No barriers for Europeans

No barriers for Europeans

Proxectos destacados

Presentámosvos ‘No barriersforEuropeans‘ Proxecto-Asociación escolar Erasmus+ no que participan 6 centros escolares (España, Turquía, Polonia, Portugal, Italia e Lituania) con alumnos de necesidades educativas especiais. O obxectivo fundamental é concienciar sobre a situación  e as necesidades dos alumnos con discapacidade co fin de fomentar a igualdade entre todos e a súa integración no grupo. A través do intercambio de experiencias e visitas ós centros escolares, os docentes intercambian impresións e boas prácticas para mellorar  o proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos. Sara Antolín e Rafael Sanjosé, docentes participantes no centro español (CRA Castilla-Valladolid) cóntannos a súa experiencia no desenvolvemento deste proxecto. 

Temática e obxectivos de proxecto.

A temática do proxecto é a discapacidade e a través do mesmo tratamos de aumentar a conciencia sobre a situación e as necesidades dos alumnos con discapacidades. Na sociedade sempre nos atopamos con persoas discapacitadas, sentimos lástima por eles, pero non facemos nada. Con este proxecto, buscamos romper cos prexuízos máis comúns na sociedade sobre as persoas con discapacidade e/ou trastornos. Fixemos o mellor que puidemos para conseguilo. Intentamos que os nosos alumnos perciban, especialmente os nenos de idades temperás, que os alumnos con discapacidades poden conseguir moito máis se os involucramos nas actividades cotiás traballando con alumnos sen discapacidade. Pensamos que isto era moi importante para que os nenos sintan empatía desde a súa infancia.

 

Disabled painters

Idade do alumnado participante.

O noso colexio é un centro rural de educación infantil e primaria, con 40 alumnos aproximadamente e no que destaca o elevado número de alumnos de orixe inmigrante.

O resto de socios do proxecto eran de infantil, primaria e secundaria.

Áreas curriculares e contidos abordados.

O proxecto incorporouse transversalmente en todas as áreas do currículum. Por exemplo, na área de Lingua fixéronse entrevistas, preparáronse cuestionarios ou redactáronse e intercambiaronse cartas. En Plástica fixéronse multitude de traballos, por exemplo coñecendo e reproducindo as obras dalgúns artistas discapacitados e facendo exposicións coas obras dos nenos. En Educación Física aprendemos xogos adaptados para diferentes tipos de discapacidades e disciplinas paraolímpicas. En Música fixéronse dramatizacións e apredéronse cancións noutros idiomas. En Inglés   traballouse vocabulario relacionado co proxecto e fixéronse felicitacións e cartas. Púxose especial fincapé no traballo coas TIC para mellorar o traballo na aula.

Temporalización (fases) e metolodoxía escollida para o desenvolvemento do proxecto.

No barriersforeuropeans tivo unha duración de dous cursos, 2014-2016, nos que permanentemente se estivo traballando en base ó mesmo.

Nun primeiro momento realizouse un cuestionario a pais, alumnos e profesores para coñecer o punto de partida en canto ós nosos coñecementos sobre a discapacidade. Plantexáronse actividades en común e estableceuse un calendario de realización. Os mestres coordinadores de cada país estabamos en contacto permanente para aclarar cuestións ou para incorporar novas ideas ó plan de traballo.

 

 

 

feria

Tamén cada mes, e sobre todo ó finalizar o proxecto, avaliáronse as actividades, a súa relevancia, a súa adaptación ós alumnos de cada centro e a súa repercusión. Tamén se volveu  realizar o cuestionario para valorar a consecución dos obxectivos.

Materiais desenvoltos.

Como materiais tanxibles que destacaríamos poden estar as exposicións de pinturas dos alumnos, os murais, a decoración das aulas, os cuestionarios de avaliación, etc. O máis importante, segundo o noso punto de vista, son as experiencias dos nenos, convivir con alumnos con problemas motóricos, bailar cos alumnos do taller ocupacional, participar nuns mini xogos paraolímpicos, etc.

 

actividades con alumnos

Avaliación e difusión do proxecto.

A avaliación interna do proxecto é positiva a 100% principalmente porque vemos como repercutiu nos alumnos, nas familias e nos mestres. O que tamén nos motiva é que temos conseguido unha avaliación positiva externa conseguindo o Selo de Calidade Nacional e o Selo de Calidade Europeo por parte de eTwinning.

Son varios os artigos publicados nos diarios de ámbito rexional e local, en medios on-line e tamén son varias as axencias de comunicación que se fixeron eco do noso proxecto.

 

web del proyecto

Beneficios para o centro, docentes e alumnado

Os mestres, os alumnos e as familias aprenderon a traballar xuntos, son conscientes de: “algún día eles tamén poderían ter algunha discapacidade, ¿quen sabe?”. O proxecto serviu para poder crear o espírito de traballar todos xuntos con diferentes países de Europa para alcanzar un mesmo obxectivo. Os participantes gañaron un coñecemento máis profundo para romper “barreiras” (a pesar da diversidade cultural), mellorar habilidades na linguaxe, aumentar o coñecemento doutras linguas, coñecer como se traballa coas personas discapacitadas noutros países europeos e mellorar a aprendizaxe dos alumnos, así como a eficacia dos mestres.

Acceso ó TwinSpace do proxecto

Acceso ó espazo web do proxecto

Sara Antolín Mediavilla- Rafael San José Rodríguez

CRA Campos de Castela

Becilla de Valderabuey-Valladolid-Castela e León

 

CRA Campos de Castilla

Becilla de Valderabuey-Valladolid-Castilla y León