Os espazos de traballo en eTwinning

Desde que un profesor entra en contacto por primeira vez con eTwinning ata que conclúe un proxecto, vai completando unha serie de fases, con ferramentas e utilidades que teñen distintas funcións e niveis de privacidade.
Tres son os niveis ou plataformas:
- os portais europeo e español: públicos
- eTwinning Live: acceso restrinxido. É só para docentes.
- TwinSpace: acceso restrinxido. É só para os membros participantes nun proxecto (docentes, alumnado, outros axentes).
O Edificio Público: O Portal europeo e O portal Español
En primeiro lugar, atopamos os portais, tanto o do Servizo Central de Apoio (http://www.etwinning.net/) como o do Servizo Nacional de Apoio (http://www.etwinning.es/ ). Son públicos, con acceso para calquera usuario, estea ou non rexistrado en eTwinning.
Os portais teñen tres obxectivos básicos: a información, o asesoramento e a visibilidade. Neles publícanse noticias e novidades relacionadas con eTwinning, mantendo ós usuarios ó día do que ocorre no programa. Tamén se ofrecen documentos, guías e ideas que poidan servir de orientación e axuda para os profesores que queiran iniciar ou estean traballando en proxectos eTwinning, así como medios de contacto cos Servizos Central e Nacional. Así mesmo, os proxectos que acreditan certo nivel de calidade son publicados nos portais: proxectos con Premios nacionais ou europeos, Selos de Calidade, outros proxectos que merece a pena difundir… Ademais, hai entrevistas a profesores, blogs, etc. Tanto as boas prácticas de proxectos como as opinións dos usuarios serven para dar visibilidade ás boas prácticas e son unha fonte de inspiración e ideas para outros profesores.
Recorda que a través do Portal Europeo (http://www.etwinning.net/ )realízase o rexistro en eTwinning e pódese acceder a outras plataformas utilizando as claves de acceso.
A Sala de Profesores: eTwinning Live
Unha vez inscrito en eTwinning, o docente ten acceso a un espazo virtual denominado eTwinning Live, un espazo fundamentalmente social. Nel poderá actualizar a súa información e a do seu centro, e atopará ferramentas para contactar con profesores do resto de Europa (buscador de socios, axenda de contactos, xestor de proxectos, foro, mensaxería interna, ferramenta de videoconferencia…). En definitiva, é a nosa ventá ó resto de Europa. eTwinning Live pódese personalizar; e desde aquí, o docente pode xestionar os seus proxectos
As funcións básicas que se poden realizar desde o escritorio eTwinning Live son:
- Xestionar o noso perfil. Poderemos modificar os datos utilizados na inscrición en eTwinning, tanto os referentes a nós como os referentes ó noso centro de traballo.
- Buscar un socio. Trátase de encontrar un ou máis docentes europeos que teñan o perfil que desexemos para iniciar un proxecto de eTwinning.
- Xestionar os proxectos existentes. Poderemos ver novidades sobre eles, acceder ó seu entorno de traballo colaborativo, utilizar as tarxetas de proxecto, engadir socios, etc.
- Organizar e formar parte de eventos e comunidades de docentes (grupos).
- Participar en oportunidades de desenvolvemento profesional.
A aula de traballo con alumnos: TwinSpace
Unha vez aprobado un proxecto, os profesores e alumnos participantes, dispón dun espazo seguro de traballo (TwinSpace) onde levar a cabo todas as actividades. Trátase da aula de traballo virtual compartida por todos os membros participantes no proxecto.
O TwinSpace é o lugar de traballo dos centros socios dun proxecto, o espazo no que se desenvolven as actividades planificadas. Alumnos e profesores son os principais usuarios do TwinSpace; poden participar nel dependendo do perfil de acceso de cada un.
O TwinSpace é un espazo privado, ó que só poden acceder aquelas persoas que teñan sido dadas de alta polos administradores. Está pensado para que tamén inclúa entre os seus membros a persoas que non están rexistradas na plataforma eTwinning, o que permite que alumnos, pais ou otros profesores traballen no proxecto ou vexan o que está sucedendo nel.
Buenas Renata, lo primero es el registro en la comunidad eTwinning a través de este enlace: https://www.etwinning.net/es/pub/preregister.cfm y segundo, tenemos una sección de ayuda y tutoriales para que te vayas familiarizando de la acción etwinning: https://etwinning.es/es/materiales-de-ayuda/ayuda-etwinning/, para cualquier consulta siempre puedes escribir a: asistencia.etwinning@educacion.gob.es
Un saludo,
El equipo eTwinning