Rúbrica para un proxecto de calidade: 1. Innovación

Rúbrica para un proxecto de calidade: 1. Innovación

Hai uns días, publicamos un artigo recollendo os criterios para a avaliación dos Selos de Calidade (podes velo aquí). Eses criterios non son únicamente un instrumento para a avaliación por terceiras persoas: tamén pretenden servirnos de axuda ós docentes á hora de planificar e levar a cabo os nosos proxectos.

A calidade non implica necesariamente un proxecto grande, con moita complexidade; a calidade é formularse obxectivos que sexan educativamente efectivos e ser capaces de alcanzalos. Por iso, coñecer e entender estes criterios pode resultar unha ferramenta útil, unha lista de “calidades” que deberíamos intentar introducir nos nosos proxectos desde o principio, aínda que non esteamos pensando en presentarnos logo a Selos de calidade, Premios ou outros recoñecementos.

En semanas próximas, iremos publicando unha serie de artigos sobre os 6 criterios nos que incluiremos unha serie de indicadores a modo de rúbrica, non só para avaliar e auto-avaliar o proxecto na súa etapa final, senón tamén á hora de planificalo desde os seus pasos iniciais.

Comezaremos co criterio 1: “Innovación pedagóxica e creatividade”. A pesar do título, non se trata de inventar novos métodos de ensino en cada proxecto; xa hai moito inventado que podemos incorporar a nosa docencia. Do que se trata aquí é de apartarse un pouco da práctica habitual da aula. Estamos usando unhas ferramentas que non son as cotiás: ordenadores, internet, traballo con alumnos doutros centros… Aproveitemos estas circunstancias para introducir tamén metodoloxías distintas ás do día a día.

Cada criterio ten 6 descritores que responden a distintos niveis de calidade. No caso da innovación pedagóxica e creatividade, son os seguintes:0.Non hai ningunha participación de alumnos ni doutros docentes.

0.  A maior parte das actividades están deseñadas polos docentes  realízanas os alumnos. Non se ofrecen         posibilidades para que estes participen de maneira máis activa…).
1.El proyecto se diseña e implementa para que los alumnos interactúen con sus compañeros y además organicen el trabajo de forma variada (individualmente, en subgrupos, en equipos internacionales…).
2. Polo menos algunhas actividades deséñanse utilizando metodoloxías distintas da clase expositiva. Os métodos de traballo permiten que os alumnos interactúen co seus socios (por exemplo, comparando información, traballando xuntos para obter un produto común…).
3. O proxecto deséñase e impleméntase para que os alumnos interactúen cos seus compañeiros e ademais organicen o traballo de forma variada (individualmente, en subgrupos, en equipos internacionais…).
4.O proxecto promove unha pedagoxía interactiva e colaborativa: os métodos de aprendizaxe identifícanse con claridade (recollida de información, traballo comparativo, resolución de problemas, creación colaborativa: literaria, artística, técnica, científica, periodística…).
5.Ademais de todo o descrito no punto 4, existe unha forte relación entre o rigor académico e a creatividade na xestión e desenvolvemento do proxecto. Hai orixinalidade no tema de traballo elixido.

Un exemplo de calidade neste aspecto é o proxecto “Cyberdiscovery”, de M.ª del Carmen Rodríguez, no IES “Viera y Clavijo”, San Cristobal da Laguna, que foi Premio Nacional eTwinning 2015. Podes ver un artigo sobre este proxecto, incluíndo enlaces ós seus resultados, picando aquí

Como ves, os tres conceptos principais son a variedade metodolóxica, a colaboración e o protagonismo ós alumnos (máis alá do papel de simples “realizadores de actividades”) ¿En que nivel clasificarías a túa práctica docente habitual? ¿Ata onde queres chegar no teu proxecto?

Fonte de las imaxes: Servizo Nacional de Apoyo eTwinning.

Reconocimientos eTwinning
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *