Grupo eTwinning Virxilio

Grupo eTwinning Virxilio

Recomendacións Titoriais Live

Do mesmo modo que Virxilio axudou a Dante a atopar o camiño cara ao Paraíso na Divina Comedia, o Grupo Virxilio vaiche axudar a atopar o camiño no mundo eTwinning. Anímaste a empezar esta viaxe?

Hai uns meses, coincidindo coa posta en marcha do eTwinning Live, tres embaixadoras italianas crearon un grupo (en inglés) co obxectivo de guiar os docentes no mundo eTwinning: o Grupo Virxilio. Neste grupo, calquera eTwinneiro (xa sexa que se acaba de incorporar ou con experiencia) pode formular preguntas, obter respostas e compartir todo tipo de información e contido sobre o mundo eTwinning.

Unha vez apuntado no grupo, tes a opción de realizar un cuestionario co que saberás en que nivel eTwinning estás: Nivel 1- Perdido; Nivel 2- Escalando; Nivel 3- No Paraíso. Cada nivel ten a súa propia páxina, e cada unha destas páxinas conta con distintos contidos (actividades, xogos, foros, titoriais,…) acorde ao nivel correspondente. Ademais, este grupo tamén conta cunha páxina dedicada a eTwinning Live, con titoriais e pequenas actividades. Outro punto que cómpre salientarmos é o foro específico para a busca de socios e socias para os nosos proxectos.

 

Estructura de páginas del grupo eTwinning Virgilio
Estrutura do grupo Virxilio

Con máis de 2000 membros, o Grupo Virxilio é un dos máis numerosos de eTwinning a día de hoxe. Desde o SNA, animámosvos a que vos apuntedes, tanto se sodes novos en eTwinning coma se non, e aproveitedes todos os beneficios que este grupo vos pode ofrecer.

Icono búsqueda de socios grupo Virgilio
Icona busca de socios grupo Virxilio

Pica no seguinte enlace se necesitas información sobre como unirte a un grupo eTwinning: http://www.slideshare.net/SNA_etwinning/cmo-unirse-a-un-grupo-e-twinning

Fonte das imaxes: Grupo Virxilio en eTwinning Live