Rúbrica para un proxecto de calidade: 3. Comunicación e interacción entre centros socios

Rúbrica para un proxecto de calidade: 3. Comunicación e interacción entre centros socios

Este é o terceiro dos seis artigos que teñen como obxecto presentar os indicadores dos distintos criterios da Rúbrica para avaliar a calidade dun proxecto eTwinning (Podes ver os 6 criterios de calidade picando aquí). Neste caso, o criterio que imos presentar é o da Comunicación e interacción entre centros socios. Este criterio avalía a calidade das actividades de comunicación que os docentes deseñan para/con os seus socios e alumnos co obxecto de compartir o traballo realizado sobre os temas tratados no proxecto.

Nun proxecto eTwinning, a comunicación e interacción entre os actores do proxecto é un requisito mínimo indispensable. Comunicación e Interacción entre os docentes socios, necesaria no inicio para consensuar e debater o deseño e planificación do proxecto, así como en cada etapa de su desenvolvemento e na súa finalización. Comunicación e interacción tamén entre os alumnos, necesaria para coñecerse, traballar, compartir resultados e/ou tomar decisións conxuntas ó levar a cabo as distintas tarefas do proxecto dirixidas á consecución dun produto final conxunto.

O grao de comunicación conseguido nos procesos de comunicación e intercambio de información entre docentes e alumnos marcará a diferenza tal e como o explican os indicadores da rúbrica. Tamén, marcará a diferenza o tipo de comunicación utilizada, que pode ser tanto individual, como en pequenos grupos e que puede incluír distintos propósitos: votacións, concursos, etc. deseñados para animar ós alumnos a ler, oír ou ver o traballo dos seus compañeiros.

red de docentes conectados

Estes son os indicadores de calidade graduados do mínimo ó máximo grao para o criterio de “Comunicación e interacción entre centros socios” ¿Tes pensado iniciar un proxecto en eTwinning? ¿Tes algún proxecto en marcha? Aplica estes indicadores a túa idea e úsaos como unha rúbrica ¿En que posición estás?

  1. As actividades planificadas non esixen a comunicación entre os alumnos para poder realizarse. Os alumnos limítanse a crear unha variedade de producións e compártenas no TwinSpace ou outra ferramenta parecida sin que exista interacción ou reacción a esas comunicacións. Ningún ou moi poucos alumnos usan o TwinSpace ou outras ferramentas de comunicación: podería tratarse dun simple intercambio de correos con información persoal, pero son os docentes os que soben o traballo dos alumnos á plataforma.
  2. Os alumnos socios crean unha variedade de producións e compártenas no TwinSpace ou outra ferramenta similar externa. Porén, os docentes propuxeron poucas actividades (ou ninguna) que aseguren que os alumnos comparten e se comuniquen de maneira real. Os alumnos de cada país traballan por separado, existe pouca coordinación nos temas tratados polos docentes asociados.
  3. Os alumnos compartiron os seus produtos e estes foron mellorados coas aportacións dos seus socios; xa que os docentes propuxeron actividades específicas para que se produza a interacción entre os alumnos dos diferentes países. Os diferentes centros traballaron os mesmos temas seguindo instruccións comúns ou similares, polo que os alumnos sentiron curiosidade por ver as creacións dos seus compañeiros e reaccionaron ás mesmas. Compartíronse temas (propostos polo profesor), pero non o suficiente para realizar un produto final común no TwinSpace ou outra ferramenta.
  4. A información compartiuse con obxectivos claramente definidos: comparación, profundización na aprendizaxe, ampliación dos horizontes do alumno. Estes obxectivos alcanzáronse mediante procesos de ensino deseñados polos docentes e postos en práctica polos alumnos grazas a una correcta comunicación entre os alumnos que foi un obxectivo primordial guiado polos docentes (excelente uso das ferramentas de comunicación do TwinSpace ou outras tales como Videoconferencia…). O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos; o material está organizado, pero non hai un produto final compartido, o traballo final dos alumnos sóbese a un TwinSpace –ou outra plataforma- ben organizado, aínda que esa comunicación non teña desembocado nun produto final colaborativo.
  5. Ademais do anterior, os docentes favoreceron os intercambios e o compartir información como un primeiro paso cara o traballo de colaboración entre alumnos. O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos, hai un resultado final..

alumnos interaccionando

A comunicación entre os docentes é un elemento crucial na planificación dun proxecto, pero débese manter ó largo de todo o proceso revisando, modificando e reconducindo, se fora necesario, o planificado de maneira consensuada para conseguir os obxectivos propostos. Un exemplo de calidade en comunicación entre docentes é a proposta de Juan F. Peñas Viso do CPEIP San Babil, Navarra que describe, nun artigo na nosa web, un magnífico exemplo de comunicación entre docentes e no que inclúe consellos e ferramentas moi útiles paras levala a cabo. (Podes chegar ó artigo picando aquí)..

Conclusión: Busca o consenso e fomenta o debate cos teus socios na planificación e desenvolvemento do proxecto. Asegúrate de dotar o teu proxecto eTwinning coas ferramentas e situacións necesarias para que os teus alumnos se comuniquen.

Fonte imaxes: SNA eTwinning.

Reconocimientos eTwinning
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *