“Mille et une pistes… e dous detectives”

“Mille et une pistes… e dous detectives”

Premios eTwinning 2015

Mille et une pistes… e dous detectives  é un proxecto galardoado nos premios nacionais eTwinning 2016 na categoría de idade 12-15 anos. Estamos ante un proxecto, integrado no currículo de Linguas Estranxeiras, con alumnos de 13-14 anos, que serviu de ferramenta para os profesores e alumnos para coñecerse, colaborar e realizar un intercambio a final de curso, todo perfectamente planificado e executado. A forma de traballo plantexada  é orixinal, potenciando en todo momento a colaboración, implicación e creatividade dos alumnos. E consígueo grazas a unha planificación rigorosa, a unha distribución de tarefas e roles clara e un uso amplo de ferramentas dixitais apropiadas para a idade do alumnado. A metodoloxía do proxecto é activa, as actividades potencian a creatividade, busca o coñecemento do compañeiro e a interacción continua, converténdose os alumnos nos verdadeiros protagonistas. Juana Hermoso, coordinadora do proxecto no IES Ítaca, descríbenos o desenvolvemento desta experiencia no seu centro escolar.

Mille et une pistes… e dous detectives” é un proxecto de colaboración entre os alumnos do Colegio Voltaire (Francia) e do IES Ítaca (España). A través de enigmas, os alumnos fóronse coñecendo e foron descubrindo a cultura do país do que estudan a lingua, antes de encontrarse en persoa mediante un intercambio que tivo lugar a finais de curso. Ó longo do proxecto os alumnos repartíronse en grupos para realizar as tarefas. Crearon dous personaxes, os detectives, que se convertiron no fío condutor de todo o proxecto: inventaron os seus nomes, crearon os seus retratos e elixiron entre todos o aspecto final dos personaxes. Finalmente crearon estes personaxes de maneira virtual, dotándoos de voz e movemento. Para os alumnos foi unha maneira divertida e atractiva de aprender outra lingua e descubrir unha nova cultura coas súas semellanzas e diferenzas. Desenvolvéronse as destrezas comunicativas, valorando e respectando unha nova cultura e potenciando a conciencia europea.

 

nube palabras

Tras a finalización do Proxecto poidemos constatar que se cumpriran os obxectivos plantexados ó comezo do mesmo e cun alto grao de satisfacción.

Durante o desenvolvemento do proxecto as dificultades foron mínimas pois contamos con moi boa disposición por parte do alumnado, que estiveron sempre moi receptivos e moi ilusionados co mesmo. Os alumnos convertéronse nos verdadeiros protagonistas do desenvolvemento do proxecto participando activamente en todas as tarefas, as cales se organizaron en grupos colaborativos con membros do mesmo país ou grupos de alumnos dos dous países.  O traballo en equipo e os intercambios de información foron imprescindibles e constantes ó longo do proxecto. Profundizouse no uso das TIC con ferramentas xa coñecidas polos alumnos e coa introdución de moitas outras novas; o uso de ditas ferramentas serviu para plasmar a creatividade e a autonomía dos alumnos. O uso do blog foi un soporte idóneo para amosar o noso traballo e  organizámolo de maneira que se poideran ver facilmente todas as etapas do proxecto: obxectivos, temporalización, metodoloxía e reparto de tarefas entre os alumnos.

Traballando en equipo os alumnos déronse conta da importancia e o papel que desempeñaban no proxecto, así como da diversidade de ideas e opinións que cada un podía aportar. O intercambio de información supuxo para os alumnos enfrontarse a unha lingua auténtica ó contactar con locutores nativos, practicando a lingua en situacións reais de comunicación. Os alumnos gañaron en confianza e abriron a súa mente a outra cultura, reforzando o sentimento de pertencer á comunidade europea. Algunhas das competencias desenvoltas foron: competencia comunicativa, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender, social e cidadá, cultural e artística, tratamento da información e competencia dixital.

 

Este proxecto permitiu conciliar as esixencias da clase de lingua estranxeira, a creatividade dos alumnos e o desenvolvemento das competencias. Os resultados foron moi positivos: os alumnos progresaron considerablemente no uso da lingua, máis conscientes disto tras o regreso da viaxe/intercambio. Manexaron de maneira sorprendente as ferramentas audiovisuais, aínda que moitos deles  utilizábanas por primeira vez debido a súa curta experiencia con elas. Ó mesmo tempo aprenderon moitos aspectos da cultura do outro país (Francia e España), principalmente tras a estancia en ambos países e establecéronse lazos de amizade entre os estudantes

actividad del proyecto

Ó longo do proxecto foi necesario unha boa planificación e o contacto continuo entre os alumnos e as profesoras para poñernos dacordo  nas tarefas a realizar, o procedemento a seguir e as ferramentas a utilizar. Contactamos principalmente a través do correo electrónico e fixemos unha utilización moi efectiva de TwinSpace, do foro, do chat, dos materiais, etc. Ó introducir ferramentas novas  intercambiamonos titoriais co fin de aprender o seu manexo con maior rapidez.

photostory del proyecto

A modo de resumo, creouse un libro dixital como produto final onde se recolleron todas as tarefas relacionadas cos personaxes e a resolución dos enigmas que plantexaban. Os alumnos traballaron en grupos mixtos e encargáronse do deseño e confección do mesmo.

De novo Twinspace deunos a oportunidade de ir colocando todas as imaxes, ficheiros de audio, vídeos, documentos escritos, etc, de maneira clara e organizada e así se puido reutilizar todo este material en diferentes fases do proxecto.

Para nós as profesoras o resultado foi moi gratificante ó ver o progreso dos nosos alumnos e o grao de implicación destes nas tarefas. Ademais, o maior logro foi constatar que alumnos con algunhas dificultades para a lingua estranxeira tamén progresaron  dunha maneira satisfactoria. Este proxecto permitiunos descubrir novas ferramentas que complementaron e ampliaron as utilizadas  no proxecto anterior e aumentou a confianza e experiencia para emprender novos traballos.

Grazas ós proxectos desenvoltos ata agora no meu centro, logrouse que eTwinning sexa hoxe en día o espazo de comunicación idóneo para traballar con outros centros e tamén que algúns compañeiros se interesaran por esta plataforma. Atopei sempre nos meus compañeiros e no equipo directivo do centro o ánimo e o apoio necesarios para desenvolver os meus proxectos eTwinning.

En resumo, as profesoras quedamos moi satisfeitas co resultado final e os alumnos manifestárono así na  Avaliación Final.

Personalmente, lograr o Premio Nacional eTwinning 2016  supuxo unha recompensa persoal e profesional que me serve de estímulo para seguir crendo na docencia como base fundamental na formación do alumnado. Os meus compañeiros do Instituto Ítaca e o Equipo Directivo séntense moi orgullosos do recoñecemento que supón para o centro haber conseguido este premio.

 

avatar detective del proyecto

Comentarios dos alumnos sobre o proxecto

 


alumnos del proyecto

“A miña experiencia con este proxecto foi moi boa. Traballamos moito  e entre todos conseguimos sacalo adiante. Aprendín moita información interesante sobre Francia e sobre todo con esta plataforma puidemos achegarnos máis a estes grandes amigos que coñecemos grazas ó proxecto. Encantábaos descifrar os enigmas para ir sabendo máis sobre estes personaxes que fomos creando. Por outro lado, aprendemos a utilizar esta plataforma, que moitos non a coñecíamos. Outro punto moi a favor é que  as profesoras estaban moi implicadas no proxecto e  axudábannos en todo o que necesitábamos. Todo se pode sacar adiante con esforzo, imaxinación e sobre todo ganas.”

Paula Pino Morillo

 

“É unha experiencia que indudablemente volvería a repetir. Coñecín un novo país, novas persoas, unha nova cultura e todo isto mellorando o noso Francés. Desde o principio todo o grupo estivo moi implicado no proxecto e todos tivemos unha boa actitude, grazas a ela, conseguimos sacar este traballo adiante. Esta plataforma ó principio éranos descoñecida, xa que nunca a tiñamos utilizado antes, pero estivemos vendo como funcionaba en clase e na casa e por suposto con axuda da profesora. En resumo, aprendín moitas cousas novas con este proxecto e en especial co intercambio e como dixen volvería  repetir, porque me  aportou moitas cousas, non só mellorou o meu Francés, tamén mellorou a miña relación con compañeiros doutras clases cos que non acostumaba estar.”

 María Rodríguez de Segovia

 

“Estou moi orgullosa de ter participado neste proxecto. Foi unha experiencia única e moi interesante, e estaría disposta a repetila.

Foi unha idea moi orixinal e entre todos e a gran ayuda dos profesores, poidemos facelo e incluso gañar un premio.

Ademais do que nos aportou a todos na aprendizaxe do francés, puidemos coñecer mellor outra cultura e moitas persoas marabillosas coas que vivimos momentos inolvidables, e tamén coñecer moito mellor ós nosos compañeiros de clase. Logramos traballar en equipo todos a unha. Penso que o premio foi merecido xa que é o recoñecemento a un traballo ben feito.”

Ana De La Morena Ontalba

“Tras moitas semanas de esforzo realizando o proxecto, organizándoo, utilizando páxinas de internet que nunca antes usaramos e sobre todo axudándonos  uns ós outros, ó final logramos conseguir un traballo que valeu a pena. Esta experiencia aportoume moitos valores positivos e   uniume moitísimo ós meus compañeiros e deime conta do que realmente era o traballo en equipo, e que poñendo cada un da nosa parte podemos conseguir cousas magníficas. Por outra parte tivemos moi bos compañeiros de viaxe (os alumnos do colexio Voltaire de Francia) cos cales seguimos mantendo aínda o contacto. E sobre todo teño que dar as grazas ás profesoras, Juana,a  nosa profesora e á profesora francesa, Isabelle  que nos deron a oportunidade de participar neste proxecto, nos guiaron e nos animaron sempre. Espero ter a oportunidade de poder realizar outro proxecto pronto. Isto foi unha experiencia que xamais olvidarei.”

María García Verdugo

 

“Ó principio a idea deste proxecto non me chamou a atención, pero conforme fomos avanzando, intimando cos nosos correspondentes e vendo como todo ía collendo unha boa forma, a verdade é que me sentín moi contenta de haber tido a oportunidade de realizalo e compartilo con todas estas persoas que cheguei a coñecer. Este proxecto, nalgúns momentos, resultou duro de realizar, xa que era difícil poñer dacordo a 44 alumnos (22 de cada país) e dous profesores para traballar xuntos, organizarse e chegar a acordos. Sempre me vou  quedar co recordo desa primeira tarefa que fixemos ensinando as partes dos nosos respectivos colexios, cada un facíase unha foto nunha  aula ou zona desta e subíaa a twinspace e entón fomos coñecendo ós nosos amigos franceses. Esta experiencia foi o meu primeiro proxecto eTwinning, o meu primeiro intercambio, a miña primeira saída do país e a verdade é que non podía haber quedado máis satisfeita. Enorgulléceme aínda máis haber ganado este premio xa que podo ver que a boa sensación que nós sentimos ó velo rematado tamén o sentiron os xuíces que o valoraron. Repetiríao sen dudalo con todos os seus pros e os seus contras.”

Elena Cámara Quílez

 

“Encantoume vivir esta experiencia única que nos aportou moitísimo tanto a nivel lingüístico como persoal. Neste proxecto tiven a oportunidade de coñecer persoas marabillosas e poñer en práctica os meus coñecementos en francés.

Este traballo sacámolo con esforzo e moita ilusión e non podería haber sido posible sen a excelente colaboración e implicación da nosa profesora.”

Esteban Espinilla Hernández

 

“Este proxecto resultou algo magnífico para todos. Aprendemos, tanto españois como franceses, de todos un pouco, chegando a descubrirnos a nós mesmos, e darnos conta, pouquiño a pouco, das cosas que somos capaces de facer. Todo isto non houbese sido posible sen o esforzo e dedicación que cada un de nós e sobre todo das profesoras. Foi, indudablemente, unha experiencia que volvería repetir.”

Roxana Busuioc.

 

Enlaces do proxecto

Enlace a TwinSpace: http://twinspace.etwinning.net/2869/home

Enlace á páxina web: http://projetetwinning.wix.com/mille-et-une-pistes

Enlace ó blog do intercambio: http://milleetunepistes.blogspot.fr/

Enlace á páxina web do Colexio Voltaire: http://clg-voltaire-saint-florent-sur-cher.tice.ac-orleans-tours.fr/eva/spip.php?rubrique275

Enlace á páxina web do IES Ítaca: http://www.iesitaca.org/imagenes/noticias/intercambioconelliceofrancesvoltairedesaintflorent

https://sites.google.com/a/iesitaca.org/international-programmes-at-ies-itaca/programas-internacionales/intercambios-escolares/intercambios-2014-2015

En Twitter: #milleetunepistesydosdetectives

 

 

 

O movemento Maker en eTwinning

O movemento Maker en eTwinning

Recomendacións

As emocións forman un aspecto que inflúe de xeito determinante na nosa aprendizaxe. Como estudantes, aprendemos moito mellor cando nos divertimos, cando somos quen de resolver un desafío ou cando colaboramos cos outros.  E que dicir da sensación que nos invade cando somos capaces de crear un obxecto físico coas nosas mans!

As sensacións anteriores tiveron un reflexo histórico nos artesáns, reparadores e inventores, que grazas aos seus deseños deron lugar a verdadeiras revolucións nas formas de organizar o traballo, o transporte ou o intercambio de información entre os confíns do planeta. Para iso, un trazo fundamental do seu labor foi a xenerosidade para compartiren os seus descubrimentos, de modo que outras persoas poidan implementalos e cheguen a ser utilizados pola maior parte da sociedade. Desta forma, os inventores contribuíron en gran medida ao animaren outras persoas do seu contorno a seguir os seus pasos, o que xerou comunidades e movementos do tipo Fágao vostede mesmo (Do It Yourself, DIY).

Hoxe en día, resulta necesario posuír competencias de tipo manipulativo sobre resolución de problemas, traballo en equipo, etc., e todo iso refórzase coa revolución tecnolóxica dos últimos anos. Dispor de ferramentas dixitais para deseñar e fabricar (software CAD, impresora e escáner 3-D, cortador láser,…) e medios para compartirmos os nosos avances e beneficiármonos dos doutras persoas (Open Source), dan lugar a oportunidades que non podemos desaproveitar como cidadáns. Ademais, todo isto afecta á educación das futuras xeracións, polo que convén incorporar estas competencias aos procesos de ensino-aprendizaxe. Pero como? A resposta non é outra que o «movemento maker».

O termo maker foi acuñado polo estadounidense Dale Dougherty (editor de O’Reilly Media), creador da revista Make e impulsor dunha serie de exhibicións chamadas Maker Faires para estender este movemento. Así, podemos pensar nos «makers»  «como os integrantes dunha xeración web que, ademais dos píxeles nas pantallas, crean obxectos físicos a través da tecnoloxía». Entrando xa no campo educativo, o enfoque Maker supón cambiar o enfoque didáctico tradicional por un baseado na práctica. Desta forma, a realización de proxectos permite organizar os contidos e competencias do currículo dunha forma máis activa, impulsora do traballo en equipo e relacionada co día a día do alumnado. Ademais, áreas tan dispares como as artes e as ciencias están entrando de cheo nesta proposta metodolóxica, de modo que o enfoque Maker supón unha oportunidade estupenda para promover unha aprendizaxe interdisciplinar.

 

Infografía sobre Maker

Infografía sobre Maker. Fonte: 1/4 TECH Maker

Space.http://www.uncuartotech.com/blog/el-movimiento-maker-y-la-educacion

 

 

Este movemento lévanos a reformularmos os espazos de aprendizaxe tradicionais baseados en filas ríxidas de pupitres, para incorporar lugares onde intercambiar información, realizar prototipos que permitan resolver desafíos e presentar os resultados en distintos formatos. A idea é que estes novos Maker Spaces faciliten a resolución de problemas diversos, seguindo procesos de tipo Design Thinking. Para iso, podemos tomar ideas do proxecto “A aula do futuro” de European Schoolnet, con propostas como a que se mostra na imaxe.  Pero non nos desanimemos se pensamos que o noso centro non dispón de recursos abondos! Este proxecto pretende ser unha fonte de inspiración para os docentes, e que en cada caso os espazos e materiais da escola se poidan reaxustar para facilitar unha aprendizaxe máis activa dos estudantes. Neste sentido, alén das pantallas de plasma ou as impresoras e escáneres 3-D, as mesas para traballar de forma colaborativa, os taboleiros brancos para a creación de ideas e, sobre todo, a distribución flexible dos espazos de traballo constitúen estratexias que poden axudarnos nesta tarefa. Tamén podemos combinar lugares existentes nos centros, como os laboratorios e os obradoiros de arte/tecnoloxía (coas súas serras de marquetaría, cables, motores, pinturas, cabaletes,…). Máis ca de recursos, é cuestión de sermos creativos!

A aula do futuro (European Schoolnet)

Agora ben, que elementos poderiamos considerar como representativos -iconas- do movemento Maker? Polas súas posibilidades, destácanse algúns:

  • Impresión e escaneo 3-D. A evolución do software de deseño 3D, cada vez máis sinxelo e versátil (pensemos p. ex. nos programas gratuítos Tinkercad e SketchUp), así como a filosofía de compartir estes arquivos e permitir a súa edición, fan da impresora 3-D unha ferramenta con enormes posibilidades. Ademais, se a todo isto lle sumamos a oportunidade de poder escanear obxectos tridimensionais, as nosas opcións multiplícanse!
  • Arduino/Genuino. É unha plataforma de electrónica aberta baseada en hardware e software moi sinxelo de usar. Unha placa Arduino permite ler entradas como a luz nun sensor, un toque nun botón ou mesmo unha mensaxe de Twitter, e convertelas en saídas como a posta en marcha dun motor, o arranque dun LED ou unha publicación en liña. Desta forma, Arduino permite crear “xoguetes” espectaculares. Estas placas deseñáronse como unha ferramenta sinxela para os estudantes con pouca base de electrónica e programación, pero toda unha comunidade de makers está a incorporalas á súa práctica habitual!
  • Placas para xogar con elementos sonoros e dixitais. As placas de circuíto como MakeyMakey, con pinzas de crocodilo e cables USB, permiten converter case calquera cousa en pezas dunha panca de mando ou nunha interface de usuario. Fíxate no seguinte vídeo: unha batería con bananas, un mando de videoconsola con plastilina ou con papel impregnado de grafito, a escaleira-piano, … Veña, imaxinación ao poder!

 

[vimeo width=”600″ height=”450″]http://vimeo.com/60307041[/vimeo]

  • Robótica educativa. Os últimos currículos escolares están a incluír o pensamento computacional (habilidade para resolver problemas e deseñar sistemas seguindo procesos similares aos dos informáticos). Por iso, e para aumentar a motivación do alumnado, distintas compañías -como Lego- están incorporando robots, estoxos de mecatrónica, sensores e software de programación por bloques (tipo Scratch) co obxectivo de superar desafíos do máis diverso. Ademais, a miúdo estes retos inclúense dentro de temáticas de interese que permiten, p. ex., explorar formas de xestionar os residuos, investigar os obstáculos cos que se enfronta a xente maior, ou indagar na eficiencia de distintas fontes de enerxía. Desta forma, podemos deseñar proxectos multidisciplinares e converter a aprendizaxe en algo moito máis atractivo.

 Xa temos unha morea de ingredientes! Unha estratexia motivadora baseada na emoción de “facer”, un cambio de mentalidade cara á proactividade, unha aposta para desenvolver competencias en resolución de problemas e a creatividade, deseñar proxectos interdisciplinares… Poderiamos mellorar todo isto?  Como?! A resposta non podía ser outra que…  eTwinning!

Grazas á comunicación e ao traballo colaborativo entre alumnos e docentes europeos, o enfoque Maker podería enriquecerse significativamente, e xa se están empezando a dar os primeiros pasos na comunidade eTwinning.  Velaquí se mostran uns exemplos:

  • “Cyberdiscovery” (rexistro previo en eTwinning Live) proxecto entre España, Alemaña e Polonia (2015) que conseguiu premios nacionais nos 3 países. A premisa deste traballazo onde participa o IES Viera y Clavijo (Tenerife) é a seguinte: poderiamos habitar Marte? Con este fin, os estudantes (de entre 12 e 16 anos) entrevistan científicos, exploran o uso da robótica e os sensores para investigar a superficie do planeta, crean estruturas 3-D para desprazarse a través de buracos de verme, deseñan rúas e edificios con SketchUp, resolven desafíos matemáticos… E a cousa non queda aí! Para incorporaren outras áreas non científicas, os estudantes elaboran a súa propia constitución traballando de forma colaborativa, votan a súa presidenta, idean un himno (She’s electric“) e deseñan a súa propia moeda. Se che interesa coñecer máis sobre o proxecto, visita o noso artigo previo.

Imagen de Cyber Discovery

“Cyber Discovery”. Creación dunha historia colaborativa sobre o tema

  • Grupo“Coding and Robotics – The future is now!” (rexistro previo en eTwinning Live). Este grupo creouse co gallo dun obradoiro de desenvolvemento profesional sobre Maker en Braga (maio de 2016). Supón unha boa oportunidade para intercambiar información sobre a temática e consultar presentacións sobre ferramentas (MakeyMakey, Ozobot, impresión 3-D…), linguaxes de programación por bloques (Scratch, Tynker…), e proxectos eTwinning que os incorporan.
  • “Let’s be friends of the Earth” (rexistro previo en eTwinning Live), proxecto eTwinning entre 9 países onde participa o CEIP La Angostura de Santa Brígida (Gran Canaria). A súa proposta, para alumnos de 1º a 3º de primaria, consiste en analizar a paisaxe e o clima das contornas dos centros escolares, e tamén o impacto do ser humano neles. Pero hai máis! Os estudantes crean maquetas de robots utilizando materiais reciclados, fotográfanas e póñenlles voz con Voice Thread. Así, o proxecto é un bo exemplo para promover unha mellor xestión dos residuos, e para empezar a traballar en Maker cos máis pequenos. Para máis información, recomendámosche que visites o noso artigo previo.

 

Imagen de "Let's be friends of the Earth"
“Let’s be friends of the Earth”. Creación de robots con material reciclado
  • “The hole puncher: A mechanical international project”, unha colaboración eTwinning entre España, Italia e Alemaña para deseñar, construír e documentar o proceso de creación dun trade. Este proxecto é un bo exemplo de como o traballo Maker na formación profesional se pode enriquecer a través de eTwinning, permitindo un mellor desenvolvemento das competencias lingüística e dixital. Por parte de España, participa o CIP Virgen del Camino (Navarra).

Animádesvos a incorporar Maker aos vosos proxectos eTwinning? Que ideas se vos ocorren? Buscamos a vosa participación e invitámosvos a que difundades o voso traballo e mais as propostas nas nosas contas en Twitter ou en Facebook. Tamén podedes contar connosco para dar a coñecer os vosos avances. Despedímonos, polo momento, indicando algúns enlaces que vos poden resultar útiles.  Ata pronto, makers!

 

https://www.etwinning.net/es/pub/highlights/codeweekeu-2016.htm

http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/mundo-maker-educacion-impresoras-3d/33378.html

http://www.firstlegoleague.es/que-es-first-lego-league/historia-y-crecimiento-first-lego-league/

http://hacedores.com/tag/educacion-maker/

Fonte: Fotocomposición a partir da imaxe de Photoroyalty (licencia CC-by). http://www.freepik.com/

 

 

 

MAVEN. Premios Nacionais eTwinning 2016

MAVEN. Premios Nacionais eTwinning 2016

Premios eTwinning 2015

MAVEN é un proxecto que promove a aprendizaxe das matemáticas e o inglés dunha forma amena utilizando xogos, creacións de acrósticos, vídeos, relacionando as matemáticas coa xeografía e realizando un calendario con datas de nacemento de matemáticos célebres. Está dirixido a alumnos entre 12 e 15 anos, e participan centros de Letonia, Estonia, Romanía, Polonia, Bélxica, Eslovenia, Bulgaria, República Checa e España. A través de videoconferencias cos socios resólvense diversas cuestións matemáticas. Utilízase como fío condutor unhas mascotas de proxecto que van viaxando aos países socios levando sorpresas como códigos QR, encrucillados, cuestionarios, etc. Cada mes, destácase o traballo dos alumnos que participaron de forma máis activa tanto na área de matemáticas coma na de inglés.

Percíbese unha boa comunicación entre os socios e destacamos unha acertada planificación e distribución de tarefas que van rotando durante o desenvolvemento do proxecto.

Acceso ao TwinSpace do proxecto:

http://new-twinspace.etwinning.net/c/portal/layout?p_l_id=34601361

 O docente Lorenzo Castilla Mora, coordinador do proxecto no IES Diego de Guzmán y Quesada (Huelva) descríbenos os aspectos clave no desenvolvemento do proxecto así como os seus beneficios para o centro e mais os alumnos participantes.

O proxecto. Obxectivos

MAVEN é un proxecto para fomentar a aprendizaxe das matemáticas en inglés a través de videoconferencias, xogos e actividades variadas. Á vez trabállanse transversalmente outros temas do currículo: xeografía, plástica e visual ou TIC usando a metodoloxía CLIL. Coordinado por Alesja Spihala (Letonia) e Tatjana Amerhanova (Estonia) participaron nel nove centros doutros tantos países -Bélxica, Bulgaria, Eslovenia, España, Estonia, Letonia, Polonia, República Checa e Romanía-, doce profesores e máis de cen alumnos de entre 12 e 15 anos.

 

 

Paises y centros MAVEN

Ilustración 2: Países e centros que participan no proxecto MAVEN (http://www.tripline.net/trip/MAVEN_project_-_partners1-5643125271161007B549B9E5410B18E7)

Os obxectivos do proxecto foron varios. En primeiro lugar, preténdese motivar os estudantes para que aprendan matemáticas en inglés con metodoloxía CLIL, o que implica que desenvolvan destrezas de varias disciplinas: inglés, matemáticas e informática. En segundo lugar, mellorar as habilidades de colaboración, comunicativas e as relacionadas coas novas tecnoloxías, non só de alumnos senón tamén de profesores. Finalmente, o proxecto serviu de plataforma para crear e/ou compartir recursos e materiais.

Desenvolvemento do proxecto

O proxecto comezou coa actividade “Getting to Know Each Other na que se presentaron os diferentes centros e países así como os alumnos individualmente a través dun poema matemático.

 

Glogster_MAVEN

Ilustración 3: Glogster de presentación de España. (http://lorenzocastilla.edu.glogster.com/spanish-team/)

Unha vez presentados, os alumnos crearon uns heroes do proxecto que tras as votacións resultaron ser un experto en inglés -Mr. Quick- e outro matemático -Calculator. Concretamente, Calculator foi realizado polos nenos españois. Estes heroes foron enviados por correo postal dun centro a outro coas mensaxes matemáticas secretas (códigos QR, encrucillados, cuestionarios…) que cada centro prepara para o centro receptor. Unha vez no seu destino organízase no centro unha competición matemática para resolver os segredos que trae o heroe e obter os premios que o acompañan.

 [youtube]https://youtu.be/oMQyod6jPoU[/youtube]

Ilustración 4: Chegada de Mr. Quick a España coas tarefas matemáticas e os regalos para os ganadores.

Unha vez ao mes os alumnos escriben un capítulo do libro The legend of MAVEN’s adventures  cuxos protagonistas son os nosos heroes. Nel nárranse aventuras dos heroes polos distintos continentes incluíndo problemas matemáticos, xeroglíficos, etc. Ao final de cada mes, os centros soben ao BoomWriter o seu capítulo e realízase unha votación sen coñecer o autor dos relatos a través desta aplicación. O máis votado é o capítulo definitivo do libro. No caso de España, os capítulos escritos foron os máis votados varios meses.

Ao longo do proxecto houbo outras actividades como é o caso dos vídeos titoriais. As actividades de cada mes están relacionadas cun tema do currículo de matemáticas e un continente. Con ese tema escribíronse os capítulos do libro, debuxáronse ilustracións, organizáronse leccións en videoconferencias entre socios, creado marcapáxinas, calendarios matemáticos, vídeos titoriais, mapas mentais con Pooplet, etc.

 

ThingLink_MAVEN

Ilustración 5: Lección a través de Skype (https://www.thinglink.com/scene/589483141165481984)

Para mostrar as relacións entre a vida real e as matemáticas hai un recuncho “Matemáticas e Inglés en vacacións” onde se mostran celebracións “matematicamente”.

Ademais, nese empeño de motivar os estudantes, o máis activo do proxecto aparece no Hall da Fama cada mes.

 

Resultados

 

O resultado máis interesante do proxecto é o interese que espertou nos alumnos por participar en actividades de matemáticas e poder traballar a materia desde unha perspectiva diferente e cunha metodoloxía máis acorde cos tempos que vivimos. Isto provocou un aumento da motivación dos alumnos tanto polas matemáticas coma polo inglés e a interconexión destas materias con outras como xeografía ou informática. Así mesmo, os profesores tamén conseguiron importantes progresos na forma de usar a metodoloxía CLIL. Os avances no uso das TIC, tanto no alumnado coma no profesorado, foron grandes xa que o seu uso foi continuado no proxecto:

  • Aplicacións ofimáticas para realizar documentos, convertelos a PDF, etc.
  • BoomWriter, para subir os capítulos do libro e votar sen saber a quen corresponde o capítulo.
  • Skype e proxector ou taboleiro dixital para as videoconferencias.
  • Kizoa, para facer presentacións de vídeo ou fotografías.
  • Popplet, para realizar mapas conceptuais.
  • Programas de debuxo (Paint, OpenofficeDraw…).
  • Aplicacións en liña para deseño e presentacións (textspace.net/dynamic_glitter_text/, www.glitterfy.com/animoto.com/www.thinglink.com/…)
  • Google map, para situar xeograficamente os centros participantes.
  • Surveymonkey, para as enquisas de avaliación.
  • Aplicacións para encriptar e desencriptar información en código QR.

 

En canto aos resultados tanxibles, o máis destacado é un libro coas historias vividas polos heroes nos diferentes continentes que contén interesantes retos matemáticos e historias que mesturan as matemáticas con outras disciplinas. Pero non foi este o único resultado físico do proxecto pois tamén se crearon cuestionarios sobre conceptos matemáticos, cuestionarios para traballar as matemáticas en inglés, marcapáxinas con información matemática, titoriais sobre algúns temas traballados, un calendario matemático, … Todo este material é susceptible de ser usado no futuro tanto polos participantes no proxecto coma polo resto da comunidade educativa.

 

Ilustración 6: Libro cos retos matemáticos e as historias dos heroes polo mundo. (https://issuu.com/alesja.shapkova/docs/book_maven_adventure?e=14846280/13058025)

Ilustración 7: Vídeo sobre coordenadas no plano (https://www.youtube.com/watch?v=ojQ51QMzlYw)

Implicación do alumnado

O alumnado que participou no proxecto implicouse bastante. Como mostra, hai que salientar o traballo que fixeron fóra da aula como a gravación dalgún vídeo, a preparación de actividades para as sesións de Skype ou a creación dos heroes con diferentes materiais. Tampouco tiveron problema en facer pequenos traballos de investigación sobre os temas propostos cada mes para escribir o capítulo do libro.

Beneficios para o centro

No noso caso a participación neste proxecto tivo moitas vantaxes. Somos un centro bilingüe de inglés e eu impártolle ao grupo de alumnos que participa no proxecto as matemáticas en inglés. Así que foi unha experiencia moi positiva para os meus alumnos. Non só para o grupo que participou no proxecto senón tamén para o resto do grupo de 2º da ESO ao que pertencen. Por poñermos un exemplo, durante as videoconferencias participa toda a clase como parte do seu ensino de matemáticas en inglés. Os alumnos ven a necesidade e mais a utilidade de aprender inglés e matemáticas en inglés para interactuar con persoas doutros lugares.

Este proxecto tamén serviu para que outros profesores do centro se animen a levar a cabo un proxecto eTwinning con centros doutros países cos que se fan intercambios e colaborar dunha forma máis estreita.

Acertos, erros e dificultades

O balance global do proxecto ten máis acertos ca erros. Foi acertada a elección dos materiais, a secuenciación das actividades do proxecto, o uso dun gran número de ferramentas TIC ou a toma de contacto con outros centros en vivo a través de Skype. Pero isto non quere dicir que todo saíra a pedir de boca. Por exemplo, hai que recoñecer que o elevado número de países participantes fai difícil a coordinación, a repartición de tarefas ou o tempo necesario para consensuar as decisións. Tampouco beneficiou que os profesores non coñecésemos a forma de traballar dos demais pois, en certos momentos, houbo pequenas discrepancias no esforzo que cada un estaba disposto a facer.

Por outro lado, foi difícil pilotar un grupo de alumnos de tan curta idade que descoñecía por completo o que supoñía estar nun proxecto deste tipo e as súas esixencias.

Con todo, como xa se dixo, o balance é positivo e sen dúbida pagou a pena levar a cabo este proxecto.

Recoñecemento persoal

Desde o meu punto de vista, os recoñecementos son sempre benvidos pois animan a seguir traballando. En concreto, os recoñecementos con este proxecto -selo de calidade nacional, selo de calidade europeo, finalista nos premios europeos e ganador dun premio nacional- supúxome unha gran satisfacción, máis aínda sendo este o meu primeiro proxecto eTwinning. Isto comprace a calquera profesional pois é o recoñecemento a un traballo feito con ilusión e coas satisfaccións que produce ver os teus alumnos entusiasmados por aprender.

 

 

 

 

 

 

 

Reading in Community

Reading in Community

Proxectos destacados

Reading in Community é un proxecto de animación á lectura e desenvolvemento da competencia lingüística centrado na obra de Antoine de Saint-Exúpery ‘ El Principito‘. O proxecto foi realizado entre centros escolares de Francia e España e vai dirixido a alumnos de Educación Infantil. Destacamos unha cuidadosa planificación de actividades e un alto nivel de coordinación e comunicación entre as docentes participantes en canto ós temas e as actividades desenvoltas. O proxecto proporciona múltiples oportunidades para que os alumnos entren en contacto coas producións dos seus compañeiros e aprendan a valorar e emitir xuízos sobre traballo realizado polos centros socios. Debemos destacar tamén a implicación das familias, ás que se lles informa do proxecto desde o principio e son partícipes en varias actividades. Tamén é reseñable a avaliación dos alumnos, que identifican os contidos preferidos do proxecto. Gracia Moya, docente participante no CEIP ‘Gloria Fuertes’ de Jaén descríbenos a estrutura básica de planificación do proxecto e proporciónanos enlaces ós resultados do mesmo. Continuar leyendo

Tomo a palabra

Tomo a palabra

Premios eTwinning 2015

‘Tomo a palabra’ é un proxecto eTwinning que se realizou entre centros escolares de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Trabállase fundamentalmente a competencia lingüística do alumnado participante usando o español como lingua vehicular. As actividades realizadas en colaboración cos centros socios reflicten uns resultados máis que satisfactorios o que incrementou a motivación do alumnado, propiciou o traballo das competencias clave e o traballo en equipo en agrupacións internacionais. Ademais subliñamos a boa difusión do proxecto a través da web do centro escolar e a través das RRSS como Facebook e Twitter. O docente Juan Fco. Peñas Viso, coordinador no centro escolar CPEIP San Babil (Navarra), descríbenos como viviron esta experiencia e o importante que é facer equipo e apoiarse nos proxectos eTwinning.

O proxecto foi deseñado para traballar a competencia lingüística co alumnado participante, tanto na comprensión coma na expresión oral e escrita. Utilizamos o español como lingua vehicular do proxecto. Para uns tratouse da súa lingua materna e para outros dunha lingua estranxeira. Participaron alumnado e profesorado de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Colaborando entre todos, o proceso de ensino-aprendizaxe resultou máis motivador e significativo.

 

Mapa de socios

Os obxectivos que nos formulamos ao principio fóronse alcanzando ao longo do proxecto:

  1. Comunicarse con alumnado doutros países e interesarse polos seus gustos e formas de vida para potenciar a dimensión europea“. Para iso realizamos videoconferencias e utilizamos o foro do Twinspace, principalmente.
  2. Expresarse oralmente e por escrito adecuadamente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación“. Realizamos o traballo de diferentes tipos de texto que foron presentando nas distintas producións escritas.
  3. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e diferentes ferramentas web 2.0 coa finalidade de obter información e de presentar as distintas producións“. Utilizamos distintas ferramentas TIC e Web 2.0 para poder realizar as actividades de xeito colaborativo entre os grupos de nacionalidades mixtas.
  4. Traballar de xeito colaborativo cos compañeiros da clase e cos dos centros asociados“. Non só se levou a cabo un traballo de grupo entre o alumnado da clase, senón que tamén se realizaron actividades colaborativas co resto de compañeiros dos centros asociados.
  5. Mellorar a competencia lingüística no alumnado a través do desenvolvemento das actividades do proxecto“. Cada alumno mellorou o seu nivel de competencia lingüística a través das actividades propostas, tanto escritas coma orais, aprendendo a expresarse a través dos distintos tipos de textos traballados.

O feito de que o alumnado fose de cinco países diferentes e de distintas etapas educativas non foi ningún problema. Pola contra, permitiu un enriquecemento maior coas achegas nas distintas actividades do proxecto. En España, o alumnado do CPEIP “San Babil” de Ablitas era do terceiro ciclo de primaria (10-12 anos), mentres que en Francia (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher e Colexio Gounod de Saint Cloud), Italia (IC de Borgoricco) e Turquía (Isik Okullari de Istambul) foi alumnado de educación secundaria (12-14). O de Inglaterra (Midfield Primary School de Orpington Kent) era de primaria e, aínda que a súa incorporación foi tardía, participaron satisfactoriamente nalgunhas das actividades do proxecto.

 

tomo_la_palabra_comic

 

Leváronse a cabo videoconferencias entre o alumnado, á vez que o resto de compañeiros usaba a charla e os foros do Twinspace. Gustaríanos máis interacción entre eles, pero o diferente horario escolar e de calendarios non posibilitou máis oportunidades.

A participación de todos os socios do proxecto foi excelente, desde a planificación e coordinación entre o profesorado a través das videoconferencias, como a realización das actividades por parte do alumnado. As distintas fases do proxecto permitiron traballo individual, en pequenos grupos de clase e en grupos de nacionalidades mixtas. Como resultados do proxecto atopámonos coas distintas producións lingüísticas realizadas, o uso apropiado das TIC e das ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades, a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a maior concienciación da dimensión europea ao ter compañeiros doutros países europeos. Deste xeito, o proxecto cumpriu cos catro principios básicos do programa eTwinning.

 

Principios básicos_eTwinning

No meu centro escolar levamos a cabo unha coordinación interna entre os titores do terceiro ciclo de educación primaria para integrarmos o proxecto dentro da nosa programación da área de lingua castelá. Polo tanto, formamos un equipo docente eTwinning que permitiu a participación de todo o alumnado do ciclo e que tan satisfactoriamente resultou.

O maior beneficio foi a motivación do alumnado coa participación nun proxecto eTwinning. Como mestres, permitiunos mellorar as estratexias metodolóxicas tendo en conta as achegas dos nosos socios e fíxonos ser máis creativos propoñendo tarefas para un alumnado con idades e destrezas lingüísticas diferentes. Para o alumnado, o feito de realizaren un proxecto con compañeiros doutros países facilitoulles a concepción da cidadanía europea e fíxolles ver as cousas desde outras perspectivas, compartindo espazos e colaborando en producións finais.

https://twinspace.etwinning.net/662/home

Os materiais que se elaboraron ao longo do proxecto poden servir como exemplo dos distintos tipos de textos traballados e que están dentro do currículo da área de lingua. O uso creativo das distintas ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades colaborativas entre o alumnado pódelles ofrecer aos docentes ideas para levar a cabo os seus proxectos eTwinning. Do mesmo xeito, a organización do Twinspace como lugar preferente de difusión do traballo realizado pode axudar a estruturar e darlle maior utilización noutros proxectos.

 

Periodico_Tomo_la_palabra

Aínda que noutras ocasións o premio nacional recaía só no coordinador do proxecto, nesta ocasión somos dous profesores os afortunados, Pedro Pablo Lucena Redondo e Juan F. Peñas Viso. Para o primeiro supuxo o seu primeiro premio a nivel nacional e viu recoñecido, cunha grande alegría, o seu traballo na sombra. Para min, que xa recibín varios premios, segue sendo un grande estímulo para continuar planificando e ofrecendo proxectos tan motivadores e, coma este, tan ben valorados, malia que cada vez hai máis proxectos eTwinning de calidade, o que nos fai sentir máis orgullosos aínda do traballo realizado. Desde aquí gustaríanos aos dous dedicarlle este premio á nosa compañeira de ciclo Mª Jesús Escribano Ayensa que tamén participou co seu alumnado no proxecto e que está de baixa.  Parabéns e moitos ánimos!!!

Sempre pensei que unha alta porcentaxe do éxito dun proxecto eTwinning está nos socios que participan. Por iso lles pedín aos meus queridos e admirados compañeiros de proxecto que “Tomen a palabra” e escriban as súas impresións.  Grande Equipo!!!

 

planificación_Tomo_la_palabra

  • Isabelle Gry (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher, Francia):

“Encantada de tomar a palabra para falar do noso proxecto que foi, tanto para min coma para os meus alumnos, unha aventura moi enriquecedora. TOMO A PALABRA non foi o primeiro proxecto para min, pero si a primeira experiencia con varios socios e con grupos de alumnos moito máis numerosos, de diferentes niveis lingüísticos e idades. Ao principio xurdíronme dúbidas pero confiei en Juan, na súa ampla experiencia e grande entusiasmo. Aprendín moitísimo con el sobre planificación e colaboración, pero tamén sobre organización do TwinSpace, uso de ferramentas e agradézollo moitísimo.

Desde o punto de vista dos alumnos, o proxecto tamén significou unha multitude de beneficios. Primeiro, abriuse a miña aula a Europa: os alumnos decatáronse, no seu primeiro ano de aprendizaxe do español, de que a lingua é ante todo un medio de comunicación entre persoas e que o idioma, a distancia e a cultura non son unha barreira para facer amigos doutros países e aprender cousas novas xuntos.

Por outra banda, propúxose no proxecto unha serie de actividades moi atractivas e estimulantes cunha gran variedade de ferramentas TIC que fomentaron a participación activa dos alumnos así como a súa creatividade. Así sucesivamente transformáronse en debuxantes, xornalistas, cociñeiros, guías turísticos, … divertido xeito de mellorar e ampliar a comunicación na lingua estranxeira xunto aos seus compañeiros europeos.

Non só usaron as TIC e aprenderon os contidos da materia e da cultura senón que tamén desenvolveron unha serie de competencias transversais moi importantes para o seu futuro. Cos grupos de nacionalidade mixta, aprenderon a traballar en equipo en todas as tarefas, vendo a importancia e o papel que cada un ten na realización do proxecto, a ser tolerantes coa diversidade de ideas e opinións que cada un pode achegar.

Os resultados do proxecto foron moi positivos, e non só se ven na autoavaliación e avaliación do proxecto que realizaron os alumnos, observáronse na clase cando se vían felices, entusiastas e motivados realizando as actividades, satisfeitos co traballo realizado, cando foron eles mesmos os que preguntaron a finais de curso se ían facer outro proxecto, ou cando superaron a dificultade de falar en público para lles presentar o proxecto aos seus compañeiros e familias.

O que tamén valoro moito no proxecto é a comunicación cos socios que foi excelente, axudámonos mutuamente e compartimos ideas. Máis ca socios somos un equipo, un equipo de amigos que seguen traballando xuntos, gozando coa marabillosa metodoloxía que nos facilita eTwinning.  Grazas compañeiros, grazas eTwinning “!

 

  • Vanessa Gisbert (Colexio Gounod de Saint Cloud, Francia):

 “Tomo a palabra para lles dar as grazas aos meus socios e en particular a Juan e a Pedro que me acolleron primeiro neste proxecto. Con eles, eu e mais o meu alumnado aprendemos moitísimo. Este proxecto foi unha aventura extraordinaria. Primeiro claro, para o alumnado, os beneficios foron numerosos desde o punto de vista lingüístico, cultural pero tamén desde o punto de vista humano.

Grazas a eTwinning, Europa foi máis ca unha palabra, os alumnos puideron experimentar o que era a cidadanía europea. Coas tarefas colaborativas e os intercambios culturais nas distintas actividades, tomaron conciencia de que a xuventude dos diferentes países tiña moito en común, pero tamén con outras tarefas como a das festas, por exemplo, coñeceron costumes que non sospeitaban. Foi unha formidable apertura cultural.

Moitas veces os alumnos pensan que o que estudan está moi afastado da súa vida cotiá, e é un pouco aburrido. Pero co proxecto “Tomo a palabra” comprobaron que a lingua que estaban a aprender permitía esta comunicación, pero que tamén necesitaban competencias transversais para poder levar a cabo as actividades. ‘Super chef’ foi un gran momento para eles, por exemplo, cando tiveron que realizar na casa unha receita doutro país, e non só os alumnos gozaron desta tarefa, pero tamén as súas familias. Como o mostra a avaliación, esta aventura encantoulles, o intercambio con tantos países, o uso das TIC, o traballo colaborativo entre países pero tamén entre alumnos da clase creou unha gran solidariedade dentro da aula.

Tamén foi unha experiencia inesquecible para min. E agora vouvos falar dos meus socios, sen eles claro, o proxecto non existiría. Son moi xenerosos, en particular Juan e Pedro e teñen moita paciencia. ‘Super Juan’, como lle chama Sara, a calquera hora contestaba cando un de nós tiña un problema técnico. Coñece unha morea de ferramentas, sempre busca outras novas, e ten unhas ideas fantásticas. Somos máis ca socios, somos un equipo, coidamos uns dos outros, cando un ten un problema os demais intentamos axudalo. Para comunicármonos, utilizamos as videoconferencias, o correo electrónico, WhatsApp, algúns Twitter.

Penso que o que nos une é a idea de que o ensino ten que evolucionar, saber non ten que quedar dentro da aula, as novas tecnoloxías permítennos revolucionar os métodos, e ofrecerlles aos nosos alumnos unha visión máis ampla do mundo e dos coñecementos. Pero tampouco sería posible sen o programa eTwinning, o feito de que sexa unha institución oficial europea axúdanos moito e ofrécelles aos pais unha seguridade co Twinspace. Os selos e mais os premios motivan moito o alumnado.

Vou rematar dándolles as grazas aos meus alumnos polo entusiasmo e o excelente traballo neste proxecto”.

  • Sara Terrassan (IC de Borgoricco, Italia):

“Eu tamén tomo a palabra para lles agradecer aos meus compañeiros o gran traballo e, por suposto, agradézolles aos meus alumnos que participaron con fervor. O proxecto foi inicialmente deseñado de maneira que se puidese traballar cos contidos e as competencias lingüísticas que se desenvolven normalmente nunha clase de ELE de nivel A1/A2, por iso, foi moi fácil enganchar os meus alumnos e organizar o traballo. O español é a segunda lingua estranxeira que estudan e só empezaron dous anos antes con dúas clases semanais. Tiveron a posibilidade de utilizar o español para expresarse con colegas europeos e isto motivou a súa aprendizaxe. Ademais puideron contar algo sobre a súa realidade con receitas tradicionais e noticias locais, ás veces aprenderon algo novo sobre o seu territorio só para podérllelo contar aos colegas do proxecto. Isto para min foi o maior éxito: que os alumnos quixesen aprender para poder comunicar.

A axuda constante entre os profesores, sobre todo de noso ‘super Juan’ e o entusiasmo dos alumnos por estudar deleitándose, fixeron a gran diferenza que ten este proxecto respecto a outros que completei durante os anos pasados.

Pedro e Juan, Grazas por compartir o voso moi merecido galardón! “

  • Beril Tapkan (Isik Okullari de Istambul, Turquía):

“Participar no proxecto ‘Tomo a palabra’ foi un pracer non só para min e tamén para os meus alumnos. Teño que salientar que aprendemos moito. ”Tomo a palabra” foi o segundo proxecto que fixen en eTwinning, pero foi unha experiencia totalmente diferente. Tiven dúbidas sobre a combinación do proxecto co meu plan de estudos. Co apoio dos meus compañeiros de eTwinning fíxeno rapidamente e de forma sinxela. Co proxecto tiven a oportunidade de lles ensinar aos meus alumnos que hai un mundo fóra da escola no que a xente fala español con diferentes niveis. Ganaron fluidez e motiváronse coa preparación dos vídeos, guías turísticas, etc.

Os meus alumnos só tiñan o coñecemento de español como lingua estranxeira que adquiriron durante o primeiro ano da aprendizaxe. A pesar disto, esforzáronse por coñecer os seus socios de España, Francia, Italia e Inglaterra.

Usar as TIC na aula foi unha boa oportunidade para mellorar os coñecementos e converteuse nunha experiencia máis enriquecedora ca un seminario.

O proxecto foi o gran traballo en equipo para min. Durante o proxecto sentín coma se os meus compañeiros e eu traballaramos na mesma escola pero en campus diferentes. ‘Tomo a palabra’ achegou os continentes e mais as ideas.

 Grazas por todo compañeiros!  Grazas ‘Tomo a palabra’!”

  • Miguel Santillán (Midfield Primary School de Orpington Kent, Inglaterra):

Tomar a palabra en eTwinning foi unha das experiencias de aprendizaxe máis integrais que tiven. Como facilitador, a miña aprendizaxe levoume a coñecer e utilizar ferramentas TIC e Web 2.0 que enriqueceron o meu horizonte de práctica docente. As frecuentes comunicacións entre os profesores e alumnos espertaron a miña inquietude e coñecemento sobre o que sucede nas aulas noutros países europeos en estratexias de ensino e aprendizaxe. A retroalimentación e a evidencia na aprendizaxe dos alumnos participantes no programa foi extraordinaria pois tanto os alumnos coma a aprendizaxe do español foron o centro do proxecto e o motor que o impulsou ao éxito que hoxe se lle recoñece. Sendo esta a nosa primeira experiencia en eTwinning e aínda sendo un proxecto ao que nos incorporamos na parte final, a profesionalidade dos colegas e a motivación do alumnado que participou conduciunos a progresar e aprender constantemente. Non teño a menor dúbida de que “tomar a palabra” foi unha aprendizaxe significativa e integral para todos aqueles que participamos nel.

  • Pedro Pablo Lucena Redondo (CPEIP San Babil de Ablitas – Navarra, España):

“Traballar mediante este tipo de proxectos colaborativos, non só resulta eficaz para mellorar o uso das distintas linguas que utilizamos no noso contorno europeo, senón que ademais nos permite inserir na aula, e polo tanto no currículo, o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Este tipo de proxectos multidisciplinares permite xuntar os distintos contidos das distintas materias/áreas, ademais da colaboración con outros nenos/as, realizando así unha aprendizaxe máis significativa e enriquecedora. Este xeito de traballar co alumnado, máis aínda se o fas na súa lingua natal, fai que este sexa protagonista da súa aprendizaxe e que sexa “profesor” dos seus propios compañeiros de aula e, sobre todo, dos demais socios europeos. Por todo iso, creo que é un magnífico xeito de aprender, coñecer e tomar conciencia da nosa presenza e pertenza a Europa, así como darlles a coñecer o noso idioma aos demais e aprendermos a valoralo máis se cabe”.

Vídeo realizado polos socios doutros países para felicitarnos polo premio.

Moitas grazas a todos os que participastes neste proxecto, docentes e discentes, e a todos aqueles que nos apoiastes e animastes desde fóra, asesores, familias, embaixadores e eTwinners, en xeral.  Viva eTwinning!!!

QUEN É? Premios nacionais eTwinning 2016

QUEN É? Premios nacionais eTwinning 2016

Premios eTwinning 2015

QUEN É? é un proxecto eTwinning baseado no intercambio sociocultural e lingüístico (inglés e francés) entre o alumnado de 11 a 14 anos.  A través de xogos e unha morea de actividades comunicativas e interactivas, os alumnos van creando o seu propio ‘material de aprendizaxe’ da lingua estranxeira.

Edelmira Riero, coordinadora no colexio ALCA (Ames, A Coruña) descríbenos o desenvolvemento desta frutífera experiencia en eTwinning:

QUEN É? é un proxecto de colaboración entre alumnos de 5eme3, do colexio francés, François Pithou, (Troyes- Francia) e os alumnos de 2º da ESO do colexio ALCA, Ames (España). Con este proxecto, eTwinning permitiunos pasar dun modelo educativo centrado no ensino, a un modelo centrado en aprender a aprender, usando técnicas como o traballo cooperativo, aprendizaxe baseada en problemas, creación e expresión artística colaborativa en diferentes ámbitos ( visual, plástica, musical, técnica, …).

Partimos de que cada alumno ten máis desenvolvidas unhas intelixencias ca outras e pretendemos fortalecelas e potencialas, co fin de conseguirmos unha aprendizaxe máis eficaz, por iso nos formulamos, desde o principio ter en conta, á parte dos obxectivos lingüísticos, as competencias básicas e as intelixencias múltiples e así o avaliamos ao final do proxecto.

