer o Proxecto do centro, mellorar a consideración do mesmo por parte das diferentes Administracións o que  implica ter superado uns criterios de calidade avaliados neste caso polo Servizo Nacional de Apoio eTwinning.
  • Aumento do interese por parte das familias cara o mesmo programa, e quizais, ampliar a participación destas en futuros proxectos.
  • Recoñecemento por parte do claustro de liñas de traballo relacionadas con eTwinning; tanto o profesorado definitivo como aqueles que por distintas circunstancias chegan cada curso.
  • Descubrimento por parte do alumnado dun novo valor no seu traballo.
  • Adquisición de maior visibilidade do centro, o que pode favorecer  atopar socios de proxectos eTwinning ou Erasmus+.

Dende o punto de vista dos equipos directivos, asumir ser centro eTwinning pode levar a:

  • Mellorar os equipos de traballo, establecendo redes de colaboración dentro do propio centro.
  • Adquirir conciencia da importancia da difusión cara o exterior (familias, localidade, outros centros) das boas prácticas.
  • Ter ferramentas que permitan abordar a seguridade en Internet ó proporcionar entornos de traballo seguros.
  • Impulsar metodoloxías orientadas ó desenvolvemento competencial do alumnado.
  • Promover o uso das TIC por parte do profesorado e alumnado en contornos de traballo seguros.

Artigo realizado por Luis Zarco (director do CEIP o Santo, e dinamizador do grupo eTwinning “Equipos directivos: innovando a través de eTwinning”) e Marta Fernández (asesora do Servizo Nacional de Apoio eTwinning España).

Fonte imaxe: Servizo Central de Apoio eTwinning.

Comparte esta noticiaTweet about this on Twitter
Twitter
Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
eTwinning School Recomendacións Reconocimientos eTwinning Últimas noticias
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *