Que é eTwinning?

Que é eTwinning?

Desde a súa creación en 2005, eTwinning converteuse na maior rede social europea de docentes e centros escolares.  O obxectivo de eTwinning  é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado dos países que participan en eTwinning, a través das TIC.  Ademais de ofrecer oportunidades de interacción e formación, docentes e alumnos de  dous  centros escolares de distintos países  europeos poden desenvolver  proxectos de colaboración a través de Internet  sobre cualquera tema do ámbito escolar acordado polos participantes.

O programa eTwinning é una iniciativa da Comisión Europea que comezou no ano 2005 como unha parte fundamental do programa eLearning.  En  2007 intégrase no Programa de Aprendizaxe Permanente. É unha acción descentralizada e, polo tanto, non necesariamente coordinada polas Axencias Nacionais do Programa de Aprendizaxe Permanente.  Co lanzamento de  programa Erasmus+ en xaneiro de 2014,  eTwinning pasa a  formar parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte. eTwinning adquire así un papel máis relevante do que tivo ata agora  converténdose na plataforma online de referencia para a acción KA2 (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas).  Desde o seu nacemento, eTwinning experimenta un crecemento constante. Para ver o número de participantes actual, podes acudir ó portal do Servizo Central de Apoio, http://www.etwinning.net

eTwinning está dirixido a todos os niveis educativos anteriores á Universidade. Todas as áreas, materias e familias profesionais de Educación Infantil, Primaria e Secundaria teñen cabida en eTwinning, así como os ensinos de réxime especial.  Os idiomas de traballo son aqueles que os socios desexen utilizar, entre eles, o español, cuxo uso medra día a día en Europa, tal como se reflicte nos proxectos eTwinning.

35 é o número de países de pleno dereito que forman parte de eTwinning:  Albania, Alemania, Austria, Bosnia Herzegovina, Bulgaria, Bélxica, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Islandia,  Macedonia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Holanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Serbia e Suecia.

En marzo de 2013 eTwinning ampliouse a países veciños, a raíz da Política de Vecindade Europea que se desenvolveu en 2004 e ten como obxectivo profundizar nas relacións ente países da Unión Europea e limítrofes ou próximos, os nosos «veciños». Esta extensión coñécese co nome de eTwinning Plus e intégrana 7 países: Armenia, Azerbaiyán, Georgia,  Jordania, República de Moldavia, Ucrania e Túnez

A coordinación de eTwinning en Europa lévaa o Servizo Central de Apoio en Bruxelas. En cada país membro a coordinación lévaa o Servizo Nacional de Apoio (SNA).

No caso de España, o SNA ubícase  no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Cada Comunidade Autónoma conta cun representante eTwinning.  Pica aquí para atopar o listado completo de responsables eTwinning das Comunidades Autónomas.

Para empezar, recomendámosche este vídeo sobre aspectos xerais do programa:

 

Nesta mesma sección atoparás un artigo que presenta as distintas plataformas e lugares de traballo.

Para rexistro ou máis información diríxete ó Portal Europeo: https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm

NOOC Colabora eTwinning

NOOC Colabora eTwinning

NOOC

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Abierto el plazo de inscripción para el NOOC Colabora eTwinning, que comienza el próximo 14 de noviembre de 2018.

Hay 10 NOOCs y cada NOOC se puede realizar de forma independiente al resto. Cada uno de ellos conlleva un esfuerzo estimado de 3 horas de trabajo y tras la realización de forma satisfactoria de las actividades propuestas en cada NOOC, se otorga una credencial digital (insignia), que se almacena directamente en tu mochila de Insignias INTEF.

El cuarto de este pack de 10 NOOCs es:

  • NOOC Colabora eTwinning (#noocetwcolabora). Fecha de inicio: 14 de noviembre de 2018. Inscripción abierta: aquí.

El objetivo principal de este NOOC es aprender a qué es colaboración y cómo puedes elaborar actividades colaborativas dentro de un proyecto eTwinning.

A continuación, el vídeo promocional de esta experiencia de aprendizaje:

 

“Mille et une pistes… e dous detectives”

“Mille et une pistes… e dous detectives”

Premios eTwinning 2015

Mille et une pistes… e dous detectives  é un proxecto galardoado nos premios nacionais eTwinning 2016 na categoría de idade 12-15 anos. Estamos ante un proxecto, integrado no currículo de Linguas Estranxeiras, con alumnos de 13-14 anos, que serviu de ferramenta para os profesores e alumnos para coñecerse, colaborar e realizar un intercambio a final de curso, todo perfectamente planificado e executado. A forma de traballo plantexada  é orixinal, potenciando en todo momento a colaboración, implicación e creatividade dos alumnos. E consígueo grazas a unha planificación rigorosa, a unha distribución de tarefas e roles clara e un uso amplo de ferramentas dixitais apropiadas para a idade do alumnado. A metodoloxía do proxecto é activa, as actividades potencian a creatividade, busca o coñecemento do compañeiro e a interacción continua, converténdose os alumnos nos verdadeiros protagonistas. Juana Hermoso, coordinadora do proxecto no IES Ítaca, descríbenos o desenvolvemento desta experiencia no seu centro escolar.

Mille et une pistes… e dous detectives” é un proxecto de colaboración entre os alumnos do Colegio Voltaire (Francia) e do IES Ítaca (España). A través de enigmas, os alumnos fóronse coñecendo e foron descubrindo a cultura do país do que estudan a lingua, antes de encontrarse en persoa mediante un intercambio que tivo lugar a finais de curso. Ó longo do proxecto os alumnos repartíronse en grupos para realizar as tarefas. Crearon dous personaxes, os detectives, que se convertiron no fío condutor de todo o proxecto: inventaron os seus nomes, crearon os seus retratos e elixiron entre todos o aspecto final dos personaxes. Finalmente crearon estes personaxes de maneira virtual, dotándoos de voz e movemento. Para os alumnos foi unha maneira divertida e atractiva de aprender outra lingua e descubrir unha nova cultura coas súas semellanzas e diferenzas. Desenvolvéronse as destrezas comunicativas, valorando e respectando unha nova cultura e potenciando a conciencia europea.

 

nube palabras

Tras a finalización do Proxecto poidemos constatar que se cumpriran os obxectivos plantexados ó comezo do mesmo e cun alto grao de satisfacción.

Durante o desenvolvemento do proxecto as dificultades foron mínimas pois contamos con moi boa disposición por parte do alumnado, que estiveron sempre moi receptivos e moi ilusionados co mesmo. Os alumnos convertéronse nos verdadeiros protagonistas do desenvolvemento do proxecto participando activamente en todas as tarefas, as cales se organizaron en grupos colaborativos con membros do mesmo país ou grupos de alumnos dos dous países.  O traballo en equipo e os intercambios de información foron imprescindibles e constantes ó longo do proxecto. Profundizouse no uso das TIC con ferramentas xa coñecidas polos alumnos e coa introdución de moitas outras novas; o uso de ditas ferramentas serviu para plasmar a creatividade e a autonomía dos alumnos. O uso do blog foi un soporte idóneo para amosar o noso traballo e  organizámolo de maneira que se poideran ver facilmente todas as etapas do proxecto: obxectivos, temporalización, metodoloxía e reparto de tarefas entre os alumnos.

Traballando en equipo os alumnos déronse conta da importancia e o papel que desempeñaban no proxecto, así como da diversidade de ideas e opinións que cada un podía aportar. O intercambio de información supuxo para os alumnos enfrontarse a unha lingua auténtica ó contactar con locutores nativos, practicando a lingua en situacións reais de comunicación. Os alumnos gañaron en confianza e abriron a súa mente a outra cultura, reforzando o sentimento de pertencer á comunidade europea. Algunhas das competencias desenvoltas foron: competencia comunicativa, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender, social e cidadá, cultural e artística, tratamento da información e competencia dixital.

 

Este proxecto permitiu conciliar as esixencias da clase de lingua estranxeira, a creatividade dos alumnos e o desenvolvemento das competencias. Os resultados foron moi positivos: os alumnos progresaron considerablemente no uso da lingua, máis conscientes disto tras o regreso da viaxe/intercambio. Manexaron de maneira sorprendente as ferramentas audiovisuais, aínda que moitos deles  utilizábanas por primeira vez debido a súa curta experiencia con elas. Ó mesmo tempo aprenderon moitos aspectos da cultura do outro país (Francia e España), principalmente tras a estancia en ambos países e establecéronse lazos de amizade entre os estudantes

actividad del proyecto

Ó longo do proxecto foi necesario unha boa planificación e o contacto continuo entre os alumnos e as profesoras para poñernos dacordo  nas tarefas a realizar, o procedemento a seguir e as ferramentas a utilizar. Contactamos principalmente a través do correo electrónico e fixemos unha utilización moi efectiva de TwinSpace, do foro, do chat, dos materiais, etc. Ó introducir ferramentas novas  intercambiamonos titoriais co fin de aprender o seu manexo con maior rapidez.

photostory del proyecto

A modo de resumo, creouse un libro dixital como produto final onde se recolleron todas as tarefas relacionadas cos personaxes e a resolución dos enigmas que plantexaban. Os alumnos traballaron en grupos mixtos e encargáronse do deseño e confección do mesmo.

De novo Twinspace deunos a oportunidade de ir colocando todas as imaxes, ficheiros de audio, vídeos, documentos escritos, etc, de maneira clara e organizada e así se puido reutilizar todo este material en diferentes fases do proxecto.

Para nós as profesoras o resultado foi moi gratificante ó ver o progreso dos nosos alumnos e o grao de implicación destes nas tarefas. Ademais, o maior logro foi constatar que alumnos con algunhas dificultades para a lingua estranxeira tamén progresaron  dunha maneira satisfactoria. Este proxecto permitiunos descubrir novas ferramentas que complementaron e ampliaron as utilizadas  no proxecto anterior e aumentou a confianza e experiencia para emprender novos traballos.

Grazas ós proxectos desenvoltos ata agora no meu centro, logrouse que eTwinning sexa hoxe en día o espazo de comunicación idóneo para traballar con outros centros e tamén que algúns compañeiros se interesaran por esta plataforma. Atopei sempre nos meus compañeiros e no equipo directivo do centro o ánimo e o apoio necesarios para desenvolver os meus proxectos eTwinning.

En resumo, as profesoras quedamos moi satisfeitas co resultado final e os alumnos manifestárono así na  Avaliación Final.

Personalmente, lograr o Premio Nacional eTwinning 2016  supuxo unha recompensa persoal e profesional que me serve de estímulo para seguir crendo na docencia como base fundamental na formación do alumnado. Os meus compañeiros do Instituto Ítaca e o Equipo Directivo séntense moi orgullosos do recoñecemento que supón para o centro haber conseguido este premio.

 

avatar detective del proyecto

Comentarios dos alumnos sobre o proxecto

 


alumnos del proyecto

“A miña experiencia con este proxecto foi moi boa. Traballamos moito  e entre todos conseguimos sacalo adiante. Aprendín moita información interesante sobre Francia e sobre todo con esta plataforma puidemos achegarnos máis a estes grandes amigos que coñecemos grazas ó proxecto. Encantábaos descifrar os enigmas para ir sabendo máis sobre estes personaxes que fomos creando. Por outro lado, aprendemos a utilizar esta plataforma, que moitos non a coñecíamos. Outro punto moi a favor é que  as profesoras estaban moi implicadas no proxecto e  axudábannos en todo o que necesitábamos. Todo se pode sacar adiante con esforzo, imaxinación e sobre todo ganas.”

Paula Pino Morillo

 

“É unha experiencia que indudablemente volvería a repetir. Coñecín un novo país, novas persoas, unha nova cultura e todo isto mellorando o noso Francés. Desde o principio todo o grupo estivo moi implicado no proxecto e todos tivemos unha boa actitude, grazas a ela, conseguimos sacar este traballo adiante. Esta plataforma ó principio éranos descoñecida, xa que nunca a tiñamos utilizado antes, pero estivemos vendo como funcionaba en clase e na casa e por suposto con axuda da profesora. En resumo, aprendín moitas cousas novas con este proxecto e en especial co intercambio e como dixen volvería  repetir, porque me  aportou moitas cousas, non só mellorou o meu Francés, tamén mellorou a miña relación con compañeiros doutras clases cos que non acostumaba estar.”

 María Rodríguez de Segovia

 

“Estou moi orgullosa de ter participado neste proxecto. Foi unha experiencia única e moi interesante, e estaría disposta a repetila.

Foi unha idea moi orixinal e entre todos e a gran ayuda dos profesores, poidemos facelo e incluso gañar un premio.

Ademais do que nos aportou a todos na aprendizaxe do francés, puidemos coñecer mellor outra cultura e moitas persoas marabillosas coas que vivimos momentos inolvidables, e tamén coñecer moito mellor ós nosos compañeiros de clase. Logramos traballar en equipo todos a unha. Penso que o premio foi merecido xa que é o recoñecemento a un traballo ben feito.”

Ana De La Morena Ontalba

“Tras moitas semanas de esforzo realizando o proxecto, organizándoo, utilizando páxinas de internet que nunca antes usaramos e sobre todo axudándonos  uns ós outros, ó final logramos conseguir un traballo que valeu a pena. Esta experiencia aportoume moitos valores positivos e   uniume moitísimo ós meus compañeiros e deime conta do que realmente era o traballo en equipo, e que poñendo cada un da nosa parte podemos conseguir cousas magníficas. Por outra parte tivemos moi bos compañeiros de viaxe (os alumnos do colexio Voltaire de Francia) cos cales seguimos mantendo aínda o contacto. E sobre todo teño que dar as grazas ás profesoras, Juana,a  nosa profesora e á profesora francesa, Isabelle  que nos deron a oportunidade de participar neste proxecto, nos guiaron e nos animaron sempre. Espero ter a oportunidade de poder realizar outro proxecto pronto. Isto foi unha experiencia que xamais olvidarei.”

María García Verdugo

 

“Ó principio a idea deste proxecto non me chamou a atención, pero conforme fomos avanzando, intimando cos nosos correspondentes e vendo como todo ía collendo unha boa forma, a verdade é que me sentín moi contenta de haber tido a oportunidade de realizalo e compartilo con todas estas persoas que cheguei a coñecer. Este proxecto, nalgúns momentos, resultou duro de realizar, xa que era difícil poñer dacordo a 44 alumnos (22 de cada país) e dous profesores para traballar xuntos, organizarse e chegar a acordos. Sempre me vou  quedar co recordo desa primeira tarefa que fixemos ensinando as partes dos nosos respectivos colexios, cada un facíase unha foto nunha  aula ou zona desta e subíaa a twinspace e entón fomos coñecendo ós nosos amigos franceses. Esta experiencia foi o meu primeiro proxecto eTwinning, o meu primeiro intercambio, a miña primeira saída do país e a verdade é que non podía haber quedado máis satisfeita. Enorgulléceme aínda máis haber ganado este premio xa que podo ver que a boa sensación que nós sentimos ó velo rematado tamén o sentiron os xuíces que o valoraron. Repetiríao sen dudalo con todos os seus pros e os seus contras.”

Elena Cámara Quílez

 

“Encantoume vivir esta experiencia única que nos aportou moitísimo tanto a nivel lingüístico como persoal. Neste proxecto tiven a oportunidade de coñecer persoas marabillosas e poñer en práctica os meus coñecementos en francés.

Este traballo sacámolo con esforzo e moita ilusión e non podería haber sido posible sen a excelente colaboración e implicación da nosa profesora.”

Esteban Espinilla Hernández

 

“Este proxecto resultou algo magnífico para todos. Aprendemos, tanto españois como franceses, de todos un pouco, chegando a descubrirnos a nós mesmos, e darnos conta, pouquiño a pouco, das cosas que somos capaces de facer. Todo isto non houbese sido posible sen o esforzo e dedicación que cada un de nós e sobre todo das profesoras. Foi, indudablemente, unha experiencia que volvería repetir.”

Roxana Busuioc.

 

Enlaces do proxecto

Enlace a TwinSpace: http://twinspace.etwinning.net/2869/home

Enlace á páxina web: http://projetetwinning.wix.com/mille-et-une-pistes

Enlace ó blog do intercambio: http://milleetunepistes.blogspot.fr/

Enlace á páxina web do Colexio Voltaire: http://clg-voltaire-saint-florent-sur-cher.tice.ac-orleans-tours.fr/eva/spip.php?rubrique275

Enlace á páxina web do IES Ítaca: http://www.iesitaca.org/imagenes/noticias/intercambioconelliceofrancesvoltairedesaintflorent

https://sites.google.com/a/iesitaca.org/international-programmes-at-ies-itaca/programas-internacionales/intercambios-escolares/intercambios-2014-2015

En Twitter: #milleetunepistesydosdetectives

 

 

 

A calidade en proxectos de Educación Infantil e Primaria

A calidade en proxectos de Educación Infantil e Primaria

Recomendacións

Exemplos de boas prácticas en Educación Infantil e Primaria para cada un dos 6 criterios de avaliación existentes á hora de conceder o Selo de Calidade a proxectos eTwinning.

A primeira idea que é fundamental resaltar é a seguinte: todos os proxectos de colaboración escolar enmarcados dentro da acción eTwinning, ademais de conlevar un gran esforzo e traballo por parte dos implicados (especialmente profesorado e alumnado), apoian e reforzan o proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve na aula, ademais de ser un importante factor motivador para os docentes e alumnos participantes.

Co obxectivo de identificar aqueles proxectos que destacan especialmente por varios motivos (traballo, esforzo, colaboración, uso das TIC, innovación, etc.) existe o denominado Selo de Calidade: un recoñecemento dos proxectos eTwinning que cumpren cos 6 criterios de calidade pre-establecidos e comúns para os 41 países que forman parte desta acción. Toda a información sobre estes criterios de avaliación pòdese revisar aquí.

Cada etapa do sistema educativo español ten as súas propias características, coas súas correspondentes fortalezas, retos e dificultades. Para as etapas de Educación Infantil e Primaria, como adianto a unha serie de artigos máis extensos e específicos, no presente documento vaise expoñer unha breve lista de proxectos e ideas que poden servir de referencia ou inspiración para cada un  dos 6 criterios de avaliación dos Selos de Calidade e que poden resultar de aplicación en futuros proxectos eTwinning. Asimesmo, para cada criterio inclúese un enlace a un artigo relacionado xa existente na páxina web do Servizo Nacional de Apoio eTwinning de España, co fin de aportar a maior cantidade de información posible sobre cada criterio.

  1. Innovación pedagóxica e creatividade
  1. Integración no plan de estudos
  1. Comunicación e interacción entre centros socios
  1. Colaboración entre centros escolares asociados
  1. Uso da tecnoloxía
  1. Resultados, impacto e documentación
Tomo a palabra

Tomo a palabra

Premios eTwinning 2015

‘Tomo a palabra’ é un proxecto eTwinning que se realizou entre centros escolares de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Trabállase fundamentalmente a competencia lingüística do alumnado participante usando o español como lingua vehicular. As actividades realizadas en colaboración cos centros socios reflicten uns resultados máis que satisfactorios o que incrementou a motivación do alumnado, propiciou o traballo das competencias clave e o traballo en equipo en agrupacións internacionais. Ademais subliñamos a boa difusión do proxecto a través da web do centro escolar e a través das RRSS como Facebook e Twitter. O docente Juan Fco. Peñas Viso, coordinador no centro escolar CPEIP San Babil (Navarra), descríbenos como viviron esta experiencia e o importante que é facer equipo e apoiarse nos proxectos eTwinning.

O proxecto foi deseñado para traballar a competencia lingüística co alumnado participante, tanto na comprensión coma na expresión oral e escrita. Utilizamos o español como lingua vehicular do proxecto. Para uns tratouse da súa lingua materna e para outros dunha lingua estranxeira. Participaron alumnado e profesorado de Francia, Italia, Inglaterra, Turquía e España. Colaborando entre todos, o proceso de ensino-aprendizaxe resultou máis motivador e significativo.

 

Mapa de socios

Os obxectivos que nos formulamos ao principio fóronse alcanzando ao longo do proxecto:

  1. Comunicarse con alumnado doutros países e interesarse polos seus gustos e formas de vida para potenciar a dimensión europea“. Para iso realizamos videoconferencias e utilizamos o foro do Twinspace, principalmente.
  2. Expresarse oralmente e por escrito adecuadamente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación“. Realizamos o traballo de diferentes tipos de texto que foron presentando nas distintas producións escritas.
  3. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e diferentes ferramentas web 2.0 coa finalidade de obter información e de presentar as distintas producións“. Utilizamos distintas ferramentas TIC e Web 2.0 para poder realizar as actividades de xeito colaborativo entre os grupos de nacionalidades mixtas.
  4. Traballar de xeito colaborativo cos compañeiros da clase e cos dos centros asociados“. Non só se levou a cabo un traballo de grupo entre o alumnado da clase, senón que tamén se realizaron actividades colaborativas co resto de compañeiros dos centros asociados.
  5. Mellorar a competencia lingüística no alumnado a través do desenvolvemento das actividades do proxecto“. Cada alumno mellorou o seu nivel de competencia lingüística a través das actividades propostas, tanto escritas coma orais, aprendendo a expresarse a través dos distintos tipos de textos traballados.

O feito de que o alumnado fose de cinco países diferentes e de distintas etapas educativas non foi ningún problema. Pola contra, permitiu un enriquecemento maior coas achegas nas distintas actividades do proxecto. En España, o alumnado do CPEIP “San Babil” de Ablitas era do terceiro ciclo de primaria (10-12 anos), mentres que en Francia (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher e Colexio Gounod de Saint Cloud), Italia (IC de Borgoricco) e Turquía (Isik Okullari de Istambul) foi alumnado de educación secundaria (12-14). O de Inglaterra (Midfield Primary School de Orpington Kent) era de primaria e, aínda que a súa incorporación foi tardía, participaron satisfactoriamente nalgunhas das actividades do proxecto.

 

tomo_la_palabra_comic

 

Leváronse a cabo videoconferencias entre o alumnado, á vez que o resto de compañeiros usaba a charla e os foros do Twinspace. Gustaríanos máis interacción entre eles, pero o diferente horario escolar e de calendarios non posibilitou máis oportunidades.

A participación de todos os socios do proxecto foi excelente, desde a planificación e coordinación entre o profesorado a través das videoconferencias, como a realización das actividades por parte do alumnado. As distintas fases do proxecto permitiron traballo individual, en pequenos grupos de clase e en grupos de nacionalidades mixtas. Como resultados do proxecto atopámonos coas distintas producións lingüísticas realizadas, o uso apropiado das TIC e das ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades, a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a maior concienciación da dimensión europea ao ter compañeiros doutros países europeos. Deste xeito, o proxecto cumpriu cos catro principios básicos do programa eTwinning.

 

Principios básicos_eTwinning

No meu centro escolar levamos a cabo unha coordinación interna entre os titores do terceiro ciclo de educación primaria para integrarmos o proxecto dentro da nosa programación da área de lingua castelá. Polo tanto, formamos un equipo docente eTwinning que permitiu a participación de todo o alumnado do ciclo e que tan satisfactoriamente resultou.

O maior beneficio foi a motivación do alumnado coa participación nun proxecto eTwinning. Como mestres, permitiunos mellorar as estratexias metodolóxicas tendo en conta as achegas dos nosos socios e fíxonos ser máis creativos propoñendo tarefas para un alumnado con idades e destrezas lingüísticas diferentes. Para o alumnado, o feito de realizaren un proxecto con compañeiros doutros países facilitoulles a concepción da cidadanía europea e fíxolles ver as cousas desde outras perspectivas, compartindo espazos e colaborando en producións finais.

https://twinspace.etwinning.net/662/home

Os materiais que se elaboraron ao longo do proxecto poden servir como exemplo dos distintos tipos de textos traballados e que están dentro do currículo da área de lingua. O uso creativo das distintas ferramentas web 2.0 para levar a cabo as actividades colaborativas entre o alumnado pódelles ofrecer aos docentes ideas para levar a cabo os seus proxectos eTwinning. Do mesmo xeito, a organización do Twinspace como lugar preferente de difusión do traballo realizado pode axudar a estruturar e darlle maior utilización noutros proxectos.

 

Periodico_Tomo_la_palabra

Aínda que noutras ocasións o premio nacional recaía só no coordinador do proxecto, nesta ocasión somos dous profesores os afortunados, Pedro Pablo Lucena Redondo e Juan F. Peñas Viso. Para o primeiro supuxo o seu primeiro premio a nivel nacional e viu recoñecido, cunha grande alegría, o seu traballo na sombra. Para min, que xa recibín varios premios, segue sendo un grande estímulo para continuar planificando e ofrecendo proxectos tan motivadores e, coma este, tan ben valorados, malia que cada vez hai máis proxectos eTwinning de calidade, o que nos fai sentir máis orgullosos aínda do traballo realizado. Desde aquí gustaríanos aos dous dedicarlle este premio á nosa compañeira de ciclo Mª Jesús Escribano Ayensa que tamén participou co seu alumnado no proxecto e que está de baixa.  Parabéns e moitos ánimos!!!

Sempre pensei que unha alta porcentaxe do éxito dun proxecto eTwinning está nos socios que participan. Por iso lles pedín aos meus queridos e admirados compañeiros de proxecto que “Tomen a palabra” e escriban as súas impresións.  Grande Equipo!!!

 

planificación_Tomo_la_palabra

  • Isabelle Gry (Colexio Voltaire de Saint Florent Sur Cher, Francia):

“Encantada de tomar a palabra para falar do noso proxecto que foi, tanto para min coma para os meus alumnos, unha aventura moi enriquecedora. TOMO A PALABRA non foi o primeiro proxecto para min, pero si a primeira experiencia con varios socios e con grupos de alumnos moito máis numerosos, de diferentes niveis lingüísticos e idades. Ao principio xurdíronme dúbidas pero confiei en Juan, na súa ampla experiencia e grande entusiasmo. Aprendín moitísimo con el sobre planificación e colaboración, pero tamén sobre organización do TwinSpace, uso de ferramentas e agradézollo moitísimo.

Desde o punto de vista dos alumnos, o proxecto tamén significou unha multitude de beneficios. Primeiro, abriuse a miña aula a Europa: os alumnos decatáronse, no seu primeiro ano de aprendizaxe do español, de que a lingua é ante todo un medio de comunicación entre persoas e que o idioma, a distancia e a cultura non son unha barreira para facer amigos doutros países e aprender cousas novas xuntos.

Por outra banda, propúxose no proxecto unha serie de actividades moi atractivas e estimulantes cunha gran variedade de ferramentas TIC que fomentaron a participación activa dos alumnos así como a súa creatividade. Así sucesivamente transformáronse en debuxantes, xornalistas, cociñeiros, guías turísticos, … divertido xeito de mellorar e ampliar a comunicación na lingua estranxeira xunto aos seus compañeiros europeos.

Non só usaron as TIC e aprenderon os contidos da materia e da cultura senón que tamén desenvolveron unha serie de competencias transversais moi importantes para o seu futuro. Cos grupos de nacionalidade mixta, aprenderon a traballar en equipo en todas as tarefas, vendo a importancia e o papel que cada un ten na realización do proxecto, a ser tolerantes coa diversidade de ideas e opinións que cada un pode achegar.

Os resultados do proxecto foron moi positivos, e non só se ven na autoavaliación e avaliación do proxecto que realizaron os alumnos, observáronse na clase cando se vían felices, entusiastas e motivados realizando as actividades, satisfeitos co traballo realizado, cando foron eles mesmos os que preguntaron a finais de curso se ían facer outro proxecto, ou cando superaron a dificultade de falar en público para lles presentar o proxecto aos seus compañeiros e familias.

O que tamén valoro moito no proxecto é a comunicación cos socios que foi excelente, axudámonos mutuamente e compartimos ideas. Máis ca socios somos un equipo, un equipo de amigos que seguen traballando xuntos, gozando coa marabillosa metodoloxía que nos facilita eTwinning.  Grazas compañeiros, grazas eTwinning “!

 

  • Vanessa Gisbert (Colexio Gounod de Saint Cloud, Francia):

 “Tomo a palabra para lles dar as grazas aos meus socios e en particular a Juan e a Pedro que me acolleron primeiro neste proxecto. Con eles, eu e mais o meu alumnado aprendemos moitísimo. Este proxecto foi unha aventura extraordinaria. Primeiro claro, para o alumnado, os beneficios foron numerosos desde o punto de vista lingüístico, cultural pero tamén desde o punto de vista humano.

Grazas a eTwinning, Europa foi máis ca unha palabra, os alumnos puideron experimentar o que era a cidadanía europea. Coas tarefas colaborativas e os intercambios culturais nas distintas actividades, tomaron conciencia de que a xuventude dos diferentes países tiña moito en común, pero tamén con outras tarefas como a das festas, por exemplo, coñeceron costumes que non sospeitaban. Foi unha formidable apertura cultural.

Moitas veces os alumnos pensan que o que estudan está moi afastado da súa vida cotiá, e é un pouco aburrido. Pero co proxecto “Tomo a palabra” comprobaron que a lingua que estaban a aprender permitía esta comunicación, pero que tamén necesitaban competencias transversais para poder levar a cabo as actividades. ‘Super chef’ foi un gran momento para eles, por exemplo, cando tiveron que realizar na casa unha receita doutro país, e non só os alumnos gozaron desta tarefa, pero tamén as súas familias. Como o mostra a avaliación, esta aventura encantoulles, o intercambio con tantos países, o uso das TIC, o traballo colaborativo entre países pero tamén entre alumnos da clase creou unha gran solidariedade dentro da aula.

Tamén foi unha experiencia inesquecible para min. E agora vouvos falar dos meus socios, sen eles claro, o proxecto non existiría. Son moi xenerosos, en particular Juan e Pedro e teñen moita paciencia. ‘Super Juan’, como lle chama Sara, a calquera hora contestaba cando un de nós tiña un problema técnico. Coñece unha morea de ferramentas, sempre busca outras novas, e ten unhas ideas fantásticas. Somos máis ca socios, somos un equipo, coidamos uns dos outros, cando un ten un problema os demais intentamos axudalo. Para comunicármonos, utilizamos as videoconferencias, o correo electrónico, WhatsApp, algúns Twitter.

Penso que o que nos une é a idea de que o ensino ten que evolucionar, saber non ten que quedar dentro da aula, as novas tecnoloxías permítennos revolucionar os métodos, e ofrecerlles aos nosos alumnos unha visión máis ampla do mundo e dos coñecementos. Pero tampouco sería posible sen o programa eTwinning, o feito de que sexa unha institución oficial europea axúdanos moito e ofrécelles aos pais unha seguridade co Twinspace. Os selos e mais os premios motivan moito o alumnado.

Vou rematar dándolles as grazas aos meus alumnos polo entusiasmo e o excelente traballo neste proxecto”.

  • Sara Terrassan (IC de Borgoricco, Italia):

“Eu tamén tomo a palabra para lles agradecer aos meus compañeiros o gran traballo e, por suposto, agradézolles aos meus alumnos que participaron con fervor. O proxecto foi inicialmente deseñado de maneira que se puidese traballar cos contidos e as competencias lingüísticas que se desenvolven normalmente nunha clase de ELE de nivel A1/A2, por iso, foi moi fácil enganchar os meus alumnos e organizar o traballo. O español é a segunda lingua estranxeira que estudan e só empezaron dous anos antes con dúas clases semanais. Tiveron a posibilidade de utilizar o español para expresarse con colegas europeos e isto motivou a súa aprendizaxe. Ademais puideron contar algo sobre a súa realidade con receitas tradicionais e noticias locais, ás veces aprenderon algo novo sobre o seu territorio só para podérllelo contar aos colegas do proxecto. Isto para min foi o maior éxito: que os alumnos quixesen aprender para poder comunicar.

A axuda constante entre os profesores, sobre todo de noso ‘super Juan’ e o entusiasmo dos alumnos por estudar deleitándose, fixeron a gran diferenza que ten este proxecto respecto a outros que completei durante os anos pasados.

Pedro e Juan, Grazas por compartir o voso moi merecido galardón! “

  • Beril Tapkan (Isik Okullari de Istambul, Turquía):

“Participar no proxecto ‘Tomo a palabra’ foi un pracer non só para min e tamén para os meus alumnos. Teño que salientar que aprendemos moito. ”Tomo a palabra” foi o segundo proxecto que fixen en eTwinning, pero foi unha experiencia totalmente diferente. Tiven dúbidas sobre a combinación do proxecto co meu plan de estudos. Co apoio dos meus compañeiros de eTwinning fíxeno rapidamente e de forma sinxela. Co proxecto tiven a oportunidade de lles ensinar aos meus alumnos que hai un mundo fóra da escola no que a xente fala español con diferentes niveis. Ganaron fluidez e motiváronse coa preparación dos vídeos, guías turísticas, etc.

Os meus alumnos só tiñan o coñecemento de español como lingua estranxeira que adquiriron durante o primeiro ano da aprendizaxe. A pesar disto, esforzáronse por coñecer os seus socios de España, Francia, Italia e Inglaterra.

Usar as TIC na aula foi unha boa oportunidade para mellorar os coñecementos e converteuse nunha experiencia máis enriquecedora ca un seminario.

O proxecto foi o gran traballo en equipo para min. Durante o proxecto sentín coma se os meus compañeiros e eu traballaramos na mesma escola pero en campus diferentes. ‘Tomo a palabra’ achegou os continentes e mais as ideas.

 Grazas por todo compañeiros!  Grazas ‘Tomo a palabra’!”

  • Miguel Santillán (Midfield Primary School de Orpington Kent, Inglaterra):

Tomar a palabra en eTwinning foi unha das experiencias de aprendizaxe máis integrais que tiven. Como facilitador, a miña aprendizaxe levoume a coñecer e utilizar ferramentas TIC e Web 2.0 que enriqueceron o meu horizonte de práctica docente. As frecuentes comunicacións entre os profesores e alumnos espertaron a miña inquietude e coñecemento sobre o que sucede nas aulas noutros países europeos en estratexias de ensino e aprendizaxe. A retroalimentación e a evidencia na aprendizaxe dos alumnos participantes no programa foi extraordinaria pois tanto os alumnos coma a aprendizaxe do español foron o centro do proxecto e o motor que o impulsou ao éxito que hoxe se lle recoñece. Sendo esta a nosa primeira experiencia en eTwinning e aínda sendo un proxecto ao que nos incorporamos na parte final, a profesionalidade dos colegas e a motivación do alumnado que participou conduciunos a progresar e aprender constantemente. Non teño a menor dúbida de que “tomar a palabra” foi unha aprendizaxe significativa e integral para todos aqueles que participamos nel.

  • Pedro Pablo Lucena Redondo (CPEIP San Babil de Ablitas – Navarra, España):

“Traballar mediante este tipo de proxectos colaborativos, non só resulta eficaz para mellorar o uso das distintas linguas que utilizamos no noso contorno europeo, senón que ademais nos permite inserir na aula, e polo tanto no currículo, o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Este tipo de proxectos multidisciplinares permite xuntar os distintos contidos das distintas materias/áreas, ademais da colaboración con outros nenos/as, realizando así unha aprendizaxe máis significativa e enriquecedora. Este xeito de traballar co alumnado, máis aínda se o fas na súa lingua natal, fai que este sexa protagonista da súa aprendizaxe e que sexa “profesor” dos seus propios compañeiros de aula e, sobre todo, dos demais socios europeos. Por todo iso, creo que é un magnífico xeito de aprender, coñecer e tomar conciencia da nosa presenza e pertenza a Europa, así como darlles a coñecer o noso idioma aos demais e aprendermos a valoralo máis se cabe”.

Vídeo realizado polos socios doutros países para felicitarnos polo premio.

Moitas grazas a todos os que participastes neste proxecto, docentes e discentes, e a todos aqueles que nos apoiastes e animastes desde fóra, asesores, familias, embaixadores e eTwinners, en xeral.  Viva eTwinning!!!