Tes un proxecto en marcha? ¡Cóntallo a todos!

Tes un proxecto en marcha? ¡Cóntallo a todos!

Recomendacións

Un factor de calidade que distingue a un proxecto, é aquel que ademais de amosar o produto final, documentou o proceso de maneira clara, deixando constancia ou evidencia das distintas fases da construción do proxecto. Como parte desa documentación non se debe esquecer indicar a implicación dos distintos axentes participantes, especialmente a dos alumnos. (Rúbrica para un proxecto de Calidade: 6. Resultados, impacto e documentación) É normal que cando un docente se embarca nun proxecto, teña en mente algúns aspectos a concretar na súa planificación: os obxectivos que se queren alcanzar, as materias/áreas implicadas, en que parte do currículo o vai  integrar, o proceso de comunicación cos socios, os resultados finais…pero hai un aspecto ó que non se dá tanta importancia, ou que se planifica de refilón, pero que se se fai ben, enriquece o proxecto, a experiencia dos implicados e a daqueles que o visionan: a difusión do proxecto, contar o que se fai, amosar o proceso de traballo, as ferramentas utilizadas, os materiais elaborados e outros elementos destacados.                                                                                                 Que finalidade ten dar a coñecer o que facemos?

Sinxelamente, que a comunidade educativa e o público en xeral saiban o que estamos facendo e que entre todos se poida construír unha rede colaborativa de docentes que intercambian experiencias e coñecemento en torno ás boas prácticas no ámbito educativo.

Segundo se decía no artigo da rúbrica citado máis arriba, “é recomendable ser xenerosos e compartir a nosa experiencia co noso entorno cercano:a nosa comunidade educativa,a nosa localidade, con outros docentes e comunidades, utilizando distintos recursos ou espazos ó noso alcance para difundir o proxecto: os pasillos do centro escolar, a web do centro, prensa local, redes sociais.… É polo tanto conveniente/desexable á hora de iniciar un proxecto ter unha estratexia de difusión do mesmo. ¿A quen vai dirixido o plan de difusión? Tratándose do contexto dun centro escolar, o plan de difusión ten que ir encamiñado fundamentalmente ós estamentos  da comunidade educativa: informar de maneira regular ós compañeiros do claustro, ós alumnos non involucrados, ás familias. Neste último caso, hai ocasións propicias para dar a coñecer a marcha  do traballo como son as reunións do AMPA, as reunións dos titores coas familias, as xornadas de Portas abertas. Fóra do ámbito do centro escolar hai outra audiencia á que dirixirse: outros docentes, as autoridades locais, as autoridades educativas, e outros axentes.

 

difusion de proyectos

Dependendo de quen sexan os destinatarios, é pertinente pensar en que contidos son os máis importantes transmitir, cal é a mellor estratexia de comunicación e que instrumentos son os máis adecuados para aplicala. O plan de difusión non debe deixarse para a fase final do proxecto ou para despois de telo rematado. Debería ser un proceso continuo no transcurso das actividades, no que a audiencia ademais de receptora da información tamén poida comentar e contribuír a mellorar o proxecto e apoiar o logro dos obxectivos plantexados. No plan de difusión, os alumnos teñen que xogar un papel importante; teñen que formar parte do mesmo, tanto no deseño como na execución. Os socios docentes do proxecto, xunto co alumnado, poden elaborar un breve modelo coa estratexia de Plan de difusión do proxecto, que se pode ir actualizando segundo se estime. Un cadro sinxelo como este é un punto de partida:

:

ejemplo difusión acividades

Que medios de difusión temos ó noso alcance?

Os proxectos eTwinning desenvólvense na plataforma colaborativa TwinSpace e levan asociado un enderezo electrónico (URL). Simplemente, dando a coñecer esta URL, dáse acceso ós contidos públicos do proxecto.

Exemplos de boas prácticas

Ademais, neste artigo presentamos unha mostra de proxectos, de medios de difusión e de soportes utilizados para dalos a coñecer. Estes exemplos son válidos para calquera etapa educativa, sen máis que adaptalos ás características da mesma.

Proxecto: Fairy ioga

Un proxecto de Educación Infantil que se plantexa a inclusión do ioga no currículo como actividade habitual nos seguintes cursos. Esta experiencia publicouse na revista de temática educativa e-Eduquem (en catalán) A través da radio local, en Radio SantBoi: E aproveita o alcance que ten as redes sociais; tamén se publicou en Facebook.

 

difusión proyecto Fairy Yoga

 

Proxecto: Tomo a palabra

No caso do proxecto de Educación Primaria Tomo a palabra, cuxo obxectivo fundamental é mellorar a competencia lingüística co alumnado, tanto na expresión oral e escrita como na comprensión, ademais de dar a coñecer o traballo no colexio, apareceu no Boletín informativo do departamento de educación do goberno de Navarra, no periódico rexional Diario de Navarra e na páxina web do Consello Escolar de Navarra. Estes espazos teñen un amplo número de visitas e de visitantes, o que multiplica o grao de incidencia da difusión.

