Reading in Community

Reading in Community

Reading in Community é un proxecto de animación á lectura e desenvolvemento da competencia lingüística centrado na obra de Antoine de Saint-Exúpery ‘ El Principito‘. O proxecto foi realizado entre centros escolares de Francia e España e vai dirixido a alumnos de Educación Infantil. Destacamos unha cuidadosa planificación de actividades e un alto nivel de coordinación e comunicación entre as docentes participantes en canto ós temas e as actividades desenvoltas. O proxecto proporciona múltiples oportunidades para que os alumnos entren en contacto coas producións dos seus compañeiros e aprendan a valorar e emitir xuízos sobre traballo realizado polos centros socios. Debemos destacar tamén a implicación das familias, ás que se lles informa do proxecto desde o principio e son partícipes en varias actividades. Tamén é reseñable a avaliación dos alumnos, que identifican os contidos preferidos do proxecto. Gracia Moya, docente participante no CEIP ‘Gloria Fuertes’ de Jaén descríbenos a estrutura básica de planificación do proxecto e proporciónanos enlaces ós resultados do mesmo.

O proxecto ‘Reading in community‘ xira en torno á lectura compartida en familia e no centro educativo da obra de Antoine de Saint-Exupéry “El Principito”. Desenvolveuse durante todo o curso escolar en España e en Francia con alumnado 4 e 5 anos. Na súa posta en marcha sentimos a necesidade de achegarnos a unha segunda lingua, disfrutando co intercambio de producións, inquietudes, coñecementos, regalos, videoconferencias…, producindo un enriquecemento personal que nos levou a coñecer outra cultura, sentirnos europeos desde a cercanía que nos fixo sentir o desenvolvemento do proxecto. Vivir a experiencia e a complicidade entre o alumnado foi un momento especial no que todos colaboraron na aprendizaxe dos seus novos compañeiros. A actividade  resultou moi gratificante para o alumnado e profesorado posto que houbo un enriquecemento mutuo.

actividad creativa 2 reading community

Obxectivos:

  • Coñecer outras culturas, outras formas de ver o mundo.
  • Desenvolver as competencias comunicativas, creativas e artísticas a través dunha obra literaria.
  • Crear o desexo de comunicar a través de diversas linguaxes de forma lúdica, construtiva e significativa.
  • Valorar a literatura como medio de expresión e intercambio de pensamentos.
  • Fomentar o interese por aprender o idioma dos países participantes no proxecto.
  • Integrar ás familias nas propostas do proxecto.
  • Dar vida á biblioteca e espazos do centro, abrindo as portas  ás familias.

Áreas curriculares e contidos abordados:

actividades creativas 1 reading in community

Coñecemento de sí mesmo e autonomía personal.

  • O corpo e a propia imaxe: identificación de características propias, esquema corporal, sentidos, emocións, empatía…
  • A actividade e a vida cotiá: autonomía, iniciativa, esforzo, atención, constancia, cooperación, afectividade…

Coñecemento do entorno.

  • Medio físico: Elementos, relacións e medida: exploración de obxectos, numeración, tempo.
  • Achegamento á natureza: Curiosidade, respecto, coidado, relación…, cos animais e plantas.
  • Cultura e vida en sociedade: familia, relacións afectivas, a cidade, identidade cultural, relacións respetuosas e afectivas con outros nenos e nenas, Europa, interese por outras culturas.

Linguaxes: Comunicación e representación.

  • Linguaxe verbal: escoitar, falar e conversar en español e francés, Aproximación á lingua escrita, acercamento á literatura:
  • Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación: ordenador, cámara, videoconferencia, tablet…
  • Linguaxe artística: expresión plástica, música, teatro…
  • Linguaxe corporal: expresión e dramatización corporal, xogo simbólico, danza

trabajo con tablet reading community

Fases do proxecto:

Inicio:

Actividades para coñecerse e desenvolver a empatía entre o alumnado dos centros participantes (cartas, debuxos, fotografías…, sobre a súa identidade e afeccións)

Desenvolvemento: (ver TwinSpace)

  • Presentamos ós socios ós nosos alumnos amosándolles unha presentación coas súas fotos, intereses…
  • Powerpoint da clase, do colexio, da súa cidade, das creacións do alumnado…
  • Intercambio de ideas e investigacións sobre a obra: “El Principito”
  • Deseño de pistas que se resolverán coa lectura de fragmentos do texto na casa e no colexio.
  • Creación de novas historias a partir dos personaxes, escenas da obra, outros planetas…
  • Tertulias de dialóxicos de fragmentos seleccionados para a idade do noso alumnado.
  • Instalacións de xogo simbólico con diferentes obxectos relacionados coa obra literaria.
  • Xogos dramáticos, de representación e creación de diálogos dos personaxes da obra e incorporación doutros imaxinados polo alumnado.

videoconferencia proyecto Reading Community

Avaliación:

Metodoloxía escollida para o desenvolvemento do proxecto.

Aprendizaxe baseada en proxectos, creatividade, traballo cooperativo, enfoque comunicativo, uso das TICs, intelixencia emocional, implicación das familias, intervencións cooperativas intercentros (Instituto e colexio)… Foise documentando todo o acontecido fotografando, filmado anotando ideas que se  organizaron en libros dixitais e vídeos (ver TwinSpace)

Avaliación e difusión do proxecto.

A avaliación levouse a cabo por todos os sectores da comunidade educativa que participaron no proxecto. (ver TwinSpace) difundíndose a través da prensa local de ambos países, a web Hilos para Educar  e no TwinSpace

Beneficios para o centro, docentes e alumnado.

Un proxecto compartido onde a implicación das familias foi un motor emocional primordial no desenvolvemento do mesmo. Coa lectura e o traballo cooperativo nacían novas ideas creativas surxidas da vida de ambos centros.

evaluacion_familias_proyecto_reading_in_community

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte de las imaxes: TwinSpace do proxecto ‘Reading in community’

Proxectos destacados
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *