Titorial que che indica paso a paso como crear unha videoconferencia no TwinSpace.


Só os docentes administradores poden crear un evento en liña (videoconferencia).

  1. Preme na sección REUNIONES EN LÍNEA, e despois en Organizar un encontro en liña (Organise an online meeting).

      

  1. Aparecerá esta ventá. Pon un título e mais unha breve descrición do tema da reunión que vas organizar.

  1. Selecciona o número de participantes, a duración da sesión e a data (ten en conta os días festivos e mais as vacacións dos países socios que participan na reunión).

4. Unha vez seleccionada a data, no lateral dereito despregarase unha relación dos intervalos horarios dispoñibles para que selecciones a hora (atención ás diferenzas horarias cos países socios).

E preme en Guardar.

  1. Aparece un resumo:

  1. Observa como se ve a videoconferencia programada na sección das videoconferencias programadas.

  1. Para acceder á sala na que se celebrará a reunión en liña:

  • Preme no botón entrar/sing up para rexistrar a túa participación.
  • Preme en entrar á sala/enter room o día e hora sinalados para a reunión.
  • Hai un número limitado de usuarios participantes. Superado este número, non poderán acceder máis.
  • IMPORTANTE: a videoconferencia pódese gravar.