 

Proxecto: MAVEN-MAthVia English

 

Nun entorno máis reducido quédase o proxecto MAVEN – MAthViaENglish, que promove a aprendizaxe das matemáticas e o inglés dunha forma amena no primeiro ciclo da ESO. O resultado máis destacado é un libro de historias, e o seu coordinador, Lorenzo Castilla Mora, en relación ó contido do proxecto sinala que “Todo este material é susceptible de ser usado no futuro tanto polos participantes no proxecto como polo resto da comunidade educativa.” É pois importante facilitar á comunidade educativa os medios para que os coñezan e os reutilicen. Libro de historias en ISSUU. Ademais, no seu empeño por motivar ós estudantes, o máis activo do proxecto aparece no Hall da Fama cada mes. Outros buscaron un espazo amplamente coñecido para amosar o resultado do seu proxecto.

 

Proyecto MAVEN difusión

Proxecto EuropeanMaze

No proxecto EuropeanMaze, alumnos de España e Eslovaquia traballan de maneira colaborativa para deseñar e desenvolver unha app executable en entorno de Android. Desenvolveron un xogo educativo que actualmente se pode descargar desde Play Store. Calquera usuario que queira pode xogar con EuropeanMaze. TwinSpace: https://twinspace.etwinning.net/19592/home Carpeta Happyholidays.  

 

proyecto difusión European Maze

Proxecto: Better e-safe than sorry

O proxecto Better e-safethansorry -cuxo obxectivo principal é implementar boas prácticas coas TIC no centro escolar, utilizar Internet de forma segura-, publicouse no portal do Servizo Nacional de Apoio como exemplo de boas prácticas sobre Cidadanía Dixital.

http://etwinning.es/ciudadania-digital-better-esafe-than-sorry/?lang=es

Os lectores do artigo coñecerán que o IES San José (Villanueva de la Serena, Badajoz) foi recoñecido co certificado de Seguridade Dixital. Deseñaron unha infografía que recolle de maneira clara e fácil de visualizar algúns resultados do proxecto. https://twinspace.etwinning.net/4386/pages/page/131122 Un poster ou unha tarxeta con este contido que se poidan distribuír entre o público poden ser así mesmo soporte para dar a coñecer o proxecto dunha maneira sinxela e directa. Tamén apareceu o proxecto  nun artigo dunha revista holandesa de educación.

https://twinspace.etwinning.net/files/collabspace/6/86/386/4386/files/bcce703a.pdf

 

Difusión proyecto Better eSafe than Sorry

Proxecto: Everydaysituations

As paredes do centro escolar son sempre un bo expositor, un espazo para recoñecer o traballo doutros e para coller ideas. No proxecto de Secundaria Everydaysituations, as paredes do hall do instituto amosan materiais e ilustran o desenvolvemento deste proxecto colaborativo, que consiste na elaboración de vídeos sobre situacións da vida diaria, gravados en entornos reais e en varios idiomas.

 

Difusión proyecto Everyday Situations

Proxecto: As cores da vida

Neste proxecto de Primaria pregúntanse, ¿cales son os valores máis sinxelos pero casi olvidados? Un paseo sobre o arco iris da vida para descubrir o seu significado máis auténtico. Como no caso anterior, o proxecto deuse a coñecer a través dos pasillos da escola.

https://twinspace.etwinning.net/10736/pages/page/57205 

A través da plataforma educativa que ofrece a Consellería de Educación de Madrid, http://www.educa2.madrid.org/web/javier.arias/proyecto-2015-16, e a través das redes sociais, (Twitter @ventura5b).

 

Difusión proyecto Los colores de la vida

Proxecto: A través do espello

Espazos diferentes elexiron para difundir este traballo, cuxo obxectivo principal é investigar sobre o funcionamento das emocións básicas (medo, tristura, odio, sorpresa, noxo, ira) e as secundarias (vergonza, amor, ansiedade…), sobre como afectan ós mozos participantes e como se reflicten nas nosas culturas (costumes e distintas manifestacións artísticas). O proxecto presentouse ó profesorado que participou nunha convocatoria de formación desde o Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do País Vasco; no blog  dos embaixadores eTwinning do País Vasco; tamén publicaron un artigo na prensa escrita tras ter conseguido os Selos de Calidade Nacional, no xornal El Correo; no blog do Centro de profesores, Berritzegune de Getxo http://clilingetxo.blogspot.com.es/

E como xa sinalabamos anteriormente, nos pasillos do colexio.  instalaron unha vitrina no IES Antonio Trueba BHI (Barakaldo) con parte do material realizado polos alumnos. O socio melillense do proxecto, José Antonio Sánchez, presentou os aspectos máis destacados do proxecto ó Director Provincial de Educación en Melilla e o seu equipo. Outra das socias é de Túnez, e no seu caso, os alumnos presentaron o proxecto ó inspector da materia de español, e ó director do instituto

