Neste titorial indícase paso a paso como invitar ao TwinSpace do proxecto un usuario Visitante.

  1. Accede ao TwinSpace do proxecto e preme en MIEMBROS.

2.-  Preme en Invitar a miembros.

3.- Agora, preme en Personas invitadas (Visitantes)

4.- Selecciona Nuevas personas invitadas/Nuevo Visitante. Escribe o nome e mais os apelidos do usuario visitante.

E premes en VERIFICAR.

  1. O sistema devólveche esta pantalla na que xa aparece o nome de usuario. Elixe o contrasinal.

6.- Preme en INVITAR. O sistema devolve esta ventá.

Na parte dereita aparece unha “marca” que indica que o usuario foi correctamente invitado.

O nome de usuario e o contrasinal elixidos envíasllos á persoa invitada/Visitante e xa poderá acceder con normalidade.

Observa que para invitar un Visitante non se utilizou ningún enderezo de correo.


Fonte das imaxes: elaboración propia