TransMission for the Global Goals

TransMission for the Global Goals

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Proxectos destacados Uncategorized

O noso proxecto TransMission for the Global Goals nace da evolución constante de tres proxectos eTwinning anteriores (Interesteen, Interacteen e RadioActive). É o resultado da mellora continua desde aquela semente que foi Interesteen no curso 2014/2015. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Tras a pegada de Safo”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Tras a pegada de Safo”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Proxectos destacados Uncategorized

O ano 2018 foi o Ano do Patrimonio Cultural Europeo, precisamente foi esta unha das razóns que nos levou a través do noso proxecto a profundarmos na figura da ínclita Safo. Ademais, quixemos buscar e afondar na pegada que nos deixou na arte e na literatura europea, para que, así, o noso alumnado aprendese a valorar o legado de Grecia e Roma, ademais do noso patrimonio intanxible. Tamén 2018 foi un ano cheo de reivindicacións que xiraron arredor da figura da muller e que deron a volta ao mundo a través de movementos internacionalmente coñecidos como o “Me Too”, que se coaron nas nosas aulas e no noso día a día, ou a folga feminina que se levou a cabo en España o 8 de marzo deste mesmo ano, o Día Internacional da Muller. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019 “All different, all the same”

Premio Nacional eTwinning 2019 “All different, all the same”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “All different, all the same” levado a cabo polas docentes Gema Sánchez García e Comba Gallinas Rodríguez do CEIP Serrano Clavero de Requena (Valencia) e Esther González Guerrero e Mª Angustias Molina González do CEIP Abencerrajes de Granada foi gañador do Premio Nacional eTwinning 2019 na categoría 1 de 0-6 anos. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “Let´s experience and learn” é un proxecto de colaboración entre os alumnos de educación infantil de colexios pertencentes a 8 países diferentes (Romanía, Eslovenia, Polonia, República Checa, Armenia, Turquía, Eslovaquia e España). Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Staying´alive-First Aid for Everyone”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Staying´alive-First Aid for Everyone”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “Stayin´ Alive First Aid for everyone” foi galardoado co Premio Nacional eTwinning 2019, na categoría 4 de maiores de 15 anos, modalidade B Novel e todo o profesorado participante recibiu o Selo de Calidade Nacional e o Selo de Calidade Europeo. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Kids’ games in the past and now”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Kids’ games in the past and now”

Premios Nacionales Uncategorized

“Kids’ games in the past and now” foi a nosa grande alegría e sorpresa ao mesmo tempo. Juanen Benlliure e Elena Penalba somos dous mestres de Educación Física e Inglés respectivamente do CRA Llocnou-Rotglà, que un día decidimos aventurarnos xuntos en eTwinning. Este foi o noso primeiro proxecto e fonte de motivación para outros que o seguiron. Continuar leyendo