Os alumnos tiveron a posibilidade de comunicarse con compañeiros nativos, en situacións reais durante o desenvolvemento do xogo, ao longo de todo o curso, a través das frecuentes conexións por Skype, chíos e foro. Abrir as portas da aula a Europa foi un logro que nos achegou, tanto aos alumnos coma a min mesma, a máis grande motivación.

 

alumnos_avatares_quien_es

A utilización de estratexias metodolóxicas innovadoras, descubrir outras realidades educativas, desenvolver a creatividade, ampliar coñecementos TIC, colaborar e compartir experiencias con compañeiros europeos son obxectivos adquiridos a un nivel máis que satisfactorio.

No desenvolvemento das actividades a cooperación foi constante. Os alumnos dos dous países crearon materiais reais cos que aprender a lingua estranxeira (vídeos e fichas de comprensión). Combinamos actividades grupais con outras individuais. O xogo e demais actividades son comunicativas e interactivas e isto fixo que entre o alumnado socio crecese unha amizade, unha motivación emocional. Tampouco faltou a creatividade nas creacións artísticas do avatar, o logo, os marcapáxinas, o rap, o musical…

As profesoras mantivemos contacto semanal mediante Skype e Whatsapp; os alumnos mantiveron contacto frecuente (case todos os martes), mediante Skype e/ou o foro do twinspace. Este foi, o primeiro proxecto, en colaboración co estranxeiro, que se realizou no colexio, tanto os alumnos coma a profesora eramos, polo tanto, noveis. Isto supuxo un reto e un exercicio de aprendizaxe colaborativa que afrontamos con moito entusiasmo e tesón.

O traballo e a dedicación tanto en horario escolar coma fóra da aula foron intensos, dedicando mesmo períodos de vacacións a gravar vídeos de exteriores, todos eles cunha grande ilusión por parte dos alumnos. O entusiasmo co que creaban e recibían os vídeos e completaban as fichas, a achega de constantes ideas para realizar actividades novas como o logo, o marcapáxinas, o rap, o conto, o interese e mais o esforzo nos ensaios para que o musical Os Miserables saíse o mellor posible e a implicación das avoas e dos pais, son exemplos que confirman o grao de motivación dos nenos ao longo do curso.

eTwinning fomenta o proceso de aprendizaxe dos alumnos por descubrimento, enriquece o desenvolvemento profesional dos profesores e crea lazos humanos.

Persoalmente, en setembro de 2014, collín un voo rumbo ao descoñecido.  Atopeime con turbulencias constantes derivadas da miña inexperiencia, do meu descoñecemento pero tiven a grandísima fortuna de ter o mellor piloto dirixindo os meus pasos. Di o dito “Con pan e viño faise o camiño”. O noso camiño fixémolo con Olga Paniagua (SNA eTwinning). Ela foi a miña asesora nesta ruta. Case ao momento resolveu todas as miñas dúbidas (así o demostran as máis de 60 tarxetas de proxecto), pero fundamentalmente foi o meu alento nos momentos de impotencia, momentos nos que pola miña cabeza pasaba a frase,”…pero quen me mandaría a min meterme nesta lea…!”. GRAZAS, OLGA, conseguiches que uns nenos e mais a súa profesora lograsen alcanzar unha meta, unha ilusión e repitan experiencia!

Agradézolles o traballo aos meus alumnos e aos seus compañeiros en Francia, a colaboración da miña compañeira, Palmira Grau e a Sophie Bois, camarada no país galo.

Recibirmos o selo de calidade europeo, quedar clasificados entre os once primeiros da nosa categoría a premio europeo e recibir O Premio Nacional, era algo impensable. Isto dinos que fixemos un gran traballo e empúrranos a seguir adiante!

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Procuramos que este proxecto fose o máis colaborativo posible co fin de espertarmos o máximo interese nos nosos alumnos, así o exemplifican as seguintes actividades:

1) O xogo Quen é?

Con esta actividade procuramos o contacto entre os nenos. En efecto, dous alumnos españois xogaban con dous alumnos franceses en Skype ou ben no foro (a metade de curso, cambiamos as parellas para favorecer unha maior interacción). Cómpre salientarmos que algúns alumnos contactaron voluntariamente desde as súas casas.

 

 

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35447

videoconferencia proyecto quién es

2) Os vídeos culturais

Os vídeos que fixeron os alumnos tamén forman parte deste traballo colaborativo. Despois de cada vídeo os alumnos creaban fichas de comprensión para os seus compañeiros do outro país para que puidesen aprender de xeito máis lúdico. Ver as páxinas que aloxan os vídeos:

 

visita_cultural_quién_es

http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35448  e

http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35449

 E as fichas:

 http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35453

 

fichas_quién_es

Fixemos máis vídeos do que estaba previsto. En efecto, engadíronse en Francia os vídeos do día das nais e a festa da música, e en España os vídeos do entroido, da festa do colexio, o musical Os Miserables interpretado polos alumnos como homenaxe aos seus compañeiros franceses e o aniversario dos 10 anos de etwinning.

3) O logo e os marcapáxinas

O 14 de febreiro, os alumnos franceses adoitan festexar no seu colexio o día da amizade. Este ano decidiron enviarlles aos seus amigos de España unha carta, por correo postal.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35991.

Tras recibir estas cartas, http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35992 os alumnos españois, en agradecemento, crearon un logo de irmandamento para ambos os dous países.

Con este logo quixéronlles expresar o apoio aos seus compañeiros franceses, (nenos con distintas ideoloxías relixiosas) que estaban a vivir, alleos ás súas vontades, momentos de confusión no seu país, por isto, o slogan do logo é: ‘QUEN É? todos somos UN’.

 

logos_quién_es

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35452.

En ambos os dous países, os alumnos tomaron a decisión de crear uns marcapáxinas nos que compartisen a imaxe do logo e os nomes dos seus respectivos compañeiros no país veciño.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/44182.

As profesoras imprimimos estes marcapáxinas en “papel fotográfico” e entregámosllelos aos nenos como recordo.

 

marcapáginas_quién_es

Estes marcapáxinas sinalan no conto o final do proxecto, xa que despois de marchar os trasnos-alumnos, (rematado o curso), os nosos personaxes atópanos e considéranos a pegada que deixaron no seu paso polo colexio.

4) A canción do rap

Achegándose xa o remate do proxecto os alumnos, en conxunto, avaliárono. Fixérono de xeito tradicional, mediante un cuestionario común, formulado polas dúas profesoras.

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/46752  e cantando nos dous idiomas.

Así naceu o RAP DA AVALIACIÓN, letra,música, portada e canción.

 

rap_quién_es

Ver páxina: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/46751

Nesta páxina tamén figuran dous vídeos cunha valoración individual en cada país.

5) Despedímonos

Co final do proxecto chegou a despedida. Fixémolo mediante unha última sesión de skype e, ademais, os alumnos franceses decidiron despedirse lendo un “poema” dedicado aos seus compañeiros, (ver páxina;  http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/45969) e os españois, interpretando (para pais e alumnos, nas festas do colexio) o musical, Os Miserables, da obra do escritor francés, Víctor Hugo, en homenaxe aos seus amigos franceses e tamén con outro vídeo, no que o grupo se despide en francés, sobre a celebración do día do Apóstolo Santiago e o Camiño:

Ver enlace: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/45967.

6) O noso conto

Os personaxes, (avatares) que creamos para xogar a, Quen é?, convértense en protagonistas do noso conto interactivo.

https://www.thinglink.com/channel/664161685023490050/slideshow

Botóns vermellos: España / Botóns azuis: Francia / Botóns verdes: Sesións skype / Botón negro: Rap (aloxado na páx. 25, na imaxe da portada)

 


7) Avaliación

  1. Os alumnos en conxunto: Enquisa e RAP: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/35461
  2. As profesoras: Competencias Clave, Intelixencias Múltiples e Estándares de Aprendizaxe: http://twinspace.etwinning.net/1783/pages/page/49063