 

Proxecto: Troy today

Diferente alcance tivo o proxecto Troy today, no que tomando como base a traxedia grega e a Guerra de Troia analízanse as consecuencias das guerras e compáranse coa situación actual das costas do Mediterráneo (os refuxiados sirios). Froito do traballo foi a representación teatral da obra As Troianas, de Eurípides, en varios teatros da Rexión de Murcia con gran éxito.

https://twinspace.etwinning.net/14107/pages/page/128860

Coa representación da obra na cidade de Lorca recaudaron máis de 400€, que foron donados ó organismo internacional ACNUR de España. En agradecemento por esta axuda, recibiron un certificado de colaboración.

 

Difusión proyecto Troy Today

Proxecto: StartingfromScratch

Neste proxecto os alumnos reflexionan sobre as razóns que producen os fluxos migratorios. Tamén toman conciencia das dificultades destas persoas e debaten sobre a mellor forma de acollelos e  que se consideren aceptados nos países receptores. Neste caso, os alumnos crean unha presentación  coa ferramenta eMaze  na que resumen as principais ideas de proxecto. Este formato de difusión serve para captar a atención e resumir nun formato visual e impactante que invita a visitar o proxecto.

 

Powered by emaze

Proxecto: Origami

O proxecto de Educación Infantil Origami, céntrase nas emocións e en como traballalas con nenos doutros países. Nas páxinas do TwinSpace aparece unha ampla variedade de medios de comunicación a través dos que se difundiu este traballo: a prensa escrita, un Grupo eTwinning, un blog educativo, a páxina web institucional do Colexio, as redes sociais (Twitter, Facebook, Pinterest..,), o portal educativo dunha Fundación de renome, e outros

 

difusión proyecto Origami

 

 

https://twinspace.etwinning.net/11281/pages/page/134340

Mención especial hai que facer para destacar ós alumnos de Ceuta. Resulta enternecedor velos falar dos seus proxectos, ¡e con que emoción se dirixen ó alcalde Presidente! (Ver 7’12’’ al 9’45’’)

youtube]https://www.youtube.com/watch?v=60Ao1YELB7U[/youtube]

 

 

Proxecto: Tips de Mobilidade España-Portugal

As actividades do proxecto TIPS DE MOBILIDADE-ESPAÑA-PORTUGAL fóronse publicando a medida que se ían realizando en distintos medios, prensa e radio. O traballo xira sobre a análise da mobilidade dentro do entorno dos alumnos españois e portugueses e dos recursos dispoñibles en cada cidade a partir da realización dun estudo de rutas. O obxectivo é aprender magnitudes e as súas relacións nun contexto divertido e motivador, utilizando recursos innovadores de TIC e cunha metodoloxía colaborativa. Estes son algúns enlaces ás noticias, que tamén se publicaron nas redes sociais:

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/audios-podcast/monforte-na-onda-22022016_2016022256cb0e7c4beb282e4dfa4a2f.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/05/29/turismo-geologico-nueve-kilometros-centro-monforte/0003_201605M29C4991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/03/02/lleva-atravesar-monforte/0003_201603M2C2991.htm

Proxecto: Construíndo Cidadanía a través da educación mediática.

Aquí, un dos medios de difusión entre os socios foi a rede social Twitter, tal e como reflexa a seguinte imaxe.

 

https://twinspace.etwinning.net/896/pages/page/9004

Construyendo ciudadanía

 

 

Tes un plan de difusión? ¡É o momento de deseñalo! Queremos coñecer o voso traballo.

 

Fonte das imaxes: TwinSpaces e Blogs públicos dos proxectos descritos. Imaxe de cabeceira de uso libre  e iconos de comunicación Deseñados por Freepik

 

 

 

Campaña eTwinning ‘Celebrar la diversidad’

Campaña eTwinning ‘Celebrar la diversidad’

Equipos de centro

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El 9 de mayo celebraremos el día eTwinning. Este año el motivo de celebración gira en torno a la temática de ‘Celebrar la diversidad’. Desde hoy 19 de abril se anuncia la campaña en eTwinning Live, también en Twitter podéis hacer un seguimiento desde el  hasthtag #eTwinning4diversity.

Continuar leyendo

Rúbrica para un proxecto de calidade: 6.Resultados, impacto e documentación.

Rúbrica para un proxecto de calidade: 6.Resultados, impacto e documentación.

Reconocimientos eTwinning

punto de partida ideal no deseño dun proxecto eTwinning é empezar polo seu final. Como se dunha viaxe se tratara, fixamos o destino  antes de decidir as etapas; o resultado tanxible ó que queremos chegar antes de tomar decisións sobre os pasos que nos levarán ata el.

Continuar leyendo